Acto de entrega do Galardón 8M Alvixe a Dolores Cervera. Mércores 20 de marzo ás 18:30
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 15.3.24Coloquio sobre o acordo internacional sobre pandemias da O.M.S. Venres 22 de marzo ás 19:30.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 15.3.24A quenda de oficio: A explotación laboral no século XXI. 21 de marzo ás 19:00
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 13.3.24
Acto público aberto á cidadania sobre:
“A QUENDA DE OFICIO, A EXPLOTACIÓN LABORAL NO SÉCULO XXI; E AS MUTUALIDADES DA AVOGACÍA E DA PROCURA: A CONDEA A NON
XUBILARSE”.
Organiza: Marea Negra Ferrol coa participación do Sindicato Venia e o Movemento #J2
Etiquetas: Debates
Representación da obra "Mujer (A través del tiempo)" de Ferroluna. 8 de marzo ás 19:30.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.3.24
COMPAÑÍA TEATRAL FERROLUNA
REPRESENTACIÓN DE:
MUJER (A TRAVÉS DEL TIEMPO)
Adaptación: Tino Martín.
………
LUGAR:
ATENEO FERROLAN
DIA: 8 DE MARZO DE 2024
HORA: 19:30
Presentación do Libro "Lúa nova" de Irene Montero. Martes 5 de marzo ás 17 horas.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 4.3.24No Clube de Lectura do Ateneo Ferrolán, na súa actividade do martes 5 de marzo, presentará a obra da filóloga e xornalista Irene Montero "Lúa nova".
Teremos como convidada á autora para comentarnos a súa obra e asinar exemplares.
Data: Martes 5 de marzo ás 17 horas, no salón de actos do Ateneo Ferrolán.
Etiquetas: Club de lectura, Libros, Presentacións
V Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán. Xoves día 29 de febreiro ás 17 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 26.2.24
V Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán
"Bibliotecas escolares: educadoras e formadoras"
O xoves día 29 de febreiro ás 17 h.
O Ateneo Ferrolán celebrará o xoves 29 de febreiro, a partir das 17.00 horas, na súa sede da rúa Magdalena, as V Xornadas de Documentación «Bibliotecas escolares: educadoras e formadoras, presididas polo concelleiro de Cultura de Ferrol Jose Antonio Ponte Far.
Acto de homenaxe ás vítimas da represión franquista. Sábado 24 de febreiro, Parque Antón Varela (Canido)
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 8.2.24Etiquetas: Historia, Memoria Histórica
Lembranza a Amada García e os seus compañeiros. Sábado 27 de xaneiro ás 17 h. Castelo de San Felipe
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 25.1.24
A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, este sábado 27 de Xaneiro, ás 5 da tarde, realizará, no Castelo de San Felipe, un sinxelo acto en lembranza de Amada García e os seus sete compañeiros, asasinados nese lugar pola Ditadura franquista, en tal data do ano 1938, pola súa militancia política de esquerdas e a súa defensa dos ideais republicanos de progreso e xustiza social.
A continuación, como cada aniversario, acompañaremos á familia de Amada ao Cemiterio de Serantes, para facer una ofrenda floral onde foron soterrados.
Convidamos aos nosos/as socias e socios e a cantas persoas o desexen a sumarse a estes actos.
Acusados de "Rebelión Militar," ese 27 de xaneiro de 1938, foron fusilados no foxo do Castelo de San Felipe e soterrados no Cemiterio de Serantes:
- Antonio Eytor Cañizo, de 57 anos, carpinteiro, Concelleiro de Izquierda Republicana en Mugardos.
- Jaime González Pérez, de Ares, 31 anos, solteiro, dependente na farmacia do seu pai.
- Germán López García, de Caamouco - Ares, 50 anos, da UGT.
- José María Montero Martínez, de Mehá, Mugardos, 39 anos, casado, enterrador.
- Ramón Rodríguez López, de Caamouco, Ares, 38 anos, da Fronte Popular.
- Ángel Roldós Gelpi, de Mugardos, 50 anos, casado, mestre nacional, afiliado a Izquierda Republicana.
- Juan José Teijeiro Leira, de Mugardos, 42 anos, casado, 1 fillo, mariñeiro, militante do PCE.
Etiquetas: Memoria Histórica