"Ferrol: mobilidade sostible e rehabilitación de barrios".
Ciclo de Conferencias: "Ferrol: mobilidade sostible e rehabilitación de barrios".
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 27.11.14
Ciclo de Conferencias:
"Ferrol: mobilidade sostible e rehabilitación de barrios".
"Ferrol: mobilidade sostible e rehabilitación de barrios".
O venres día 28 de novembro e 12 de decembro ás 19,30 h.
no salón de actos do Ateneo Ferrolán.
Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Conferencias, Novas, Xornadas
Inscríbete no Congreso Hildegart. A celebrar os días 5, 6, 7 e 8 de decembro en Ferrol
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 25.11.14
Inscríbete no Congreso: http://congresohildegart.blogspot.com.es/
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2014/07/centenario-de-hildegart-congreso-e.html
O Congreso sobre a figura de Hildegart Rodríguez Carballeira que promove o Ateneo Ferrolán na cidade para os días 5 a 8 de decembro terá eco tamén na Coruña e Madrid a través de dous actos públicos nos que Hildegart será a protagonista.
Na Coruña, a Casa Museo Casares Quiroga acollerá unha presentación do congreso o día 4 de decembro ás 20.00 horas, a cargo de representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e o Ateneo Ferrolán, entidades organizadoras da cita, e de algún dos investigadores especializados na figura de Hildegart.
Posteriormente, no Ateneo de Madrid terá lugar un acto de homenaxe á pensadora e feminista o día 9 de decembro, ás 19.30 horas, organizado polo Ateneo Ferrolán, Ateneo de Madrid e a Cátedra de Memoria Histórica del Siglo XX da Universidad Complutense. Na capital española falarán representantes destas tres entidades así como a popular feminista Lidia Falcón. O acto quere lembrar que o día 9 do mes de decembro de 1914 tivera lugar o nacemento de Hildegart en Madrid, cidade onde desenvolveu a súa vida e onde foi asasinada o 9 de xuño de 1933.
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/coruna-madrid-acolleran-presentacions-do-congreso-do-ateneo-hildegart/20141124223052107821.html
Presentación do libro:"De Beiras a Podemos. A política galega nos tempos da troika (2012-2014)"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 21.11.14
Presentación do libro:
"De Beiras a Podemos. A política galega nos tempos da troika (2012-2014)"
O próximo xoves, día 27 de novembro ás 20 h. no salón de actos do Ateneo
Intervirán:
Anxo Lugilde, Manuel M. Barreiro, Rodrigo Ramos
Ardá e Ismael González Bouza.
Entrada libre.
Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Novas, Presentacións
XIV XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES”. Prazo ate o 5 de decembro.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 18.11.14Participa e Difunde!
XIV XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES”
A celebrar os días 17, 18 e 19 de decembro do 2014Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’ en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 5 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.
Os días 17, 18 e 19 de decembro de 2014, levaranse a cabo ás XIV XORNADAS MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.
Como lembranza do que foron estas XORNADAS ao longo destes catorce anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.
Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.
O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.
GRAZAS POR PARTICIPAR!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2014/09/xiv-xornadas-mostra-de-curtametraxes-17.html
Etiquetas: Actividades, Novas, Presentacións, Proxeccións, Xornadas Curtametraxes
Sesion Vermú no Ateneo Ferrolán. Sábado día 15 a partir das 12 da mañá.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 13.11.14
Sesion Vermú no Ateneo Ferrolán
o sábado día 15 de novembro a partir das 12 da mañá.
Actuación en
directo do grupo REFUGALHOS en apoio ao Ateneo.
Haberá petiscos,
cervexas, zumes, ... e sobre todo vermú.
Entrada libre.
Entrada libre.
Etiquetas: Actividades, Concertos, Música en Directo, Novas, Sesión Vermú
Presentación do libro: "Del Amor" de Ricardo Mella. Xoves día 13 ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 11.11.14
O xoves día 13 de novembro ás 19 h. no Ateneo Ferrolán presentación do libro:
"Del Amor" de Ricardo Mella.
Organiza Unión Libertaria. Entrada libre.
Tal e como anunciaramos en abril...ESTA SEMANA...ACCIÓN LIBERTARIA II presenta o libro
DEL AMOR, RICARDO MELLA.
O 10 de novembro de 1889 celebrabase en Barcelona o "Segundo Certamen Socialista". O 15 de novembro de 1899 nacía en Pontevedra, Urania Mella Serrano. De aí que entre o 12 e o 15 de novembro deste 2014 demos en presentar en terras galegas Del Amor, libro que compendia os ensaios "Breves apuntes sobre las pasiones humanas" e "Del Amor: modo de acción y finalidad social", textos do topógrafo e pensador libertario Ricardo Mella imprentados en Madrid este mesmo ano e que chegan agora a nosa terra da man dos seus editores, La Rosa Negra.
Catro xornadas, catro puntos xeográficos distintos para coñecermos as razóns que motivaron á editorial madrileña a dar ao prelo estes textos do pensador vigués, ao tempo que afondamos na actualidade e utilidade do ideario do "Século de Ouro" do anarquismo español. Así, a través da pluma áxil e sinxela de Ricardo Mella recordaremos un claro, honesto e harmónico xeito de encarar a vida e a realidade social.
Desta sorte, a primeira parada destes parrafeos será o mércores 12 en Betanzos na Libraría Biblos, continuamos a viaxe e o xoves 13 xunto con Unión Libertaria apeámonos en Ferrol para visitar o lendario Ateneo Ferrolán. O venres 14 a parada terá lugar en Vigo na Hemeroteca da Escola de Artes e Oficios, onde entre moitas outras mulleres e homes estudaron as irmáns Alianza, Esperanza, Urania e Luz. Finalmente, o peche deste traxecto será na emblemática Taberna Marrucho en Baiona para podermos celebrar o 15 de novembro o aniversario de Urania a carón da súa familia e coas actuacións da banda folk A Bagunda e do home máquina do ragga galego, Xenderal.
"Sen o amor non habería artistas. Sen a curiosidade, non habería ciencia.
Sen as necesidades da vida, non habería traballo, non habería sociedade, non habería persoa. Sen o desexo de pracer, o mundo converteríase nun inmenso cemiterio" Ricardo Mella
"Defendámonos, logo, caladamente, con furia, ou con humor tibetano, pero non transixamos cunha soia agresión máis, porque os ataques están sendo máis sutís, máis cheos de argumentos, de falsa erudición, en nome do Progreso ou dunha incerta Irmandade Universal que só avanza cara á uniformidade tecnolóxica. Está en xogo a nosa supervivencia, e non só como Pobo, senón como seres humanos"
Lois Pereiro, "Modesta Proposición"
Gallaecia, novembro 2014
Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Conferencias, Novas, Presentacións
Acto de entrega da cesión da biblioteca de José María López Dafonte ao Ateneo Ferrolán
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.11.14
Acto de
entrega da cesión da biblioteca de José María López Dafonte ao
Ateneo Ferrolán
O vindeiro
luns, 10 de novembro, ás 20:30 horas terá lugar na
biblioteca-hemeroteca do Ateneo Ferrolán, o acto de entrega da
biblioteca de José María López Dafonte ao Ateneo Ferrolán.
Con este
acto, o Ateneo Ferrolán quere agradecer a José María López
Dafonte a súa xenerosidade e cooperación na tarefa de recuperar o
noso patrimonio cultural e poñelo a disposición de todo o público.
Pola súa parte, e malia os atrancos, o Ateneo continúa mantendo o
seu compromiso coa defensa da nosa cultura e do noso patrimonio
cultural.


En
concreto trátase de documentos e libros pertencentes aos séculos
XIX,XX e XXI, cuxo eixo vertebrador é a educación e a cultura,
destacando pola súa variedade: "O barco-peixe", de
Monturiol ata guías turísticas en torno a Galicia pertencentes á
ditadura de Primo de Rivera do mesmo xeito que un exemplar da época
da Constitución española de 1931 e prensa en torno á II República
e ao Franquismo, diferentes catálogos de Institutos Técnicos de
Galicia; régimines internos de Centros de Galicia, nas que destaca o
Colexio "Dequidt" da Coruña; estudos realizados en torno a
Galicia de diferentes universidades españolas.

Esta
cesión é un conxunto documental de grande interese que está xa a
disposición do público e que enriquece o fondo local da nosa
biblioteca-hemeroteca.
Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Conferencias, Novas
Xa temos o disco recompilatorio de SONS DE FERROLTERRA gravado no Ateneo
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.11.14Xa temos o disco recompilatorio de SONS DE FERROLTERRA
O outono musical inaugúrase co lanzamento deste recompilatorio, onde se reúnen as agrupacións máis representativas da bisbarra.
Microrec Producciones, discográfica musical da Coruña, é a produtora encargada da organización deste proxecto; un disco recompilatorio, que se edita co propósito de dinamizar o sector do canto coral, clásico, moderno e tradicional, da Bisbarra de Ferrolterra.
O obxectivo é promover este xénero musical, fortalecer o sector creando sinerxías e poñer en valor o aspecto cultural, social e etnográfico deste tipo de agrupacións. No disco participan 17 agrupacións, máis de 400 persoas entre músicos e directores, interpretando as pezas máis representativas da Bisbarra de Ferrolterra: habaneiras, boleros, pezas clásicas e tradicionais, como "Niña de Fene" ou "Ferrol, donde yo nací".
Durante dous fins de semana intensivos, todas as agrupacións gozaron dunha sesión de gravación individual, ofrecida de forma gratuíta por Microrec Producciones. As gravacións tiveron lugar no Auditorio do Ateneo Ferrolan e na Casa da Cultura de Neda, institucións que colaboraron no proxecto a través da cesión gratuíta das súas instalacións. Pola súa banda, a Banda Militar do Tercio Norte de Infantería, realizou a súa gravación no Auditorio da Escola de Especialidades "Antonio de Escaño".
Poderán gozar dun avance deste traballo, e ao mesmo tempo descubrir como se levaron a cabo as xornadas de gravación, no making of que encontrarán neste enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=jEqyez2sMz0
Etiquetas: Actividades, Concertos, Música en Directo, Novas, Presentacións, Xornadas, Xornadas da Gaita
Conferencia de Xesús Alonso Montero "Santiago Montero Díaz, do marxismo ó fascismo e, de novo, ó esquerdismo”
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 6.11.14
O Presidente da Real
Academia Galega Xesús Alonso Montero, estará o vindeiro martes 11
de novembro no Ateneo Ferrolán para pronunciar unha conferencia
sobre Santiago Montero Díaz.
O martes 11 de novembro, ás 20
horas, o Presidente da Real Academia Galega Xesús Alonso Montero
pronunciará unha conferencia no salón de actos do Ateneo Ferrolán baixo o título
“Santiago Montero Díaz, do marxismo ó fascismo e, de novo, ó
esquerdismo”.
A conferencia será presentada polo catedrático Xosé
María Dobarro, e analizará a controvertida figura do historiador e
profesor universitario Santiago Montero Díaz (Ferrol, 1911 –
Madrid, 1985), pioneiro do marxismo na Galiza e despois militante das
JONS. Nos anos do franquismo, Santiago Montero Díaz adoptou unha
postura crítica co réxime e apoiou as mobilizacións estudiantís
nos anos 60, motivo polo que foi suspendido por dous anos da súa
cátedra universitaria.
Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928) é
catedrático de lingua galega, ensaista e foi nomeado presidente da
Real Academia Galega en abril do pasado ano 2013. Ten unha extensa
obra nos campos da poesía, teatro e ensaio, destacando os seus
escritos sobre a situación da lingua galega.
Para o Ateneo é unha
grande satisfacción presentar esta conferencia na nosa entidade do
presidente da Real Academia Galega, quen manifestou ademáis o seu
interese en coñecer de primeira man os problemas polos que atravesa
o Ateneo Ferrolán.
Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Conferencias, Presentacións
Comezamos as aulas de DEBUXO E PINTURA no Ateneo.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 4.11.14
Comezamos as aulas de DEBUXO E PINTURA no Ateneo
todos os mércores de 18 a 20 h.
-Imparte: Miguel-Anxo Varela Díaz, licenciado en Belas Artes.
-Todos os temas e técnicas.
-Preparación para Belas Artes, Selectividade, Artes e Oficios, etc...
APUNTÁDEVOS. Matrícula aberta.
45 € mensuais para Soci@s e 50 € mensuais para Non Soci@s
Etiquetas: Actividades, Novas, Obradoiros