Marzo: Ciclo "Mulleres directoras"

As proxeccións serán os:
Martes ás 19:30hs. no Ateneo Ferrolán.



4 de marzo: “LA PIEL” de Liliana Cavani (1981)
Intérpretes: Claudia Cardinale, Burt Lancaster, Marcello Mastroianni
Duración: 130 min.
Sinopse: Nápoles, 1943. A cidade acaba de ser liberada polas tropas americanas nunha época na que ninguén sabe cando acaba a guerra nin onde empeza a paz; vencedores e vencidos enfróntanse. As mulleres prostitúense, as nais venden aos seus fillos, os prisioneiros alemáns véndense a prezo de ouro.


11 de marzo: “LAS VÍRGENES SUICIDAS” de Sofía Coppola (1999)
Intérpretes: James Woods, Kathleen Turner, Kirsten Dunst, Josh Hartnett, Scott Glenn, Michael Paré, Danny DeVito, Chelsie Swain, A.J. Cook, Hanna R. Hall
Duración: 97 min.
Sinopse: Corren os anos setenta. Nun tranquilo barrio dunha cidade de Estados Unidos vive a familia Lisbon, dous autoritarios e rectos pais con cinco fermosas fillas que provocan os desexos de todos os mozos da zona. Sen embargo toda a inocencia, beleza e harmonía do lugar estala en anacos cando comeza unha traxedia, con sinais de maldición, que marcará a vida non só da familia, senón tamén dos mozos que naqueles anos soñaban cos seus loiros cabelos e as súas miradas turbadoras.


18 de marzo: “POR RUMBAS Y A LO LOCO” de Martha Coolidge (1997)
Intérpretes: Jack Lemmon, Walter Matthau, Dyan Cannon, Gloria DeHaven, Brent Spiner, Elaine Stritch, Hal Linden, Donald O’Connor, Edward Mulhare,
Duración: 104 min.
Sinopse: Charlie é un xogador nato que goza co xogo e vive permanentemente en bancarrota. Tras un novo fracaso, convence ao seu cuñado para embarcar nun cruceiro e poder conseguir os favores dunha muller adiñeirada.


25 de marzo: “HOLA, ¿ESTÁS SOLA?” de Icíar Bollaín (1995)
Intérpretes: Alex Angulo, Antonio de la Torre, Arcadi Levin, Candela Peña, Daniel Guzmán, Elena Irureta, Pedro Miguel Martinez, Silke,
Duración: 90 min.
Sinopse: Esta é a historia dunha viaxe e unha amizade entre dúas mozas, Niña e Trini, ambas cun pasado precario de afecto, un presente sen nada que perder, e un futuro tan aberto como elas queiran.
No camiño o compartirán todo: o amor por Olaf, un ruso que non fala castelán; unha grande decepción, Mariló, a nai de Niña.
Nesta viaxe Niña atopa un amor e pérdeo, reencontra a súa nai e pérdea, pero tamén atopa unha amiga, e esta será para sempre.

Cultura e Sociedade nun mundo global

ASOCIACIÓN LUSO-GALEGA DE ANTROPOLOXÍA APLICADA
Facultade de Humanidades - Rúa Dr. Vázquez Cabrera s/n
15403 Ferrol (A Coruña)


Ciclo de Conferencias: "Cultura e Sociedade nun mundo global"

Día: 3 de Marzo ás 18:00hs.
Tema: “O drama actual dos refuxiados en Timor. Unha realidade pouco coñecida”
Imparte: Alberto Fidalgo Castro (Universidade da Coruña, antropólogo e membro de ALGA)
Organiza: ALGA (Asociación Luso-Galega de Antropoloxía Aplicada)
Mais info: www.anthroponet.org

O ferrolán Jesús Ordovás, leva a exposición "25 Años de POP con Rádio3" á súa cidade natal

A exposición que se atopa na Coruña ata o 24 de febreiro inaugurarase no Ateneo Ferrolán o 28 de febreiro às 18:30hs.

Un mes logo de impartir unha conferencia sobre a música pop dos últimos anos, Jesús Ordovás volve á súa cidade natal, Ferrol, para inaugurar a exposición 25 Años de Pop con Radio3. Esta exposición poderase visitar no Ateneo Ferrolán do 28 de febreiro ao 23 de marzo. Trátase dunha mostra multimedia que permite aos seus visitantes achegarse e rememorar unha época moi importante na nosa cultura musical: os anos 80, 90 e principios do século XXI. Grupos como Sinistro Total, Radio Futura, Alaska e os Pegamoides, Almodóvar e Mcnamara ou, máis actualmente, o ferrolán Carlos Jean marcaron unha forma de facer música onde a imaxinación, o descaro e a orixinalidade son a súa principal carta de presentación.

A exposición recolle parte da colección de fotografías, carteis, flyers, fanzines, discos, libros, etc. que Jesús Ordovás recompilou durante os seus máis de 25 anos á fronte do mítico Diario Pop de Radio3. Componse de varios apartados, organizándose a través tanto de material gráfico como de ferramentas multimedia e interactivas que permiten ao visitante descubrir a exposición en función dos seus intereses e a súa curiosidade.

Jesús Ordovás

Nos módulos audiovisuais o visitante pode navegar por programas de televisión dos 80 e 90, videoclips musicais e diverso material audiovisual sobre a riqueza creativa desa época musical que se iniciou nos oitenta e chegou ata os nosos días. Ademais, pódense realizar audicións de discos do momento e ata atreverse a xogar a un trivial musical ou a emular a estes grupos cantando nun karaoke. 25 Años de Pop con Radio3 é unha exposición que non deixará indiferente a ningún visitante.

Esta exposición foi organizada polo Museo Interactivo da Música, Radio Nacional de España Radio3 e o Concello de Ferrol, coa colaboración do Ateneo Ferrolán, o Diario de Ferrol e Playstation2.

Jesús Ordovás, Pedro Almodovar e Carlos Juan Casado en ROCKOLA

Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria

O Ateneo Ferrolán convoca Asamblea Xeral para os socios e socias (cerca de 1.000) desta entidade para o día 3 de abril, onde entre outros puntos da Orde do día darase a coñecer a situación con respecto ao proxecto de rehabilitación da nosa sede, logo das conversas mantidas co Concello de Ferrol.

Proxecto aprobado e encargado ao arquitecto Alfredo Alcalá nun Pleno Municipal hai xa máis de 5 anos.

Rehabilitación Xa!

Ferrol 13 de xaneiro de 2007

Convocatoria Asamblea Xeral Ordinaria

Benquerido socio/a:
Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Salón de Actos da nosa entidade, o xoves día 3 de abril ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas en segundo, coa seguinte

Orde do día:
  1. Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
  2. Informe de xestión.
  3. Informe económico.
  4. Rogos e preguntas.
Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo da Xunta Directiva.

Asdo.- ELISEO ZAERA RÍOS
Presidente



"Bellissima" de Luchino Visconti (1951)

Este martes 19 de febreiro no Ateneo Ferrolán, dentro do Ciclo de Cine Italiano que ten lugar todos os martes ás 19:30hs., proxectarase a película de Luchino Visconti (1951) "Bellissima".
  • Intérpretes: Anna Magnani, Walter Chiari, Tina Apicella, Gastone Renzelli
  • Duración: 110 min.
  • Sinopse: O director Alessandro Blasetti está facendo un casting nos estudos Cinecitta para elixir a unha nena que actuará na súa nova película. Moitas nais achéganse aos estudos para intentar que as súas fillas trunfen no mundo cinematográfico pero contra a vontade do seu marido, Maddalena Cecconi está disposta a facer calquera cousa para que a súa filla María chegue ao máis alto. O día da proba Madalena ve a súa filla desde a sala de proxección e observa como esta termina chorando diante do xurado. Aínda que finalmente María é elixida para intervir na película, Maddalena xa non desexa sacrificar a infancia da súa filla e négase a asinar o contrato.

A Nosa Terra cumple 100 anos.


A publicación A Nosa Terra celebra os seus 100 primeiros anos de vida coa edición dun libro e a realización de tres exposición coas que tentarán resumir este centenario de actividade.

O libro que editarán, que levará o nome Crónica da vida galega, realizará un percorrido pola historia das cabeceiras do xornal, que a día de hoxe conta cunha tirada de 30.000 exemplares.

A exposición Cen anos de xornalismo nacionalista percorrerá dende o mes de agosto as principais vilas e cidades de Galicia. Ensinaralles aos visitantes o papel que exercen as figuras intelectuais sobre os lectores ao publicar os seus escritos no xornal.
A segunda exposición, As capas que fixeron historia en A Nosa Terra pretende perfilar un retrato de Galicia a través das portadas máis significativas.
A última das exposicións, Historia de Galiza pretende ser "didáctica e pedagóxica" e así conseguir que as xeracións máis novas se impliquen neste proxecto.

O xornal foi recentemente galardoado coa Medalla Castelao.

A Nosa Terra renaceu en 1907 cun claro compromiso coa cultura e o idioma galego. Nestes 100 anos de vida publicou case 800 exemplares que teñen como obxectivo a defensa e a promoción da lingua e da cultura galegas.

"A Nosa Terra" na Biblioteca - Hemeroteca do Ateneo Ferrolán

Sempre son agradables as celebracións, pero o é máis, cando é dun xornal, tendo en conta o que hoxe en día se le.

A Nosa Terra cumpriu 100 anos. Hoxe en día é estraño que algo dure tanto, que un xornal, aínda que non sexa diario, perviva 100 anos por iso debemos alegrarnos.

Desde a Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán facemos o posible para que a prensa mantéñase viva, e facémolo gardando e coidando para todos os cidadáns eses exemplares, que doutro xeito ou noutros sitios refúganse.

Por iso estamos orgullosos que na nosa Biblioteca-Hemeroteca gárdense todos os exemplares da Nosa Terra, 100 anos de historia, desde o nº 1 ata o máis recente; e seguiremos conservando todos os que se publiquen.

Deste xeito na nosa Biblioteca - Hemeroteca todos os cidadáns poden achegarse a unha publicación, xa histórica, e que forma parte da nosa extensa HEMEROTECA de máis de 400 cabeceiras de prensa, única na cidade e na comarca e aberta a todos

"Ladrón de bicicletas" de Vittorio de Sica (1948)


Este martes 9 de febreiro no Ateneo Ferrolán, dentro do Ciclo de Cine Italiano que ten lugar todos os martes ás 19:30hs., proxectarase a película de Vittorio de Sica (1948) "Ladrón de Bicicletas".
  • Intérpretes: Lamberto Maggiorani, Enzo Staiola, Lianella Carell, Gino Saltamerenda, Giulio Chiari, Vittorio Antonucci.
  • Duración: 88 min.
  • Sinopse: Na Roma da posguerra, un obreiro en paro consegue un sinxelo traballo pegando carteis a condición de que teña unha bicicleta. Obra mestra do neorrealismo italiano.

Adeus! Carmelo


CARMELO TEIJEIRO MENENDEZ
Finou o día 5 de Febreiro de 2008 ás 14,30 horas.

Adeus amigo, recibimos aínda onte o teu aviso electrónico da chegada do gaseiro nº14. Non poido entrar pola forza do vento. O vento do nordés non permitiu que atracara na Planta de Gas de REGANOSA en Mugardos. Este gaseiro monocasco (Cheikh el Mokrani), que algunhas fontes marcan como incompatíbel coa terminal de Mugardos, queda en espera da próxima marea. O último alento de Carmelo xuntouse ao nordés para demostrar unha vez mais a loucura e sen razón da localización de REGANOSA no medio dunha Ría onde se pon en perigo a vida de miles de persoas e a riqueza marisqueira. Ti non puideches continuar loitando por TOD@S. Non puideches ver o final desta monstruosidade, deste atropelo, pero imos seguir coa túa bandeira. Esperamos poder brindarche pronto éxito que ti tanto desexabas.

Dende o ATENEO FERROLÁN unha grandísima aperta de condolencia a súa dona Victoria e aos seus fillos.

Serviunos e seguirá servíndonos de exemplo e guía para acadar os obxectivos comúns.
Invitamos a toda a sociedade, cidadás e cidadáns, asociacións, entidades e institucións, a mostrar a solidariedade coa súa persoa a súa acción e o seu pensamento, participando nas súas honras fúnebres que terán lugar:

Mércores 6 de Febreiro ás 18 h. no Cemiterio de Catabois (Ferrol)
Velatorio: Tanatorio Artabria – nº 5 – (A Gándara – Ferrol)


Exposición Colectiva do 4 ao 16 de Xaneiro

O Ateneo Ferrolán presenta unha Instalación Colectiva
de Emma Rey, Lais e Sofía Piñeiro.
Inauguración o luns día 4 de febreiro ás 20:00hs.
no Ateneo Ferrolán.

Ultranoite en defensa da ría de Ferrol

Debido ás limitacións de aforo, recomendamos que reserves as túas entradas se desexas asistir á Ultranoite, telefonando ao 981 944 245.

Sábado 2 de febreiro, ás 20:30 horas, o centro sociocultural Torrente Ballester (Ferrol) acollerá o espectáculo colectivo Ultranoite en defensa da Ría, producido pola rede de acción sociocultural Arredemo e Burla negra, a modo de homenaxe aos veciños de Mehá e á xente do Comité Cidadán de Emerxencia, e como denuncia da actitude servil a intereses económicos particulares manifestada polos gobernos da anterior e da actual lexislatura, e que se traducen na imposición da planta regasificadora contra os intereses da cidadanía e do ben común.

O espectáculo que está programado para o sábado 2 ás 20:30 horas, contará coa participación, entre outros de: Chévere (Mónica García, Miguel de Lira, Xesús Ron...), Carlos Santiago, Espido (Guadi Galego e Guillermo Fernández), o Mago Romarís, Os da Ría, Clara Gayo, A Caricia da Serpe (Lino Braxe, Rómulo Sanjurjo), Volta e dalle (Pepe Penabade, Comba Campoy...), o colectivo de circo Pista Catro, Rebeca Montero, e os músicos Bernardo Martínez, Xoan Piñón, Xaquín Blanco, Suso Alonso e Xabier Olite, coa actuación estelar das "cantareiras e cantareiros de Mehá".

Related Posts with Thumbnails