Concerto de Nadal de "Corda Ártabra" (Aprazado)

 


Presentación do libro "O lugar onde vou" de Vicente Araguas. Xoves 28 decembro ás 19 h.

 "O lugar onde vou" (Galaxia), a nova incursión na narrativa breve de Vicente Araguas. 

"O lugar onde vou" é un mangado de relatos, como unha boroa encetada polo que dá nome ao libro. Uns contos que se moven entre a realidade, debidamente ficcionada, e a fantasía. Entre o amor e o humor, sen que se deixe de notar internadasno terreo do "thriller" ou, abertamente, do horror. Un libro sabedor e sabido que demostra os azos  dun autor xa serodio, poeta, narrador, ensaísta e crítico literario.

O autor presentará o libro no salón de actos do Ateneo Ferrolán na compaña o do músico e escritor Xoan Rubia.
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


 

Presentación do libro "A vuelapluma" de Fran Nieto. Mércores 27 de decembro ás 19 h.

O fotógrafo Fran Nieto presentará o seu primeiro libro persoal "A vuelapluma: crecer con la fotografía".

 

O libro, que reúne máis de 100 imaxes en gran formato de paisaxes, flores, insectos e outros motivos naturais, é unha viaxe íntima pola mente e o corazón do autor, que reflexiona sobre a fotografía como arte, como profesión e como forma de vida.

Nieto aborda a fotografía desde un punto de vista máis persoal que nos seus anteriores libros, centrados nos aspectos máis técnicos. Neste novo traballo, o autor comparte pensamentos íntimos, a súa relación coa cámara, as súas decisións artísticas e as súas influencias.

“Este libro es un intento de acercar al lector a la esencia de lo que para mí significa la fotografía”, explica Nieto. “Quiero que la gente entienda que la fotografía es mucho más que una técnica, es una forma de expresión, de comunicación y de conocimiento del mundo”.

 

O libro está divido en catro capítulos: 

No primeiro, Fran fala sobre a importancia relativa do equipo. 

No segunto, aborda a relación entre a fotografía e os diferentes tipos de personalidades, da sensibilidade, das crises creativas e de como superalas.

Avanza reflexionando sobre a importancia dos elementos dos elementos compositivos e a súa relación coa vida diaria.

Acaba analizando os sentimentos que o embargan ao realizar algunhas tomas e do seu significado.

 "A vuelapluma" é un libro imprescindible para calquera afeccionado da fotografía. Un libro que invita a reflexionar sobre a arte da fotografía e sobre o papel que xoga nas nosas vidas.

O autor Fran Nieto é un fotógrafo profesional con máis de 40 anos de experiencia. O seu traballo ha sido publicado en revisas e e libros. Galardoado con máis de 50 premios a nivel nacional e internacional. É relator habitual en congresos de fotografía e profesor titular do primeiro master universitario de fotografía (www.frannieto.es/libros)

 


"A vuela pluma: crecer con la fotografía" de Fran Nieto.
Data: mércores 27 de decembro.
Hora: 19:00
Lugar: Salón de Actos do Ateneo Ferrolán

Exposición de pinturas de Consuelo H. Benito. Do 14 de decembro ao 31 de xaneiro

Exposición de pinturas de Consuelo H. Benito
Data: 14 de decembro (inauguración)
Hora: 19:30
Lugar: Sala de Exposicións (1º andar) do Ateneo Ferrolán 
 


 

XXIX Xornadas da Gaita Antón Varela "Tonecho". Venres 15 de decembro ás 19:30 h.

 

O próximo venres 15 de decembro terá lugar, no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán, as XXIX Xornadas da Gaita Antón Varela "Tonecho". Paticipará "Terra Meiga", no seu 50º aniversario.
 
Organizadas polo Ateneo Ferrolán e coordinadas por Marcos García (Luthier). Colabora Concello de Ferrol.


XXIX Xornadas da Gaita Antón Varela "Tonecho"
Data: 15 de decembro de 2023
Hora: 19:30
Lugar: Salón de Actos do Ateneo Ferrolán
 
 


 

Exposición Fotográfica "Capturando a Natureza". Do 4 de decembro ao 31 de xaneiro.

Álvaro Lamas, co seu proxecto Lost in Woodlands Photography, presenta novamente a súa exhibición titulada "Capturando a Natureza".
Despois de percorrer varios lugares da área de Ferrolterra e Ortegal, a exposición estará aloxada desde o 4 de Decembro ata o 31 de Xaneiro no Ateneo Ferrolán, situado na Rúa Magdalena 202-204 en Ferrol, A Coruña.

Capturando a Natureza nos achega algúns dos lugares máis emblemáticos da
comarca de Ferrolterra, Ortegal, a Mariña Lucense e as veciñas Asturias e
Cantabria a través das imaxes do fotógrafo. Paisaxes dunha inigualábel beleza retratadas pola súa particular visión e interpretadas dunha forma única para esta exposición que cerra o un 2023 con moitos kilómetros percorridos.


A mostra está composta por unha vintena de imaxes impresas en Aluminio Dibond de 50x75cm, un formato que se caracteriza pola sua gran definición, nitidez, calidade de imaxe e elegancia.

En palabras do propio autor:

“Capturando a Natureza pode que sexa un título moi xenérico pero tamén representa a esencia mesma detrás do meu proxecto. Capturar aqueles lugares e paisaxes naturais que me sorprenden pola súa beleza, o seu esplendor, a súa maxia ou o seu encanto. Nalgunhas ocasións se trata de grandes paisaxes con estrépitas fervenzas ou xélidos lagos de montaña que te deixan sen alento ou solpores en acantilados que dan unha vértixe terrible. Sen embargo, noutras un diminuto cogomelo agochado tras unhas follas, pode significar o mundo enteiro e facer que pase media mañá no chan ata conseguir capturalo.”

Ademais, nesta mostra haberá material que non foi exposto ata a data, ampliando así o seu proxecto fotográfico e a cantidade de obras que conforman a exposición.

Evento: Inauguración da Exposición Fotográfica "Capturando a Natureza"
Data: 4 de Decembro de 2023
Hora: 19:00
Lugar: Salón de Actos do Ateneo Ferrolán


A exposición estará aberta ao público desde o 4 de Decembro ata o 31 de Xaneiro no horario habitual do Ateneo Ferrolán.

Máis información sobre o proxecto Lost in Woodlands Photography:

Sitio web: Lost in Woodlands
Instagram: Lost in Woodlands en Instagram
Facebook: Lost in Woodlands en Facebook

 

 



Presentación do libro de memorias: "Un taxi verde e un concerto". Xoves 30 ás 19:30h.

 

Presentación do libro de memorias de Tuco Cerviño "Un taxi verde e un concerto".
 
Relatores: Tuco Cerviño (autor), Mán Castro (Presidente honra do Clube de Prensa) e Henrique Sanfiz (Radio Fene)
 
Xoves 30 ás 19:30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán
 

 

Presentación do Libro: "Da URSS a Rusia: Unha historia de infamias e resistencias". Luns 30 de outubro ás 19 h.

 


Presentación do Libro:
"Da URSS a Rusia: Unha historia de infamias e resistencias"
Data: Luns 30 de outubro ás 19 h. no Ateneo Ferrolán
Poñente: José Antonio Egido

Exposición de Pinturas de Coti Fojo. Do 20 de outubro ao 30 de novembro.

 


Exposición pinturas de Coti Fojo no Ateneo Ferrolán

Do 20 de outubro ao 30 de novembro de 2023
 

Inauguración este venres día 20 de outubro ás 20 h.
A exposición será presentada por Fer Patiño

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria. Mércores día 29 de novembro.

 


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA


Benquerido socio e socia:


Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Salón de Actos do Ateneo, o mércores día 29 de novembro de 2023 ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas en segunda, coa seguinte:

ORDE DO DÍA

1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
2.- Informe de xestión da Xunta
Directiva
3.- Informe económico da Xunta
Directiva
4.- Rogos e preguntas
5.- Elección da nova Xunta Directiva

O proceso electoral rexerase polo establecido no Capítulo XI dos Estatutos segundo o seguinte calendario:

16 de outubro - Último día para posible impugnación da Convocatoria de Eleccións
18 de outubro - Último día para Constitución da Mesa Electoral
26 de outubro - Inicio prazo para presentación de Candidaturas
6 de novembro - Último día para presentación de Candidaturas
13 de novembro - Proclamación de Candidaturas
15 de novembro - Inicio da Campaña Electoral
29 de novembro - Celebración da Asemblea Xeral
- Elección da nova Xunta Directiva

No período da Campaña Electoral (entre os días 15 e 28 de novembro) tódalas Candidaturas poderán utiliza-lo Censo de Socios/as, así como dispoñer das dependencias do Ateneo Ferrolán para desenvolvela súa campaña.

Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo,


Asdo.- Xabier M. Dongil

Presidente

Ferrol 11 de outubro de 2023

Presentación do libro "Feijóo. Biografía dun farsante". Xoves 19 de outubro ás 19,30 h.

 


Presentación do libro "Feijóo. Biografía dun farsante" de Manuel Monge González

Xoves día 19 de outubro ás 19,30 h.

 

Contaremos coa presenza do autor que estará acompañado 

polo investigador e historiador Eliseo Fernández Fernández

 

"Feijóo chegado o momento fixo unha alianza con Ayuso e “xa estou en Madrid con unanimidade”. Esa foi a xogada, unha cousa impresentable totalmente porque se presentara ás eleccións co lema “Galicia, Galicia, Galicia” e insistindo que tiña un compromiso con Galicia e de compromiso nada, antes de finalizar o mandato vaise para Madrid porque era a ocasión. Así lle deixa unha herdanza a Rueda lamentable con incremento de desigualdade, as pensións máis baixas do Estado, hai 400.000 pensionistas que viven na pobreza e dos asalariados, o 20% non chegan a mileuristas e un de cada tres nenos e nenas está en risco de pobreza. Sobre todo isto hai que informar, agora mesmo o máis revolucionario é informar. A medida que a xente estea informada, así se mobilizará senón, non se poderá cambiar nada".

https://xornaldacoruña.gal/2023/07/08/manuel-monge-o-importante-e-saber-a-quen-serve-feijoo-e-os-pasos-que-foi-dando-para-defender-os-ricos/

NOVIDADE. Xa podes descargar a nosa Revista ATENEA nº 54

 


 

 

 

 

 

 

 

 NOVIDADE. PUBLICACIÓNS do ATENEO FERROLÁN!!!

Xa podes descargar a nosa Revista ATENEA nº 54
 
 
 
 
 
 
 
https://drive.google.com/file/d/1zsRPjDeB8rLRDLyPqL6POMh_5thw4GCR/view?fbclid=IwAR3SGXRbRK9UqyIfrHsKMKUJV7qwMkixa_JG5I5bQ5AcOheJxz5NrpXdFYM
 
https://archive.org/details/fav-ateneoferrolan

40 anos da inauguración da sede do Ateneo Ferrolán no Barrio da Magdalena

 

 

 
En xuño de 1983, o Ateneo Ferrolán inauguraba a súa actual sede cun denso programa que catalizou a actividade cultural da cidade. No acto inaugural participaron Isaac D. Pardo, Filgueira Valverde, Lueiro Rey, Ramón Piñeiro e Carvalho Calero🎞️⤵️
 
https://archive.org/details/h-29-conferencia-diaz-pardo-carvalho-calero-filgueira-valverde-lueiro-rey
 
Despois de sete anos da súa refundación (1976) o Ateneo dispoñía do seu local cultural, no cal, membros da propia entidade colaborarían na rehabilitación do inmoble (do s. XVIII) situado no histórico barrio da Magdalena
 
O conselleiro de Cultura (#FilgueiraValverde), o presidente da Xunta de Galicia Fernández Albor, alcaldes da comarca, personalidades da cultura, tanto civil como militar, e público en xeral asistiron a dita inauguración.
 
Xente da cultura local como Guillermo Llorca Freire, Eduardo Fra Molinero ou Jose A. Ponte Far salientaron, na prensa, a importancia do Ateneo para a cidadanía e a cultura popular galega.
 
Cúmprense 40 anos daqueles actos, cúmprense 40 anos dun "espazo aberto para a cultura".
 











Presentación do Poemario "Onde nacen os Pexegueiros" de Mariola Hermida Romero. Venres día 30 de xuño ás 20 h.

 

 


Presentación do Poemario "Onde nacen os Pexegueiros" de Mariola Hermida Romero
Venres día 30 de xuño ás 20 h. no Ateneo Ferrolán
 

Mariola Hermida:

A miña afección pola escrita ven desde hai moitos anos. Este é o meu terceiro Poemario.
Formei parte dun Obradoiro Literario en Fene durante dez anos, levado a cabo por Eduardo Estévez. Tamén doutro de Escritura Creativa na Biblioteca de Ferrol durante tres anos, a cargo de Luz María Leira Rivas. Participei nun Taller da escrita durante varios anos na Biblioteca de Fene e que estivo a cargo do poeta Pablo Bouza Suárez.

Fago poesía e Microrelato.
Os meus poemas están espallados nalgunhas revistas, como” Voces para a Catalepsia”, “Tejiendo microhistorias”, “Microfaíscas”, “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da emoción”, “Poesía en Feminino “Mulleres do rural” etc.
Formo parte do Colectivo Literario Moraima. Sempre que podo colaboro en recitáis poéticos ou en eventos culturais.

"Onde nacen os Pexegueiros" é un poemario dedicado á casa familiar paterna, observada cos ollos da nostalxia. Son os meus recordos a través dos anos da infancia e xuventude principalmente. Aínda que tamén percorre outros anos de madurez. Quérese facer unha homenaxe a toda a xente da aldea, á súa loita e fortaleza. Tamén á muller que xoga un papel tan importante, aínda que moitas veces solapado. E como non podería ser doutro xeito unha homenaxe tamén á natureza,  que está moi presente ao longo do poemario. 

 Este libro está deseñado polo meu fillo Ángel Fernández Hermida, así como as fotografías e a maquetación. A Editorial é TerraIgnota.

Exposición fotográfica "Rodolfo Ucha: O arquitecto da beleza" de Ovidio Aldegunde. Ate o 30 de setembro de 2023

 


Exposición fotográfica "Rodolfo Ucha: O arquitecto da beleza" de Ovidio Aldegunde 
no Ateneo Ferrolán ate o 30 de setembro de 2023
 
 Inauguración este xoves día 22 de xuño ás 20 h. nas salas de exposicións do Ateneo
 

Rodolfo Ucha Piñeiro: O arquitecto da beleza” é a exposición coa que se quere propoñer unha revisión actualizada do legado arquitectónico de Rodolfo Ucha Piñeiro, encargado de renovar a estética da cidade de Ferrol mediante a introdución dos novos estilos á arquitectura do seu tempo.

As fotografías de Ovidio Aldegunde traen á actualidade a obra de Ucha reivindicando o seu papel como grande arquitecto de Ferrol e creador de moitos dos seus edificios máis significativos, arquitecturas emblemáticas que constitúen verdadeiras iconas como o Teatro Jofre, o Casino, o Hotel Suizo, a Casa Antón, a Casa Pereira, a Casa Romero ou A Pescadería, entre moitos outros, poderán verse e recoñecerse en imaxes fotográficas froito da ollada máis persoal do fotógrafo ferrolán que con esta selección quere poñer de novo en valor a obra dun arquitecto que foi clave na escena galega durante todo o S.XX converténdose nun exemplo de creatividade, eclecticismo e permeabilidade cara ás novas correntes estéticas do primeiro tercio do século, recollendo no seu aspecto formal e creativo dende o Modernismo ata o Racionalismo, pasando pola Art Déco e o Novo Eclecticismo.

Ucha entendía o seu traballo como unha intervención que dotaba ao tecido urbano por medio dos edificios de elementos individualizados que debían ser singulares e distintivos, dotados de capacidade representativa para embelecer e dar carácter propio ao espazo que ocupaban. E así o fixo, esforzándose por adaptarse aos gustos estéticos imperantes en cada momento pero achegando sempre solucións eficientes e orixinais, todas elas facilmente recoñecibles por ferroláns e visitantes, e moi susceptibles de salientar no imaxinario á hora de falar do patrimonio urbano local, enriquecido sen dúbida por estas xoias arquitectónicas.




 

Presentación do poemario "Versos Violentos". Venres día 16 de xuño ás 20 h.

 


Presentación do poemario "Versos Violentos" de Iria Bragado editado por Saurobuks.
 
Venres día 16 de xuño ás 20 h. presentada por Sonia Mauriz Pereira
 
A violencia intrínseca a esta sociedade enferma na que vivimos é a que fai que Iría Bragado torne as palabras tamén en violencia porque en si propia non hai violencia senón unha resposta ás atrocidades cometidas por este sistema ao seres humanos e ás mulleres en particular.

Enlace ao Caderno da "Comisión Pro Memorial das Vítimas do Franquismo de Ferrolterra, Eume e Ortegal".

 


Enlace ao Caderno da "Comisión Pro Memorial das Vítimas do Franquismo de Ferrolterra, Eume e Ortegal".

En lembranza das persoas que pola súa defensa da legalidade republicana e das liberdades democráticas foron vítimas da represión franquista en Ferrolterra, Eume e Ortegal. 1936 - 1975.


Contén: 
 
- A modo de introducción
- Comisión Pro Memorial Vítimas do franquismo en Ferrolterra
- Comisión (membros): Suso Basterrechea López, Ton Blanco Carballo, Vicente Couce Ferreira, Sabela Díaz Regueiro, Anxo Ferreiro Currás, Bernardo Máiz Vázquez, Xavier Montero Dongil, Iván Rivas Rico, Malay Sobrín Sueiras e Xosé Manuel Suárez Martínez.
- Historiadores da Memoria en arquivos e estudos de campo.
- Os vitimarios.
- Congresos da Memoria, Verdade, Xustiza e Reparación.
- Comisión a prol do Memorial do Monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra.
- Acto homenaxe ás vítimas do franquismo, 18 de xullo de 2021.
- Creación da Mesa de Memoria Histórica no Concello.
- 1936 - 1976, Corenta Anos de Historia: A grande e continua represión.
- Vítimas do Franquismo en Ferrol, Eume e Ortegal. 1936 - 1975. Elaboración propia dos autores: Bernardo Máiz Vázquez e Xosé Manuel Suárez Martínez.
 

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA. 15 de xuño de 2023 ás 19,30 h.

 





CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Ferrol 31 de maio de 2023

 

Benquerido socio /socia:

Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o xoves día 15 de xuño ás 19,30 h. en primeira convocatoria e ás 20 h. en segunda, coa seguinte


ORDE DO DÍA


1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior (29.06.2022).

2.- Informe de xestión.

3.- Informe económico. Aprobación Contas anuais 2022

4.- Rogos e preguntas


Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo da Xunta Directiva,




Asdo.- Xavier M. Dongil

Presidente

Presentación poemario "Novembro" de Pura Tejelo. Xoves día 1 de xuño ás 19,30 h.

 


Presentación poemario o xoves día 1 de xuño ás 19,30 h. presentación de "Novembro" de Pura Tejelo acompañada da profesora Anxeles Seoane da Xunta Directiva do Ateneo.
 
 

A nosa Revista ATENEA nº 53. Maio 2023.

 
 



NOVIDADE. PUBLICACIÓNS do ATENEO FERROLÁN!!!
Xa podes descargar a nosa Revista ATENEA nº 53

https://drive.google.com/file/d/1YOLudPyHTLXo5twBweuh8gCeeK7ZKI53/view?usp=sharing

Presentación do libro: “Todo chega desde o mar” de Santiago Ferragud. Xoves día 11 de maio ás 19 h.

 


Presentación do libro: “Todo chega desde o mar” de Santiago Ferragud 
no Ateneo Ferrolán o xoves 11 de maio de 2023, ás 19 h.
 
Paticipan: O autor do libro e será presentado polo presidente do Ateneo Xabier M. Dongil
 
Pola súa condición industrial, Vigo tivo gran protagonismo na transición política cara á democracia, sobre todo a partir da folga de 1972. Pouco máis tarde, en 1975, un mozo vigués, Jose Humberto Baena, foi vítima dos últimos fusilamentos do franquismo e, días despois, outros vigueses participaron na formación de G.R.A.P.O.
 
“Todo chega desde ou mar” conta os feitos históricos que deron forma á cidade, con especial atención aos sucesos do 1.972, pero tamén ás vivencias dos pais e as nais daqueles folguistas, é dicir, a xeración de vigueses que en 1.931 viron chegar a Segunda República, e o golpe militar de 1.936, e a represión de republicanos na illa de San Simon.
 
Na novela faise mención aos tráxicos sucesos de Ferrol, precedentes á folga de Vigo. Dúas historiadoras comparten o relato: Irene, contemporánea da folga de 1.972, profesora, a piques de xubilarse; e Xoana, unha licenciada nova, recentemente chegada a Vigo.

Proxección Documental "O Aparecido" de José Antonio Jiménez García. Venres día 21 de abril ás 18 h.


Proxección Documental "O Aparecido" de José Antonio Jiménez García

Venres día 21 de abril ás 18 h.

SINOPSE :

Tras a aparición e a posterior proxección da curtametraxe de ficción, realizada en súper 8 m.m “ Manoel Antonio”, sobre a figura do poeta, do ano 1981, aprovéitase para mostrar neste documental, “O aparecido”, coas entrevistas a os actores participantes naquela curta, Santiago Prego, Victor Mosqueira, Francisco Jorquera, Luisa Veira, entre outros, o movemento artístico teatral acaecido na cidade de A Coruña naqueles anos.

Related Posts with Thumbnails