Presentación do libro "Sé por qué no vendes". Mércores 17 de abril ás 19,30 h.

Presentación do libro "Sé por qué no vendes" 
do autor Jesús Vázquez Montero

Mércores día 17 de abril ás 19,30 h. 

Presentado por Isidoro Valerio Prega - xornalista de RadioVoz


Letrame Editorial

Ver que o teu stock aumenta e as vendas non chegan desespera a calquera por moi rudo que un sexa. "Sé por qué no vendes" é unha obra escrita a peito aberto, con valentía e non con desprezo.

Ínstovos a descubrir a trama da venda afastándoos da zona de confort, cunha visión diferente, de lectura entretida, sensitiva, crí tica, vivaz e bastante áxil. É un libro que aborda a temática central con destreza, presenta carácter propio, mergullando ao lector con facilidade entre os conflictos diarios. É unha obra actual, emotiva que che atraerá desde as súas primeiras líñas... o produto, o cliente e o vendedor polo medio sabendo todo o que ocorre ao redor da venda, esa é a verdadeira trama e o seu final irresistible e concluínte.

Proxección Documental "O meu nome é Luís Ferreiro". Martes 16 de abril ás 19 h.


 Proxección Documental "O meu nome é Luís Ferreiro"
Martes día 16 de abril ás 19 h. no #Ateneo 

Conmemorando o 14 de abril - Día da República

Unha historia do antifranquismo galego, é unha viaxe pola vida do militante comunista na clandestinidade Luis González Ferreiro. Abórdanse diferentes etapas e cuestións relativas á loita durante a ditadura, tales como a guerrilla, o exilio, a emigración e a estratexia de folga nacional pacífica no tramo final da ditadura.

Co asesoramento histórico de Víctor Santidrián e Xesús Alonso Montero.

Titulo orixinal: O meu nome é Luís Ferreiro
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 78'
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego

Xornadas Formación ANPAS. Sábado 6 de abril ás 10 h.

 

A Federación e a Confederación de ANPAS GALEGAS organizan unhas xornadas de formación a nivel galego 

Sábado día 6 de abril ás 10 h. no #Ateneo

 
Programa:

 

Proposta Escénica: "Os corpos marcados". Venres día 5 de abril ás 19 h.


TÍTULO: Os Corpos Marcados. Venres día 5 de abril ás 19 h. no Ateneo


Proposta escénica cos textos:
“E como non podreceu... Brancaneves”(AngélicaLidell) EugeniaSanmartín
Adaptación e traducción de Eugenia Sanmartín.
“La Violación” (Darío Fo eFrancaRame) SilviaRomaus

Duración: 60 mins aprox.

Sinopse:


A violencia.
Quen sementou tan profundo a violencia en nós?

Ás armas! Todos os nenos ás armas! Os nenos que non collan as armas serán fusilados!”Chaman así a filas na peza de“E como non podreceu... Brancaneves”. A historia da guerra arrasando unha nena, arrasando as mulleres, arrasando nenos, arrasando homes...

El primero que se había movido se coloca entre mis piernas. De rodillas, Me las abre.” “No memuevo, no grito, no tengo voz”a muller de“La Violación”non ten voz...

Os corpos marcados.
Seremos quen de erradicar a violencia antes do fin dos tempos? Seremos quen para amar os corpos?



Presentación do libro "La Depuración del Magisterio Nacional en la provincia de A Coruña (1936-1945)" polo autor Jesús Manuel García Díaz (Director del C.A. a UNED en Ourense) 

Mércores día 3 de abril ás 19,30 h. no Ateneo 


Historia contra a " postverdad": Novo libro detalla como o franquismo reprimiu a miles de profesores galegos 

 Cal foi o papel de mestres delatores, de párrocos, "homes de bos costumes", Falanxe e mesmo "colectivos de veciños" na onda de represión contra os mestres tras a Guerra Civil? Este é un dos aspectos que desvela un novo libro. A depuración do Maxisterio nacional na provincia da Coruña (1936-1945) acaba de ver a luz da man da Fundación Luís Tilve e será presentado mañá venres na sede da  Deputación da Coruña.


O seu autor é Jesús Manuel García Díaz,  director da  UNED en Ourense . O historiador recolleu o Premio Luís Tilve de Investigación e Divulgación Histórica  o pasado día 20 de decembro .

Faite soci@ do Ateneo. Patrimonio da Cidade!


Tes dous minutos? 

Asóciate ao Ateneo Ferrolán

Polos que foron, polos que son, e polos que serán: Faite Soci​@!


OPCIÓN 1

Cubre o seguinte formulario online: 
(preme aquí para abrir o formulario noutra ventá)




OPCIÓN 2

Descarga o seguinte formulario, imprímeo e encheo cos teus
datos. Despois, fainolo chegar a nosa sede, ben en persoa 
ou por correo ordinario a:

Ateneo Ferrolán
Rúa Madalena 202-204
15402-Ferrol




OPCIÓN 3

Envíanos un email con todos os datos do seguinte 
formulario a secretaria@ateneoferrolan.org




--------------------------------------------------------------------------



Colabora con nós! ASOCIATE!
Pola cultura libre e participativa

Os socios e socias constitúen a base social do Ateneo sendo a canle de participación da cidadanía no Ateneo. A súa presenza dálle á entidade pluralidade, independencia e fortaleza e contribúe activamente ao seu dinamismo e eficiacia.

Necesitamos reforzar á entidade como institución de toda a sociedade como referente dos elementos de identidade que nos definen como pobo. 

Sermos máis socios e socias é facer do Ateneo Ferrolán o "noso" ateneo.

Sendo soci@ do Ateneo Ferrolán accederás ao servizo de préstamo da nosa Biblioteca-Hemeroteca, da nosa Filmoteca, ao Caderno bianual, a recibir información de todas as nosas actividades: cine, exposicións permanentes, charlas, música en directo (desconto aos soci@s), conferencias, curtametraxes, movementos sociais, club de lectura, concursos e certames propios ......

 

Facéndote socio - socia 
colaboras da mellor forma posible co noso proxecto cultural.





Ateneo Ferrolán "Un lugar de encontro para a cultura" 
dende 1879 Patrimonio da Cidade


--------------------------------------------------------------------------


Proxeción "Voaxa e Carmín". Xoves 28 de marzo ás 19 h.

Con motivo da celebración, o día 27 de marzo, do Día Internacional de Teatro no Ateneo Ferrolán proxectarase "Voaxa e Carmín" o xoves día 28 de marzo ás 19 h. con entrada libre

De sorpresa tamén haberá un sketch a cargo de Anxeles Seoane e Angeles Delgado.

Case unha atracción turística de seu e unha das iconas máis recoñecibles de Compostela, a estatua das Marías da Alameda de Santiago agocha unha historia máis dramática que, poñamos por caso, a da de Pessoa no Chiado. Case tan míticas como Cibeles e Neptuno, as Maruxa e Coralia do escultor César Lombera homenaxean as cores dun tempo gris e, ao ficaren aí a pesar dos estragos da desmemoria local, loitan por facer medrar a curiosidade de quen as visita.

Son poucas as mulleres e homes nacidas na capital antes da democracia que non recibisen, respectivamente, os seus insultos ou as súas chiscadelas. Para a maioría foron dúas excéntricas; como moito, hai quen se fai eco do poder simbólico que a súa presenza tiña no mediodía franquista. Como deixou dito Vidal Bolaño na edición impresa que acompañou a inauguración da estatua nos noventa, as Dúas en Punto “miraban a vida cun ollo chiscado e rían dun mundo que a forza de se enganar a si mesmo chegou a crer que era el quen ría delas”. Elas souberon aceptar ese engano e xogar con el. Convertéronse nun disfrace público para ocultaren unha vergonza privada, unha traxedia colectiva e unha memoria histórica.

Voaxa e Carmín presenta unha maneira artística, creativa e non documental de abordar o drama da nosa memoria histórica: o drama, silenciado durante décadas, de todo o peso da represión posbélica franquista envorcada sobre a vida feble de dúas mulleres inocentes. Se a información está dosificada e desordenada é para, precisamente, facer levedar o interese pola historia real e evitar que o fornecemento de todos os datos provoque unha satisfacción que a volva condenar ao esquecemento.

Texto, dirección e actrices sustentan, ademais, unha produción que, en definitiva, por contido e resultado, pode facer historia no teatro galego: un auténtico monumento teatral.

https://erreguete.gal/2016/07/21/voaxa-e-carmin/

Condolencias polo falecemento da nosa traballadora Marisol Fontenla Fuster (1962-2019)

 
Na foto como membro da Xunta Xestora do Ateneo durante os anos 2016 ao 2018 

Condolencias polo falecemento da nosa traballadora Marisol Fontenla Fuster (1962-2019)

Desde a CNT queremos expresar o noso profundo pesar polo pasamento este pasado xoves 21 de marzo, da compañeira Marisol. 

Marisol foi delegada da sección sindical de CNT no Ateneo Ferrolán durante os anos 2013, 2014 e 2015 cunha defensa decidida dos postos e condicións de traballo da plantilla, e do propio Ateneo, frente ás agresións do Concello de Ferrol.

Por último, transmitir a súa familia e amizades a nosa condolencia pola súa perda.
Descansa en paz, Marisol e que a terra che sexa leve compañeira.

O comité de CNT Galiza


Este sábado día 23 de marzo no transcurso da celebración dos 140 anos do Ateneo na cidade de Ferrol, fixémoslle entrega a súa familia dunha placa conmemorativa polos máis de 30 anos como traballadora e socia desta entidade e pola súa laboura ateneista.

A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán. Marzo 2019.

Related Posts with Thumbnails