Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria. Mércores 26 de xuño








Ferrol a 7 de xuño de 2019


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Benquerido/a socio/a:

Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o mércores día 26 de xuño ás 21 h. coa seguinte

ORDE DO DÍA
1.- Aprobación da creación e da incorporación do Ateneo Ferrolán na Federación de Ateneos de Galicia

Sen máis e agardando a túa imprescindible asistencia, recibe un cordial saúdo da Xunta Directiva,




Asdo.- Xavier M. Dongil
Presidente

Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria. 26 de xuño








Ferrol 7 de xuño de 2019





CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA






Benquerido socio /socia:


Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o mércores día 26 de xuño ás 19,30 h. en primeira convocatoria e ás 20 h. en segundo, coa seguinte

ORDE DO DÍA

1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
2.- Informe de xestión.
3.- Informe económico.
4.- Informe Modificación Estatutos do Ateneo.
5.- Rogos e preguntas


Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo da Xunta Directiva,








Asdo.- Xavier M. Dongil
Presidente

Representación Teatral HAMLINHO. Venres 14 de xuño ás 20 h.

Representación Teatral HAMLINHO.
     Venres día 14 de xuño ás 20 h. no Ateneo Ferrolán
HAMLINHO
Que sabes de Hamlet a famosa obra de Shakespeare, alén de “Ser ou non ser”? 
Ou es das persoas expertas na xenial peza?
Sexa como for, o grupo de teatro A Espelunca vai desvendar para ti a realidade do que ocorreu en Hamlet con esta “versión moi libre” imaxinada por Pepablo Patinho. Unha divertida parodia que non podes perder.
Estará representada en portugués polo grupo teatral da asociación do Beco da Língua “ A Espelunca”, un grupo de teatro que nace do alumnado e exalumnado de portugués da EOI de Ferrol.
ELENCO:
Hamlinho , Roque Rodríguez.
Ofelia, Esther Pinheiro.
Polônio, Lan Couce.
Laertes, Manuel Buján.
Gertude, Maria Montero.
Rei Cláudio, Xam Lôpes.
Horacio, Avelino Penedo.
Fantasma e Fortimbrás, Vitor Santalha.
Macbeth, Glória Quintián
Othelo , Anxo Fernández
Julieta, Iago Bragado
Directora: Pim Patinho
Dramaturgo: Pepablo Patinho
Versión ao portugués: Catarina Cortiças

Presentación do libro “NO ME LLAMES OLVIDO “. Xoves 13 de xuño ás 19 hs.


Presentación do libro “NO ME LLAMES OLVIDO
de Ruth UTANDE
O libro presentarase no Ateneo Ferrolán o xoves 13 de xuño ás 19 hs. 
Participarán ademáis da autora Rosa Cal e o vicepresidente do Ateneo Luis Calvo
“No me llames Olvido” é o primeiro libro de relatos curtos da coruñesa Ruth Utande. Está composto de dezaseis historias de persoas con vidas difíciles, que nadan sempre ao contraxeito para superar as situacións que lles toca afrontar. Son mulleres e homes que caen e levántanse e que, a pesar dos avatares da vida, aínda confían en que hai lugar para a esperanza. Os relatos están baseados en experiencias reais e todas eles ocorren en tempos e situacións diferentes pero cun denominador común que a escritora recolle no título: os protagonistas son capaces de perdoar e vivir sen rancor, pero non de esquecer.
Ruth Utande naceu na Coruña, e despois de vivir tres décadas en Madrid, a illa de Tenerife adoptouna de forma permanente fai tres anos. Xornalista de formación e escritora por vocación, traballou en prensa escrita e en comunicación empresarial durante moitos anos, actividade esta última que continua realizando na actualidade. Tamén colaborou no sector das organizacións non gobernamentais coa ONG Infancia sen Fronteiras, onde se ocupou de diversos proxectos en Níxer e en Nicaragua.
Durante todo este tempo nunca deixou de escribir. Biografías por encargo, contos para nenos e outros relatos para diversos eventos. Gústalle dicir que os ventos alisios da illa canaria déronlle a forza suficiente para dar vida a “No me llames Olvido” e voz aos seus protagonistas. Eles, máis que ninguén, merécenllo.

Evento: https://www.facebook.com/events/373518766604342/

Recital "A erótica do contrapoder". Venres 31 de maio ás 19 h.

Recital "A erótica do contrapoder"
Venres día 31 de maio de 2019 ás 19 h.
 
Se queres escoitar os versos máis fermosos, se queres disfrutar coa sensualidade e a elegancia feita poesía tes unha cita con Ricardo Carvalho Calero no Ateneo Ferrolán.
 
Recitarán os seus poemas eróticos,de amor e algúns dos seus textos contra o poder Fer Ocampo M, Andrés C. M. Riveira,Rosa Salanova Shakti,Adelaida Abad,Miguel Costoya Kostoia,Cris Balseiro,Mariola Hermida Romero e Loreto De Castro

Presentación do nº 31 do Caderno FerrolAnálisis. Xoves día 30 de maio ás 20 h.


Presentación do nº 31 do Caderno FerrolAnálisis 
o xoves día 30 de maio no Ateneo Ferrolán ás 20 h.

O Salón de actos do Ateneo Ferrolán acollerá o vindeiro xoves 30 de maio as 20:00 horas o acto de presentación do Nº 31 do Caderno FerrolAnálisis, que está adicado a presenza do 
“Maragatos en Ferrol”, cuia autora é Eva Mª Ocampo.
 
Catedrática de Lingua e Literatura castelá en Bacharelato e doutora en Filoloxía, Eva Mª Ocampo, convídanos desde a vistosa portada na que nos mostra a face riseira das sobriñas e netos da familia Martínez, a mergullarnos no detallado estudo dos maragatos e introdúcenos nun capítulo da historia da sociedade ferrolá, que sendo dunha gran importancia no desenvolvemento socio-económico da cidade, carecía até o momento dun estudo froito da investigación, o rigor e densidade historiográfica que nos ofrece a profesora Eva Ocampo.
 
No acto de presentación a autora estará acompañada por Man Castro, presidente de Honra do Club de Prensa e Xulia Díaz.

PALESTRA “Lingua, poder e adolescencia no proceso de substitución lingüística”. Mércores 29 ás 19 h.


O vindeiro mércores 29 de maio, a partir das 19:00h no Ateneo Ferrolán, AGAMME organiza a PALESTRA “Lingua, poder e adolescencia no proceso de substitución lingüística”, a cargo do profesor Miguel Rodríguez Carnota.

A través do seu relatorio, Carnota expoñerá os resultados da súa tese doutoral na que investiga a existencia dunha realidade de acoso escolar por razón de lingua no noso sistema educativo que non se está a identificar nin abordar.

http://agamme.org/palestra-a-cargo-de-miguel-rodriguez-carnota-lingua-poder-e-adolescencia-no-proceso-de-substitucion-linguistica-o-vindeiro-mercores-29-de-maio-no-ateneo-ferrolan/

Mesas de Debate: Eleccións Municipais 2019. Martes día 21 e Xoves día 23 ás 19,30 h.

Mesas de Debate no Ateneo Ferrolán
Eleccións Municipais 2019 #Ferrol

Martes 21 e xoves 23 de maio ás 19,30 h.
Modera: Club de Prensa de Ferrol 

Entrada libre

 - Día 21 de maio ás 19,30 h. cos representantes dos Grupos Políticos con representación actualmente no Concello: FeC, PSOE, PP, BNG e CS

- Día 23 de maio ás 19,30 h. cos representantes dos Grupos Políticos que buscan obter representación nestas eleccións municipais: Marea de Ferrol, Centristas, *Sentimiento Ferrolano, LiGanDo, Xuntos Actúa.

* (Sentimiento Ferrolano foi invitado pero mandounos un correo desculpándose por non poder acudir ao debate do día 23 xa que lles coincidía a data co seu mitin central)

Related Posts with Thumbnails