"UN LUGAR DE ENCONTRO PARA A CULTURA"
Fundado no ano 1879 pasou por diferentes e comprometidas etapas até que foi pechado toda a longa etapa da dictadura franquista.
Refundado no ano 1976, o Ateneo Ferrolán, tense convertido nun punto de referencia e consulta imprescindible dentro do mundo cultural de Ferrol e en xeral de Galicia, non so polos centos de actividades culturais (debates, cine, conferencias, mesas redondas, exposicións, concertos, etc...) que organiza senón pola súa capacidade crecente de convocatoria na realización das distintas e plurais actividades programadas, e tamén porque é unha entidade que ofrece o seu espazo a entidades e asociacións que queran dispoñer das súas instalacións.
O
Ateneo Ferrolán, como entidade sen fin de lucro, ocupa hoxe un dos primeiros lugares como dinamizador da nosa cultura en Ferrol, desenvolvendo as súas actividades a traves das Vocalías de Música, Cine, Teatro, Ciencias e Humanidades, Artes Plásticas, Medio Ambiente, Muller, Arqueoloxía, Xuventude, Publicacións...
Así, o
Ateneo Ferrolán ven tentando dar unha resposta cultural ás necesidades dunha cidade galega, coas súas características de seu, como é Ferrol e a súa comarca. Velaí que tódalas súas actividades desenvolvense en función dunha demanda social concreta ó servicio da cal orientamos os nosos esforzos.
Polas características propias de promoción e defensa da cultura galega, tódalas súas manifestacións, ben orais ou escritas, realízanse dun xeito único en idioma galego, o mesmo que toda a súa administración está elaborada, de sempre, no noso idioma, en galego.
Todo este esforzo cultural e os seus fins, non lucrativos, fan que as súas programacións sexan na súa maior parte abertas ó público e de xeito gratuito, cun gran contido e interese social, polo cal teñen unha grande aceptación cidadán.
Grazas á constancia e ao empuxe dos
socios e socias e coa colaboración do Concello, do
M.O.P.U., de Caixa Galicia e do arquitecto D. Alfredo Alcalá
Navarro e Francisco Iglesiasr, en 1983 inaugúrase a sede social do ATENEO FERROLÁN no
número 202-204 da rúa Magdalena, espléndido edificio do século
XVIII (1762), enclavado no tamén historico "Barrio da Magdalena"
Magnificamente
restaurado, os seus balcóns de ferro forxado, de gusto rococó, son o elemento decorativo e expresivo do elevado rango desta edificación, habilitada para albergar a sede social dunha das
institucións culturais máis antigas da cidade de Ferrol e para o
desenvolvemento das súas actividades culturais dentro deste histórico Barrio da Magdalena.
En xuño de 1983, o Ateneo Ferrolán inauguraba a súa actual sede cun denso programa que catalizou a actividade cultural da cidade. No acto inaugural participaron Isaac D. Pardo, Filgueira Valverde, Lueiro Rey, Ramón Piñeiro e Carvalho Calero
Está distribuído por plantas (Ver fotos no apartado As Instalacións):
- Planta Baixa:
- Vestíbulo, Cafetería e Salon de Actos con capacidade para 100 persoas: Conferencias, proxeccións, Artes Escénicas, Concertos, ...
- Entrechán:
- Secretaría / Administración.
- Primeira Planta:
- Segunda Planta:
- Sala de Exposicións (2). Aulas Actividades/Reunións
- Terceira Planta:
- Aulas Actividades / Hemeroteca
- Cuarta Planta:
- Biblioteca-hemeroteca. Declarada "Biblioteca de Titularidade Privada de Especial Interese para Galicia" pola importacia dos seus fondos hemerográficos.
O ATENEO funciona a través dunha Xunta Directiva e reparte as tarefas e actividades nas distintas VOCALÍAS segundo os Estatutos vixentes. A actual Xunta Directiva está composta por:
* Presidente: Francisco Xabier Montero Dongil
* Vicepresidenta: Ana Pernas Máquez
* Secretario: Daniel Velasco García
* Tesoureiro: Florentino Martínez Vázquez
* Contador: Alejandro Rey López
* Bibliotecaria: Sonia Mauriz Fernández
* Clube de Lectura: Ánxeles Seoane Fernández
* Comunicación: Manuel A. Cendán Dopico
Tamén a posibilidade, según coñecen asociacións culturais,
AVV., partidos políticos, colectivos, organismos, entidades, etc., de
facer calquera outro acto que se propoña, posto que o ATENEO é unha entidade sen ánimo de lucro aberta a calquera iniciativa cultural e social.