Buscar neste blog

Síguenos en...

Amosando publicacións coa etiqueta Videoclips. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Videoclips. Amosar todas as publicacións

18 outubro 2018

Conferencia "Tensando la cuerda (2011-2018)" de Carlos A. Quirós. Venres 19 de outubro ás 20,30 h.


Conferencia dentro da 3ª Mostra de Videoclips de Ferrol "Videoclips A Esgalla"
"Tensando la cuerda (2011-2018)", a cargo de Carlos A. Quirós 
(Cuerda Floja Producciones)

Venres 19 de outubro ás 20,30 h. no Ateneo Ferrolán


Exposición Fotográfica “Ferrol & Rock en Foco” de Edu Pereira. Ate o 30 de novembro


Exposición Fotográfica “Ferrol & Rock en Foco” de Edu Pereira

 Do 11 de outubro ao 30 de novembro no Ateneo
dentro do marco da mostra Videoclips a Esgalla 2018.

 FERROL NUNCA DEIXARÁ DE TER VIDA, INTENCIÓN, IMAXES E ACORDES 
PARA DAR E REGALAR.

https://www.facebook.com/videoclipsaesgalla/

17 outubro 2018

Charla "Ferror Records e CGTH: Autoxestión, Ibdependencia, Edición e Apoio á Escena Local". Xoves 18 de outubro ás 20,30 h.


 Charla 
"Ferror Records e CGTH: Autoxestión, Ibdependencia, Edición e Apoio á Escena Local"
 Xoves día 18 de outubro ás 20,30 h. no Ateneo

O xoves as 20:30 no Ateneo Ferrolán, Ferror Records e CGTH Records estaremos dando a charla "Ferror Records e CGTH: Autoxestión, Ibdependencia, Edición e Apoio á Escena Local" dentro do programa de VideoClips a Esgalla 2018...

"Conferencia e proxeccións a cargo de Fernando Fernández Rego, Sergio Peck, Olalla Padín e Oscar M. López.. Ferror Records e CGTH son dous exemplos de autoxestión e produción independente que parten dunha premisa clara: apoiar e dinamizar a escena musical local. As súas actividades van dende a organización de concertos e festivais, á edición discográfica en formato físico e dixital. A axitación cultural é darlle folgos a escena musical da cidade son os motores de ambos colectivos. 

A idea da charla é dar a coñecer o intenso traballo que desenvolven ambos colectivos, presentar os múltiples traballos discográficos editados, fanzines, videoclips e concertos realizados. Tamén explicarán por qué a autoxestión é unha vía totalmente necesaria para dar saida na actualidade a moitos proxectos. Para elo levarán a cabo unha presentación conxunta con material audiovisual e físico. #VideoclipsaEsgalla2018 #VideoclipsaEsgalla".