XVIII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2018. Días 19 e 20 de decembro de 2018 ás 19 h.





 XVIII MOSTRA de CURTAMETRAXES 2018


19 e 20 de decembro de 2018 ás 19 h. no #AteneoFerrolán

Participa e Difunde!!!!


Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 30 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Normalmente recibimos as curtas a traverso da plataforma vimeo. Se utilizas esta plataforma, necesitamos saber a ligazón á curta máis o contrasinal para poder acceder a ela e coa opción "Descarga" habilitada para que nós a poidamos descargar. Pero tamén estamos totalmente abertos a calquera outro método que utilices (outra plataforma calquera ou se xa está público, a ligazón para poder collelo). Tamén aceptamos correo ordinario ao enderezo físico da nosa entidade.


Os días 19 e 20 de decembro de 2018, levarase a cabo a XVIII MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.



A Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.


Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.


O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

SELECCIONADAS ANO 2018


XVIII "MOSTRA DE CURTAMETRAXES" 2018
AUTOR TITULO DURACION IDIOMA
DÍA 1
José A. Jiménez 3 13' Galego
Uxia Santiago BÁGOAS NEGRAS 16' Galego
Silvia Otero e Andrés Castro METROCABINA 6'24'' Galego
Lautaro Herrera Batallán HOY NO VA A LLOVER 12'21''
Xabier Alconaro EL REDIL DE LOS COBARDES 6'
Jesús Martínez Nota EUSEBIO80 9'
Daniel Romero CAMBIO 9'35''
Javier García CASTING (REMUNERADO) 16'

DÍA 2
Julián Candón CRACK 3'24''
Eiande Setoain EL HOMBRE QUE CONSTRUÍA DRAGONES 8'43''
Macarena Astorga MARTA NO VIENE A CENAR 16'50''
David Rodríguez Muñiz REFUGIADOS 14'
Daniel Olmos Ochoa NÓMADA 15'
Carlos Villafaina SILENCIO POR FAVOR 17'03''
Jorge Naranjo CUMPLEVIDAS 18'20''



Presentación da nova Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán



Presentación da nova Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán presidida por 

Francisco Javier Montero Dongil e composta por:



Presidente: Francisco Javier Montero Dongil
Vicepresidente: Luis Calvo Teijo
Tesoureria: Sonia Mauriz Pereira
Contador: Ana Pernas Marquez
Secretaria: Angeles Delgado Pérez
Bibliotecario: Alejandro Rey López
Vogais:
Florentino Martínez Vazquez e Anxeles Seoane Fernandez

O ATENEO FERROLÁN (Un lugar de encontro para a cultura dende 1879) promove unha ampla e diversa oferta de actividades (conferencias, seminarios, debates, exposicións…) orientada á posta en valor dos recursos humanos e o potencial de saber da cidade. 
Sen perder de vista o seu obxectivo principal de converterse en foro de debate e de opinión plural e independente, aberto a toda a sociedade.

https://ateneo-ferrolan.blogspot.com

Exposición “Galicia en Foco”. Inauguración sábado 15 de decembro ás 19,30 h.



Exposición “Galicia en Foco” 
Do 15 de decembro de 2018 ao 15 de xaneiro de 2019


Inauguración o sábado 15 de decembro ás 19,30 h.

Organiza: Club de Prensa (Ferrol)

Ás 19:30 hrs do sábado 15 de decembro terá lugar no Ateneo Ferrolán a entrega do premio Foto do Ano de Galicia en Foco, que nesta 27ª edición por primeira vez na historia do certame que organiza o Club de Prensa de Ferrol, ten unha dotación económica de 1.000 €

A foto "Bágoas dos que non apagan lumes", tomada por Javier Cervera foi a que obtivo o premio de fotoxornalismo "Galicia en Foco" que otorga o Club de Prensa de Ferrol na súa XXVII edición e que por primeira vez ten unha dotación económica de 1.000 euros. 

Ademais o xurado do certame acordou conceder unha “mención especial” á serie “Rapa dás Bestas” de Javier Arcenillas, publicada non “Magazine Papel- El Mundo”, o 5 de Xullo de 2017. 

O xurado que estivo composto por Anna Turbau, Pepe Tejero e Julia Díaz Sixto, actuando como secretario, Miguel García Corral, referiu á imaxe premiada como “Madonna da desolación”, sinalando que era unha toma “desas que só podes facer unha vez na vida”, e destacou “a súa achega complementaria e enriquecedora dá peza narrativa”.

A Exposición permanecerá aberta ata o 15 de Xaneiro, para iniciar despois o percorrido por outros lugares de Galicia.

Presentación 'Xenio indomable', a biografía de Nóvoa Santos. Xoves 13 de decembro ás 19,30 h


O xoves día 13 de decembro ás 19,30 h. Xosé A. Fraga presenta a súa obra
 'Xenio indomable', a biografía de Nóvoa Santos. 

No acto intervirá tamén Eliseo Fernández (Historiador e ex-presidente do Ateneo)


Libro para dar a coñecer o primeiro traballo elaborado sobre a vida de Nóvoa Santos do que Xosé Fraga considera como o mellor médico da historia de Galicia, falecido con tan só 48 anos pero que deixou un importante legado científico. Na obra, o investigador detalla o enfrontamento que Nóvoa mantivo co estamento académico compostelán da súa época.

Evento: https://www.facebook.com/events/591445957979201/

Exposición "Naturalidad" de Anabel Viñas. Do 5 ao 31 de decembro de 2018


Exposición "Naturalidad" de  Anabel Viñas 
Diferentes pezas pintadas de acrílico sobre madeira e pedra. 
Do 5 ao 31 de decembro de 2018

Inauguración o mércores día 5 de decembro ás 20 h. na sala de exposicións do Ateneo (Sala 1)

Evento: https://www.facebook.com/events/330861977495485/

Faite soci@ do Ateneo. Patrimonio da Cidade!


Tes dous minutos? 

Asóciate ao Ateneo Ferrolán

Polos que foron, polos que son, e polos que serán: Faite Soci​@!


OPCIÓN 1

Cubre o seguinte formulario online: 
(preme aquí para abrir o formulario noutra ventá)




OPCIÓN 2

Descarga o seguinte formulario, imprímeo e encheo cos teus
datos. Despois, fainolo chegar a nosa sede, ben en persoa 
ou por correo ordinario a:

Ateneo Ferrolán
Rúa Madalena 202-204
15402-Ferrol




OPCIÓN 3

Envíanos un email con todos os datos do seguinte 
formulario a secretaria@ateneoferrolan.org




--------------------------------------------------------------------------



Colabora con nós! ASOCIATE!
Pola cultura libre e participativa

Os socios e socias constitúen a base social do Ateneo sendo a canle de participación da cidadanía no Ateneo. A súa presenza dálle á entidade pluralidade, independencia e fortaleza e contribúe activamente ao seu dinamismo e eficiacia.

Necesitamos reforzar á entidade como institución de toda a sociedade como referente dos elementos de identidade que nos definen como pobo. 

Sermos máis socios e socias é facer do Ateneo Ferrolán o "noso" ateneo.

Sendo soci@ do Ateneo Ferrolán accederás ao servizo de préstamo da nosa Biblioteca-Hemeroteca, da nosa Filmoteca, ao Caderno bianual, a recibir información de todas as nosas actividades: cine, exposicións permanentes, charlas, música en directo (desconto aos soci@s), conferencias, curtametraxes, movementos sociais, club de lectura, concursos e certames propios ......

 

Facéndote socio - socia 
colaboras da mellor forma posible co noso proxecto cultural.





Ateneo Ferrolán "Un lugar de encontro para a cultura" 
dende 1879 Patrimonio da Cidade


--------------------------------------------------------------------------


Temos Lotaría de Nadal nº 78516


Temos Lotaría de Nadal nº 78516

Merca a túa participación e colabora co Ateneo!

Ateneo Ferrolán: Un lugar de encontro para a cultura dende 1879 na cidade!

Presentación "22 Sonetos de los sentimientos oscuros". Venres día 30 de novembro ás 19 h.


Presentación "22 Sonetos de los sentimientos oscuros" de
Rafael Malvido Díaz. Con ilustracións de Sofía Piñeiro.

Venres día 30 de novembro ás 19 h. no Ateneo Ferrolán

Editorial Círculo Rojo

O mariño e escritor ferrolán, nacido en San Felipe, Rafael Malvido ten moi presentes as súas raíces. Os lugares que máis lle inspiran para escribir están relacionados co mar.-Posiblemente Punta Penencia sexa o lugar que máis me inspire. Ten que estar presente o mar, o encontro da terra co mar, a praia, as ondas... Eu crieime en San Felipe, e desde pequeno tiña un bote de remos e ía pescar, entón teño o privilexio de haber nado e crecido nunha contorna natural.

Teño unha imprimación dese neno que fun que estaba en contacto coa natureza e os elementos. Nesa contorna sinto moi a gusto, teño unha unión mística coa natureza.


Related Posts with Thumbnails