Recital - Coloquio do cantautor Xosé Constenla. Sábado día 25 ás 20,30 h.

 
 
 
Recital - Coloquio do cantautor Xosé Constenla (cantautor de Compostela) 
Sábado día 25 de outubro no salón de actos do Ateneo ás 20,30 h.
Entrada de balde

Recital-Coloquio un espectáculo que anda por diversos espazos (librerías, muíños, bibliotecas,...) dende finais de setembro.

Non se trata dun concerto habitual, xa que o público ten un papel activo ao poder participar comentando, facendo preguntas ou lendo poemas e textos entre canción e canción.
Tamén, incluirá algún convidado para cantar ou recitar, así como material audiovisual (normalmente anaquiños de películas).

https://www.facebook.com/profile.php?id=1612821343
https://www.youtube.com/watch?v=zW_2UHS1V7Q
 
 

En Concerto: Tato Lopez & Cia. Sábado día 18 ás 20,30 h.

En Concerto: Tato Lopez & Cia
espectáculo musical da rede Músicos ao Vivo:
 "Ritmo de Arena"
Sábado día 18 de outubro de 2014 ás 20,30 h.
Entrada: Soci@s: 3 € / Non Soci@s: 5 €

"Ritmo de Arena" e unha viaxe, unha recreación musical de diferentes atmósferas compostas de musica de fusión e textos con contido social,tamén e a celebración da multiculturalidad, pois Tato López propon paisaxes musicais que van dende o tango ao blues, o do swing ao son cubano, convirtindo este proxecto nunha fusión de música de autor cun sabor único.


Percorre as principais salas da península, dende o “Dado Dada”(Santiago), "Galileo Galilei, "Liberdade 8" (Madrid), etc... ata diferentes escenarios como o "Festival Barnasants" (Barcelona), o máis importante evento de canción de autor mundial compartindo cartel con Pedro Guerra o L.E. Aute, entre outros. As súas cancións estiveron no 2013 en toda a xeografía española e neste verán, viaxará a latinoamérica, máis concretamente a Bos Aires para presentar alí a súa música.


Compartiu escenario con xente da Nueva troba cubana, como Karel García e Yhosvany Palma, e doutros ámbitos, como Silvia Penide, Pascuala Ilabaca, Gustavo Almeida, entre outros.


Un dos cantautores máis destacados do momento en Galicia, cautiva pola súa orixinalidade e frescura dos seus concertos.




Asemblea Xeral Extraordinaria. Martes día 14 de outubro de 2014



Ferrol 30 de setembro de 2014


CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
 
Benquerido socio /socia:
 Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o martes día 14 de outubro ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segunda, co único punto na

ORDE DO DÍA
- Actuacións a desenvolver con relación a recente sentenza que estima a demanda presentada pola representación de Mudanzas Félix SL, e que condena ao Ateneo Ferrolán


Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo da Xunta Directiva,
 

Asdo.- Eliseo Fernández Fernández
Presidente

"A negociación do Acordo Transatlántico (TTIP) a debate". Venres día 10 ás 19 h.





As Marchas da Dignidade Ferrolterra invitanvos a asistir á conferencia

A negociación do Acordo Transatlántico (TTIP) a debate 
o vindeiro venres 10 de Outubro ás 19:00 no Ateneo Ferrolán 
Entrada libre
  
Ten como fin informar sobre o denominado Tratado de Libre Comercio entre EEUU e a UE que se está a negociar de costas á cidadanía e sen intención de solicitar a súa aprobación. 
Un tratado que, de firmarse segundo as directrices das corporacións que dirixen dende a sombra a negociación, pode supoñer unha catástrofe para o noso país en materias como a saúde, a alimentación, o medioambiente e a economía.

Contaremos coa destacada intervención de Isabel Vilalva, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, e Manuel Martín, médico e portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública.

Rógase a súa difusión

Un saúdo,

Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolte
rra@gmail.com | Blogue de apoio ás Marchas de FerrolTerra: http://marchas-da-dignidade-ferrolterra.blogspot.com.es/ | Blogue Galego:http://marchasdadignidade.blogspot.com/ | Web Estatal:http://marchasdeladignidad.org/.

Silvia Penide en Concerto no Ateneo . Sábado día 11 ás 20,30 h.



 Silvia Penide en Concerto no Ateneo 

Presentación da Reedición do seu traballo "Animal de Compañía" (2014)
O sábado día 11 de outubro de 2014 ás 20,30 h. 
no salón de actos do Ateneo

Entrada: 4 euros non soci@s e 2 euros para soci@s

https://www.facebook.com/silvia.penide
http://www.silviapenide.com/

Radio-Teatro "A guerra dos mundos 2012". Xoves día 9 ás 20 h.


O xoves día 9 de outubro de 2014 ás 20 h. 
no salón de actos do Ateneo 
"A guerra dos mundos 2012" 

Entrada de balde
un radioteatro animado onde seres extraterrestres atacan 
as inmediacións da cidade da cultura de Santiago.
Humor, sátira social, Ferrol como protagonista nunha produción con guión orixinal de José Torregrosa e Miguel Castro, baseado no clásico de Orson Welles, Ilustracións de Fer Ocampo M, edición de vídeo por Xil López Sánchez, música por David García.
Dirixido por Miguel Castro Serantes.
 
Ferrol é atacado!!! Acode na súa axuda!!!


CURSO DE ANIMACIÓN Á LECTURA. Sábados de 11,30 a 12,30


Organizamos un CURSO DE ANIMACIÓN Á LECTURA 
os sábados de 11,30 a 12,30 na nosa Bilblioteca - Hemeroteca.



Imparte IOLANDA TEIJEIRO

Dirixido a maiores de 12 anos. Prezos para Soci@s 14 € e Non soci@s 16 €

Comezo o sábado día 18 de outubro.
Apuntarvos na secretaría do Ateneo Ferrolán!

Concerto de MIGUEL ALONSO e BANDA. Sábado 4 de outubro ás 20 h.


Concerto de MIGUEL ALONSO e BANDA

Sábado día 4 de outubro no Ateneo Ferrolán ás 20 h.
entrada de balde

Presentación do seu novo disco "Como dioses de alquiler" 


Proxección da longametraxe "El tiempo de Plácido Meana". Xoves día 2 ás 20,30 h.


Proxección da longametraxe 
"El tiempo de Plácido Meana"  de Kike Narcea
Xoves día 2 de outubro ás 20,30 h. no salón de actos do Ateneo

Ópera Prima de Kike Narcea. Comedia de 85 minutos rodada en Ferrol, Madrid e Cangas de Narcea e que conta con actores de ferrolterra na súa repartición. Tamén haberá un coloquio con membros do equipo da película ao finalizar a proxección. 
Entrada de balde.

 https://www.facebook.com/ElTiempoDePlacidoMeana

Related Posts with Thumbnails