DOCEPORCINCO ponencias proxeccións no Ateneo Ferrolán

O  próximo sábado 20 de febreiro ás 19:00 horas no Ateneo Ferrolán.

DOCEPORCINCO, unha serie de ponencias de 5 minutos de duración cada unha, ate un total de 11, e un envolvente xeral que será a actuación de Carlos Villena (músico experimental de Barcelona) como peza número 12 deste evento, do que dedúcese e cumpre o concepto do seu nome, DOCEPORCINCO.

Está aberto a todo o mundo que queira pasar polo auditorio do Ateneo, e a velada será completada con pinchos e barra de bar, para crear un ambiente máis distendido e de exposición artística. Axunto a este correo o cartel do evento.

DOCEPORCINCO na súa primeira edición reúne 12 artistas de puntos diferentes da península como son Cataluña, Andalucía, Asturias e Galicia, e xúntaos para que nos presenten os seus proxectos máis frescos de ámbitos moi dispares da arte.

Axudados por un micrófono e un proxector estes artistas contarannos as súas inquietudes e amosarán o seu traballo no salón de actos do Ateneo Ferrolán. Desta forma creadores da zona e outros de distintos puntos de Galicia e España pódense dar a coñecer, na súa propia casa uns e noutro ámbito máis lonxe do seu núcleo outros.

Unha iniciativa en vangarda actualmente (polo concepto) e que esperamos contaxie rapidamente; confiamos en que a palabra falada e a mostra de arte en grandes tamaños como o que nos permite unha proxección supera en atractivo á difusión artística por internet, polo que humanizase así o que nun principio era humano. Baseado nesta filosofía escolléronse 12 proxectos que teñen en común unha base, que é a natureza expresiva e  de entendemento entre persoas, por iso estes artistas falarán do seu propio traballo, porque nada mellor que escoitar cómo nolo contan eles para entendelo.

Tamén cabe destacar que teremos presentadores de excepción para axilizar un pouco a arquitectura do evento.

As ponencias correrán a cargo de:
Iago Barreiro / Fotografía / A Coruña
A Garola / Editorial Teatral / Cedeira
Rubén Darío / Pintura / Barcelona
Ángel Manso / Fotografía / Ferrol
Paula Martínez / Gravado en pedra / Lanzarote (incorporación substitutiva de Iván Erre)
Pablo Portero / Guión / Santiago de Compostela
Thr3hold / Visuals / Gijón
Eduardo Hermida / Acción Artística / Ferrol
Helga Méndez e Alicia Seoane / proxecto para Casa das Artes / Ferrol
Eva Morell e Noemí Diaz-Patiño / novo Fanzine Colores / Málaga-Vigo
Chus Sánchez / Fotografía / Barcelona

...e a actuación a cargo do paisaxista sónico Carlos Villena (Barcelona), fundador do selo Mantricum, xa coñecido do mundillo do Ambient/Experimental e colaborador de diversos proxectos de ambient e noise en diversos puntos do planeta, que nos envolverá con cortes de inicio do evento e clausura.

Doceporcinco é unha iniciativa persoal de Pablo Limorte, fotógrafo de 28 anos nacido en Ferrol, que produce e organiza o evento con axuda de Eva Morell, deseñadora malagueña de 28 anos, a cargo da imaxe e o planning comunicativo.

email da organización: doceporcince@gmail.com

0 comentarios :

Related Posts with Thumbnails