FotoCharlas en Ferrol. Febreiro e Marzo 2019


FotoCharlas en Ferrol. Febreiro e Marzo 2019
Todas as charlas serán ás 19:30 h. no Ateneo Ferrolán. 
A asistencia será gratuíta ata completar aforamento.
Fran Nieto en colaboración co Ateneo Ferrolán e uns bos amigos e grandes fotógrafos organiza unha serie de charlas sobre diferentes temas nos próximos días.
O 7 de Febreiro inauguración das FotoCharlas falando de xestión de cor, unha presentación moi dirixida a entender como funcionan os perfís de cor e axudarvos a resolver os problemas de impresión e visualización das vosas tomas.
O 14 de Febreiro José Pardo falaranos da apaixonante aventura de editar un libro, dos retos que supón e como afrontalos con éxito. Traerá algúns exemplares das súas publicacións por se queredes adoptar algún dedicado.
O 21 de Febreiro contamos con Xoel Rodriguez Sanjurjo que nos mostrará a evolución do seu estilo persoal, moi centrado na fotografía de retrato, e das motivacións que o xestaron.
O 28 de Febreiro veremos a forma en que Rubén Pérez Novo (Fris), obtén tomas macro no campo, un paseo apaixonante por un mundo en miniatura.
O 7 de Marzo acompañaranos Pablo Mauriz para ensinarnos a planificar as nosas viaxes en función da climatoloxía, das mareas, da posición do sol… É a mellor forma de sacar o máximo partido á fotografía de paisaxe.

http://frannieto.es/fotocharlas-en-ferrol/

Asembleas locais Galegas 8M cara ao #8m2019. Xoves día 24 ás 19 h.

Asembleas locais Galegas 8M cara ao #8m2019
Este xoves 24 de xaneiro, no Ateneo Ferrolán, ás 19 h. seguirán as Mesas de Traballo da Asemblea Aberta de Galegas 8M de Ferrol.
A asemblea aberta Galegas 8M traballa na organización conxunta das mobilizacións feministas para este ano 2019. Manifestación nacional, o 4 de marzo en Vigo, Folga de Mulleres do 8 de marzo e a apoio ás convocatorias locais dese mesmo día!
"As mulleres decidimos" #4mVouAVigo #8mEuParo.

Presentación do libro “Concepción Arenal, la caminante y su sombra”. Vernes 18 de xaneiro ás 20 h.


O vindeiro vernes día 18 de xaneiro ás 20 h. no Ateneo Ferrolán terá lugar a presentación do libro “Concepción Arenal, la caminante y su sombra” cuxa autora é Anna Caballé que é profesora titular de Literatura española da Universidade de Barcelona e responsable da Unidade de Estudos Bibliográficos de dita universidade.
Autora de moitos libros, a súa liña de investigación é o estudo e divulgación da escritura autobiográfica en lingua española. Non é esaxerado manifestar que este libro que o vernes se presenta baixo os auspicios do Club de Prensa de Ferrol pode representar unha obra biográfica de referencia da nosa ilustre xurista Concepción Arenal.
O acto terá lugar no salón de actos do Ateneo e a autora será presentada por Fernando Bores, membro da directiva do Club de Prensa 

Organiza: Club de Prensa de Ferrol

Asembleas locais Galegas 8M cara ao #8m2019. Xoves 17 de xaneiro ás 19 h.




Asembleas locais Galegas 8M cara ao #8m2019
Constitución da Asemblea Local de Ferrol Galegas 8M
Este xoves 17 de xaneiro, no Ateneo Ferrolán, ás 19 h. terá lugar a constitución da Asemblea de Galegas 8M de Ferrol. A finalidade da reunión é impulsar e organizar a convocatoria da manifestación nacional que se desenvolverá o 3 de marzo en Lugo e a posterior folga de coidados, consumo e laboral do próximo 8 de Marzo.

A Asemblea Galegas 8M naceu o ano pasado co obxectivo de dar un novo sentido á conmemoración do 8 de Marzo, “en clave galega, diversa, inclusiva e horizontal”. Desde este conxunto amplo e plural de colectivos e mulleres feministas, convocouse a mobilización feminista do 3 de marzo de 2018 en Vigo, unha das maiores mobilizacións que se acordan en Galiza. Así mesmo, Galegas 8M impulsou a convocatoria de folga e mobilizacións do propio día 8 de Marzo.

"As mulleres decidimos"

Related Posts with Thumbnails