Buscar neste blog

Síguenos en...

Amosando publicacións coa etiqueta Arquivos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arquivos. Amosar todas as publicacións

08 novembro 2022

Presentación do libro ‘A primeira resistencia armada ao golpe militar en Galicia (1936 – 1940)’ . Venres día 11 de novembro ás 19,30 h.

 


Presentación do libro ‘A primeira resistencia armada ao golpe militar en Galicia (1936 – 1940)’ do que son autores Eliseo Fernández e Dionísio Pereira.
 
Venres día 11 de novembro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán
 
Este traballo repasa un tema pouco abordado polos investigadores, como é a “prehistoria” da resistencia armada. As orixes e raíces das que despois serían as grandes organizacións aglutinadoras da resistencia guerrilleira como a Federación de Guerrillas de León-Galiza ou o Ejército Guerrilleiro de Galicia.
 

11 outubro 2022

MARTES de CINE: Ciclo Cine: FLORIÁN REY. Martes ás 19 h.

 



 
  
 MARTES de CINE no Ateneo Ferrolán ás 19 h.
 
 
CICLO de CINE: Florián Rey (Director)
 
Martes día 11 de outubro: "La aldea maldita" (1942)
 
Martes día 18 de outubro: "Morena clara" (1936)
 
Martes día 25 de outubro: "La Dolores" (1940)
 
Martes 8 de novembro: "Nobleza baturra" (1935)
 
Entrada gratuíta

25 outubro 2021

Presentación "Ferrol Rebelde. Mapa da historia obreira". Luns día 8 de novembro ás 19 h.

🌱 Seis anos despois do seu nacemento #ferrolrebelde continúa o seu camiño, agora cun mapa que divulgará a historia obreira da cidade! 📍 

O vindeiro luns 8 de novembro ás 19h presentamos no Ateneo Ferrolán esta iniciativa, coa que continuar a fomentar o diálogo social arredor dunha cuestión tan central na identidade da cidade. 

 🤝 Este proxecto está financiado pola Deputación da Coruña, a través da liña de axudas para a realización de actividades culturais por entidades sen ánimo de lucro. 

Toda a info na web! www.rexenerando.com

https://rexenerando.com/blog/2021/10/25/o-ferrol-rebelde-agora-nun-mapa/

24 marzo 2021

Aniversario: Ateneo Ferrolán dende o ano 1879 na cidade de Ferrol.

 


Aniversario
ATENEO FERROLÁN dende o ano 1879 na cidade de Ferrol.
 
Acta de constitución do primeiro Ateneo na cidade de Ferrol, asinada o 24 de marzo de 1879, fai 142 anos (1879 - 2021)
 
O Ateneo Ferrolán foi fundado no ano 1879 por un grupo de intelectuais presididos por D. Avelino Comerma y Batalla coa denominación de ATENEO ARTÍSTICO, CIENTÍFICO E LITERARIO DE FERROL.
 
"Polos que foron, polos que somos e polos que serán"

18 febreiro 2020

Entrevista ao responsable da Biblioteca – Hemeroteca «Ángeles Alvariño» do Ateneo Ferrolán



 






 Entrevista ao responsable da Biblioteca – Hemeroteca «Ángeles Alvariño» do Ateneo Ferrolán, unha entidade cultural fundada en 1879 e que desde entón mantén vixente o seu compromiso coa cultura na cidade de Ferrol.

Archivoz: International Archives Magazine

A cidade de Ferrol foi berce de numerosas cabeceiras, moitas delas de carácter efémero apenas superaron o primeiro número, outras aínda perviven, aínda que lle fosen amputadas á cidade, como o diario El Correo Gallego. Esta cabeceira, nacida en Ferrol foi trasladada a Santiago de Compostela en plena guerra civil. Todas estas cabeceiras son como instantáneas mecanoscritas da historia, fiel reflexo dun momento da cidade. Na Hemeroteca do Ateneo conservamos exemplares de gran interese –moitos deles únicos– da prensa local dos séculos XIX e XX.

Por outra banda, a colección da biblioteca está orientada cara aos estudos de carácter local. Queremos ser moi selectivos con esta colección sobre, temas ferroláns e galegos, que na actualidade crece grazas a doazóns públicas e privadas que son sempre moi benvidas. Como mostra da importancia deste tipo de coleccións, este ano por exemplo temos dúas celebracións protagonizadas por personaxes históricos ferroláns que transcenden o interese local, como son a conmemoración do 200 aniversario do nacemento de Concepción Arenal, ou a celebración do Día dás Letras Galegas en homenaxe á figura de Ricardo Carvalho Calero.

As nosas coleccións son o reflexo do devir histórico do Ateneo Ferrolán como entidade, e da cidade en xeral. Gonzalo Torrente Ballester dicía sobre a súa cidade natal que é “unha cidade lóxica situada nunha terra máxica”. Ferrol foi creada a mediados do século XVIII practicamente desde a nada para erixir os Reais Arsenais da Armada seguindo os ideais de racionalidade da Ilustración. Esta inxente realización atraeu a miles de persoas, chegando a ser a primeira cidade de Galicia en número de habitantes no último terzo do XVIII.

Desde entón ata hoxe a cidade está suxeita e acusa especialmente as vicisitudes históricas de Galicia e España, pola súa forte dependencia das políticas estatais cos seus núcleos de decisión por centos de quilómetros, acentuando os efectos das cíclicas crises sociais e económicas. No seo da sociedade local, altamente estamental, creceron os ideais conservadores e liberais; e tamén o movemento obreiro, xa que Ferrol era unha illa industrial nunha Galicia que foi practicamente allea á revolución das máquinas.

 Entrevista completa: https://www.archivozmagazine.org/fernando-rivera-ateneo-ferrolan/

#Ateneo #SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo

12 febreiro 2020

Andrés Comerma y Batalla elixido "Científico Galego do Ano 2020"

Andrés Comerma está considerado unha das figuras clave da enxeñaría naval en España. 
Esta fotografía apareceu no Almanaque Gallego de 1913.

O “visionario” enxeñeiro Andrés Comerma, Científico Galego do Ano 2020

O investigador, que viviu gran parte da súa vida en Ferrol, foi tamén farmacéutico, xornalista e impulsor de diversas iniciativas culturais na cidade

É unha das figuras clave da tecnoloxía naval en España nos últimos séculos. Ideou e dirixou a construción do Dique da Campá de Ferrol, foi fundador tamén en 1879 do Ateneo Ferrolan
  
Recoñecido na comunidade científica como unha das figuras máis relevantes da tecnoloxía naval española dos últimos séculos, Comerma foi o autor do proxecto e director da construción da obra máis importante realizada en Galicia en todo o século XIX: o Dique da Campá no Arsenal de Ferrol, que polas súas dimensións se converteu nun dos máis grandes do mundo na súa época.

O enxeñeiro e arquitecto naval, farmacéutico, escritor e divulgador Andrés Comerma y Batalla (1842-1917) será o homenaxeado este ano no 
Día da Ciencia en Galicia

A celebración promovida pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) para reivindicar a importancia da investigación a través das súas figuras máis destacadas e, en moitos casos, descoñecidas para o gran público. 
O carácter polifacético e visionario deste intelectual, xunto coas importantes achegas en termos de progreso e modernidade que o seu traballo supuxo para Galicia, foron os principais motivos da súa elección unánime por parte do pleno da RAGC.

O acto académico de homenaxe terá lugar o 8 de outubro, a RAGC iniciará de inmediato os contactos con todas as institucións científicas vinculadas a Comerma para organizar nos vindeiros meses actividades de difusión e divulgación sobre a súa figura.

Info:  https://www.gciencia.com/ciencia/andres-comerma-cientifico-galego-2020/

 

02 xullo 2019

Doazón da colección da Revista Espírita Ferrolana “El Kardeciano” (setembro de 1934 - xullo de 1936)


Doazón da colección da Revista Espírita Ferrolana “El Kardeciano” 
(setembro de 1934 - xullo de 1936)

A Biblioteca do Ateneo Ferrolán recibe a doazón, por parte do investigador Miguel Angel Pradera, da colección da Revista Espírita Ferrolana “El Kardeciano”. Prensa de intereses diversos, que tivo unha duración de un ano e once meses (setembro de 1934 - xullo de 1936). Baixo a dirección de Rodrigo Sanz López e administración de Elías López, a revista estaba vencellada á Federación Española de Espiritismo
Na vontade de seguir traballando culturalmente pola cidade de Ferrol, o Ateneo Ferrolán ven realizando unha tarefa de recollida de fondos bibliográficos e hemerográficos que documentan boa parte da historia social e cultural desta comarca e que pon a disposición da cidadanía..

Revista Espírita Ferrolana “El Kardeciano”.
Constaba de 8 páxinas (35 x 25 cm.), prezo de 20 cts., de periocidade mensual e impresa na imprenta “La Artística”.
Na dirección Rodrigo San López (destacado intelectual ferrolá e socio fundador do Ateneo Ferrolán na súa segunda época, 1903) e administración de Elías López.

A revista estaba vencellada á Federación Española de Espiritismo e, na presentación, o director expón a finalidade da mesma:
Un grupo de espiritistas hace cinco años viene tanteando su camino, y que hace 18 meses parece haber tomado ruta bajo el nombre significativo de “Amor y Caridad”, ha sentido ahora la necesidad de una revista que, informando de su modesta obra a quien guste enterarse de ella, informe a sus propios adheridos de la gran obra que el Espiritismo está realizando en el mundo”.
Profesa o Grupo o ideario cardeciano, de ahi o título da revista.

24 outubro 2018

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural:IN SITU. Mércores 31 de outubro ás 17 h.

Encontros Monográficos co Patrimonio Cultural: IN SITU.
"Ferrol Vello a A Magdalena. As estratexias de recuperación patrimonial, rehabilitación e rexeneración urbana"
Mércores día 31 de outubro ás 17 h. no Ateneo Ferrolán



O programa IN SITU pretende crear outros lugares de reflexión fóra do habitual espazo dos Encontros, trasladando o espazo de debate ao contexto xeográkco e social dos bens. A elección dos conxuntos históricos onde se van desenvolver os Encontros (Vigo, Ferrol, Ourense-Ribadavia) pretende mostrar a diversidade das situacións nas que se atopan e introducir no debate os aspectos complexos do debate arredor da protección patrimonial da cidade histórica.
O barrio da Madalena e Ferrol Vello son dúas realidades diferenciadas que forman, en palabras de Alfredo Vigo Trasancos, unha especie de binomio imprescindible inmerso nun contexto de crise urbana que se prolonga dende hai décadas. Esta condición danos a analizar e confrontar a aplicación nos dous barrios das estratexias e criterios de recuperación establecidos dende a lexislación, o planeamento e as políticas públicas de rehabilitación, así como a súa capacidade de adecuación a esas realidades.






PROGRAMA


17:00 horas Presentación
Rebeca Blanco-Rotea, coordinadora da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega
Teresa Nieto, arquitecta, membro da sección de Patrimonio e Bens Culturais do CCG

17:15 horas
A participación veciñal no recoñecemento patrimonial e na recuperación de Ferrol Vello e da Madalena
Miguel Reimúndez González, arquitecto

17:45 horas
Os plans especiais nas estratexias para a recuperación da Madalena e a rexeneración urbana de Ferrol Vello
Alfonso Díaz Revilla, arquitecto, Oficina de Planeamento, S.A.

18:30 horas
A xestión da área de rehabilitación da Madalena e Ferrol Vello
Ignacio Mendizábal Ferreiro, arquitecto, Oficina de Rehabilitación de Ferrol


19:15 horas Debate


 ORGANIZA

Sección de Patrimonio e Bens Culturais (CCG)

COLABORA

Ateneo Ferrolán

COORDINA

Rebeca Blanco Rotea Teresa Nieto

LUGAR

Ateneo Ferrolán
Rúa Magdalena 202-204
15402 Ferrol

INSCRICIÓN

A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado.
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

MÁIS INFORMACIÓN

www.consellodacultura.gal difusion@consellodacultura.gal

Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal/mediateca






15 outubro 2018

Presentación libro: "Meirás: Un pazo, un caudillo, un espolio". Mércores 17 de outubro ás 19,30 h.


Presentación libro: "Meirás: Un pazo, un caudillo, un espolio".
Mércores día 17 de outubro no Ateneo Ferrolán ás 19,30 h.


Meirás: Un pazo, un caudillo, un espolio

Como a familia Franco espoliou a veciñanza das Mariñas e adquiriu, pola porta de atrás, a propiedade de Meirás é o que relata o libro "Meirás. Un pazo / Un caudillo / Un espolio" de Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo.

Organizado por Fuco Buxán e mais pola fundación Galiza Sempre, o acto contará coa presenza dos autores Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo

"Meirás" contén a máis minuciosa investigación sobre como o dictador Franco usurpou o pazo de Meirás -tratado como propiedade de Estado ate a súa morte en 1975- e o converteu, expuña Manuel Pérez nunha entrevista, “en centro de poder. Meirás era un lugar ao que acudir se se quería conseguir algo do Estado”.

23 novembro 2016

III Xornadas de Documentación do Ateneo. Xoves día 1 e venres día 2 de decembro ás 17 h.


III Xornadas de Documentación do Ateneo

"Bibliotecas especializadas: experiencias"

O xoves día 1 e venres día 2 de decembro ás 17 h.

As Bibliotecas Especializadas nas III Xornadas de Documentación do Ateneo Ferrolán

O Ateneo Ferrolán celebrará o xoves 1 e o venres 2 de decembro, a partir das 17.00 horas, na súa sede da rúa Magdalena, as III Xornadas de Documentación «Bibliotecas especializadas: experiencias», presididas polo concelleiro de Cultura de Ferrol Suso Basterrechea.

Como instrumento social, as bibliotecas especializadas proporcionan elementos informativos a investigación (científica, humanística e social), a educación e a formación académica e lúdica en ámbitos sociais moi concretos. Dita contribución merece quedar reflectida en traballos que permitan inferir esas achegas e, a súa vez, expoñer as necesidades e debilidades ás que están comprometidas, polo tanto, afín dos anos anteriores e continuando co propósito de dar visibilidade e comunicar á sociedade a importancia do traballo que realizan os arquivos, bibliotecas e centros de documentación o Ateneo Ferrolán presenta as III Xornadas de documentación.

A profesora e vicedecana da Facultade de Humanidades e Documentación da UDC, Rocío Ameneiros Rodríguez, impartirá a conferencia inaugural poñendo en contexto o concepto, a tipoloxía e funcións das bibliotecas especializadas e as súas coleccións.

Pola súa banda, Tomás Lagunas Montero, facultativo da Biblioteca do Campus de Esteiro “Casa do Patín” abordará a formación en estratexias na investigación e a formación documental destinada aos estudantes de Fin de Grao e Fin de Máster.

Para rematar o primeiro día das xornadas, Eliseo Fernández Fernández, como responsable da Biblioteca Técnica da “Escuela Antonio de Escaño”, enumerará os servizos que prestan as distintas Bibliotecas da Escola aos alumnos e persoal.

Ao día seguinte, responsables do Centro Público de Educación e Promoción de Adultos (E.P.A.P.U.) do Centro Penitenciario de Teixeiro, relatarán as experiencias da biblioteca escolar como dinamizador da vida académica nun medio penitenciario.

A continuación, Félix Villares Mouteira, director da Biblioteca do Real Seminario de Mondoñedo e do Arquivo Diocesano de Mondoñedo-Ferrol explicará as características dunha das máis importantes bibliotecas do país cun fondo de monumental importancia histórica e patrimonial.

Uxía Gutiérrez Couto pechará as xornadas cunha charla sobre a Biblioteca Virtual do Sistema Público de Saúde de Galicia, a evolución dunha biblioteca hospitalaria presencial a unha biblioteca virtual para os profesionais e usuarios dos servizos públicos de saúde.

As XornadasDOC, que son abertas ao público, finalizan cun coloquio moderado por Fernando Rivera, responsable da Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán.

O contexto das XornadasDOC

As XornadasDOC do Ateneo Ferrolán teñen entre os seus obxectivos dar visibilidade e comunicar á sociedade a importancia do traballo que realizan os arquivos, bibliotecas e centros de documentación.

Máis información


Máis información no sitio web: http://xornadasdoc.ateneoferrolan.org





Fotos: https://www.facebook.com/pg/Ateneo-Ferrol%C3%A1n-1430118530577463/photos/?tab=album&album_id=1778400312415948

04 outubro 2016

Presentación Documental: "100 anos de Escola Obreira Ferrol". Xoves 20 de outubro ás 19,30 h.



Actos do Centenario da Escuela Obrera de Ferrol

O xoves día 20 de outubro ás 19,30 h. terá lugar no Ateneo Ferrolán 
a presentación do documental "100 años de Escuela Obrera Ferrol"

Neste ano cúmprense 100 anos da inauguración do edificio que sería sede da escola ata 1976, polo que, dende Navantia, montouse unha comisión para organizar unha serie de actos conmemorativos que terán lugar entre o 15 de setembro e o 21 de outubro. 

Os actos incluirán unha exposición temporal, a edición dun libro conmemorativo de autoría múltipla, a presentación dun documental, a celebración dun ciclo de conferencias e un acto musical de clausura.

No centenario desta efeméride, Navantia quere recuperar a memoria desta escola, que encheu un baleiro no ensino primario da bisbarra, educando a milleiros de fillos de operarios do estaleiro.

Ademais, funcionou nos máis dos casos como primeiro paso da oferta formativa da factoría, que continuaba coa Escola de Aprendices, enfocada a converter a estes mesmos nenos en operarios navais.

Organizan: Navantia e Exponav      Colaboran: Concello de Ferrol e Ateneo Ferrolán

Enlace ao programa completo de actos:

13 agosto 2016

Presentación das VI Xornadas "Memoria dun tempo". Martes 16 de agosto ás 20,30 h.


Cita coa Historia este martes 16 de agosto ás 20,30 h. no ‪#‎AteneoFerrolán‬.
Presentación das VI Xornadas "Memoria dun tempo" 
da asociación Nordés (Ortigueira - Mañón - O Vicedo)

.- Presentación das xornadas
.- Reposición do documental "Ferrol 1936" de Jorge Gil
.- Mesa redonda sobre a importancia de Ferrol durante a Guerra Civil, tanto como base naval como centro represivo. 
Participan: Bernardo Maiz, Rafael Permuy. Modera: Eliseo Fernández

07 abril 2016

Exposicións polo 40 aniversario refundación do Ateneo na cidade


Exposicións polo 40 aniversario refundación do Ateneo na cidade


Exposición Paneis Fotografías

Esta primeira exposición está composta por sete paneis fotográficos que pretenden reflexar o día a día do Ateneo Ferrolán. Os paneis que temos percorren as Instalacións, as actividades varias, a Música, o teatro, as distintas Publicacións, o Constantino Bellón e un panel que pretende facer un pequeno percorrido histórico. Non están todas actividades nin están todos os colectivos simplemente por que necesitaríamos outros oito paneis como mínimo para que entrara todo. Ademais temos unha montaxe con moitas das persoas solidarias que colaboraron na campaña Salvemos o Ateneo.











Feirón do Libro Usado e Cartaces antigos
 
No patio interior temos un pequeno feirón do libro usado con libros expurgados da nosa biblioteca e tamén con cartelería de diversas actividades realizadas nestes últimos 40 anos. Podedes colaborar solidariamente co Ateneo Ferrolán e levarvos un libro ou un cartel por unha doazón mínima dun euro.


  
Estas dúas actividades estarán abertas ao público ate o 29 de abril de 2016.

Exposición Solidaria - Poxa Cadros

Na terceira planta do edificio, na sala de exposicións, inauguramos unha exposición de cadros cedidos por diversos artistas, entre eles Alfredo Erias, Emilio Celeiro, Teresa Candal, Fátima Fernández, José Leira ou Xaquín Marín entre outros. Esta exposición, ademais, funcionará como poxa de cadros, así pois, quen queira poderá poxar por algún cadro e levalo para a súa casa. 

Esta exposición-poxa estará aberta ao público ate o 15 de abril.


 











Do 17 de marzo ao 29 de abril:

- Exposición e poxa de cadros (Ver cartel da poxa)
- Exposición fotográfica do Ateneo
- Feirón do Libro Usado
- See more at: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/search?updated-max=2016-03-18T00:35:00%2B01:00&max-results=5&start=5&by-date=false#sthash.jthg0yDT.dpuf

05 abril 2016

Festa en conmemoración da proclamación da 2ª república. Lúns 11 e xoves 14 de abril ás 19 h.


Festa en conmemoración da proclamación da segunda república
Actos o luns día 11 e xoves día 14 de abril no Ateneo Ferrolán
* Luns 11 de abril ás 19 h. Proxección Documental: "O segredo da Frouxeira"

* Xoves 14 de abril ás 19 h. Proxección do radioteatro "Crónicas republicanas"
A continuación: Festa da República na 3ª planta do Ateneo.

 
A Plataforma pola República.

Constituída polas asociacións Memoria Histórica Democrática e Fuco Buxán e polos partidos políticos Anova, Decide En Común, Espazo Ecosocialista, Esquerda Unida, Psdeg-Psoe e Terra Galega.

Organiza os seguintes Actos no Ateneo Ferrolán en torno ao 14 de abril, 85º aniversario da proclamación da II República :

- Luns 11 de abril, ás 19 horas, no Ateneo Ferrolán, proxección de “O segredo da Frouxeira”.

Documental dirixido por Xosé Abad que narra os efectos da represión sobre catro familias ferrolás a de Alejandro Porto Leis, ultimo alcalde republicano de Serantes “paseado” xunto a tres veciños en 1938. Unha familia dividida pola súa ideoloxía, catro familias rotas por un crimen político e setenta anos de medo (www.osegredodafrouxeira.com)


- Xoves 14 de abril, ás 19 horas, no Ateneo Ferrolán, proxección de “Crónicas Republicanas”.

Peza audiovisual que mezcla teatro, radio e imaxe, nun percorrido por sucesos socio-políticos ferroláns dende a II República ate hoxe. Dirixida por Miguel Castro sobre guión del mesmo e de José Torregrosa.

- Encontro, a continuación, onde Carlos Etchevarría, cofundador e ExPresidente do Ateneo Republicano de Galicia, falará en nome da Plataforma pola República.

A pola Terceira!!

unha Terceira República en Paz, Xustiza e Progreso.

Organizan:
Plataforma pola República
Asociación Memoria Histórica Democrática
Anova
Decide En Común
Espazo Ecosocialista
Esquerda Unida
Fuco Buxán
PSdeG - PSOE
Terra Galega