Buscar neste blog

05 xuño 2009

Inauguración da Exposicion e fallo do xurado do XIX certame fotográfico de medio-ambiente

O Ateneo Ferrolán, con motivo da celebración do DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, organiza, como cada ano desde 1991, un concurso fotográfico para afeccionados e profesionais.

A inauguracion da exposicion con as obras recibidas e o fallo do xurado, foron este Sábado 5 de Xuño ás 20:00hs. no Ateneo Ferrolán.

O Xurado cualificador do 19º CERTAME FOTOGRAFÍA DE MEDIO AMBIENTE 2009, organizado polo Ateneo Ferrolán, integrado por RODRIGO RAMOS ARDA (Fotógrafo), JOSE PARDO VÁZQUEZ (Fotógrafo) e JUAN IGNACIO DIAZ DA SILVA (Delegado da SGHN e responsable do Museo Natureza) e actuando como secretaria sen voto, CRISTINA MEIZOSO ALONSO, reunido o día 2 de xuño de 2009, toma os seguintes acordos:

Unha vez examinadas a totalidade de fotografías presentadas a concurso, de acordo coas Bases e por unanimidade DECIDE:
  • 1) Descualificar un total de 0 dos traballos presentados, por non axustarse ás Bases
  • 2) Seleccionar 48 das fotografías presentadas a Concurso, para incluír na exposición itinerante, tal e como se indica nas Bases, e publicalas nun Catálogo editado pola Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ferrol.
  • 3) OUTORGALOS seguintes Premios :
  • 3º PREMIO: "MAR EN CALMA" de PERE FONT RUIZ (Olot - Girona)
  • 2º PREMIO: "NATURALEZA HOLLADA" de JOSE MEIS MEAÑO (Abegondo - A Coruña)
  • 1º PREMIO: "TRATADO DE KIOTO I" de JAVIER ARCENILLAS (Madrid)
Así mesmo o Xurado decide conceder:
  • 1ª Mención Especial: "PERRO PASTOR" de JAVIER ARCENILLAS (Madrid)
  • 2ª Mención Especial: "AZUL Y GRIS" de ANTONIO J. FERNANDEZ MARIN de Valdoviño (A Coruña)
  • 3ª Mención Especial: "ZORRO" de VICTOR RIVERA JOVE (Ferrol)

Para que así conste a tódolos efectos oportunos, os abaixo asinantes

Asdo. RODRIGO RAMOS ARDÁ
Asdo. JOSÉ PARDO VÁZQUEZ
Asdo. JUAN IGNACIO DIAZ DA SILVA
Asdo. Cristina Meizoso Alonso (secretaria sen voto)

04 xuño 2009

"AsSIRCOPATAS" coa súa montagem no Ateneo Ferrolán

"A Montagem" é unha traxicomedia laboral atemporal. Dous individuos condenados a non entenderse, unha morea de equívocos e unha soa ferramenta para resolver o quebracabezas, a imaxinación... ou o viño.

AsSircópatas son sirco na rúa, para a rúa e pola rúa.
Facendo sirco, zirko, circo, zirkus, cirque, circus, السيرك, цирк, cirkus, 馬戲團, 서커스, sirkus, τσίρκο, सर्कस, サーカス, cyrk, circ... ou algo parecido. Se nonchamémoslle rúa, chamémoslle expresión, chamémoslle diversión, chamémoslle experimento, chamémoslle outra cousa, ou non lle chamemos nada. A xuntanza de todo isto é o que asSircópatas entende por SIRCO.

Sirco, rúa, expresión, diversión, diversidade, absurdo, liberdade... AsSircópatas pretendemos facer un circo dende o noso, dende as ideas, dende a rúa, dende cero. Un sirco con seseo para unha rúa sen fronteiras, sen complexos, sen límites, sen lei.
Buscamos atoparnos libres nun espazo onde cada vez é máis difícil sentirse así. Por iso...
...pretendemos un sirco e unha rúa libres e libertarios.

SABADO día 6 de XUÑO ás 20,30 horas.
(Entrada/Colaboración: 2 €)

Charla e exposicion sobre xénero e desenvolvemento

Dentro das distintas actividades de difusión do seu traballo para levar a un obxectivo común que é concienciar a sociedade da situación de pobreza grave e evitable na que viven cerca de mil millón de persoas no mundo e como erradicar a pobreza no mundo, a Rede Social Ferrolterra, presenta en colaboración co Ateneo Ferrolán, unha actividade de Xénero e Desenvolvemento, dentro da cal enmárcanse distintos actos, unha exposición que leva por título, "Mulleres que cambian o mundo. A muller como motor do desenvolvemento", que poderá ser visitada no Ateneo Ferrolán do día 2 ó 15 de Xuño, así mesmo o día 9 de Xuño ás 20:00hs haberá unha charla-coloquio, sobre os vínculos solidarios entre organizacións de mulleres, na cal nos falará, Ana Mª García Fernández e a proxección dunha curta documental, titulada: "Mulleres en camino (Perú-Bolivia)", producido no marco do Convenio para o Empoderamento da Muller.

A Rede Social Ferrolterra está integrada por un total de seis organizacións non gobernamentais e asociacións que traballan na comarca: Solidariedade Internacional, Mundo Cooperante, Lena, Enxeñería sen Fronteiras, Axuda en Acción e Fuco Buxán.