NOVIDADE. PUBLICACIÓNS do ATENEO FERROLÁN!!!
Un lugar de encontro para a cultura desde 1879
NOVIDADE. PUBLICACIÓNS do ATENEO FERROLÁN!!!
Etiquetas: Ferrol, Galiza, Letras, Publicacións, Revista ATENEA
Etiquetas: 40 anos, Cultura, Directiva, Documentación, Ferrol, Galiza, Historia, Memoria Histórica, Patrimonio
Mariola Hermida:
A miña afección pola escrita ven desde hai moitos anos. Este é o meu terceiro Poemario.
Formei parte dun Obradoiro Literario en Fene durante dez anos, levado a cabo por Eduardo Estévez. Tamén doutro de Escritura Creativa na Biblioteca de Ferrol durante tres anos, a cargo de Luz María Leira Rivas. Participei nun Taller da escrita durante varios anos na Biblioteca de Fene e que estivo a cargo do poeta Pablo Bouza Suárez.
Fago poesía e Microrelato.
Os meus poemas están espallados nalgunhas revistas, como” Voces para a Catalepsia”, “Tejiendo microhistorias”, “Microfaíscas”, “Voces do Obradoiro Poesía: A Grafía da emoción”, “Poesía en Feminino “Mulleres do rural” etc.
Formo parte do Colectivo Literario Moraima. Sempre que podo colaboro en recitáis poéticos ou en eventos culturais.
"Onde nacen os Pexegueiros" é un poemario dedicado á casa familiar paterna, observada cos ollos da nostalxia. Son os meus recordos a través dos anos da infancia e xuventude principalmente. Aínda que tamén percorre outros anos de madurez. Quérese facer unha homenaxe a toda a xente da aldea, á súa loita e fortaleza. Tamén á muller que xoga un papel tan importante, aínda que moitas veces solapado. E como non podería ser doutro xeito unha homenaxe tamén á natureza, que está moi presente ao longo do poemario.
Este libro está deseñado polo meu fillo Ángel Fernández
Hermida, así como as fotografías e a maquetación. A Editorial é
TerraIgnota.
“Rodolfo Ucha Piñeiro: O arquitecto da beleza” é a exposición coa que se quere propoñer unha revisión actualizada do legado arquitectónico de Rodolfo Ucha Piñeiro, encargado de renovar a estética da cidade de Ferrol mediante a introdución dos novos estilos á arquitectura do seu tempo.
As fotografías de Ovidio Aldegunde traen á actualidade a obra de Ucha reivindicando o seu papel como grande arquitecto de Ferrol e creador de moitos dos seus edificios máis significativos, arquitecturas emblemáticas que constitúen verdadeiras iconas como o Teatro Jofre, o Casino, o Hotel Suizo, a Casa Antón, a Casa Pereira, a Casa Romero ou A Pescadería, entre moitos outros, poderán verse e recoñecerse en imaxes fotográficas froito da ollada máis persoal do fotógrafo ferrolán que con esta selección quere poñer de novo en valor a obra dun arquitecto que foi clave na escena galega durante todo o S.XX converténdose nun exemplo de creatividade, eclecticismo e permeabilidade cara ás novas correntes estéticas do primeiro tercio do século, recollendo no seu aspecto formal e creativo dende o Modernismo ata o Racionalismo, pasando pola Art Déco e o Novo Eclecticismo.
Ucha entendía o seu traballo como unha intervención que dotaba ao tecido urbano por medio dos edificios de elementos individualizados que debían ser singulares e distintivos, dotados de capacidade representativa para embelecer e dar carácter propio ao espazo que ocupaban. E así o fixo, esforzándose por adaptarse aos gustos estéticos imperantes en cada momento pero achegando sempre solucións eficientes e orixinais, todas elas facilmente recoñecibles por ferroláns e visitantes, e moi susceptibles de salientar no imaxinario á hora de falar do patrimonio urbano local, enriquecido sen dúbida por estas xoias arquitectónicas.
Etiquetas: Actividades, Artes, Cultura, Exposicións, Ferrol, Fotografía, Galiza, Patrimonio
Etiquetas: Actividades, Club de lectura, Cultura, Feminismo, Ferrol, Galiza, Libros, Poesía
Etiquetas: Cultura, Documentación, Ferrolterra, Galiza, Historia, Memoria Histórica, Publicacións
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Ferrol 31 de maio de 2023
Benquerido socio /socia:
Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará o xoves día 15 de xuño ás 19,30 h. en primeira convocatoria e ás 20 h. en segunda, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior (29.06.2022).
2.- Informe de xestión.
3.- Informe económico. Aprobación Contas anuais 2022
4.- Rogos e preguntas
Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo da Xunta Directiva,
Asdo.- Xavier M. Dongil
Presidente
Etiquetas: Asembleas
Etiquetas: Actividades, Club de lectura, Cultura, Ferrol, Galiza, Libros, Poesía
https://drive.google.com/file/d/1YOLudPyHTLXo5twBweuh8gCeeK7ZKI53/view?usp=sharing
Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Cultura, Ferrolterra, Letras, Novidades, Publicacións
Etiquetas: Actividades, Club de lectura, Ferrol, Galiza, Historia, Libros, Memoria Histórica, Presentacións
SINOPSE :
Tras a aparición e a posterior proxección da curtametraxe de ficción, realizada en súper 8 m.m “ Manoel Antonio”, sobre a figura do poeta, do ano 1981, aprovéitase para mostrar neste documental, “O aparecido”, coas entrevistas a os actores participantes naquela curta, Santiago Prego, Victor Mosqueira, Francisco Jorquera, Luisa Veira, entre outros, o movemento artístico teatral acaecido na cidade de A Coruña naqueles anos.
Etiquetas: Actividades, Audiovisuais, Charlas, Documentais, Galiza
Etiquetas: Actividades, Coloquios, Cultura, Letras, Libros, Presentacións
Acto Memorial ás Vítimas do Franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal.
Teatro Jofre de Ferrol o día 28 de abril de 2023 ás 19 h.
Organiza a COMISIÓN PRO MEMORIAL ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO en
FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL
A COMISIÓN PRO MEMORIAL ÁS VÍTIMAS DO FRANQUISMO EN FERROLTERRA EUME E ORTEGAL
Pretende rescatar do esquecemento ás máis de 900 mulleres e homes exterminados polo fascismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal polo único delito de ser afíns á legalidade republicana, á liberdade e á democracia. 1936-1975
En Galicia apenas houbo guerra, pero si represión sistémica orquestrada de forma oficial polos golpistas que derivaron en horrendos crimes contra todo opositor tanto durante a guerra civil como ao longo dos 40 anos que durou o franquismo. Unha ditadura sórdida que tiña atenazada á poboación.
O acto do día 28 de abril no teatro Jofre ten por finalidade homenaxear ás vítimas do franquismo, cun programa amplo e dinámico de: oradores, documentais, pianistas, cantautores, gaiteiros, historiadores e testemuños dos familiares dos asasinados.
Este acto é complementario á inminente inauguración do Monumento ás vítimas en Canido.
Máis info: Programa de actos e invitación
Etiquetas: Actividades, Cultura, Documentación, Ferrol, Ferrolterra, Memoria Histórica, Politica, Social
Etiquetas: Actividades, Charlas, Conferencias, Cultura, Ferrol, Historia, Libros, Politica
Importante actualización datos:
Se es socio ou socia do Ateneo queremos establecer comunicación convosco via whatsApp ou correo electrónico para poder mantervos informados e informadas das actividades e actos que organizamos que moitas veces non chega a todos vós por non ter os datos correctos.
Polo que che pedimos que nos mandes un correo electrónico cos teus datos actualizados ao correo do Ateneo Ferrolán: secretaria@ateneoferrolan.org
Grazas, un saúdo ateneista.
Etiquetas: Novidades
Etiquetas: Actividades, Arquivos, Artes Plásticas, Cultura, Ferrol, Galiza, Muller, Politica
Presentación do poemario "Ben sabe o mar o que posúo o botín das piratas" de Luz Campello
Venres día 3 de marzo ás 19,30 h.
Participan: Man Castro, Xaquin Campo Freire, Eva Veiga e a propia Luz Campello.
Presentación do libro:
"Manuel López Pinal: Crónica dun radiotelegrafista da Flota republicana"
No Ateneo Ferrolán, o mércores día 1 de marzo as 19:30 h.
Participan: Xosé Manuel López Franco, Juan Galán e Antón Mascato
Etiquetas: Actividades, Charlas, Cultura, Documentación, Ferrol, Galiza, Libros
Etiquetas: Actividades, Concertos, Cultura, Ferrol, Galiza, Música en Directo
Presentación en Ferrol do libro “Nos días encantados de agosto”, unha biografía de José Gil, pioneiro do cinema galego do que é autor Manolo González
O venres 17 ás 19.30 horas no Ateneo Ferrolán terá lugar a presentación do libro editado por Galaxia “Nos días encantados de agosto”, obra de Manolo González.
Na presentación do libro organizada polo Club de Prensa de Ferrol, coa colaboración do Ateneo Ferrolán e a Editorial Galaxia, o autor Manolo González, estará acompañado polo xornalista Nicolás Vidal e a profesora Ánxeles Seoane da directiva do Ateneo Ferrolán.
Nesta publicación o autor, ofrécenos unha viaxe apaixonada na procura do esquecido iconauta José Gil, o auténtico precursor do cinema galego, quen filmou Galicia todos os agostos entre 1910 e 1934. O seu labor pioneiro pode explicar o devalar de fitos fundacionais da nosa cinematografía: os comezos do pictorialismo, o reporteirismo fotográfico, o nacemento do cine ficcional e documental en Galicia, as primeiras marcas produtoras e laboratorios cinematográficos, o cine industrial e turístico, a relación con Portugal, o cine educativo, etnográfico e científico e tantas outras achegas do cineasta a prol da exaltación do país que tanto amaba. Un home que tentou construír Galicia dende posicións de progreso e modernidade nunha sociedade que tardou demasiado tempo en comprender a transcendencia dun cinema propio e a necesidade de conservalo como patrimonio imprescindíbel do imaxinario colectivo. Para unha historia do cinema en lingua galega.
Etiquetas: Actividades, Charlas, Cine, Club de Prensa, Historia
Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Cultura, Ferrol
Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca, Cultura, Ferrol, Galiza, Letras, LetrasGalegas, Libros, Lingua, Revista ATENEA
e-mail: secretaria@ateneoferrolan.org | Telf.: +34 981 357 970 | Dirección Postal: Rúa Magdalena 202-204, CP.15402 | FERROL (A Coruña)
Deseño de Design Disease - Un blogger por Blog and Web feito por Ideiagrafica.net