Recital de poesía acompañado de música e danza. Venres 22 de febreiro ás 19,30 h.
Publicado por Ateneo Ferrolán Fundado en 1879 o día 21.2.19
Recital de poesía acompañado de música e danza
Venres día 22 de febreiro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán.
Organiza: Rosa Salanova
Etiquetas: Actividades, Música en Directo, Poesía
Invitación ao 140 aniversario do Ateneo Ferrolán. Sábado día 23 de marzo ás 12 h.
Publicado por Ateneo Ferrolán Fundado en 1879 o día 20.2.19
Invitación ao 140 aniversario do
Ateneo na cidade de Ferrol
(24 de marzo de 1879
– 24 de marzo de 2019)
“Polos que foron,
polos que somos e polos que serán”
Sábado día 23 de marzo ás 12 h. na sede do Ateneo
Confirmación de asistencia: 981 357 970 - 644.720.055
Haberá
conferencia, música e para rematar un brindis ateneista
#Ateneo #SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo
Etiquetas: Cultura, Documentación, Ferrol, Galiza, Ilustración, Lingua, Memoria Histórica, Patrimonio
Celebración 140 aniversario do Ateneo na cidade. Sábado 23 de marzo ás 12 h.
Publicado por Ateneo Ferrolán Fundado en 1879 o día 20.2.19
140 aniversario do
Ateneo na cidade de Ferrol
(24 de marzo de 1879
– 24 de marzo de 2019)
“Polos que foron,
polos que somos e polos que serán”
https://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2005/01/ateneo-ferroln-sa-historia.html
https://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2005/01/ateneo-ferroln-sa-historia.html
A
celebrar o sábado día 23 de marzo ás 12 h. na sede do Ateneo
Haberá
conferencia, música e para rematar un brindis ateneista
FotoCharlas en Ferrol. Febreiro e Marzo 2019
Publicado por Ateneo Ferrolán Fundado en 1879 o día 19.2.19
FotoCharlas en Ferrol. Febreiro e Marzo 2019
Todas as charlas serán ás 19:30 h. no Ateneo Ferrolán.
A asistencia será gratuíta ata completar aforamento.
Fran Nieto en colaboración co Ateneo Ferrolán e uns bos amigos e grandes fotógrafos organiza unha serie de charlas sobre diferentes temas nos próximos días.
O 7 de Febreiro inauguración das FotoCharlas falando de xestión de cor, unha presentación moi dirixida a entender como funcionan os perfís de cor e axudarvos a resolver os problemas de impresión e visualización das vosas tomas.
O 14 de Febreiro José Pardo falaranos da apaixonante aventura de editar un libro, dos retos que supón e como afrontalos con éxito. Traerá algúns exemplares das súas publicacións por se queredes adoptar algún dedicado.
O 21 de Febreiro contamos con Xoel Rodriguez Sanjurjo que nos mostrará a evolución do seu estilo persoal, moi centrado na fotografía de retrato, e das motivacións que o xestaron.
O 28 de Febreiro veremos a forma en que Rubén Pérez Novo (Fris), obtén tomas macro no campo, un paseo apaixonante por un mundo en miniatura.
O 7 de Marzo acompañaranos Pablo Mauriz para ensinarnos a planificar as nosas viaxes en función da climatoloxía, das mareas, da posición do sol… É a mellor forma de sacar o máximo partido á fotografía de paisaxe.
Etiquetas: Actividades, Charlas, Ferrol, Fotografía
Nota
de Prensa Actividades da Xunta Directiva do Ateneo
No
Ateneo Ferrolán, a nova Xunta Directiva, está a traballar na
organización de diferentes actividades, entre outras:
-
Celebraremos o 140 aniversario do Ateneo na cidade de Ferrol
(24.03.1879-24.03.2019), o acto realizaráse o sábado día 23 de
marzo as 12 h.. Haberá conferencias e música. https://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2005/01/ateneo-ferroln-sa-historia.html
- Ao
redor do “Día Internacional da Muller Traballadora” vaise
realizar un Ciclo de Cine Feminista con Debates os martes ás 18,30
h. organizado polo movemento Galegas8M. O ciclo comezará o martes
día 19 de febreiro e rematará o martes día 26 de marzo.
-
Polo Día Internacional do Teatro:
- O
luns día 11 de marzo ás 19 h. haberá a representación teatral “El
cianuro solo o con leche” representada polo colectivo teatral
“Ferroluna”
- O
propio día 27 de marzo, ás 19 h. no salon de actos, haberá a
Lectura do Manifesto e algunha sorpresa máis.
-
Estamos traballando na conmemoración do bicentenario do nacemento de
Concepcion Arenal (Ferrol
31 de xaneiro de 1920) na que impulsaremos actividades, tanto propias
como en colaboración con outras entidades e institucions.
#AteneoFerrolán
#SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo
Etiquetas: Actividades, Cultura, Debates, Ferrol, Historia, Lingua, Publicacións
Síguenos
#Ateneo #SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo
Ateneo Ferrolán: "Un lugar de encontro para a cultura dende 1879"
#Ateneo #SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo
Ateneo Ferrolán: "Un lugar de encontro para a cultura dende 1879"
Estamos en:
Bloguer:
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/
Twitter:
@ateneoferrolan
@ateneoferrolan
Facebook:
https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/
https://www.facebook.com/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/
Etiquetas: Album de Fotos, Biblioteca-Hemeroteca, Bono Axuda, Cultura
A reforma da Praza de Armas en Ferrol reutilizará os elementos «nobles» da praza. "Toros Ibéricos" de Alberto
Publicado por Ateneo Ferrolán Fundado en 1879 o día 5.2.19
A reforma da Praza de Armas en Ferrol reutilizará os
elementos «nobles» da praza.
"Toros Ibéricos" de Alberto
O proxecto de
reforma de Armas que o goberno do Concello de Ferrol vai comezar a executar conserva
parte dos elementos da actual praza, pero búscalles unha nova localización. É o caso da escultura dos Touros Ibéricos,
obra do artista toledano Alberto, (cedida a traves do #Ateneo ao pobo de Ferrol) á que se buscará
unha localización máis visible que a actual, porque é o único elemento
catalogado de todo o conxunto.
Algo de historia sobre o monumento Toros Ibéricos
O monumento foi
doado no ano 1979 pola Fundación Alberto ao pobo de Ferrol, a través do Ateneo Ferrolán á cidade.
Nos pequenos xardíns que bordean a céntrica praza de Armas de Ferrol
encóntrase situada a obra escultórica Touros Ibéricos, un traballo do artista
toledano Alberto Sánchez, máis coñecidos no mundo da arte como Alberto a secas
e considerado un dos mellores escultores españois do século XX.
O pequeno pedestal que sostén os animais foi realizado por Guillermo
Feal e leva unha pequena inscrición en recordo deste regalo: «Toros ibéricos
Alberto 1895-1962 A Fundación Alberto ao pobo de Ferrol a traveso do Ateneo 1979».
A obra, que bota man dun material como o bronce para toda a súa
composición, toma un estética moi organicista na que as formas inspiradas pola
natureza, coa erosión da chuvia, o vento ou o sol desfán os corpos, facendo
bastante difícil recoñecer o obxecto que inspira a representación.
Alberto contorna os corpos dos touros, púleos, dálles vida mediante
unha morea de curvas e zonas erosionadas na rocha sobre a que se levantan.
Nelas, a verticalidade cobra unha gran presenza. O mesmo acontece, segundo o
volume La escultura pública en Ferrol con «a valoración do oco como factor
activo e non simplemente pasivo».
Trátase neste caso dunha obra eminentemente figurativa que nos mostra a
grande orixinalidade e saber facer do artista mediante uns touros de bronce
sumamente estilizados que parecen alzar as súas cabezas ensimesmados con algo
nas alturas.
Alberto, ocupou numerosos postos de traballo antes de dedicarse á
creación artística e quizais eses oficios -os de panadeiro e ferreiro-, nos que
tamén se afanaba na produción de formas, foron os que o empurraron a cultivar a
escultura.
Situada no centro de Ferrol, a escultura chegou a pasar practicamente
desapercibida.
Nova: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2019/02/05/reforma-armas-reutilizara-elementos-nobles-plaza/0003_201902F5C1995.htm
Etiquetas: Artes Plásticas, Documentación, Ferrol, Galiza, Historia, Patrimonio
Presentación libro "Como el Viento de Otoño". Venres 8 de febreiro ás 19,30 h.
Publicado por Ateneo Ferrolán Fundado en 1879 o día 5.2.19
Teresa Cameselle Rdez presenta o seu libro "Como el Viento de Otoño"
Venres día 8 de febreiro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán.
Presentan xunto a Teresa Cameselle, Trinidad Palacios (organizadora do Congreso de Literatura de A Coruña) e María José Losada, traductora literaria e coordinadora da editorial Terciopelo.
A protagonista da novela que se presentará no Ateneo Ferrolán, é unha mestra que vén de Madrid a Esmelle a exercer o seu oficio empregando métodos novos e poñendo en marcha unha escola de mulleres adultas que lle vale para gañarse a súa confianza. Pero corren tempos convulsos e a pregunta de que lle ocorrerá a esa moza mestra terá que descubrila o lector.
Etiquetas: Actividades, Ferrol, Libros, Presentacións