Buscar neste blog
Síguenos en...
24 febreiro 2023
Presentación da "Nova Orquestra Sinfónica Ferrolterra". Venres día 24 de febreiro ás 19 h.
14 decembro 2022
XXVIII Xornadas da Gaita Antón Varela (Tonecho) 2022. Sábado 17 de decembro ás 19,30 h.
16 decembro 2021
Concerto Os Peregrinos. Luns día 20 de decembro de 2021 ás 20 h.
02 decembro 2021
XXVII Xornadas da Gaita Antón Varela "Tonecho". Venres 10 de decembro ás 19,30 h.
XXVII Xornadas da Gaita Antón Varela "Tonecho" Ateneo Ferrolán
Venres día 10 de decembro ás 19,30 h.
Programa:
Presentación do libro “ A gaita na Terra de Melide” de Suso Ascariz
“A gaita na Terra de Melide” é un percorrido sonoro, literario e fotográfico pola tradición musical dunha comarca.
Tomando como referencia espacial os concellos de Sobrado dos Monxes, Toques, Melide e Santiso, o autor estuda a evolución da gaita galega nestas terras ao longo do século XX ao tempo que describe o contexto histórico e os acontecementos relevantes que marcaron o devir do instrumento.
Trátase dun traballo de investigación construído tamén a través das biografías de gaiteiros e artesáns no que se recollen vivencias e anécdotas contadas en primeira persoa e que nos leva de novo ás eiras, ás casas, ás romarías e a todos aqueles espazos da Terra de Melide nos que se tocaba e nos que a gaita foi adquirindo aos poucos unha función social determinante. O libro inclúe un repertorio composto por 60 partituras, moitas delas inéditas, e un CD coa gravación das catro muiñeiras da Terra de Melide compostas polo autor.
Actuación do grupo tradicional "Os Estrobos"
No ano 1976 formase en Ferrol o cuarteto “Os Estrobos” da man do Mestre de Gaita Manuel García Pereira (“Lolete”), con membros do grupo de baile “Terra Meiga”. Dende os inicios comezan a participar en tódalas festas da comarca e mais adiante, por toda a xeografía Galega, viaxando por toda Europa e participando en diversos concursos.
Pasaron por “Os Estrobos” moitos componentes dende o seu comezo, destacando os fundadores (“Lolete” e Joaquín con gaitas, Aldo tamboril e Vicente co Bombo), como Ana “A Gaiteira”, Camilo Ces ou Fran Cuétara, ata os actuáis compoñentes, Marcos García e Daniel López coas gaitas, Rufino Cuétara co Bombo e Jorge García co Tamboril.
Na súa participación nos concursos podemos destacar os seguintes premios:
3º Premio en Ponteareas no ano 1981.
2º Premio en Portomarín no 1981.
1º e 2º Premios en Cerdido, ano 91 e 92.
2º e 3º Premio en Vedra, nos anos 2001 e 2006.
2º Premio en Ortigueira no 2006.
2º Premio en Miño no 2001 con 1º Premio para a mellor percusión.
1º e 2º Premio no certame Europero de Saint Chartier, Francia. 2003 e 2019.
28 novembro 2019
Presentación de "Strange Mystery Flower sing Willliam Blake". Venres 29 de novembro ás 20,30 h.
Todo comezou durante unha viaxe fascinante polo norte de Italia hai cinco anos, onde Roger descobre unha misteriosa relación cos poemas de William Blake.
Eses escritos místicos e visionarios espertan o desexo do músico de compoñer melodías e cantalas. Así é como se orixina SMF; e baixo este pseudónimo decídese a gravar dez desas cancións xurdidas durante a viaxe coa colaboración fundamental da súa irmá Amparo e outros músicos afíns, para poder compartir este tesouro atopado hai xa un lustro, que foi cociñándose a lume lento nun proceso de creación e gravación máxicos.
A presentación deste disco singular será o próximo 29 de novembro ás 20:30h no Ateneo Ferrolán. Para este directo contan cun espectáculo multidisciplinar que en pouco máis dunha hora percorre o imaxinario poético de William Blake a través destas xoias pop atemporal de dous/tres minutos, algún que outro poema recitado e a proxección dalgunhas das súas ilustracións e pinturas máis emblemáticas.
Entrada: 3 euros.
26 novembro 2019
Presentación videoclip "Me pierdo" de Marcos Mella. Xoves 28 de novembro ás 20 h.
O videoclip é interpretado en lingua de signos polos actores galegos Lucia Regueiro e Oswaldo Digon, que coa axuda da intérprete Natalia Navaza aprenderon a interpretar a letra da canción.
Os bailaríns Silvana Castelo e Fernando Piñeiro foron os encargados de interpretar o sólo de violonchelo a partir dunha coreografía creada por eles mesmos para a ocasión.
O videoclip está gravado pola empresa Filmate de Santiago
A maquillaxe e perruquería estivo a cargo de Instetic Yolanda
09 abril 2018
Presentación Disco "Reflejos" de Adrián Vigo & Banda. Venres 13 de abril ás 20 h.
Concerto de Adrián Vigo, un virtuoso que rompe barreiras, acompañado da súa banda presentan o seu segundo disco "Reflejos"
https://www.facebook.com/
06 setembro 2017
Presentación do disco “Amandangadamente” de Javi Mandango. Venres 8 de setembro ás 20,30 h.
O disco “Amandangadamente” de Javi Mandango sae á luz tras un longo período de espera. Trátase do primeiro traballo en solitario deste cantante cómico e artista multidisciplinar precario, logo de convertires o antigo dúo “La Mandanga” no seu proxecto persoal actual.
Grabado durante os meses de Xullo, Agosto e Setembro de 2016 nos estudios 'Mi Puta Casa Records' e 'Ansede Mordor Studios' e autoproducido polo propio artista, conta con colaboracións estelares como a do agropachangueiro 'Xente de Lona', a sedosa voz de Tania Redondo, o baixo eléctrico do seu irmán Sonic, Fernán Varela (cantante de Sandford Music Factory) ou o RnR One Man Band 'O Bo de Vil', que prestou a súa voz e instrumentos, así como tamén a súa sabedoría nas labores de masterización.
O traballo consta de dez temas e unha pista extra, nos que se atopan letras con altas doses de humor satírico e políticamente incorrecto, non apto para mentes fácilmente traumatizables. Drogas, sexo e humor escatolóxico mesturado con guitarras, turutas e moito desenfado.
Está dispoñible en formato físico e tamén en descarga dixital na web lamandanga.bandcamp.com
Máis info:
https://drive.google.com/
24 abril 2017
Concerto "Tu Otra Bonita" e "Club del Río". Sábado día 29 de abril ás 21,30 h.
Quizais non sabiades que algo tan bo estaba a cociñarse.... pero si, era así, e aquí está!!!! Na ponte de maio imos todos a Campeiras! Será unha escapada chea de MÚSICA, SURF, ONDAS, PULPO E LICOR CAFÉ!
Alguén ten algunha dúbida de cal é o plan? Ven connosco, "Tu otra bonita" e "Club del río" do 28 de abril ao 2 de maio e non te perdas o concertazo que nos darán ambos o SÁBADO 29 de abril, ás 21.30 no Ateneo Ferrolan ♥ ♥
Consegue as túas entradas en Wegow antes de que voen!!!!
https://tickets.wegow.com/
06 abril 2017
Sesión Vermú con Eugenia Sanmartin. Xoves día 13 a partir das 12 h.
24 xaneiro 2017
Presentación do libro "Bestiario do vestiario" de Martiño Suárez. Venres 27 ás 20 h.
Pioneiras incomprendidas, goleadores borrachos, nazis, ciclistas drogados, 'hooligans' bizantinos, campións negros, perdedores exemplares, rastafaris, filósofos gregos, santos, espías da RDA, Elvis e Bob Marley...
Bestiario do vestiario xunta un zoolóxico de deportistas desviados en cincuenta historias nas marxes do heroísmo habitual do xénero, regadas con sangue, alcohol, épica e humor.
Estes textos do Bestiario do Vestiario (fóra tres escritos para a ocasión) foron publicados orixinalmente en DIOIVO na sección do mesmo nome e tiveron unha excelente acollida por parte dos lectores.
Evento no facebook: https://www.facebook.com/events/207466569715982/
17 outubro 2016
Concerto do cantautor Víctor Bueno. Venres día 4 de novembro ás 20 h.
22 decembro 2015
"Arte made in Ferrol". Martes día 29 ás 20 h
Entrada libre.
O finalizar abriremos un pequeno debate sobre a situación da mocidade no sur de Europa.
O documental ten un formato curto (o redor de 20 min) e está grabado en inglés con subtitulos en español, grego e portugués.
Co fin de dar difusión o noso proxecto, temos previsto organizar sendos eventos públicos en Galicia, Lisboa e Kalamata.
A nosa idea consiste en organizar unha velada de Arte made in Ferrol no que poidamos presentar o noso proxecto á vez que tocan dous grupos locais (concertos acusticos).
07 outubro 2015
I Ciclo de Jazz. "Os Bregadiers". Sábado día 10 ás 21 h.
10 agosto 2015
Sesión Vermú con Weather Underground e Agostinho DJ. Sábado 22 ás 12 h.
Entrada de balde
Agradecemos difusión "Ateneo un lugar de encontro para a cultura dende 1879"
01 xullo 2015
Concerto do grupo folk "Lenda Ártabra". Venres 10 de xullo ás 20 h.
19 xuño 2015
Concerto de Sergio Sleiman. Presentación do Álbum "Si supieras". Xoves 25 ás 20 h.
O canto e a guitarra de concerto trouxérono a España en 1995. Aqui compuxo a maior parte das súas cancións impregnadas de Tango, Brasil, Miguel Hernández, Nova Troba, Antonio Vega, Rapaz Buarque, Police,....
ALFONSINA Y EL MAR (Versión instrumental) https://soundcloud.com/
10 xuño 2015
Concerto do músico arxentino Gabriel Guerramayor. Venres 12 ás 20 h.
05 xuño 2015
Avance Programación Cultural no Ateneo. Semana do 8 ao 13 de xuño.
12 maio 2015
Concerto de Miguel Castro "Canciones para pensantes". Venres día 15 ás 20,30 h.
Semifinalista no I Concurso Internacional de Cantautores Olga Xirinacs (Tarragona 2009), finalista no Certamen de Cantautores XpressiónK (A Coruña 2009) e no II Sadacústico (Sada 2014) e colaborador habitual da Asociación Venres de Cantautar (A Coruña), Miguel Castro bebe de fontes tan dispares como Bob Dylan, Silvio Rodríguez, Jorge Drexler, ou Glen Hansard, e acariña estilos musicais diversos (bossanova, blues, country, swing, pop, folk), aderezados en ocasións co uso de loops gravados sempre en rigoroso directo.
Comunícase desde rexistros variados (o amante patético e perplexo que chora polas esquinas, o canalla que chama a cada cousa polo seu nome, o peatón que protesta indignado ante as incongruencias da sociedade) e aborda os temas das súas cancións desde moi distintas perspectivas. Crea así un estilo de canción de autor, con poucos pelos na lingua, no que nada predomina, pero no que atopamos intimismo e desnudez, rabia, tenrura, calidez e unha boa dose de ironía e sarcasmo moi propia de terras galegas.
Nesta ocasión, proponnos un paseo polo resbaladizo terreo do amor e os sentimentos que o acompañan (Dos Toboganes), máis algunhas reflexións sobre o mundo que nos rodea que integrarán o seu próximo traballo, "Cosillas (os martes os tenedores non se caen)".

























