Grazas, Xosé Neira Vilas. Ateneo Ferrolán 27.11.2015.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 27.11.15
Grazas, Xosé Neira Vilas:
Hai dúas semanas da túa visita ao Ateneo Ferrolán
para ofrecernos unha fermosa conferencia sobre a emigración galega a
Cuba que inaugurou o Congreso que fixemos sobre a nosa emigración. As
persoas que tivemos o pracer de escoitarte puidemos
decatarnos de cómo o teu corpo renqueante sostiña aínda unha cabeza
privilexiada e albergaba un home sinxelo e cariñoso.
Hoxe comunicannos o teu falecemento e repitense os
datos da túa biografía e as túas obras. Permita a tiranía dos medios de
comunicación que neguemos a información. Hai escasos días chegounos unha
fermosa carta túa e con ela lembramos todos
os proxectos que nos comentabas co entusiasmo do neno labrego que
sempre houbo en ti. A túa voz e o teu corazón aínda laten entre nós, por
moito tempo.
Grazas por todo, amigo.
Ateneo Ferrolán, 27 de novembro de 2015.
Etiquetas: Arquivos, Conferencias, Memoria Histórica
Exposición "A historia da memoria" de Che Tembra. Do 2 ao 30 de decembro.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 26.11.15
A Memoria Histórica do Barbanza presenta
a exposición "A historia da memoria" de Che Tembra
Do 2 ao 30 de decembro
Inauguración mércores día 2 de decembro ás 20 h.
nas salas de exposicións do Ateneo
José Andrés Tembra Redondo (1955), máis coñecido como
Che Tembra o ferreiro de Beluso, é un artista do ferro.
http://fotosderianxo.com/2014/11/01/9751/
Etiquetas: Artes, Artes Plásticas, Audiovisuais, Cultura, Memoria Histórica
Asamblea aberta sobre o patrimonio de Ferrol. Luns día 30 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 26.11.15
Asamblea aberta sobre o patrimonio de Ferrol
o luns día 30 ás 20 h. no Ateneo Ferrolán
Organiza: Concellería de Patrimonio Histórico. Concello de Ferrol.
Foro aberto a todos os cidadáns que
queiran participar.
Asamblea cidadán para analizar a situación do Patrimonio da cidade
e
consensuar posibles intervencións.
A concelleira de
Conservación do Patrimonio, Rosa Méndez, convoca no Ateneo unha asemblea aberta a
todos os cidadáns e ás entidades sociais e culturais para expoñer a
situación na que o actual goberno se atopou o Patrimonio da cidade e
analizar e debater sobre posibles intervencións e actuacións.
Obxectivo coñecer as opinións e suxerencias dos cidadáns e dar conta dun xeito
plenamente transparente das actuacións que se están a realizar e que
está previsto acometer.
Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca, Cultura, Debates, Patrimonio
Acto conmemorativo: Día Mundial da SIDA. Venres día 27 ás 18 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 24.11.15
Día Mundial da SIDA. Acto conmemorativo.
Venres día 27 de novembro a partir das 18 h.
no salón de actos do Ateneo Ferrolán.
Entrada libre.
18 h.- Presentación do acto a cargo da Dra. Angeles Castro
(Presidenta SOGAISIDA)
18,15 h. - ASFEDRO. Historia dunha colaboración
19 h.- "As enfermedades infecciosas e a SIDA na pintura" polo Dr. Victor Asensi
(Hospital Universitario Central de Asturias)
20 h.- "Recordando os 80" con PADEL ROCK
Etiquetas: Conferencias, Música en Directo, Presentacións, Xornadas
Libro editado polo Ateneo Ferrolán específicamente para o Congreso: "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns"
" A emigración galega e o
sindicalismo cubano:
A folga nas obras do saneamento de La Habana 1911"
A folga das obras da rede de sumidoiros de La Habana, nos meses de xuño e xullo de 1911, foi un dos conflitos sindicais da historia cubana máis representativos da participación da emigración galega no sindicalismo da illa caribeña, curiosamente, neste movemento unha boa parte dos protagonistas eran emigrantes orixinarios de Ferrol.
Etiquetas: Arquivos, Biblioteca-Hemeroteca, Publicacións
Presentación e Proxección da curtametraxe:"NIDOS DE LUZ" de DARÍO AUTRÁN. Venres día 20 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 18.11.15
Presentación e Proxección da curtametraxe:
"NIDOS DE LUZ" do director DARÍO AUTRÁN
o venres día 20 de novembro ás 20 h. no Ateneo Ferrolán.
Sinopse:
Hai algo aí fóra axexándoo. Soamente ten contacto con Juana, unha señora que vén a visitalo de cando en vez. Un día Juana non pode vir e chega a súa neta Alejandra. Esa visita trastornará para sempre aos dous...
Darío Autrán (Pontevedra, 1987) é escritor, director de cine, actor e guionista. Na súa carreira á fronte da súa propia produtora audiovisual destaca a súa ópera prima como director Tilda & Jean.
Esta longametraxe, escrita, dirixida e producida integramente por el, foi nomeada a Mellor Película para Televisión nos Premios Mestre Mateo 2014, a Mellor Película en Cinelow i Directors Emergents(2013), a Mellor Película en Cine Novissimo (2013) e a Mellor Película no Festival Cine de Autor Internacional de Lugo (2013). Ademais de Tilda & Jean, realizou outros guións
cinematográficos como Orxo, -longametraxe producida por Oroboro Films-, Hydra, e Hábitat -en proceso de produción; sendo nas dúas o actor protagonista.
O meu cine e todo o que escribo quero que constitúa ante todo un convite, apaixonado e rabioso, á lectura duns mundos que fragmenten a realidade. Cuxa comprensión case sempre obrigue ao espectador a transitar un espazo fronteirizo, de límites, no que sexa necesario alzar a man para agarrar os segredos que escondo.
Máis info:
Etiquetas: Audiovisuais, Cine, Cultura, Obradoiros
Programa do Congreso "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns". 13, 14 e 15 de novembro.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 10.11.15
Programa do Congreso "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns"
13, 14 e 15 de novembro no Ateneo Ferrolán
13, 14 e 15 de novembro no Ateneo Ferrolán
Venres día 13 de novembro ás 19,30 h. Acto Inaugural do Congreso
Intervirán:
Jorge Juan Suárez Fernández
(Alcalde do Concello de Ferrol)
José Antonio Solana Fernández
(Cónsul Xeral de Cuba en Galicia, Asturias e Cantabria)
Conferencia inaugural a cargo do escritor Xosé Neira Vilas
1ª Sesión. Mañá do Sábado, 14 de novembro de 2015
De 09:30 a 11:30
Fernando Ocampo Montesinos/Juan Márquez Lacasa. Bartolomé Crespo Borbón, un ferrolán dramaturgo en Cuba
Juan J. Burgoa. Ramón Pla y Monge, un emigrante ferrolán en Cuba
Xavier Brisset Martín. O chalán de Regoela. Influencia cubana na pequena Rusia
Fernando Bores. Casas de habaneros.
De 11:45 a 13:30
Juan A. Carneiro Rey e Miguel A. Rodríguez Vázquez. A sociedade “Unión Mugardesa de Instrucción”
Manuel Souto López. A colectividade pontesa na Habana. Organización social, ideal educativo e plasmación práctica
Henrique Sanfiz Raposo. Sociedade Naturais de Fene, pioneiros na innovación pedagóxica
De 13:45 a 14:00
Proxección do video“A Sociedad de Instrucción y Recreo Naturales del Ayuntamiento de Fene”, de Guillermo Llorca
2ª Sesión. Tarde do Sábado, 14 de novembro de 2015
De 16:30 a 18:00
Lorena Cuevas Buján. Un novo ensino para un novo século: contribución da emigración de Ferrolterra a Cuba á difusión de novas formas pedagóxicas a través das Sociedades
Ernesto López Naveiras. Renovación da Escola Galega, polos emigrantes galegos en América
Jaime López Fernández. Orfos de instrución: roteiro asociativo dos ártabros en Cuba.
De 18:15 a 19:45
Sixto Gómez Echemendia. Historia presente e futuro das asociacións de emigrantes galegos en Cuba: o caso de Ferrol y su comarca
Bernardo Máiz Vázquez. Prófugos, Desertores, Rebeldes, Combatientes
Xosé María Dobarro. Severino T. Solloso e a sociedade “Pila Ancha de Cerdido”
De 20:00 a 21:00
Xoán Porto. Ferrol-Habana, dúas fotografías
Manolo González. “El Gallego” no cinema cubano
3ª Sesión. Mañá do Domingo, 15 de novembro de 2015
De 09:30 a 11:00
Esperanza Piñeiro de San Miguel. Retornados de Cuba a Ferrolterra: o papel esencial da muller
Raúl Soutelo Vazquez e Mª Xosé Vázquez Lojo. Mulleres e migracións na Galicia contemporánea. Perspectivas de análise e recursos didácticos para tratar a emigración transoceánica nas aulas de ensino secundario.
Manuela Santalla López. Correos marítimos, astilleros, arsenales: la estrecha relación entre Ferrol y La Habana.
De 11:15 a 12:45
Uxia Bolaño Amigo. Representación da infancia e da súa educación a traves da revista ilustrada “Eco de Galicia” (1917-1936) de La Habana
Xurxo Martiz Crespo. O primeiro exilio galego a Cuba
Uxío Breogán Diéguez. Galiza en Cuba, ou o deseño no caribe da terra soñada (1917-1961)
De 13:00 a 14:00
Mesa redonda “Cuba na literatura galega”
Xavier Alcalá, autor de “Habana Flash”
Marcelino Fernández Mallo, autor de “Pallarega”.
14:15
Clausura do Congreso
Durante todo o mes de novembro estarán expostas na Sala de Exposicións do Ateneo (3º Andar) as seguintes exposicións:
Exposición “Luces de Alén Mar” do Consello de Cultura Galega
Exposición “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”, do Ateneo Ferrolán
Exposición de obxectos “Recordos da emigración en Cuba”
Enlace para descargar o programa:
https://drive.google.com/file/
Fotos das sesións do Congreso:
http://is.gd/fBtn9m

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria. Luns 23 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 10.11.15
Ferrol 6 de novembro de 2015
CONVOCATORIA
ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA
Benquerido/a
socio/a:
Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o luns día 23 de novembro ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segunda no salón de actos do Ateneo Ferrolán, coa seguinte
ORDE
DO DÍA
1.-
Informe Directiva.
2.-
Proposta datas apertura proceso para convocatoria de eleccións á Xunta Directiva.
3.- Celebración do 40 aniversario da refundación do Ateneo
4.- Rogos e preguntas.
4.- Rogos e preguntas.
Sen
máis e agardando a túa imprescindible asistencia, recibe un cordial
saúdo da Xunta Directiva,
Asdo.- Eliseo Fernández Fernández
Presidente
Exposicións no Congreso "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.11.15
Exposicións
Congreso "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns"
Como sabedes, de
xeito paralelo ao Congreso haberá tres exposicións temáticas que estarán nas salas de exposicións do Ateneo todo o mes de novembro.
Unha delas "Luces de alén mar" do Consello da Cultura Galega http://consellodacultura.gal. Unha exposición en paneis que fai un relato cronolóxico e xeográfico sobre a historia da emigración a Cuba e a súa pegada tanto na sociedade cubana como na sociedade galega.
Outras dúas:
Exposición "Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns" do Ateneo.
Exposición de obxetos "Recordos da emigración en Cuba"
Horario:
De luns a venres de 11 a 13,30 h. e de 17 a 21 h.
Sábados de 10,30 a 13,30 h.
Exposición "Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns" do Ateneo.
Exposición de obxetos "Recordos da emigración en Cuba"
Horario:
De luns a venres de 11 a 13,30 h. e de 17 a 21 h.
Sábados de 10,30 a 13,30 h.
Inscrición no Congreso "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns" 13, 14 e 15 de novembro
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 6.11.15
Formulario de inscrición no Congreso
"Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns"
13, 14 e 15 de novembro 2015 no Ateneo Ferrolán
Ao
longo dos séculos XIX e XX os territorios de Ferrol, Eume e Ortegal
mantiveron unha enorme relación coa illa de Cuba, lugar de destino
de milleiros de homes e mulleres da nosa zona. Alí viviron
experiencias como a guerra de independencia, a intervención
norteamericana, as crises económicas, dictaduras e revoltas
políticas, até chegar á revolución cubana no final da década de
1950. E boa parte daquela emigración, agrupada nas grandes
sociedades de emigrantes como o Centro Gallego e Hijas de Galicia ou
en pequenas sociedades artelladas arredor dos lugares de orixe,
interviron na Galiza mediante as sociedades de instrucción e
colaborando decisivamente na creación de institucións como a Real
Academia Galega ou na elaboración de símbolos nacionais como a
bandeira ou o himno galego. As remesas de cartos que enviaban foron
fundamentais tamén para o desenvolvemento económico do país e para
o nacemento de moitas iniciativas industriais e comerciais. Ao cabo,
a nosa cultura local estivo inzada de referencias cubanas achegadas
pola xente que vivía en Cuba e aquela que con mellor ou peor sorte
retornou á terra.
Nunha época de cambio na illa caribeña, cando Galiza recibe emigrantes mais lamentablemente tamén a nosa xente ten aínda que emigrar, o Ateneo Ferrolán convoca un Congreso baixo o título “Ferrol-Cuba-Galiza” co obxectivo de promover investigacións sobre as relacións entre as bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal e a Illa de Cuba a través do fenómeno da emigración. Ao cabo, a finalidade última da xuntanza de persoas investigadoras e a difusión dos seus traballos sería a de tentar contribuir ao coñecemento dunha historia compartida aos dous lados do Atlántico e avaliar a importancia e protagonismo da emigración da nosa zona na historia de Cuba e tamén na propia historia da Galiza.
Desenvolvemento do Congreso
Durante todo o mes de novembro
Exposición “Luces de Alén Mar” do Consello de Cultura Galega
Exposición “A emigración de Ferrol, Eume e Ortegal en Cuba”, do Ateneo Ferrolán
Exposición de obxectos “Recordos da emigración en Cuba”
Do 13 ao 15 de novembro. Celebración do Congreso.
Nestas datas faranse todas as actividades do Congreso, tanto a actividade de presentación de traballos de investigación, como os actos paralelos
Actividades
- Presentación de traballos de investigación
- Debates e mesas redondas
- Recitais musicais e poéticos, exposicións
Distribución das sesións
Venres, 13 de novembro, tarde-noite
Acto solemne de inauguración Conferencia inaugural
Sábado, 14 de novembro, mañán
1ª Sesión – 1ª Parte
Sábado, 14 de novembro, tarde
1ª Sesión – 2ª Parte
Domingo, 15 de novembro, mañán
2ª Sesión – 1ª Parte
Clausura
Nunha época de cambio na illa caribeña, cando Galiza recibe emigrantes mais lamentablemente tamén a nosa xente ten aínda que emigrar, o Ateneo Ferrolán convoca un Congreso baixo o título “Ferrol-Cuba-Galiza” co obxectivo de promover investigacións sobre as relacións entre as bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal e a Illa de Cuba a través do fenómeno da emigración. Ao cabo, a finalidade última da xuntanza de persoas investigadoras e a difusión dos seus traballos sería a de tentar contribuir ao coñecemento dunha historia compartida aos dous lados do Atlántico e avaliar a importancia e protagonismo da emigración da nosa zona na historia de Cuba e tamén na propia historia da Galiza.
Desenvolvemento do Congreso
Durante todo o mes de novembro
Exposición “Luces de Alén Mar” do Consello de Cultura Galega
Exposición “A emigración de Ferrol, Eume e Ortegal en Cuba”, do Ateneo Ferrolán
Exposición de obxectos “Recordos da emigración en Cuba”
Do 13 ao 15 de novembro. Celebración do Congreso.
Nestas datas faranse todas as actividades do Congreso, tanto a actividade de presentación de traballos de investigación, como os actos paralelos
Actividades
- Presentación de traballos de investigación
- Debates e mesas redondas
- Recitais musicais e poéticos, exposicións
Distribución das sesións
Venres, 13 de novembro, tarde-noite
Acto solemne de inauguración Conferencia inaugural
Sábado, 14 de novembro, mañán
1ª Sesión – 1ª Parte
Sábado, 14 de novembro, tarde
1ª Sesión – 2ª Parte
Domingo, 15 de novembro, mañán
2ª Sesión – 1ª Parte
Clausura
Para
inscribirte no Congreso envíanos un correo cos seguintes datos ou
enche o díptico á túa disposición nos locais do Ateneo
Ferrolán:
Nome:
Apelidos:
Enderezo:
Correo Electrónico
Teléfono
Nome:
Apelidos:
Enderezo:
Correo Electrónico
Teléfono
Tipo
de inscrición
- 12 euros para as persoas socias do Ateneo
- 15 euros para as persoas non socias do Ateneo
Coa inscrición recibiras un lote co material do Congreso (un libro editado para a ocasión, un disco do Premio Constantino Bellón celebrado no Ateneo, unha chapa e outro material diverso), e terás dereito a un desconto na tenda do Congreso.
A inscrición realizarase mediante transferencia bancaria ou o pago en man nos locais do Ateneo.
Para trasnferencia bancaria será necesario poñer no concepto o nome da persoa inscrita, e realizarase a transferencia á seguinte conta:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa
Titular Ateneo Ferrolán
ES72-3058-6402-9527-2000-5350
Enviar estes datos a secretaria@ateneoferrolan.org ou entregar/enviar no local do Ateneo:
Ateneo Ferrolán
R/Magdalena, 202-204
15402 Ferrol (A Coruña)
981-357970
Para asistir ao Congreso non é necesaria a inscrición, pois a entrada é, coma sempre, libre e gratuita. A inscrición ao Congreso é unha forma de apoio ás actividades que se realizan e de colaboración co Ateneo, e a cambio dela entregamosvos o material oficial do Congreso.
Enlace ao díptico de inscrición: