¡¡¡¡¡ ADIADA !!!!! #COVID
Conferencia audiovisual "Da guerra e o seu relato na arte contemporánea en Galicia" por Rosario Sarmiento
Xoves día 28 de xaneiro de 2021 ás 19 h.
‘DA
GUERRA COMA ARTE Á
ARTE
EN CONTRA DA GUERRA’
REIVINDICA
O PAPEL DOS ARTISTAS GALEGOS NA DENUNCIA DOS CONFLITOS ARMADOS
Reivindicar
o papel comprometido e de denuncia dos e das artistas galegos fronte
aos conflitos armados é
o
eixe do ciclo de actividades culturais ‘Da
guerra coma arte á
arte
en contra da guerra’,
que bota a andar este mes de xaneiro e continuará
en
febreiro con máis
dunha ducia de actos programados na provincia, con primeiras paradas
nas comarcas da Coruña,
Santiago e Ferrol.
Esta
iniciativa, organizada pola firma cultural A Forxa, co patrocinio da
Deputación
da Coruña,
e coordinada pola historiadora da arte Rosario Sarmiento
(www.rosariosarmiento.gal), quere achegar á
sociedade
galega o relato da guerra a través
da arte contemporánea
de Galicia.
“A
guerra, os seus protagonistas, os seus escenarios e as súas
consecuencias ten sido na arte contemporánea
un tema sobre o que moitos creadores traballaron, denunciando moitas
veces os abusos, as atrocidades e a dor que sempre deixa tras de si
calquera conflito armado”,
explica Rosario Sarmiento. Sen embargo, “non
será
ata
finais do século
XVIII e comezos do século
XIX, cando a maneira máis
académica
de relatar as guerras como acontecementos heroicos ou grandiosos será
posta
en cuestión por un artista como Francisco de Goya, que marcará
a
modernidade deste xénero
artístico”,
apunta.
En
Galicia, Ramón Parada Justel, un dos compoñentes
da chamada Xeración
Doente
será pioneiro
nesta denuncia en 1899, co cadro A
familia do anarquista o día
da execución,
sendo un dos nosos primeiros creadores contemporáneos
que se achega á
temática
da violencia da guerra. “O
golpe de estado de 1936, coa represión,
o terror e a tremenda experiencia da Guerra Civil serán
claves para o posicionamento e a denuncia de moitos dos artistas que
contribuirán
á modernidade
da creación
plástica
nas primeiras décadas
do século
XX en Galicia”,
sinala Sarmiento.
Nomes
como Luis Seoane, Castelao, Colmeiro, Arturo Souto e Federico Ribas
denunciarán
aos responsables do golpe e a dramática
situación
da poboación
civil. Tamén
Isaac Díaz
Pardo, Conde Corbal, Agustín
Pérez
Bellas, Mercedes Ruibal, Xaime Quessada, Francisco Leiro, Jorge
Castillo, Reimundo Patiño,
Xavier Correa, Antón
Patiño
ou Caxigueiro expresarán
o seu compromiso e deixarán
en moitas obras a súa
mirada de compromiso fronte á
realidade
da guerra.
Esa
mirada é
a
que se achegará
ao público
da provincia coruñesa
con este ciclo cultural que comprende un amplo programa de
conferencias e a difusión
destas obras a través
de diversos materiais audiovisuais e impresos, coa edición
de máis
de 2.000 folletos e carteis.
A
iniciativa bota a andar este mes, con actividades xa programadas na
Coruña,
Sada, Betanzos, Oleiros, Santiago e Ferrol.
Máis
información
Rosario
Sarmiento 619 723 760