Organizado por Fuco Buxán
Presentación "El libro negro del ejército español". Mércores día 31 de xaneiro ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 29.1.18
Presentación "El libro negro del ejército español"
o mércores día 31 de xaneiro de 2018 ás 19,30 h.
no salón de actos do Ateneo.
Contaremos coa presenza do autor Luis Gonzalo Segura
Exteniente do Exército de Terra.
Organizado por Fuco Buxán
Etiquetas: Actividades, Conferencias, Libros, Politica, Presentacións
Presentación do Centro de Linguas - Universidade da Coruña. Xoves día 25 ás 20,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 24.1.18
Presentación do Centro de Linguas - Universidade da Coruña
para o Campus de Ferrol Universidade da Coruña
Entrada libre e gratuíta
Os cursos que ofrece o Centro de Linguas están abertos non soamente á comunidade universitaria senón tamén ao público en xeral.
Constatando o feito de que se asocia ás veces de forma exclusiva este Centro coa Universidade, propuxémonos que os cursos do Centro de Linguas déanse máis a coñecer entre a poboación de Ferrol e as súas institucións.
Desta maneira, as persoas interesadas na aprendizaxe de idiomas saberán que tamén teñen á súa disposición un Centro onde se imparten clases de calidade en cinco idiomas, ademais de promover un achegamento entre a Universidade e a cidade.
Etiquetas: Actividades, Campus, Cultura, Educación, Lingua, Universidade
Exposición "Vivo en la carretera" de Pablo Herrero Coira. Do 10 ao 31 de xaneiro.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 9.1.18
Exposición "Vivo en la carretera" de Pablo Herrero Coira
Do 10 ao 31 de xaneiro 2018 no #AteneoFerrolán
Inauguración mércores día 10 ás 20 h.
Pablo Ferreiro Coira nado en Ferrol en 1979 estudou media carreira da diplomatura de empresariais na USC (Lugo) e outra media carreira da diplomatura de relacións laborais na UDC (Ferrol), posúe varios títulos doutras ramas, especialmente no mundo da música por exemplo o de técnico de gravación e traballou dous anos na SGAE como representante de Ferrol e comarca. No mundo da fotografía iniciou estudos nun FP de revelado fotográfico pero a causas dunha enfermidade viuse obrigado a deixala tras uns meses con boas notas. A pertencido seis meses ao Grupo de Fotografía Bazán, traballou como promotor da casa de fotos Olympus na Coruña no 2010 e esta é a súa segunda exposición en papel.
Realizou no portal/editorial e medio de comunicación www.ratondebiblioteca.es e o seu blogue www.estadepinga.es 34 exposicións de diverso tipo de forma online con miles de visitantes ademais de ser o fundador e director do mesmo desde o 2007 ata hoxe. Actualmente está a realizar un curso no Cifem de técnico superior de Photoshop CS6.
Para máis información déixovos esta ligazón: http://www.ratondebiblioteca.es/fotografiash18. php A exposición é inédita e titúlase "Vivo en la carretera" lema de "Miguel Ríos" sendo unha selección propia de fotos dos máis de 100 concertos cubertos polo portal/editorial e medio de comunicación. Foron concretamente os Festivais máis importantes do Norte da provincia da Coruña no 2012 como o "Festival Celta de Ortigueira", "Festival 13 Muertes" de Ferrol,
"Brincadeira festival" e "Rock en Cambre", " Beira Rock" en Mugardos e "As festas de Ferrol 2012". Son fotografías individualistas que pretenden achegar os artistas á vista do público onde eles non chegan xa que se realizaron no foso dos escenarios con obxectivos telex. Dentro delas están grupos de Alemaña ou o propio cantante de " Herdeiros dá Cruz".
Etiquetas: Actividades, Artes Plásticas, Exposicións, Fotografía
"Chuvia" peza teatral de Anómico Teatro. Xoves día 4 de xaneiro ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 2.1.18
"Chuvia" peza teatral de Anómico Teatro
o xoves día 4 de xaneiro de 2018 no #AteneoFerrolán
Entrada: 5 euros + libro de regalo
FICHA ARTÍSTICA
Texto e dirección: Julio Fernández Peláez
Con: Roberto Leal, Alberto Rolán e Manu Dosouto
Axudante dirección e Movemento: Eva Alfonso González
Iluminación: Raquel Hernández / Pedro Fresneda
Espazo escénico: Montse Piñeiro e Julio Fernández
Texto e dirección: Julio Fernández Peláez
Con: Roberto Leal, Alberto Rolán e Manu Dosouto
Axudante dirección e Movemento: Eva Alfonso González
Iluminación: Raquel Hernández / Pedro Fresneda
Espazo escénico: Montse Piñeiro e Julio Fernández
Sinopse: Watt e Olf, dous homes cun marcado trazo intelectual, atopan na súa vivenda un home espido e refuxiado baixo unha cadeira, un home do cal descoñecen todo, mesmo como chegou ata alí, e co que non chegarán a ter contacto, agás do visual, mais que espertará neles todo tipo de especulacións. Non é este, con todo, o incidente de maior magnitude que sobrevén na cotidianeidade de Watt e Olf. De súpeto, e coma nun soño, a cidade derrúbase, e os tres homes volven atoparse no medio dous cascallos.
O enlace ao video completo en youtube é:
https://youtu.be/M6HOZbRniV4
https://youtu.be/M6HOZbRniV4
Etiquetas: Actividades, Cultura, Teatro
Exposición Colectiva Afouzarte Do 15 de decembro de 2017 ao 12 de xaneiro de 2018
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 1.1.18
Exposición Colectiva Afouzarte
Do 15 de decembro de 2017 ao 12 de xaneiro de 2018
Afouzarte,
a
partir do 15 de decembro no Ateneo Ferrolán.
Verónica
Fachal,
Aida
López
e
Samuel
González
levan
a
cabo
a
exposición
Afouzarte,
que
contará
coa
participación
de
distintos
colectivos
como
ASPERGA.
O
vindeiro
día
15
de
decembro
a
partir
das
20:00
terá
lugar
a
inauguración
de
Afouzarte
nunha das salas
de
exposicións
do
Ateneo Ferrolán.
Afouzarte,
é
dicir, dispoñer
o
espírito
que
nos
leva
a
actuar
sen
temor
ós
perigos
ou
dificultades,
facendo referencia
á
seguridade
que
alguén
ten
en
sí
mesmo,
é
un
proxecto
que
pretende
integrar
a
diferentes
persoas ou
colectivos
no
mundo
da
arte,
sen
ningún
tipo
de
discriminación.
Comporase
dun
total
de
40
pezas
de
arte
abstracta
realizadas
por
alumnos
do
CPI
Castro
Baxoi
(Miño),
o
EEI Fernández
Varela (Pobra do
Caramiñal),
ASPERGA
e
a
Facultade
de
Belas
Artes
da
Universidade
de
Vigo.
Confrontaranse
obras
de
diferentes
colectivos
xeralmente
afastados
do
mundo
artístico
xunto
con
pezas
de futuros
licenciados
en
Belas
Artes,
empregando
a
arte
abstracta
como
medio
de
expresión,
chegando
a
converter o
proceso
pictórico
en
arte-terapia.
Afouzarte
enlazará
tódalas
pezas
na
sala
de
exposicións
sen
ficha
técnica,
de xeito
que
o
espectador
debe
intuir
o/a
autor/a
de
cada
unha
das
pinturas.
A
inauguración
contará
coa
presenza
do
comisariado
da
exposición,
formado
por
Verónica Fachal
Vázquez, Aida
López
Fernández
e
Samuel
González
Soliño
(alumnos
da
facultade
de
Belas
Artes),
e
os
directores
dos centros
participantes
no
evento.
A
exposición
terá
lugar
ata
o
12
de
xaneiro
de
2018.
Etiquetas: Actividades, Artes Plásticas, Exposicións