Publicado por
ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879)
o día
23.6.10
O Ateneo Ferrolán apoia a Lumeirada d'A Revolta 2010 en Caranza onde tamén queimará as malas meigas [sobrantes do vello edificio] desta entidade con motivo das, por fin, obras de rehabilitación da nosa sede.
O Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos, organiza, como é
habitual desde hai xa 13 anos unha lumeirada para celebrar o solstício de
verán. O lume vai ser o grande protagonista nesta noite meiga e de
divertimento, onde celebraremos a chegada do verán, na noite mais curta
do ano. Outro dos protagonistas
vai ser, nesta ocasión, o Povo Saaraui, pois a recadación que se consiga
na festa vai ir íntegra para o programa"Vacacións en Paz", programa no
que participan algúns integrantes d'A Revolta.
O Solstício de Verán 2010 celebraremo-lo prendendo lume a unha grande
fogueira, mais non faltará a festa con sardiñas, chourizos, pan, viño,
cervexa, danzas, música, ...
Como non podia ser doutro xeito, a Lumeirada
d'A Revolta 2010, vai ter
lugar a Cuarta-Feira [Mércores],
23 de Xuño, na ribeira de Caranza, nas imediacións da Rua Cartagena, no
antigo campo de terra batida, desde as 6 da tarde ata a madrugada do
día seguinte.
Nove veces hai que saltar a fogueira recitando os benefícios que
queres ou os males que queres espantar, para que cumpra o lume os seus
poderes na noite meiga.
Mais tamén hai quen pon o cacho da noite das lumeiradas, ervas
medicinais e aromáticas con auga, deixadas nunha tina ao rocio da noite,
para o aseo purificador da maña.
Publicado por
ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879)
o día
21.6.10
A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán expón aos seus socios e socias e á
cidadanía en xeral:
Este ano 2010 non podemos realizar o noso Concurso Internacional de Gaita Galega "Constantino Bellón" por mor:
Dos recortes orzamentarios.
O abandono dalgúns apoios institucionais.
O escaso marxe de tempo dende o remate da 19 edición en marzo 2010.
A tardanza en recibir resposta das entidades ás que solicitamos axuda.
Todos estes condicionantes imposibilitaronos para desenvolver en tempo e
forma a convocatoria para este 2010.
Recoñecemos o apoio do Concello de Ferrol que foi determinante para poder
realizar a pasada edición aínda con atrancos e retrasos, e que tamén apoiará
a edición do CD da 19 edición que sairá en breve.
Traballaremos para levar a cabo a próxima 20 edición do "Constantino Bellón"
nas datas de sempre no ano 2011.
Publicado por
ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879)
o día
18.6.10
Comunicado da Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán
Con motivo do inminente inicio das obras de rehabilitación da sede do Ateneo Ferrolán (Edificio 202 e 204 da Rúa Magdalena) iniciamos o traslado temporal dos nosos fondos, que estarán depositados en almacenamento da Empresa Mudanzas Félix polo tempo de execución de dita rehabilitación de quince meses.
Así mesmo, transmitimos ás socias e socios e á cidadanía en xeral que manteremos a atención ó público e a programación prevista, revista trimestral, administración... e calquera outra actividade cultural que desenvolveremos no propio Ateneo Ferrolán ou nun espazo alternativo.
Publicado por
ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879)
o día
9.6.10
O venres 11 de xuño ás 20 horas no Auditorio do Ateneo Ferrolán, proxectarase o documental "Entre Línguas"
Este documental, ten directores e equipo integramente galegos e é un estudio filolóxico que mostra como en distintas zonas fronteirizas, nas que o portugués conflúe co español, estes entrelázanse e dan como resultado dialectos que son utilizados día a día pola poboación local e que son claramente similares ao galego que utilizamos actualmente en Galicia.
Sinopse O galego de que nada sabíamos
O caso do 'galego de Cáceres' tornou-se conhecido na Galiza há quase duas décadas. Porém, ao longo da fronteira com Portugal, desde a província de Samora até a de Badajoz, existem outros quatro territórios que, por diferentes vicissitudes históricas, possuem actualmente soberania espanhola e conservam uns dialectos muito semelhantes ao galego.
Afinal, o que é o galego? Será que a língua portuguesa, em contacto com o castelhano sobreposto através dos séculos, pode dar origem a outros galegos? No transcurso deste documentário, os vizinhos e vizinhas destas quase sempre pequenas vilas, contam-nos como vivem a sua mais forte peculariedade e conversam sobre os motivos para continuarem a falar como ainda falam e cantam, ou todo o contrário.
Guión: Vanessa Vila Verde Lamas, João José Varela Aveledo, Eduardo Sanches Maragoto. Producción: Vanessa Vila Verde Lamas, João José Varela Aveledo, Eduardo Sanches Maragoto. Montaxe:Ramiro Ledo Cordeiro. Dirección: Vanessa Vila Verde Lamas, João José Varela Aveledo, Eduardo Sanches Maragoto. Imaxe: Vanessa Vila Verde Lamas, João José Varela Aveledo, Eduardo Sanches Maragoto. Son: Vanessa Vila Verde Lamas, João José Varela Aveledo, Eduardo Sanches Maragoto. Música: “De la vida de les piedres” extraído de Diariu 2 de Nacho Vegas e Ramón Lluís Bande. Desing: Manuel Pintor Vigo. Postproducción: Ramiro Ledo Cordeiro.
Publicado por
ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879)
o día
8.6.10
O Xurado cualificador do XX CERTAME FOTOGRAFÍA SOBRE MEDIO-AMBIENTE 2010, organizado polo Ateneo Ferrolán, integrado por RODRIGO RAMOS ARDA (Fotógrafo), CÉSAR TOIMIL (Fotógrafo) e ELOY TABOADA (Fotógrafo) e actuando como secretaria sen voto, CRISTINA MEIZOSO ALONSO, reunido o día 24 de maio de 2010, toma os seguintes acordos:
Unha vez examinadas a totalidade de fotografías presentadas a concurso, de acordo coas Bases e por unanimidade DECIDE:
Descualificar un total de 0 dos traballos presentados, por non axustarse ás Bases
Seleccionar 50 das fotografías presentadas a Concurso, para incluír na exposición itinerante, tal e como se indica nas Bases, e publicalas nun Catálogo editado pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol.
Outorgar os seguintes Premios :
3º PREMIO:“Lume” de JORGE MEIS (Ferrol)
2º PREMIO:“Pesca ecológica III” de JOSE LUIS GARCIA GARCIA (Málaga)
1º PREMIO:“Contaminación 0,0” de ANTONIO LÓPEZ FERNÁNDEZ (As Pontes–A Coruña)
Así mesmo o Xurado decide conceder 5 MENCIÓNS ESPECIAIS querendo destacar o alto nivel acadado nesta edición:
“Lumínica” de RAMÓN VAAMONDE VILAS (Santiago-A Coruña)
“Naturaleza salvaje a la luz de las estrellas” de José Francisco Rodríguez Nieto (Narón- A Coruña)
“Supervivencia” de JOSE MEIS MEAÑO (Abegondo – A Coruña)
“El ojo que te mira no es ojo porque lo miras es ojo porque te ve” de MARIO LLORCA LOUREIRO (Ferrol)
“A TDT chegou ás leiras” de ELVIRA SANJURJO FERNANDEZ (As Pontes-A Coruña)
Para que así conste a tódolos efectos oportunos, os abaixo asinantes
Publicado por
ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879)
o día
2.6.10
O
Sábado 5 de Xuño, celébrase a VIII Sessiom Vermú no Ateneo Ferrolán, a partir das 12 do
mediodía, con a retransmisión dun programa especial ao vivo desde o propio Ateneo para despedir a
tempada filispiniana 2009-2010.
Pinchos e
música para tod@s e a colaboración musical de El hombre Flipante.
O monumento foi doado no ano 1979 pola Fundación Alberto ao pobo de Ferrol a través do Ateneo
Colabora na autoxestión: Cajamar ES72-3058-6402-9527-2000-5350 Titular: Ateneo Ferrolán
ATENEO FERROLÁN
A sede do Ateneo Ferrolán, esta ubicada nun edificio histórico do século XVIII, enclavado no Barrio da Magdalena.
En 1986 inaugúrase a sede social do ATENEO FERROLÁN no número 202-204 da rúa Magdalena, espléndido edificio do século XVIII (1762) trátase dun dos edificios máis representativos do Barrio da Magdalena.
Os seus balcóns de ferro forxado, de gusto rococó, son o elemento decorativo e expresivo do elevado rango desta edificación.
Magnificamente restaurado e habilitado para albergar a sede social dunha das institucións culturais máis antigas da cidade de Ferrol e para o desenvolvemento das súas actividades culturais dentro do histórico Barrio da Magdalena.