Buscar neste blog

26 marzo 2019

Proxeción "Voaxa e Carmín". Xoves 28 de marzo ás 19 h.

Con motivo da celebración, o día 27 de marzo, do Día Internacional de Teatro no Ateneo Ferrolán proxectarase "Voaxa e Carmín" o xoves día 28 de marzo ás 19 h. con entrada libre

De sorpresa tamén haberá un sketch a cargo de Anxeles Seoane e Angeles Delgado.

Case unha atracción turística de seu e unha das iconas máis recoñecibles de Compostela, a estatua das Marías da Alameda de Santiago agocha unha historia máis dramática que, poñamos por caso, a da de Pessoa no Chiado. Case tan míticas como Cibeles e Neptuno, as Maruxa e Coralia do escultor César Lombera homenaxean as cores dun tempo gris e, ao ficaren aí a pesar dos estragos da desmemoria local, loitan por facer medrar a curiosidade de quen as visita.

Son poucas as mulleres e homes nacidas na capital antes da democracia que non recibisen, respectivamente, os seus insultos ou as súas chiscadelas. Para a maioría foron dúas excéntricas; como moito, hai quen se fai eco do poder simbólico que a súa presenza tiña no mediodía franquista. Como deixou dito Vidal Bolaño na edición impresa que acompañou a inauguración da estatua nos noventa, as Dúas en Punto “miraban a vida cun ollo chiscado e rían dun mundo que a forza de se enganar a si mesmo chegou a crer que era el quen ría delas”. Elas souberon aceptar ese engano e xogar con el. Convertéronse nun disfrace público para ocultaren unha vergonza privada, unha traxedia colectiva e unha memoria histórica.

Voaxa e Carmín presenta unha maneira artística, creativa e non documental de abordar o drama da nosa memoria histórica: o drama, silenciado durante décadas, de todo o peso da represión posbélica franquista envorcada sobre a vida feble de dúas mulleres inocentes. Se a información está dosificada e desordenada é para, precisamente, facer levedar o interese pola historia real e evitar que o fornecemento de todos os datos provoque unha satisfacción que a volva condenar ao esquecemento.

Texto, dirección e actrices sustentan, ademais, unha produción que, en definitiva, por contido e resultado, pode facer historia no teatro galego: un auténtico monumento teatral.

https://erreguete.gal/2016/07/21/voaxa-e-carmin/

25 marzo 2019

Condolencias polo falecemento da nosa traballadora Marisol Fontenla Fuster (1962-2019)

 
Na foto como membro da Xunta Xestora do Ateneo durante os anos 2016 ao 2018 

Condolencias polo falecemento da nosa traballadora Marisol Fontenla Fuster (1962-2019)

Desde a CNT queremos expresar o noso profundo pesar polo pasamento este pasado xoves 21 de marzo, da compañeira Marisol. 

Marisol foi delegada da sección sindical de CNT no Ateneo Ferrolán durante os anos 2013, 2014 e 2015 cunha defensa decidida dos postos e condicións de traballo da plantilla, e do propio Ateneo, frente ás agresións do Concello de Ferrol.

Por último, transmitir a súa familia e amizades a nosa condolencia pola súa perda.
Descansa en paz, Marisol e que a terra che sexa leve compañeira.

O comité de CNT Galiza


Este sábado día 23 de marzo no transcurso da celebración dos 140 anos do Ateneo na cidade de Ferrol, fixémoslle entrega a súa familia dunha placa conmemorativa polos máis de 30 anos como traballadora e socia desta entidade e pola súa laboura ateneista.

A Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán. Marzo 2019.

20 marzo 2019

Exposición Mulleres Premiadas "María Josefa Wonenburger Planells". Do 29 de marzo ao 11 de abril.


Exposición Mulleres Premiadas 
"María Josefa Wonenburger Planells"

Do 29 de marzo ao 11 de abril no #AteneoFerrolán 

Inauguración o venres 29 de marzo ás 19,30 h.

A Xunta de Galicia quere recoñecer as mulleres científicas de Galicia, mulleres que souberon adiantarse ao seu tempo e que abriron camiños a moitas outras.


Así, con esta exposición preténdese visibilizar e facer chegar á sociedade as contribucións feitas polas mulleres galegas á ciencia e á tecnoloxía, todas elas foron galardoadas co Premio María Josefa Wonenburger Planells, que outorga anualmente dende o ano 2007 a Xunta de Galicia a través da Unidade de Muller e Ciencia.


O Premio leva o nome da investigadora e matemática galega María Josefa Wonenburger, unha autentica pioneira e referente feminino internacional no ámbito das ciencias e que foi unha científica adiantada ao seu tempo.

http://igualdade.xunta.gal/gl/protagonistas/premios-maria-josefa-wonenburger-planells

Celebración 140 aniversario do ATENEO na cidade de Ferrol



140 aniversario do Ateneo na cidade de Ferrol

(24 de marzo de 1879 – 24 de marzo de 2019)


“Polos que foron, polos que somos e polos que serán”

 https://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2005/01/ateneo-ferroln-sa-historia.html

Video conmemorativo: 

 https://youtu.be/6FdZkhrKkBw



A celebrar o sábado día 23 de marzo ás 12 h. na sede do Ateneo

Haberá conferencia, música e para rematar un brindis ateneista




12 marzo 2019

Presentación do poemario ” No perfil das Verbas" de Baldomero Iglesias (Mero). Xoves 14 de marzo ás 19 h.


O xoves día 14 de marzo o Ateneo Ferrolán acollerá a presentación de ” No perfil das Verbas, novo poemario de Baldomero Iglesias, máis coñecido como Mero, un dos pioneiros da música galega, que formou parte de grupos de música tan emblemáticos como Fuxan Os Ventos ou A Quenlla.

O acto de presentación do poemario, comezará ás 19 horas e ao mesmo acudirán o propio autor, Alfonso Blanco da Editorial, a ilustradora do libro María Guerrrero, Xulio Xíz, Pilar Sampedro, David Otero, Xoán Xosé Fernández Abella, Xosé Otero Canto, e os gaiteiros Raúl Galego e Xosé Val.

A entrada sera de balde ata completar aforo.
 
#Ateneo #SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo

07 marzo 2019

Representación de: EL CIANURO... ¿SOLO O CON LECHE?. Luns 11 de marzo ás 19 h.


INVITACIÓN. COMPAÑÍA TEATRAL FERROLUNA

Luns día 11 de marzo ás 19 h. no Ateneo

Representación de:
EL CIANURO... ¿SOLO O CON LECHE?
Unha farsa de humor negro

(De Juan José Alonso Millán)
………
Entrada libre.


O Ateneo Ferrolán recupera unha obra teatral de Juan José Alonso Millán, estreada orixinalmente no teatro Infanta Beatriz, en Madrid, o día 7 de xuño do ano 1963.
 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/2019/03/11/ateneo-recupera-obra-alonso-millan/0003_201903F11C69911.htm