Buscar neste blog

25 xuño 2025

Melodias, tinta e cor

 O Ateneo Ferrolán acolle “Melodías, tinta e cor”, unha xornada de fusión artística e creativa

Ana Maria Pedreira promotora do evento


O vindeiro 27 de xuño de 2025, o Ateneo Ferrolán será escenario dunha intensa e vibrante tarde de música, literatura e artes plásticas coa celebración do evento "Melodías, tinta e cor", unha proposta cultural que conxuga talento local e creación multidisciplinar.

A xornada dará comezo ás 18:00 horas coa apertura a cargo de Ana Mª Pedreira Félix, dando paso á primeira actuación musical do cantautor Marce Fraguela, quen presentará o seu novo disco Desnudando el alma, acompañado por Manuel Tizón e Práxedes Sánchez.

A continuación, ás 18:25 h, terá lugar a presentación dun destacado grupo de escritores e escritoras que compartirán os seus últimos traballos: Roberto CagiaoMaribel GarroteXosé Fernández FernándezRaquel Villanueva Lorca e Isabel Ramos Breijo.

O evento continuará ás 19:25 h cunha segunda actuación musical de Marce Fraguela, e ás 19:40 h abrirase un espazo de micro aberto poético, no que participará a autora Saila Chao, entre outras voces.


Un dos puntos fortes da programación será a inauguración, ás 20:20 h, dunha mostra colectiva de pintura de artistas da comarca de Ferrolterra, situada no segundo andar da sala de xuntanzas, e que poderá visitarse durante os meses de xullo e agosto. Durante época estival lembrara que o  horario da entidade é de 10.30h a 13.30h.

Para pechar a xornada, ás 20:40 h, haberá unha despedida musical a cargo de Marce Fraguela e Ana Mª Pedreira, seguida dunha degustación de produtos galegos no ambigú do propio Ateneo.

Entre os artistas plásticos participantes figuran nomes como Xosé Fernández FernándezSaila ChaoManuel CarballeiraPatricia Maquieira FrancoLaura CartamilMaricarmen Sendón ( as dúas artistas en exposición actual no andar 3º ,sala 2) Manuel J. Díaz VázquezClara VenturaMaribel GarroteSol LamasKaty MartínCarmen Castro e Pachi Ros.

"Melodías, tinta e cor" promete ser unha cita imperdible para amantes da cultura, a creación e o encontro artístico en todas as súas formas.




Ningún comentario: