Lembranza a Amada García e os seus compañeiros. Sábado 27 de xaneiro ás 17 h. Castelo de San Felipe

 

A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, este sábado 27 de Xaneiro, ás 5 da tarde, realizará, no Castelo de San Felipe, un sinxelo acto en lembranza de Amada García e os seus sete compañeiros, asasinados nese lugar pola Ditadura franquista, en tal data do ano 1938, pola súa militancia política de esquerdas e a súa defensa dos ideais republicanos de progreso e xustiza social.

 A continuación, como cada aniversario, acompañaremos á familia de Amada ao Cemiterio de Serantes, para facer una ofrenda floral onde foron soterrados.
Convidamos aos nosos/as socias e socios e a cantas persoas o desexen a sumarse a estes actos.

Acusados de "Rebelión Militar," ese 27 de xaneiro de 1938, foron fusilados no foxo do Castelo de San Felipe e soterrados no Cemiterio de Serantes:

 

- Amada García Rodríguez, de Mugardos, 27 anos, casada, filla e fillo, militante do PCE.

- Antonio Eytor Cañizo, de 57 anos, carpinteiro, Concelleiro de Izquierda Republicana en Mugardos.

- Jaime González Pérez, de Ares, 31 anos, solteiro, dependente na farmacia do seu pai.

- Germán López García, de Caamouco - Ares, 50 anos, da UGT.

- José María Montero Martínez, de Mehá, Mugardos, 39 anos, casado, enterrador.

- Ramón Rodríguez López, de Caamouco, Ares, 38 anos, da Fronte Popular.

- Ángel Roldós Gelpi, de Mugardos, 50 anos, casado,  mestre nacional, afiliado a Izquierda Republicana.

- Juan José Teijeiro Leira, de Mugardos, 42 anos, casado, 1 fillo, mariñeiro, militante do PCE.



Exposición artística "Expo 24 Terra" de Angel Picos, Diego (JPeak) e Sergey Son. Do 5 de febreiro ao 29 de marzo

 

Exposición de artística "Expo 24 Terra".
Data: 5 de febreiro ao 29 de marzo.
Hora: 17 a 21 horas.
Lugar: Sala de Exposicións (2º andar) do Ateneo Ferrolán.

 
 
 
 
O foco da exposición está posto na mirada dos retratos de Sergey, nas pinceladas sutis de Ángel e na creatividade de Diego P. co fin de emocionar o público con desempeño e arraigo sobre lendas, xente ou paisaxes da Nosa Terra. (Asociación Galioart)





 



 
 
 



Presentación do Libro "Ferrol: fin de trayecto" de Manuel Lara Coira. Martes 6 de febreiro ás 17 horas.

 

No Clube de Lectura do Ateneo Ferrolán, na súa actividade do martes 6 de febreiro, presentará a obra de Manuel Lara Coira "Ferrol: fin de trayecto". 

Teremos como convidado ao autor para comentarnos a súa obra

Data: Martes 6 de febreiro ás 17 horas, no salón de actos do Ateneo Ferrolán.

 
 Manuel Lara Coira naceu en Ferrol. Cursou os estudos de Enxeñería Industrial diplomándose en Enxeñería Ambiental na Escola de Organización Industrial del Ministerio de Industria. Con unha tese sobre os proxectos de aproveitamento de recursos eólicos. 
 
Harmoniza o seu traballo como enxeñeiro coa docencia. Colabora, desde o ano 2008, con "Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial" e é vogal nos consellos de redacción de "Dyna, Ingeniería e Industria" e "Nova Ardentía, Revista Galega de Cultura Marítima e Fluvial".
 
 
 


 

Exposición fotográfica do colectivo Ollo de Vidro "Vira-Vidas". Do 1 de febreiro ao 29 de marzo.

 

Exposición fotográfica "Vira-Vidas" do Colectivo Ollo de Vidro.
Data: 1 de febreiro ao 29 de marzo
Hora: 17 a 21 horas.
Lugar: Sala de Exposicións (1º andar) do Ateneo Ferrolán

 

 

MÁIS NATUREZA, MENOS EÓLICOS


Esta exposición pretende ser un aporte crítico á  reflexión sobre a implantación masiva de xeradores eólicos no noso país. Como calquera nova tecnoloxía é preciso que estea ao servizo da comunidade e non de grupos económicos hexemónicos, que impiden a auto xeración de enerxía por parte de grupos e comunidades pequenos, auto suficiencia enerxética. É preciso non estragar o medio ambiente no que habitamos porque é vital para a nosa subsistencia. Entendemos que é necesario encontrar fontes de enerxía limpa e sostible pero non a costa de sacrificar outros recursos naturais e medioambientais, polo que habería que acordar con campesiños, mariñeiros, ecoloxistas, e representantes da poboación, os lugares máis acaídos para estas instalacións.

Aspectos negativos e positivos desta forma de  transformar a enerxía eólica en eléctrica. Algúns dos aspectos negativos son:

- Forte impacto medioambiental, morte de animais, como aves e morcego.
- Impacto visual na paisaxe.
- Alterar o equilibrio térmico natural.
- Ocupan moita superficie do territorio.
- Xeran ruído ambiental, con consecuencias para persoas e animais.
- Problemas de reciclaxe das palas.
- Pouca eficiencia.
- Na fabricación dos eólicos xérase residuos contaminantes.
- A rede subterránea de condución e distribución de enerxía inhabilitada unha parte
importante do territorio.
- Consecuencias negativas sobre o patrimonio cultural (petróglifos, castros, vías
romanas, etc).
- Forte impacto nos acuíferos, cabeceiras de ríos, brañas, etc.

Algúns aspectos positivos son:
- É unha forma de enerxía sostible, a curto prazo
- Non xera residuos, na transformación
- Contribúe a non dependencia de combustibles fósiles, polo tanto non contribúe ao
incremento de emisións de efecto invernadoiro


A natureza
Temos que amar a campía
e non lle facer aldraxe.
Non encher de porquería
a beleza da paisaxe...!
O que ama a natureza
ten que respetarlle a vida.
Non hai meirande beleza
nin emoción tan cumprida.
A natureza é amiga
e dános o seu amor:
dende a gracia dunha espiga
ao río marmurador...!
A nutereza é un ben
é compañeira e irmán.
É pró home sempre ten
o seu corazón na man...!


Manuel María

Related Posts with Thumbnails