Selección para a XX MOSTRA de CURTAMETRAXES 2020 16 e 17 de decembro de 2020 ás 18 h.

XX MOSTRA de CURTAMETRAXES 2020 16 e 17 de decembro de 2020 ás 18 h. Os días 16 e 17 de decembro de 2020, levarase a cabo a XX MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral. A Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes vinte anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional. Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial. O obxetivo é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade. Curtas e autores seleccionados:

XX MOSTRA de CURTAMETRAXES 2020 16 e 17 de decembro de 2020 ás 19 h.

XX MOSTRA de CURTAMETRAXES 2020 16 e 17 de decembro de 2020 ás 19 h. no #AteneoFerrolán Participa e Difunde!!!! Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas,nos acheguen os seus traballos de menos de 20’, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 13 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano. Normalmente recibimos as curtas a traverso da plataforma vimeo. Se utilizas esta plataforma,necesitamos saber a ligazón á curta máis o contrasinal para poder acceder a ela e coa opción "Descarga" habilitada para que nós a poidamos descargar. Pero tamén estamos totalmente abertos a calquera outro método que utilices (outra plataforma calquera ou se xa está público, a ligazón para poder collelo). Tamén aceptamos correo ordinario ao enderezo físico da nosa entidade. Os días 16 e 17 de decembro de 2020, levarase a cabo a XX MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral. A Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional. Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial. O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

Xornadas "O MUNDO DO PORVIR: BICENTENARIO DO NACEMENTO DE CONCEPCIÓN ARENAL PONTE (1820-2020)". Venres día 16 de outubro ás 18 h.

 

O Consello da Cultura Galega, a través do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, está organizando as Xornadas "O MUNDO DO PORVIR: BICENTENARIO DO NACEMENTO DE CONCEPCIÓN ARENAL PONTE (1820-2020)", que van ter lugar en diversas localidades nas próximas semanas.


A próxima xornada deste ciclo será no ATENEO FERROLÁN, o venres 16 de outubro ás 18 h. e leva por título "AMOR, EDUCACIÓN E IGUALDADE PARA O PROGRESO" e contará coa participación de María Xosé Porteiro, coordinadora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega, Celia Pereira Porto, coordinadora das xornadas, avogada laboralista e membro da Sección de Pensamento do CCG, Ana Romero Masiá, catedrática de Xeografía e Historia no IES Monte das Moas, e África López Souto, profesora de Filosofía e membro da Sección de Pensamento do CCG.
 
Máis información e inscricións http://consellodacultura.gal/evento.php?id=201082

Club de Lectura do Ateneo. Martes día 6 de outubro ás 17,30 h.

 


Club de Lectura do Ateneo

Martes día 6 de outubro ás 17,30 h. no Ateneo Ferrolán.

Animamos a tod@s a participar desta emblemática actividade.
Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso CLUB DE LECTURA, segue levándose a cabo todos os primeiros martes de cada mes. Encontros coa LECTURA onde xúntanse 20 socios e socias todos os primeiros martes de cada mes para reflexionar e comentar un libro guiados pola profesora ANXELES SEOANE.

Estamos a ler "Lluvia fina" unha novela de Luis Landero

 


 


Exposición de pintura do grupo “Catro médicos por Ferrol”. Outubro 2020

 


Exposición de pintura do grupo “Catro médicos por Ferrol”

Do 2 ao 31 de outubro de 2020

Catro médicos por Ferrol está formado por catro compañeiros médicos : Tino Cuesta-Oroso-, Leo Mendez-Vigo-, Pablo Galego-Santiago- e Xesus Vazquez –Lugo-.

Na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán - Outubro 2020

#Ateneo #CulturaSegura #SomosCultura #Ferrol #Galiza

Presentación libro "Náufragas no mar e na terra". Venres día 2 de outubro ás 19,30 h.

 

 

Presentación libro "Náufragas no mar e na terra" poemario da autora Elisabeth Oliveira que estará acompañada por Eugénia Sanmartín (actriz e cantora)

Venres día 2 de outubro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán
 

Elisabeth Oliveira naceu na rexión de Lille (Francia), de pai e nai portugueses. Creceu navegando entre dúas culturas e linguas. É licenciada en Letras Modernas pola Universidade de Lille III e en Filoloxía Francesa pola USC. Instalouse en Galiza en 1995 e namourou definitivamente desta terra e desta xente. En 2016, publicou POESIS, un poemario en catro linguas con cancións creadas a partir dos poemas, tamén en catro linguas.

"Náufragas no mar e na terra", poemario integramente en galego (novembro 2019) é unha homenaxe ás mulleres valentes que arriscan a vida nun mar cemmenterio por tentar salvala ou maltratadas na terra. O poemario pecha cun poema esperanzador.

A autora participou en varios festivais (Entreverbas, Kerouak, Poesía Salavxe) e numerosos recitais en Galiza e Portugal.
Leva o grupo "Noite de Letras" de Pontevedra que reúne artistas unha vez ao més e o club de lectura en portugués da libraría Paz (Pontevedra).

Presentación do libro "DramaturGA 20. 11 textos breves". Xoves 24 de setembro ás 20 h.

 


Presentación do libro "DramaturGA 20. 11 textos breves"
Coordinado por Julio Fernández e Franciso Oti Ríos.

Haberá unha lectura dramatizada dalgún dos textos polo grupo Fura Fura Teatro

Xoves día 24 de setembro ás 20 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán
#CulturaSegura

(Entrada libre ate completar aforo permitido)

A Asociación Galega de Dramaturxia, DramaturGA, en colaboración con Ediciones Invasoras, vén de editar o seu primeiro libro, DramaturGA 20. 11 textos breves. O volume, coordinado por Julio Fernández e Franciso Oti Ríos, contén textos de Ana Abad de Larriva, Afonso Becerra de Becerreá, Raquel Castro, sther f. carrodeguas, Julio Fernández, Fran Godón, Ernesto Is, Carlos Labraña, Francisco Oti Ríos, Noelia Toledano e Roi Vidal Ponte e constitúe unha escolma da máis recente literatura dramática contemporánea galega.

Nace este proxecto posible como un berro existencial ceibado coas nosas gorxas dramatúrxicas, un berro permanente das nosas inquedanzas, como unha primeira pedra do novo milladoiro na nosa peregrinaxe teatral colectiva, como unha cantería de asento na catedral da dramaturxia galega que leva as marcas de todas e todos os canteiros asociados que quixeron participar nesta proposta aberta e plural, que recolle a creación de literatura dramática galega actual compendiando algúns textos breves nun exemplar que reúne as condicións de: urxente necesidade, excelencia e liberdade.

http://www.dramaturga.org

Presentación libro: "Soldados de Franco" de Fran Leira Castiñeira. Mércores 23 de setembro ás 19,30 h.

 


Presentación libro: "Soldados de Franco" de Fran Leira Castiñeira
Publicado por Siglo XXI Editores

Mércores día 23 de setembro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán

O mércores 23 de outubro, preséntase Soldado de Franco. Recrutamento forzoso, experiencia de guerra e desmobilización militar, do historiador ferrolán Francisco J. Leira Castiñeira, (Histagra- Universidade de Santiago) no Ateneo Ferrolán. Estará acompañado polo presidente do Ateneo Ferrolán, Xabier Dongil; polo catedratico da Universidade de Santiago de Compostela, Lourenzo Fernández Prieto, y Aurora Artiaga Rego, profesora da Universidade de Santiago de Compostela.

O libro mereceu o Premio Miguel Artola de Historia 2018, o premio en Ciencias Sociais Juana de Vega 2012 e una mención honorífica no concurso de ensaio histórico George Watt da ALBA-VALB de Nova Iorque.

Sinopse: O golpe de estado de xullo de 1936 partiu España en dous, configurando un taboleiro de terror, miseria e morte que daría fin á República e sustento á ditadura. No territorio sublevado, os soldados de Franco a miúdo non eran adeptos convencidos, senón meros peóns obrigados a loitar polo devir dunha España na que o único elemento de cohesión ía ser o medo. Desvélase como o Exército sublevado formouse mediante levas forzosas e desmitifica a historia, unha e outra vez repetida, de que media España alzouse contra a República por cuestións ideolóxicas ou políticas. Soldados de Franco é o relato de cómo o ditador situou ao país ante un terrible dilema: converterse en verdugos ou morrer.

Francisco J. Leira Castiñeira é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela que mereceu o Premio Miguel Artola para teses doutorais en Historia Contemporánea, prestixioso galardón que convoca anualmente a Asociación de Historia Contemporánea en colaboración co Centro de Estudos Políticos e Constitucionais do Ministerio de Presidencia. Máster en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Ciencias Documentais pola Universidade da Coruña, foi visiting fellow na University College Dublin - Center War Studies. Entre outros recoñecementos, o autor recibiu así mesmo o Premio en Ciencias Sociais Juana de Vega, así como unha mención honorífica no concurso de ensaio George Watt da ALBA- VALB de Nova York, ambos por avances desta investigación en 2012.

Related Posts with Thumbnails