Exposición de pinturas de Alejandro Bica Lamas


O venres día 31 ás 20:00 horas, terá lugar a inauguración da Exposición de pinturas de Alejandro Bica Lamas.

A exposición estará na 2ª planta da sala de exposicións do Ateneo Ferrolán do 31 de outubro ao 12 de novembro.

Os horarios para visitala son:

  • De luns a venres de 11:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 21:00 horas.
  • Sábados de 10:30 a 13:30 horas.

V Exposicio Colectiva de Artes Plásticas "Pequeno Formato"

Informamos que no mes de Decembro de 2008 imos celebrar, nas salas do Ateneo Ferrolán, a V Exposicio Colectiva de Artes PLásticas "Pequeno Formato", só para socios e socias do Ateneo Ferrolán, na que podes participar con 1 ou 2 obras.

Para iso, debes enviar as obras antes do 30 de novembro, acompañadas dunha plica onde se sinale o nome do autor, enderezo, título da obra, así como o seu prezo si é que a desexas poñer á venda, a medida máxima da obra será de 70 x 70 cm.. incluíndo o marco.

O expositor que venda a súa obra aboará ó Ateneo unha comisión do 10%. Os gastos que orixine a exposición como tarxetas, cartel, copa de viño da inauguración, ... correrá a cargo do Ateneo Ferrolán, excepto transportes e seguros.

As obras non adquiridas, deberán ser retiradas no prazo máximo dun mes, logo da clausura da exposición, que terá lugar do 19 de decembro ate o 13 de xaneiro.

Esperando a túa participación, recibe un cordial saúdo.

Vocalía de Artes Plásticas do Ateneo Ferrolán 2008

III Convocatoria de proxectos en colaboración
Proxecto Recuperación, dixitalización e posta en valor da biblioteca-hemeroteca do Ateneo Ferrolán

A Fundación Pedro Barrié de la Maza destina máis de 116.000 euros á catalogación e dixitalización de fondos, doazón de publicacións e posta en valor da biblioteca e hemeroteca do Ateneo Ferrolán.

  • José María Arias, vicepresidente da Fundación Pedro Barrié de la Maza e presidente do Banco Pastor, visitou o 22 de outubro o Ateneo, onde foi recibido polo presidente da institución, Eliseo Zaera.
  • O proxecto "Recuperación, dixitalización e posta en valor da biblioteca-hemeroteca do Ateneo Ferrolán", financiado pola Fundación con 46.400 euros, consiste na catalogación e dixitalización dos fondos de prensa da hemeroteca do Ateneo, concretamente de cabeceiras editadas en Ferrol no século XIX e principios do XX como "Faro de Ferrol" , "El Eco Ferrolano", "La Lucha", "El Radical", "La Democracia" ou "Diario Ferrolano" dos cales o Ateneo conserva os únicos exemplares na súa biblioteca-hemeroteca.
  • A Fundación Pedro Barrié de la Maza afronta este proxecto co obxectivo de salvagardar uns fondos únicos, de inmenso valor cultural e histórico, a fin de asegurar a súa conservación e facilitar o seu acceso público, non só a unha maior cantidade de usuarios, senón nunhas condicións moito máis favorables para o seu arquivo e estudo.
  • Crearase unha hemeroteca dixital, a fin de que os fondos dixitalizados estean a disposición do público, e que será accesible desde unha nova páxina web da entidade.
A Fundación Pedro Barrié de la Maza destinará máis 116.000 euros a un proxecto de posta en valor da hemeroteca e biblioteca do Ateneo Ferrolán, unha das institucións culturais de referencia do norte de Galicia. No marco desta colaboración, a Fundación financiará con 46.400 euros o proxecto "Recuperación, dixitalización e posta en valor da biblioteca-hemeroteca do Ateneo Ferrolán", un dos proxectos seleccionados pola Fundación na súa III Convocatoria de proxectos en colaboración 2006-2007. O prazo para a realización do proxecto, financiado en exclusiva pola Fundación, é de dezaoito meses.

Esta colaboración ampliouse coa doazón de máis de 230 títulos editados polo servizo de publicacións da Fundación e coa cesión ao Ateneo da colección de microfilms do O Correo Galego correspondentes ao período 1878-1974, que actualmente a Fundación conserva na súa biblioteca na Coruña.

O proxecto "Recuperación, dixitalización e posta en valor da biblioteca-hemeroteca do Ateneo Ferrolán", inclúe:

  • A dixitalización de fondos de prensa únicos e de gran valor histórico e social da hemeroteca do Ateneo, correspondentes a cabeceiras editadas en Ferrol no século XIX e principios do XX, e dos cales o Ateneo conserva os únicos exemplares. Trátase dos xornais "El Radical", "La Democracia", "Diario Ferrolano" –primeiro xornal no que escribe Wenceslao Fernández-Flórez, así como o primeiro de España que contou con servizo propio de telegrafía sen fíos–, "Faro de Ferrol", "El Eco Ferrolano", "Galicia", "La Lucha", "La Voz del Obrero", "El Porvenir", "La Voz de la Liga", "La República", "El Pueblo", "El Bien del Obrero", "El Chicote", "Revista Acorazado" e "La Cruzada" entre outros.
  • A realización dunha hemeroteca dixital na que se incluirán todos os fondos de prensa que se catalogarán e dixitalizarán no marco deste proxecto, e que será accesible desde unha nova páxina web da entidade.
  • A catalogación e dixitalización da colección de fotografías "A sociedade española de construción naval desde 1900".
  • A dixitalización dos cinco exemplares existentes na Biblioteca Municipal de Ferrol dos Anuarios de Debates e Conferencias publicados polo Ateneo entre 1903 e 1907, e dos cales o Ateneo non conserva orixinais en papel.
  • A ampliación do equipamento da biblioteca-hemeroteca do Ateneo, incluíndo a adquisición de cinco computadores persoais para uso público e interno, así como de diverso material informático.
  • A adquisición dun reprodutor de microfilms e microformas que permita visualizar, dixitalizar e mellorar devanditas imaxes, co obxecto de pór os fondos dixitalizados a disposición dos usuarios.
A biblioteca do Ateneo Ferrolán é unha biblioteca especializada e única no ámbito comarcal de Ferrol, tanto polos seus fondos como porque aínda pertencendo a unha entidade privada, está aberta ao público. O seu fondo bibliográfico componse de 7.500 volumes de carácter xeral pero con especial incidencia en temas relacionados coa cidade de Ferrol, así como na arte, a historia, a literatura e a cultura de Galicia.

A hemeroteca, a única existente en Ferrol, conta cunhas 450 cabeceiras de prensa, divididas en revistas e prensa diaria, sendo de notable importancia a sección de prensa local, na que se conservan exemplares únicos do século XIX.

O Ateneo Ferrolán

O Ateneo Ferrolán é unha asociación sen ánimo de lucro, de carácter cultural, con vocación de promocionar e defender a cultura galega. Foi fundado en 1879 por un grupo de intelectuais presididos por Avelino Comerma e Batalla co nome de ATENEO ARTÍSTICO, CIENTÍFICO E LITERARIO DE FERROL. Logo de varias etapas de actividade e da súa paralización en 1936, o Ateneo reiniciou a súa traxectoria en 1976. A súa sede atópase nun edificio singular do século XVIII no histórico Barrio da Magdalena, nun inmoble propiedade do Concello de Ferrol.

Baixo o lema "Un lugar de encontro para a cultura", o Ateneo desenvolve as súas actividades como entidade cultural sen ánimo de lucro nos campos das artes plásticas, música, literatura, teatro, audiovisuais.

Na súa programación, destaca o servizo de Biblioteca-Hemeroteca aberto ao público en xeral; o certame anual de gaita galega Constantino Bellón; certames de fotografía, teatro e de curtametraxes; a publicación da súa revista trimestral e dun caderno bianual; as edicións das gravacións en directo das finais do certame de gaita; ou a edición de documentais, entre outras.

O Ateneo é un punto de referencia dentro do mundo cultural da cidade de Ferrol e de Galicia en xeral, polas moitas e plurais actividades que organiza en función dunha demanda social ao servizo da cal orienta todos os seus esforzos e poder de convocatoria. Desde 1989 a Biblioteca do Ateneo Ferrolán está considerada pola Consellería de Cultura e Deporte como "biblioteca de titularidade privada de especial interés para Galicia", integrándose na rede de Bibliotecas de Galicia.

Ferrol, 22 de octubre 2008

Departamento de Comunicación
Fundación Pedro Barrié de la Maza

Tel. + 34 981 060 091 / 659 459 030
E-mail: comunicacion@fbarrie.org

Charlas-Coloquio de FerrolDeporte no Ateneo

FerrolDeporte propón para paliar o mal que sofren hoxe en día moitos clubs deportivos, unha serie de charlas-coloquio no Ateneo Ferrolán.

A partir do 16 de Outubro, e durante os dous próximos xoves (23 e 30 de Outubro), a asociación ferrolana FerrolDeporte emplaza a todos os directivos de clubs da comarca a tomar parte nos faladoiros que se celebrarán no Ateneo Ferrolán a partir das 20.00 h e ata as 22.00 horas.

O 16 de Outubro, abre o ciclo "Os nosos poucos cartos", unha charla na que se tocarán aspectos do financiamento, subvencións, axudas e patrocinios privados, entre outros temas sobre os que os presentes poderán intercambiar opinións. O día 23 as infraestructuras tomarán protagonismo na conferencia "Vos lugares onde vive ou deporte", na que se abordará os problemas dos locais así como necesidades futuras dos clubs neste sentido.

O ciclo de faladoiros clausurarase con algunhas das claves da formación, a comunicación e os procedementos que as distintas entidades terán que desenvolver fronte á administración en "Que deberiamos aprender".

Exposición de Laura Lago Bellas "BAOBAB"

A exposición de Laura Lago Bellas "BAOBAB" pode visitarse de luns a venres de 11:00hs. a 13:30hs. e de 17:00hs. a 21:00hs. e os sábados de 10:30hs. a 13:30hs. na sala de exposicións da segunda planta do Ateneo Ferrolán.

A exposición estará no Ateneo do 17 ó 29 de Outubro.

Xa está na rúa o número 32 da "Revista Atenea"

EDITORIAL

SERVIZOS

  • HEMEROTECA-BIBLIOTECA.
  • HISTORIAS DA NOSA BIBLIOTECA-HEMEROTECA.
FALAMOS DE...
  • EXPOSICIÓN “EL CORREO GALLEGO: 130 ANOS”.
  • AS “MENINAS” MÚDANSE A CANIDO. Fotos de Jorge Meis
  • XVIII CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN 2008”.
BREVES
  • PROGRAMA ALALÁ.
  • FERVESTEIRO.
  • PROPOSTAS DE PROGRAMAS PARA RÁDIO FILISPIM.
  • AIFA: PRÓXIMO ENCONTRO EN STO. DOMINGO.
  • PRESENZA DO ATENEO FERROLÁN.
  • MASA CRÍTICA FERROLÁ.
  • PREMIOS AELG 2007.
  • MANIFESTO A PROL DA CONVIVENCIA LINGÜÍSTICA.
PROGRAMACIÓN
  • OUTUBRO-NOVEMBRO-DECEMBRO.
  • CERTAME FOTOGRÁFICO “MEDIO AMBIENTE”.
  • VI CERTAME DE TEATRO INFANTIL E XUVENIL “ATENEA 2008”.
ARTIGOS
  • O NOME DO PAÍS, por Carlos Callón.
  • SOBRE A HIPOTÉTICA... ¿FUNDACIÓN DO CONVENTO DE SAN FRANCISCO DE FERROL EN 1377?, por Fernando Dopico Blanco.
  • 150 ANIVERSARIO DA DECLARACIÓN DE FERROL COMO CIDADE.
  • OS ATENEOS NO SÉCULO XX, por Pilar Blanco Vidal.
MULLER
  • MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES: VIGO 18-19 DE OUTUBRO 2008.
  • SOLIDARIEDADE CON JESÚS NERIA.
O PARNASO, Miguel Ángel Alonso Diz.

Club de lectura "La sonrisa etrusca"

Este mes lemos "La sonrisa etrusca" de José Luis Sampedro.

Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso Club de lectura, segue levándose a cabo rodos os primeiros martes de cada mes.
Encontros coa lectura donde se xuntan uns 20 socios e socias para reflexionar e comentar un libro, guiados pola profesora Anxeles Seoane.

Próximas datas no noso Club de lectura:
Días 7 de outubro, 4 de novembro e 2 de decembro ás 19,30 horas.

Diferentes autores foron os escollidos para os nosos encontros como:
Juan Rulfo, Gabriel García Márquez, Manolo Rivas, Damaso Alonso ,J. Sender, Machado, García Lorca, Miguel Delibes, Julio Cortázar, Vargas Llosa, ,Valle Inclan,Eduardo Mendoza, Sabato, Saramago, Gil de Bietna, Pío Baroja, Lendas galegas, teatro, etc.

A Plataforma "Axuda Urxente a Cuba", organiza unha charla-coloquio co Cónsul Xeral de Cuba

A Plataforma "Axuda Urxente a Cuba", organiza unha charla-coloquio co Cónsul Xeral de Cuba en Galicia Alejandro Fuentes Hernández, no local do Ateneo Ferrolán (Magdalena 202-1º) o xoves, 9 de outubro, ás 20 h..

A Plataforma "Axuda Urxente a Cuba" está integrada polas entidades, ACSUR – Las Segovias, Asociación Fuco Buxán, Asoc. Encuentro Progresista Uruguay Galicia, Ateneo Ferrolán, A.VV. Caranza, A.VV. Fontelonga, Centro de Promoción Social San Valentín Fene, Grupo Voluntariado Axuda en Acción Ferrol e a Org. de Solidaridariedade cos Pobos de Asia, África e América Latina (Ospaaal), que veñen de lanzar unha campaña de recillida de fondos para:

  • Reparar os teitos das vivendas afectadas nas comunidades campesiñas da CPA Carlos Valiño e CCS “26 de Xullo” do Consello Popular “Puerta de Golpe” do municipio “Consolación del Sur”, así como das CPA “Augusto César Sandino e Miguel Bentancourt”, pertencentes ao municipio “La Palma”. 78.472 €
  • Restablecer as instalacións produtivas das 4 cooperativas situadas nos municipios de Consolación del Sur e “La Palma” 12.357 €
  • Reparacións de instalacións administrativas das 4 cooperativas do proxecto. 16.970 €
  • Apoio a posta en marcha da maquinaria para proceder de maneira inmediata a sementa de cultivos de ciclo curto, así como a limpeza e saneamento e transporte da produción nos dous municipios. 45.215 €
O Cónsul, ven informar da situación cubana despois de sufrir en moi pouco tempo, o impacto directo ou indirecto de tres furacáns. GUSTAV, o máis devastador dos últimos 50 anos; HANNA, que provocou inundacións na zona oriental do país; e o IKE que percorreu todo o territorio nacional.

A entrada é Libre.

Rádio FilispiM presenta a grella de programación para esta temporada 2008-2009


A nova grella filispiniana, inclúe o programa que vai realizar o Ateneo Ferrolán, "Atenea".

En principio, o programa terá unha periodicidade mensal, ainda que se a cousa funciona e a xente se anima, poderiamos chegar a semanal.

Desde o Ateneo Ferrolán, fazemos un chamamento aos socios e socias para que, se lles interesa, se animen a participar nesta nova actividade radiofónica e axuden a fazer o programa.

O programa Atenea, emitirase en Rádio FilispiM 93.9 da FM:
Luns: 21:00hs. - 22:00hs. [Diferido]
Mércores: 19:00hs. - 20:00hs. [Directo]
Sábados: 15:00hs. - 16:00hs. [Diferido]

Consulta a Grella Filispiniana

VIII Xornadas “Mostra de Curtametraxes”


A celebrar os días 22, 23, 29 e 30 de decembro no Ateneo Ferrolán.

Os días 22, 23, 29 e 30 de decembro, levaranse a cabo no Ateneo Ferrolán ás OITAVAS XORNADAS DE MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.

Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.

Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos en formato DVD ou se poñan en contacto con nos antes do día 15 de novembro para poder engadilos ao programa deste ano.

Admítense curtametraxes de ficción, de animación, documentais, anuncios, vídeo clips, ...

GRAZAS POR PARTICIPAR!

Related Posts with Thumbnails