Buscar neste blog

Síguenos en...

Amosando publicacións coa etiqueta Urbanismo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Urbanismo. Amosar todas as publicacións

29 xaneiro 2020

Presentación libro "Ciencia próxima" de Xosé A. Fraga. Xoves 30 de xaneiro ás 19,30 h.

Presentación libro "Ciencia próxima" de Xosé A. Fraga 
xoves 30 de xaneiro ás 19,30 h. no #AteneoFerrolán 

Contaremos coa presenza do autor e de Guillermo Llorca (historiador)

Xosé A. Fraga, doutor en Bioloxía e ex director dos Museos Científicos da Coruña presenta Ciencia próxima. Episodios sobre a cultura científica na área coruñesa, un libro editado por Espacio Cultura que explica en 78 relatos a pegada que deixou a Ciencia na cidade desde mediados do século XVIII.

Ciencia próxima recompila os episodios da cultura científica que desde o ano 2014 Xosé A. Fraga publica no xornal La Opinión. «Son as mesmas pezas, revisadas e con ilustracións novas, que respectan o seu obxectivo orixinal: achegar ao público xeral o coñecemento científico», explica o autor.

A idea de xuntalos todos nun volume único xurdiu da experiencia lectora dente próxima e da propia observación de Xosé A. Fraga. Dunha banda, apunta, esta selección publicada por xunto, permite compensar «a lectura apurada dos domingos cunha máis relaxada que convida á reflexión».

Doutra, incide, «co paso do tempo e con case 80 episodios sobre a mesa, deime conta de que narraban moi ben a integración da Ciencia na cidade», tamén porque a súa historia foi parella á propia historia do desenvolvemento científico.

24 xaneiro 2019

Charla/Obradorio con Guillermo Ferrandez sobre "Cidade. Recuperación do público". Venres día 25 de xaneiro ás 19 h.




Venres día 25 de xaneiro ás 19 h. no #AteneoFerrolán

Charla/Obradorio con Guillermo Ferrandez sobre "Cidade. Recuperación do público"

Conduce o acto Susana López

Organiza: Círculo PODEMOS Ferrol

15 novembro 2018

Exposición “Urbanismo. 10 anos do Plan Especial da Magdalena”. Ate o 30 de novembro.


Exposición “Urbanismo. 10 anos do Plan Especial da Magdalena”.
Do 31 de outubro ao 30 de novembro no Ateneo

Imaxes que explican o antes e o despois do barrio de A Magdalena 
nestes dez anos.

24 outubro 2018

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural:IN SITU. Mércores 31 de outubro ás 17 h.

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural: IN SITU.
"Ferrol Vello a A Magdalena. As estratexias de recuperación patrimonial, rehabilitación e rexeneración urbana"
Mércores día 31 de outubro ás 17 h. no Ateneo Ferrolán



O programa IN SITU pretende crear outros lugares de reflexión fóra do habitual espazo dos Encontros, trasladando o espazo de debate ao contexto xeográkco e social dos bens. A elección dos conxuntos históricos onde se van desenvolver os Encontros (Vigo, Ferrol, Ourense-Ribadavia) pretende mostrar a diversidade das situacións nas que se atopan e introducir no debate os aspectos complexos do debate arredor da protección patrimonial da cidade histórica.
O barrio da Madalena e Ferrol Vello son dúas realidades diferenciadas que forman, en palabras de Alfredo Vigo Trasancos, unha especie de binomio imprescindible inmerso nun contexto de crise urbana que se prolonga dende hai décadas. Esta condición danos a analizar e confrontar a aplicación nos dous barrios das estratexias e criterios de recuperación establecidos dende a lexislación, o planeamento e as políticas públicas de rehabilitación, así como a súa capacidade de adecuación a esas realidades.






PROGRAMA


17:00 horas Presentación
Rebeca Blanco-Rotea, coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega
Teresa Nieto, arquitecta, membro da sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG

17:15 horas
A participación veciñal no recoñecemento patrimonial e na recuperación de Ferrol Vello e da Madalena
Miguel Reimúndez González, arquitecto

17:45 horas
Os plans especiais nas estratexias para a recuperación da Madalena e a rexeneración urbana de Ferrol Vello
Alfonso Díaz Revilla, arquitecto, Oficina de Planeamento, S.A.

18:30 horas
A xestión da área de rehabilitación da Madalena e Ferrol Vello
Ignacio Mendizábal Ferreiro, arquitecto, Oficina de Rehabilitación de Ferrol


19:15 horas Debate


 ORGANIZA

Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)

COLABORA

Ateneo Ferrolán

COORDINA

Rebeca Blanco Rotea Teresa Nieto

LUGAR

Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204
15402 Ferrol

INSCRICIÓN

A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

MÁIS INFORMACIÓN

www.consellodacultura.gal difusion@consellodacultura.gal

Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca