Buscar neste blog

Síguenos en...

28 febreiro 2014

Exposición Pinturas de Paloma Jaén


Exposición de Pinturas de PALOMA JAÉN
Do 7 ao 31 de marzo de 2014

Sala de Exposicións "Emiliano Balás y Silva" do Ateneo Ferrolán 
Inauguración o venres día 7 de marzo ás 20 h.
Entrada libre
 


27 febreiro 2014

Proxección curtametraxe “NAUFRAXIOS”. Venres día 28 ás 20 h.



Proxección curtametraxe “NAUFRAXIOS”

Venres día 28 de febreiro ás 20 h.
no salón de actos do Ateneo Ferrolán
Entrada libre


Rodado case integramente en Sillobre, concello de Fene, e con 20 minutos de duración, "Naufraxios" é unha curtametraxe  realizada integramente por un grupo de alumnos do curso de acceso 2012-13 da Escola de Actrices e Actores de Narón.

Escrito e dirixido por Ángel Ferreira, compositor tamén da banda sonora, conta ademais na dirección con Mar García e Miguel Castro, e producido por EmecE Audiovisual.
Está protagonizado por Fran Muíño e Ana Queipo, participan tamén Alba Lamas, Adelaida Abad, Mar García, Víctor Fernández, Benigno Suárez, Cris Pitín, Julia Rodríguez e Lola Sanmartín.

Argumento:
Íñigo Sandoval, antaño poeta de certo renome, atravesa unha etapa de esterilidade creativa. Malvive somerxido na noite e o alcohol intentando escribir versos que non atopa, ata que entra na súa vida Dafne, unha misteriosa moza que espertará de novo inspiración. Con ela planea publicar unha obra conxunta, pero Dafne prefire voar pola súa conta.


25 febreiro 2014

Presentación: Grupo Surrealista Galego. Poesía visual "Xalundes"

Xoves día 27 de febreiro ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán haberá a presentación do:

Grupo Surrealista Galego

onde varios compañeiros, entre eles, Xoan Abeleira, poeta e membro deste grupo nos presentarán o poema visual "Xalundes" e nos falarán das súas actividades.


http://gruposurrealistagalego.blogaliza.org

O Grupo Surrealista Galego é, irrazoable e irrefreable mente, nada máis [pero moito máis] ca un grupo de creadoras e creadores galegos, cunha única premisa, polo de agora: abrirse a todos aquiles individuos e colectivos que vexan na palabra "surrealista" un espírito aínda vivo e transformador, e non, como quere facernos crer o sistema capitalista, un sinónimo do seu absurdo. Non queremos ser "dogmáticos" mais tampouco traidores. Por iso estamos dispost@s a aceptar e pendurar todas aquelas creacións, de calquera tipo, leais ó que amamos pero ningunha que deturpe aquilo que di amar. Polo demais, como non somos nin parvos nin ilusos senón temible mente lúcidos, sabemos, abofé, que no tocante ó Surrealismo ninguén pode aspirar a nada agás a devir algún día surrealista.

22 febreiro 2014

Charla: "A base popular do independentismo catalán"



O luns día 24 de febreiro ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán haberá unha charla sobre "A base popular do independentismo catalán"
impartida polo sociólogo catalán Josep María Rosello.
Entrada libre.

17 febreiro 2014

Conmemoración 78 aniversario da victoria electoral do Frente Popular


Conmemoración 78 aniversario da victoria electoral do Frente Popular

O venres día 21 de febreiro ás 19,30 h. no salón de actos do 
Ateneo Ferrolán haberá a proxección do documental:
"A victoria do Frente Popular e a conspiración contra a república"  
presentado por: Eliseo Fernández e Bernardo Máiz
Entrada libre

07 febreiro 2014

Presentación do Documental: "ARDE MADRID". Mércores día 12 ás 19,30.





O mércores día 12 de febreiro ás 19,30 h. terá lugar no salón de actos do Ateneo Ferrolán a Presentación do Documental:

“ARDE MADRID”
Contaremos coa presenza do seu autor Antón Caeiro.


SINOPSE
Historia da vida vivida por uns nenos durante o asedio a unha cidade por espazo de tres anos: Madrid durante a guerra civil.

Historia dunha infancia perdida no medio de rescaldos, fame e sangue.




03 febreiro 2014

Sesión Vermú o sábado día 15 de febreiro ás 12 h.


O sábado día 15 de febreiro a partir das 12 da mañá haberá unha 

Sesión Vermú con música en directo de La Mandanga
bon ambiente, petiscos e como non .... vermú.
 
En apoio ao Ateneo Ferrolán patrimonio da cidade.

Vos esperamos a tod@s. Entrada de balde. 

CLUB DE LECTURA "El Tragaluz" unha obra de teatro de Antonio Buero Vallejo,







 CLUB DE LECTURA. O martes día 4 de febreiro ás 19,30 h.

 
Estamos a ler "El Tragaluz" unha obra de teatro de Antonio Buero Vallejo, estreada no Teatro Belas Artes de Madrid o 7 de outubro de 1967.
 
Argumento

A obra céntrase nas relacións entre dous irmáns, Vicente e Mario, separados tras a Guerra civil e que pasados os anos, sitúan o primeiro nunha boa posición social e o segundo vivindo nunha situación mísera, co pai alleado e a nai infeliz. O interese de ambos os dous irmáns por Encarna (a secretaria que mantén unha relación con Vicente, aínda que o seu amor sexa para Mario) encrespará aínda máis a trama.

Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso CLUB DE LECTURA, segue levándose a cabo Todos os primeiros MARTES DE CADA MES.

         Encontros coa LECTURA onde xúntanse 20 socios e socias todos os primeiros martes de cada mes para reflexionar e comentar un libro guiados pola profesora ANXELES SEOANE.


01 febreiro 2014

Exposición Fotográfica de Ana Gil: "Brumas e Espectros"





 Exposición Fotográfica de Ana Gil
"Brumas e Espectros"

Do 5 ao 28 de febreiro


Ana Gil (Ourense, 1973), Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo
http://anagilcallejon73.blogspot.com.es/

30 xaneiro 2014

Presentación do Caderno Republicano nº 3: O 'CAMARADA FRAGA' E AS VÍTIMAS DA REPRESIÓN FRANQUISTA.







COMISIÓN POLA RECUPERACIÓN DA MEMORIA HISTÓRICA DA CORUÑA
Presentación do Caderno Republicano nº 3:
O 'CAMARADA FRAGA' E AS VÍTIMAS DA REPRESIÓN FRANQUISTA.

Xoves, 6 de febreiro, A PARTIR DAS 19,30 h., no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán

Participarán nesta presentación:

* Bernardo Máiz Vázquez, historiador
* Fernando Souto Suárez, Presidente da CRMH da Coruña.
* Manuel Monge González, autor do Caderno Republicano nº 3, e ex-presidente da CRMH da Coruña.

Presentación do libro: "Perlío no pasado"


O libro "Perlío no pasado" dos licenciados en Xeografía e Historia María Xesús Arias e Henrique Sanfiz, pretende recoller a historia desta parroquia de Fene desde a época dos castros ata a rotura da ponte das Pias o 13 de xaneiro de 1998. 

O acto de presentación do volume celebraráse o
mércores 5 de febreiro ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán.
 
As primeiras referencias escritas de Perlío datan do ano 1083, cando Ermesenda, irmá do conde de Traba Pedro Froilaz, doa ao mosteiro de San Martiño de Xuvia, a vila de Perlío. Poucos anos máis tarde repítense as doazóns da vila do castro de Perlío e da igrexa do Santo Estebo, ao citado cenobio.
 
Os Andrade de Perlío. O volume tamén fai referencia ao señor de Ferrol, Pontedeume e Vilalba entre 1397 e 1404 Pedro Fernández de Andrade IV, quen reside en Perlío, ao menos parte da súa vida e con toda probabilidade recibe sepultura na igrexa de Santo Estebo, pertencendo á súa tumba a lápida atopada no templo coa inscrición "Pedro Fernandes dandrade, señor da casa de Andrade". Os Andrade eran membros da aristocracia, grupo ou clase social con privilexios na orde xurídica, cun alto status e unha fortuna patrimonial consolidada.Pedro Fernández era sobriño de Fernán Pérez de Andrade, o Boo, Con Pedro Fernández, que casa con Mencia de Meyra, volven unificarse as herdanzas dos Andrade. Sucedeo no señoría o seu fillo Nuño Freire III, quen terá máis problemas para consolidar o seu señorío. A permanente loita de Ferrol pola súa liberdade foi premiada polo rei Xoan II, coa ratificación dos privilexios de reguengo en 1412.
 
"Perlío no pasado" tamén se detén na historia empresarial e do movemento obreiro de Astano, adicandolle igualmente atención ao labor do Círculo de Perlío como faro da cultura galega nas décadas dos sesenta e setenta do século pasado.

"Bono Axuda" do Ateneo Ferrolán

O número premiado foi o
nº 217

Cal é o obxectivo?
Dentro do proceso de rexeneración e reactivación do Ateneo Ferrolán, realizamos esta actividade con o obxectivo de recaudar fondos para recuperar a entidade.

Que se sortea?
Sorteamos un debuxo original, cedido e creado para a ocasión, do artista ferrolán Suso Basterrechea.
Imaxe do Debuxo de Suso Basterrechea.

Como se Participa?
Para axudar e participar no sorteo, debes mercar un dos "Bono Axuda" que emitiu o Ateneo Ferrolán, existen 3 tipos de "Bono Axuda", o de 3€ terá un número, o de 5€ dous números e o de 10€ cinco números para o sorteo.
Os bonos poderanse mercar a partir do 10 de Febreiro de 2014 no mesmo Ateneo Ferrolán, só venderanse na secretaría como único punto de venda.

Imaxe dos tres tipos de "Bono Axuda"

Cando e donde é o sorteo?
O sorteo do debuxo realizarase durante o transcurso dunha Sesión Vermú no Ateneo Ferrolán que se celebrará no mes de abril, de non estar presente a persoa con o número gañador, publicaremos o número na web do Ateneo (neste mesmo post) durante un mes. No caso de non ser recollido o premio, este pasará a formar parte do patrimonio do Ateneo Ferrolán.