Curso Intensivo de Adestramento Actoral en Ferrol. Do 16 ao 19 de setembro
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 4.9.19Etiquetas: Actividades, Cine, Obradoiros, Talleres, Teatro
Doazón da colección da Revista Espírita Ferrolana “El Kardeciano” (setembro de 1934 - xullo de 1936)
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 2.7.19
A revista estaba vencellada á Federación Española de Espiritismo e, na presentación, o director expón a finalidade da mesma:
Etiquetas: Arquivos, Biblioteca-Hemeroteca, Ferrol, Galiza, Historia, Patrimonio
Proxección Documental "Los labios apretados". Venres 12 de xullo ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 2.7.19SINOPSE CURTA
Sergio, o fillo dun mineiro asturiano emprende unha viaxe a Buenos Aires sen saber que, en paralelo, inicia outra viaxe: o da memoria. Alí descobre un acontecemento histórico de talla mundial que ocorreu á beira da súa casa. E en ningunha clase de Historia contáranlle nada… O mozo navega a ambos os dous lados do océano perseguindo o ronsel daquela revolución do ano 34; que aínda que escoitou nomear algunha vez aos anciáns do seu pobo natal, descoñece por completo.
"Los labios apretados" foi rodado en Uruguai, Arxentina e Asturias durante o últimos nove anos. A investigación levada a cabo para a súa realización esixiu a visita a 22 arquivos de 5 países diferentes. O proxecto, dirixido polo documentalista, fotógrafo e investigador asturiano Sergio Montero, dirixe a súa mirada "cara á historia non contada da revolución de outubro do 34, reflexionando sobre como unha sociedade transmite a súa memoria ás seguintes xeracións".
Recentemente o documentalista asturiano Sergio Montero recibiu o premio á mellor cinematografía nun documental no SOUTH INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019 pola súa ópera prima Os Beizos Apertados foi rodado en Uruguai, Arxentina e Asturias durante o últimos nove anos. A investigación levada a cabo para a súa realización esixiu a visita a 22 arquivos de 5 países diferentes. O proxecto, dirixido polo documentalista, fotógrafo e investigador asturiano Sergio Montero, dirixe a súa mirada "cara á historia non contada da revolución de outubro do 34, reflexionando sobre como unha sociedade transmite a súa memoria ás seguintes xeracións".
Recentemente o documentalista asturiano Sergio Montero recibiu o premio á mellor cinematografía nun documental no SOUTH INTERNATIONAL FILM FESTIVAL 2019 pola súa ópera prima "Los labios apretados"
Trailer do documental https://vimeo.com/295083784
Máis info: https://www.facebook.com/los.labios.apretados.el.documental/
Etiquetas: Actividades, Documentais, Historia, Memoria Histórica, Politica
Proxección documental Federal. Xoves 27 de xuño ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 21.6.19Xoves 27 de xuño ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán
Participará no debate: Jordi Pedret ( Membro da xunta de Federalistes d’Esquerres)
Historia, presente e futuro dunha proposta que busca conciliar os beneficios da autonomía e a integración en sociedades marcadas pola presenza de identidades múltiples.
O estado da cuestión da man de pensadores e líderes políticos de alcance internacional como Daniel Cohn- Bendit, Romano Prodi, Joan Botella, André Lecours ou Emma Bonino.
Pero tamén o federalismo explicado desde dentro, a partir da experiencia de cidadáns anónimos: que sabemos, de onde provén, cales son as súas posibilidades nun mundo cada vez máis globalizado.
E unha mirada a experiencias e tradicións federais, os éxitos e fracasos do modelo.
https://minimalfilms.com/portfolio/items/federal/
Evento: https://www.facebook.com/events/463550257540108
Etiquetas: Actividades, Audiovisuais, Documentais, Historia, Politica
Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria. Mércores 26 de xuño
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.6.19
Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria. 26 de xuño
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.6.19
Representación Teatral HAMLINHO. Venres 14 de xuño ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.6.19Venres día 14 de xuño ás 20 h. no Ateneo Ferrolán
Etiquetas: Actividades, Letras, Presentacións, Teatro
Presentación do libro “NO ME LLAMES OLVIDO “. Xoves 13 de xuño ás 19 hs.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 4.6.19
Evento: https://www.facebook.com/events/373518766604342/
Etiquetas: Actividades, Letras, Libros, Presentacións
Recital "A erótica do contrapoder". Venres 31 de maio ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 30.5.19Etiquetas: Actividades, Ferrol, Galiza, Historia, Letras, LetrasGalegas, Libros, Lingua
Presentación do nº 31 do Caderno FerrolAnálisis. Xoves día 30 de maio ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 28.5.19
Etiquetas: Actividades, Club de Prensa, Ferrol, Historia, Libros, Presentacións
PALESTRA “Lingua, poder e adolescencia no proceso de substitución lingüística”. Mércores 29 ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 28.5.19O vindeiro mércores 29 de maio, a partir das 19:00h no Ateneo Ferrolán, AGAMME organiza a PALESTRA “Lingua, poder e adolescencia no proceso de substitución lingüística”, a cargo do profesor Miguel Rodríguez Carnota.
A través do seu relatorio, Carnota expoñerá os resultados da súa tese doutoral na que investiga a existencia dunha realidade de acoso escolar por razón de lingua no noso sistema educativo que non se está a identificar nin abordar.
http://agamme.org/palestra-a-cargo-de-miguel-rodriguez-carnota-lingua-poder-e-adolescencia-no-proceso-de-substitucion-linguistica-o-vindeiro-mercores-29-de-maio-no-ateneo-ferrolan/
Etiquetas: Actividades, Coloquios, Conferencias, Infancia, Politica
Mesas de Debate: Eleccións Municipais 2019. Martes día 21 e Xoves día 23 ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 15.5.19Eleccións Municipais 2019 #Ferrol
Martes 21 e xoves 23 de maio ás 19,30 h.
Modera: Club de Prensa de Ferrol
Entrada libre
- Día 21 de maio ás 19,30 h. cos representantes dos Grupos Políticos con representación actualmente no Concello: FeC, PSOE, PP, BNG e CS
- Día 23 de maio ás 19,30 h. cos representantes dos Grupos Políticos que buscan obter representación nestas eleccións municipais: Marea de Ferrol, Centristas, *Sentimiento Ferrolano, LiGanDo, Xuntos Actúa.
* (Sentimiento Ferrolano foi invitado pero mandounos un correo desculpándose por non poder acudir ao debate do día 23 xa que lles coincidía a data co seu mitin central)
Etiquetas: Actividades, Debates, Ferrol, Galiza, Municipalismo
Venres día 17 de maio - Día das Letras Galegas ás 12 na Praza Vella (Ferrol)
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 14.5.19Ferrol ás 12 na Praza Vella
Voces da Rock School. Recital das Letras Galegas. Xoves 16 de maio ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 14.5.19Recital das Letras Galegas
Etiquetas: Actividades, Galiza, LetrasGalegas, Lingua, Música en Directo
Exposición fotográfica "Os soños esquecidos". Ata o 30 de xuño
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 14.5.19Exposición fotográfica "Os soños esquecidos" de espazos abandonados feita por Carlos Muiños Mfh Ferrol, fotógrafo afeccionado de Ferrol.
Cerca de 40 fotografías da súa temática preferida; as fotos de espazos abandonados. Nesta nova mostra poderanse ver algunhas fotos inéditas e outras xa coñecidas da súa ampla colección.
Etiquetas: Actividades, Exposicións, Ferrol, Fotografía
Presentación do poemario "EN INÉDITO SILENCIO". Venres 10 de maio ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.5.19Venres día 10 de maio ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán
Ana Fernández (deseño e arte), Esther Raíndo (debuxos), André Cerdido Pastor (poemas, declamacións e selección musical).
Etiquetas: Actividades, Ferrol, Letras, Libros, Poesía, Presentacións
Exposición Retratos "Poetas" de Juan Manuel Álvarez Romero (Mané). Ata o 9 de maio
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 5.5.19Actos da "XII Semana de Poesía Salvaxe" no Ateneo Ferrolán
A obra de Juan Manuel Álvarez Romero, Mané, pode pasar dunha poética simbolista ao caos máis absoluto sen perder a súa esencia, a súa pegada máis profunda.
Roberto Matta.
O artista andaluz afincado en Galicia expón no prestixioso Ateneo Ferrolán unha serie de obras intimas inspiradas no evento cultural "Poesía Salvaxe" que vén realizando desde fai máis dunha década nesta cidade, o artista sevillano retrata cun concepto post-minimalista a un grupo de amigos e poetas da cidade e outros que proveñen de toda a xeografía do país.
Con esta mostra volve sorprender coa súa poética conceptual e simbólica un dos artistas que é recoñecido polo seu traballo no campo da simboloxía tartésica e fenicia que tan ben nos transmite a través dos seus cadros, contándonos historias mitolóxicas destas antigas civilizacións que deixaron unha gran influencia na nosa península.
Esta mostra que se expón en Ferrol, intima e persoal do autor que sen dúbida nos deixará coñecer un pouco máis no seu labor como creador poderase ver a partir do 25 de Abril ao 9 de Maio. Ferrol, Galicia.
Tamén na XII Semana de Poesía Salvaxe estarán este 25 de Abril, as poetas Sandra Santos - Portugal e Raquel Lima a partir das 18 h. no Ateneo Ferrolán
Doce Semana da Poesía Salvaxe
Etiquetas: Actividades, Artes Plásticas, Cultura, Exposicións, Ferrol, Pintura, Poesía, Poesía Salvaxe
Exposición de Pinturas de LIS "Nueva York". Do 3 ao 31 de maio
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 2.5.19Lis (José Luis Pérez López, Ferrol, 1944), é un pintor ferrolán, fincado en Lleida fai xa preto de corenta anos. Autodidacta, de pintura impresionista, recibiu varios premios en concursos de pintura rápida en distintas localidades españolas. Traballa fundamentalmente o óleo con espátula, aínda que pode utilizar o pincel con notables resultados. Realiza exposicións en Cataluña e Galicia nos últimos anos con bo éxito de público.
Atrapa Lis o instante preciso, o momento en que a luz e a forma adquiren a súa imaxe mais enaltecedora; con pincelada redonda impregnada de intención e con gran sentido da cor. Lis transmítenos visións precisas, Momentos concretos, nos que a beleza alcanza o seu punto culminante. A súa obra ofrécesenos impregnada de frescura, de fluidez, nunha visión impresionista atrapando o fundamental, pero deixando que todo, coas súas paisaxes e mariñas sexa reconocible, vendo luz, cor e forma e unha obra que é fiel reflexo da súa personalidade creativa, plena de impulso e emoción que sabe transmitir.
M. Losada, xornalista e Crítico de Arte http://www.pintoresgallegos.com/lis/
Etiquetas: Actividades, Artes, Artes Plásticas, Exposicións, Pintura
Presentación do libro "Sé por qué no vendes". Mércores 17 de abril ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 16.4.19Mércores día 17 de abril ás 19,30 h.
Letrame Editorial
Ver que o teu stock aumenta e as vendas non chegan desespera a calquera por moi rudo que un sexa. "Sé por qué no vendes" é unha obra escrita a peito aberto, con valentía e non con desprezo.
Ínstovos a descubrir a trama da venda afastándoos da zona de confort, cunha visión diferente, de lectura entretida, sensitiva, crí tica, vivaz e bastante áxil. É un libro que aborda a temática central con destreza, presenta carácter propio, mergullando ao lector con facilidade entre os conflictos diarios. É unha obra actual, emotiva que che atraerá desde as súas primeiras líñas... o produto, o cliente e o vendedor polo medio sabendo todo o que ocorre ao redor da venda, esa é a verdadeira trama e o seu final irresistible e concluínte.
Etiquetas: Actividades, Libros
Proxección Documental "O meu nome é Luís Ferreiro". Martes 16 de abril ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 10.4.19Co asesoramento histórico de Víctor Santidrián e Xesús Alonso Montero.
Titulo orixinal: O meu nome é Luís Ferreiro
Tipo: Documental
Xénero: Biográfico
Produción propia
Realizada a cor
Duración: 78'
Orixe: Galicia
Ano: 2010
Idioma V.O.: Galego
Etiquetas: Actividades, Documentais, Galiza, Historia, Memoria Histórica, Proxeccións















































