Revista trimestral do Ateneo Ferrolán "ATENEA 46" - Outono 2020

Revista trimestral do Ateneo Ferrolán "ATENEA 46" - Outono 2020 

Saúdavos a nova revista ATENEA DIXIT 

Despois de un longo período sen editala, a Xunta Directiva,estimamos que deberíamos facer un esforzo en retomar o contacto directo cos socios e socias para recoñecerlles que a súa fidelidade é a que permite esta edición e que este formato dixital pode converterse nese nexo, tan necesario. Si ben é certo que este formato adquire outra dimensión o certo é que sen socios e socias non habería esta revista, grazas. 

Enlace Revista Atenea 46:

https://drive.google.com/file/d/1pOCw_djTeWfHwwSLvIwwUMdB7dFb4Ewa/view?usp=sharing 

 


 

 

 ¡¡¡¡¡ ADIADA !!!!! #COVID

Conferencia audiovisual "Da guerra e o seu relato na arte contemporánea en Galicia" por Rosario Sarmiento

Xoves día 28 de xaneiro de 2021 ás 19 h.

 DA GUERRA COMA ARTE Á ARTE EN CONTRA DA GUERRAREIVINDICA O PAPEL DOS ARTISTAS GALEGOS NA DENUNCIA DOS CONFLITOS ARMADOS

  • Un ciclo de actividades culturais achegará ao público o relato da guerra na arte contemporánea de Galicia

  • Coordinado pola historiadora da arte Rosario Sarmiento e patrocinado pola Deputación da Coruña, o programa cultural inclúe a celebración dun ciclo de conferencias e a difusión de materiais divulgativos en formato audiovisual e impreso

  • A iniciativa bota a andar nas comarcas da Coruña, Ferrol e Santiago con máis dunha ducia de actividades programadas en xaneiro e febreiro

 Reivindicar o papel comprometido e de denuncia dos e das artistas galegos fronte aos conflitos armados é o eixe do ciclo de actividades culturais Da guerra coma arte á arte en contra da guerra, que bota a andar este mes de xaneiro e continuará en febreiro con máis dunha ducia de actos programados na provincia, con primeiras paradas nas comarcas da Coruña, Santiago e Ferrol.

Esta iniciativa, organizada pola firma cultural A Forxa, co patrocinio da Deputación da Coruña, e coordinada pola historiadora da arte Rosario Sarmiento (www.rosariosarmiento.gal), quere achegar á sociedade galega o relato da guerra a través da arte contemporánea de Galicia.

A guerra, os seus protagonistas, os seus escenarios e as súas consecuencias ten sido na arte contemporánea un tema sobre o que moitos creadores traballaron, denunciando moitas veces os abusos, as atrocidades e a dor que sempre deixa tras de si calquera conflito armado, explica Rosario Sarmiento. Sen embargo, non será ata finais do século XVIII e comezos do século XIX, cando a maneira máis académica de relatar as guerras como acontecementos heroicos ou grandiosos será posta en cuestión por un artista como Francisco de Goya, que marcará a modernidade deste xénero artístico, apunta.

En Galicia, Ramón Parada Justel, un dos compoñentes da chamada Xeración Doente será pioneiro nesta denuncia en 1899, co cadro A familia do anarquista o día da execución, sendo un dos nosos primeiros creadores contemporáneos que se achega á temática da violencia da guerra. O golpe de estado de 1936, coa represión, o terror e a tremenda experiencia da Guerra Civil serán claves para o posicionamento e a denuncia de moitos dos artistas que contribuirán á modernidade da creación plástica nas primeiras décadas do século XX en Galicia, sinala Sarmiento.

Nomes como Luis Seoane, Castelao, Colmeiro, Arturo Souto e Federico Ribas denunciarán aos responsables do golpe e a dramática situación da poboación civil. Tamén Isaac Díaz Pardo, Conde Corbal, Agustín Pérez Bellas, Mercedes Ruibal, Xaime Quessada, Francisco Leiro, Jorge Castillo, Reimundo Patiño, Xavier Correa, Antón Patiño ou Caxigueiro expresarán o seu compromiso e deixarán en moitas obras a súa mirada de compromiso fronte á realidade da guerra.

Esa mirada é a que se achegará ao público da provincia coruñesa con este ciclo cultural que comprende un amplo programa de conferencias e a difusión destas obras a través de diversos materiais audiovisuais e impresos, coa edición de máis de 2.000 folletos e carteis.

A iniciativa bota a andar este mes, con actividades xa programadas na Coruña, Sada, Betanzos, Oleiros, Santiago e Ferrol.

is información

Rosario Sarmiento 619 723 760


Feliz 2021

 


Representación Teatral “Testemuñas anónimas (teatro documental)”. Escola Teatro do Ateneo. Xoves día 17 ás 19,30 h.

 


Representación Teatral “Testemuñas anónimas (teatro documental)”


da Escola de Teatro do Ateneo Ferrolán

Xoves día 17 de decembro ás 19,30 h.

(Aforo limitado restricións Covid)


- Dirección e posta en escena: Plamen Dipchikov

- Escenografía: Ani Petrova

Sinopse: no tren da vida unha muller galega atópase consigo mesmo nas diferentes etapas da súa vida

Elenco: 

Angelica Bores Cuartero, Sabela Carrera Alvarez, Tessy Blan e Fernanda Martinez

Temos Lotaría de Nadal Nº 93577

 


 
Temos Lotaría de Nadal
Participacións de: 2,50 € + 0,50 € (colaboración)= 3 €

Nº 93.577
Colabora e participa!

Selección para a XX MOSTRA de CURTAMETRAXES 2020 16 e 17 de decembro de 2020 ás 19 h. ¡¡¡¡ ADIADAS!!!!


XX MOSTRA de CURTAMETRAXES 2020 16 e 17 de decembro de 2020 ás 19 h. 

Os días 16 e 17 de decembro de 2020, levarase a cabo a XX MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral. 

A Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes vinte anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional. 

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial. O obxetivo é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade. 

Curtas e autores seleccionados:

XX MOSTRA de CURTAMETRAXES 2020 16 e 17 de decembro de 2020 ás 19 h. ¡¡¡¡¡ADIADAS!!!!!


XX MOSTRA de CURTAMETRAXES 2020 16 e 17 de decembro de 2020 ás 19 h. no #AteneoFerrolán 

Participa e Difunde!!!! 

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas,nos acheguen os seus traballos de menos de 20’, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 13 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano. 

Normalmente recibimos as curtas a traverso da plataforma vimeo. Se utilizas esta plataforma,necesitamos saber a ligazón á curta máis o contrasinal para poder acceder a ela e coa opción "Descarga" habilitada para que nós a poidamos descargar. Pero tamén estamos totalmente abertos a calquera outro método que utilices (outra plataforma calquera ou se xa está público, a ligazón para poder collelo). Tamén aceptamos correo ordinario ao enderezo físico da nosa entidade. 

Os días 16 e 17 de decembro de 2020, levarase a cabo a XX MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral. 

A Mostra de Curtametraxes do Ateneo nace en 2001 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes dezasete anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional. 

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial. O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.

Xornadas "O MUNDO DO PORVIR: BICENTENARIO DO NACEMENTO DE CONCEPCIÓN ARENAL PONTE (1820-2020)". Venres día 16 de outubro ás 18 h.

 

O Consello da Cultura Galega, a través do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, está organizando as Xornadas "O MUNDO DO PORVIR: BICENTENARIO DO NACEMENTO DE CONCEPCIÓN ARENAL PONTE (1820-2020)", que van ter lugar en diversas localidades nas próximas semanas.


A próxima xornada deste ciclo será no ATENEO FERROLÁN, o venres 16 de outubro ás 18 h. e leva por título "AMOR, EDUCACIÓN E IGUALDADE PARA O PROGRESO" e contará coa participación de María Xosé Porteiro, coordinadora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega, Celia Pereira Porto, coordinadora das xornadas, avogada laboralista e membro da Sección de Pensamento do CCG, Ana Romero Masiá, catedrática de Xeografía e Historia no IES Monte das Moas, e África López Souto, profesora de Filosofía e membro da Sección de Pensamento do CCG.
 
Máis información e inscricións http://consellodacultura.gal/evento.php?id=201082

Related Posts with Thumbnails