CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA. 15 de xuño de 2023 ás 19,30 h.

 





CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Ferrol 31 de maio de 2023

 

Benquerido socio /socia:

Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o xoves día 15 de xuño ás 19,30 h. en primeira convocatoria e ás 20 h. en segunda, coa seguinte


ORDE DO DÍA


1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior (29.06.2022).

2.- Informe de xestión.

3.- Informe económico. Aprobación Contas anuais 2022

4.- Rogos e preguntas


Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo da Xunta Directiva,




Asdo.- Xavier M. Dongil

Presidente

Presentación poemario "Novembro" de Pura Tejelo. Xoves día 1 de xuño ás 19,30 h.

 


Presentación poemario o xoves día 1 de xuño ás 19,30 h. presentación de "Novembro" de Pura Tejelo acompañada da profesora Anxeles Seoane da Xunta Directiva do Ateneo.
 
 

A nosa Revista ATENEA nº 53. Maio 2023.

 
 



NOVIDADE. PUBLICACIÓNS do ATENEO FERROLÁN!!!
Xa podes descargar a nosa Revista ATENEA nº 53

https://drive.google.com/file/d/1YOLudPyHTLXo5twBweuh8gCeeK7ZKI53/view?usp=sharing

Presentación do libro: “Todo chega desde o mar” de Santiago Ferragud. Xoves día 11 de maio ás 19 h.

 


Presentación do libro: “Todo chega desde o mar” de Santiago Ferragud 
no Ateneo Ferrolán o xoves 11 de maio de 2023, ás 19 h.
 
Paticipan: O autor do libro e será presentado polo presidente do Ateneo Xabier M. Dongil
 
Pola súa condición industrial, Vigo tivo gran protagonismo na transición política cara á democracia, sobre todo a partir da folga de 1972. Pouco máis tarde, en 1975, un mozo vigués, Jose Humberto Baena, foi vítima dos últimos fusilamentos do franquismo e, días despois, outros vigueses participaron na formación de G.R.A.P.O.
 
“Todo chega desde ou mar” conta os feitos históricos que deron forma á cidade, con especial atención aos sucesos do 1.972, pero tamén ás vivencias dos pais e as nais daqueles folguistas, é dicir, a xeración de vigueses que en 1.931 viron chegar a Segunda República, e o golpe militar de 1.936, e a represión de republicanos na illa de San Simon.
 
Na novela faise mención aos tráxicos sucesos de Ferrol, precedentes á folga de Vigo. Dúas historiadoras comparten o relato: Irene, contemporánea da folga de 1.972, profesora, a piques de xubilarse; e Xoana, unha licenciada nova, recentemente chegada a Vigo.

Related Posts with Thumbnails