Buscar neste blog

23 setembro 2020

Presentación do libro "DramaturGA 20. 11 textos breves". Xoves 24 de setembro ás 20 h.

 


Presentación do libro "DramaturGA 20. 11 textos breves"
Coordinado por Julio Fernández e Franciso Oti Ríos.

Haberá unha lectura dramatizada dalgún dos textos polo grupo Fura Fura Teatro

Xoves día 24 de setembro ás 20 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán
#CulturaSegura

(Entrada libre ate completar aforo permitido)

A Asociación Galega de Dramaturxia, DramaturGA, en colaboración con Ediciones Invasoras, vén de editar o seu primeiro libro, DramaturGA 20. 11 textos breves. O volume, coordinado por Julio Fernández e Franciso Oti Ríos, contén textos de Ana Abad de Larriva, Afonso Becerra de Becerreá, Raquel Castro, sther f. carrodeguas, Julio Fernández, Fran Godón, Ernesto Is, Carlos Labraña, Francisco Oti Ríos, Noelia Toledano e Roi Vidal Ponte e constitúe unha escolma da máis recente literatura dramática contemporánea galega.

Nace este proxecto posible como un berro existencial ceibado coas nosas gorxas dramatúrxicas, un berro permanente das nosas inquedanzas, como unha primeira pedra do novo milladoiro na nosa peregrinaxe teatral colectiva, como unha cantería de asento na catedral da dramaturxia galega que leva as marcas de todas e todos os canteiros asociados que quixeron participar nesta proposta aberta e plural, que recolle a creación de literatura dramática galega actual compendiando algúns textos breves nun exemplar que reúne as condicións de: urxente necesidade, excelencia e liberdade.

http://www.dramaturga.org

21 setembro 2020

Presentación libro: "Soldados de Franco" de Fran Leira Castiñeira. Mércores 23 de setembro ás 19,30 h.

 


Presentación libro: "Soldados de Franco" de Fran Leira Castiñeira
Publicado por Siglo XXI Editores

Mércores día 23 de setembro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán

O mércores 23 de outubro, preséntase Soldado de Franco. Recrutamento forzoso, experiencia de guerra e desmobilización militar, do historiador ferrolán Francisco J. Leira Castiñeira, (Histagra- Universidade de Santiago) no Ateneo Ferrolán. Estará acompañado polo presidente do Ateneo Ferrolán, Xabier Dongil; polo catedratico da Universidade de Santiago de Compostela, Lourenzo Fernández Prieto, y Aurora Artiaga Rego, profesora da Universidade de Santiago de Compostela.

O libro mereceu o Premio Miguel Artola de Historia 2018, o premio en Ciencias Sociais Juana de Vega 2012 e una mención honorífica no concurso de ensaio histórico George Watt da ALBA-VALB de Nova Iorque.

Sinopse: O golpe de estado de xullo de 1936 partiu España en dous, configurando un taboleiro de terror, miseria e morte que daría fin á República e sustento á ditadura. No territorio sublevado, os soldados de Franco a miúdo non eran adeptos convencidos, senón meros peóns obrigados a loitar polo devir dunha España na que o único elemento de cohesión ía ser o medo. Desvélase como o Exército sublevado formouse mediante levas forzosas e desmitifica a historia, unha e outra vez repetida, de que media España alzouse contra a República por cuestións ideolóxicas ou políticas. Soldados de Franco é o relato de cómo o ditador situou ao país ante un terrible dilema: converterse en verdugos ou morrer.

Francisco J. Leira Castiñeira é doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela que mereceu o Premio Miguel Artola para teses doutorais en Historia Contemporánea, prestixioso galardón que convoca anualmente a Asociación de Historia Contemporánea en colaboración co Centro de Estudos Políticos e Constitucionais do Ministerio de Presidencia. Máster en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela e Máster en Ciencias Documentais pola Universidade da Coruña, foi visiting fellow na University College Dublin - Center War Studies. Entre outros recoñecementos, o autor recibiu así mesmo o Premio en Ciencias Sociais Juana de Vega, así como unha mención honorífica no concurso de ensaio George Watt da ALBA- VALB de Nova York, ambos por avances desta investigación en 2012.

18 setembro 2020

Avance Programación Cultural

 

Avance Programación Cultural no Ateneo Ferrolán

 

* ESCOLA de TEATRO dirixida por Plamen DipchikovMartes e xoves de 18 h. a 20 h.

8 de outubro preestreno obra teatral e 15 de outubro estreno da obra da nosa Escola de Teatro

* CLUB de LECTURA dirixido pola profesora Anxeles Seoane tódolos primeiros martes de cada mes – Martes 6 de outubro de 17,30 h. a 19 h.

* MARTES de CINE – Ciclos de Cine todos os martes ás 19 h.. Comezo martes día 6 de outubro.

* EXPOSICIÓNS OUTUBRO: Pinturas Catro médicos por Ferrol”. Do 2 ao 30 de outubro.

O grupo “Catro médicos por…..”, esta formado por catro compañeiros médicos: Tino Cuesta (Oroso), Leo Mendez (Vigo), Pablo Galego (Santiago) e Xesus Vazquez (Lugo).

* PRESENTACIÓNS LIBROS:

- Mércores día 23 de setembro ás 19,30 h. “Soldados de Franco” de Francisco Leira, doutor en Historia. "Soldados de Franco" (Siglo XXI) versa sobre os reclutados forzosos en Galicia na guerra civil. Participará o autor e tamén Lourenzo Fernández Prieto.

- Xoves día 24 de setembro ás 20 h. Presentación do libro "DramaturGA 20. 11 textos breves". Coordinado por Julio Fernández e Franciso Oti Ríos.
Haberá unha lectura dramatizada dalgún dos textos polo grupo Fura Fura Teatro

- Venres día 2 de outubro ás 19,30 h. Presentación do libro "Náufragas no mar e na terra" poemario da autora Elisabeth Oliveira que estará acompañada por Eugénia Sanmartín (actriz e cantora).

 - Xoves día 22 de outubro ás 19,30 h. Presentación libro "El sueño de Julia y otros relatos" de Angel Ruiz de Velasco presentado xunto a Guillermo Llorca

* BIBLIOTECA-HEMEROTECA:

O Ateneo Ferrolán mantén aberta libre e gratuítamente a súa Biblioteca-Hemeroteca, sendo a única hemeroteca de Ferrol e Comarca. Facilita aos seus usuarios coñecementos e información mediante unha colección organizada de documentos, así como a través dos novos sistemas de información e tecnoloxías, que garante o acceso libre e directo ao coñecemento, á información, ao ocio e á cultura.

Sen cultura non hai futuro!

 

Sen cultura non hai futuro #Ateneo