Actos do Centenario da Escuela Obrera de Ferrol
O xoves día 20 de outubro ás 19,30 h. terá lugar no Ateneo Ferrolán
a presentación do documental "100 años de Escuela Obrera Ferrol"
Neste ano cúmprense 100 anos da inauguración do edificio que sería sede da escola ata 1976, polo que, dende Navantia, montouse unha comisión para organizar unha serie de actos conmemorativos que terán lugar entre o 15 de setembro e o 21 de outubro.
Os actos incluirán unha exposición temporal, a edición dun libro conmemorativo de autoría múltipla, a presentación dun documental, a celebración dun ciclo de conferencias e un acto musical de clausura.
No centenario desta efeméride, Navantia quere recuperar a memoria desta escola, que encheu un baleiro no ensino primario da bisbarra, educando a milleiros de fillos de operarios do estaleiro.
Ademais, funcionou nos máis dos casos como primeiro paso da oferta formativa da factoría, que continuaba coa Escola de Aprendices, enfocada a converter a estes mesmos nenos en operarios navais.
Organizan: Navantia e Exponav Colaboran: Concello de Ferrol e Ateneo Ferrolán
Enlace ao programa completo de actos:
Ningún comentario:
Publicar un comentario