Punto único da orde do día: Elección de Xunta Directiva.
Non
hai candidaturas presentadas, polo tanto, a Xunta Xestora actual
proponlle a esta Asemblea:
-
Abrir un prazo de presentación de candidaturas aberto e continuo. No momento que un grupo de socios/as presente unha candidatura:a) Darase por rematado o prazo de presentación de candidaturas sete días despois da presentación desta candidatura na Secretaría do Ateneo (así, darase tempo para que outros socios/as poidan presentar unha candidatura alternativa).b) Dous días despois de rematar o prazo de presentación de candidaturas, proclamaranse pola Xunta Xestora a ou as candidaturas presentadas.c) Convocarase unha Asemblea Ordinaria para 15 días despois da proclamación da ou das candidaturas co único punto da orde do día: 1.- Elección da Xunta Directiva, seguindo o protocolo de voto, escrutinio e proclamación de cargos recollidos nos Estatutos da entidade.
-
Se por algunha circunstancia non se elixira na Asemblea ningún cargo ou Xunta Directiva, procederase de novo a abrir un prazo de presentación de candidaturas seguindo o establecido no punto 1.
-
Mentres non apareza ningunha candidatura, o Ateneo Ferrolán xestionarase mediante Xunta Xestora como se acordou en Asemblea o pasado 21 de xaneiro de 2016; para o cal solicitamos a incorporación á Xunta Xestora de novos socios/as que queiran formar parte da mesma.
4 - Pasados seis meses desde esta asemblea sen proclamarse xunta
directiva algunha, convocarase unha Asemblea Ordinaria para a
primeira quincena de outubro de 2016 para renovar ou revocar a
confianza na xunta xestora actual.
Celebrada a Asemblea Xeral Ordinaria de socios e socias do Ateneo o pasado 21 de xaneiro e seguindo a Orde do Día, ao chegar ao punto 5 e non ter candidaturas presentadas para a elección da nova Xunta Directiva, a proposta da Asemblea Xeral, e por unanimidade, decidíuse formar unha Xunta Xestora e prorrogar o proceso electoral segundo o seguinte calendario:
........................................................................................................................................................................................................................
Ferrol 3 de decembro de 2015
CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA
Benquerido socio e socia:
Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Ordinaria que se celebrará no Salón de Actos do Ateneo, o xoves día 21 de xaneiro de 2016 ás 19,30 horas en primeira convocatoria e ás 20 horas en segunda, coa seguinte
ORDE DO DÍA
1.- Lectura e aprobación da Acta da Asemblea Xeral anterior.
2.- Informe de xestión da Xunta Directiva saínte.
3.- Informe económico da Xunta Directiva saínte
4.- Rogos e preguntas
5.- Elección da nova Xunta Directiva
O proceso electoral rexerase polo establecido no Capítulo XI dos Estatutos segundo o seguinte calendario:
9 de decembro - Último día para posible impugnación da Convocatoria de Eleccións
11 de decembro- Último día para Constitución da Mesa Electoral
21 de decembro - Inicio prazo para presentación de Candidaturas
28 de decembro - Último día para presentación de Candidaturas
4 de xaneiro - Proclamación de Candidaturas
8 de xaneiro- Inicio da Campaña Electoral
21 de xaneiro - - Celebración da Asemblea Xeral
- Elección da nova Xunta Directiva
No período da Campaña Electoral (entre os días 8 e 20 de xaneiro) tódalas Candidaturas poderán utiliza-lo Censo de Socios/as, así como dispoñer das dependencias do Ateneo Ferrolán para desenvolve-la súa campaña.
Sen máis e agardando a túa asistencia, recibe un cordial saúdo,
Asdo.- Eliseo Fernández Fernández
Presidente
Ferrol 3 de decembro de 2015
4 de decembro - Convocatoria de Eleccións
Remata a asemblea ás 21:00.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------Celebrada a Asemblea Xeral Ordinaria de socios e socias do Ateneo o pasado 21 de xaneiro e seguindo a Orde do Día, ao chegar ao punto 5 e non ter candidaturas presentadas para a elección da nova Xunta Directiva, a proposta da Asemblea Xeral, e por unanimidade, decidíuse formar unha Xunta Xestora e prorrogar o proceso electoral segundo o seguinte calendario:
- Ate o 18 de febreiro ábrese, de novo, o prazo para a presentación de candidaturas á elección de nova xunta directiva.
- O 22 de febreiro proclamación das candidaturas presentadas.
- Do 24 de febreiro ao 16 de marzo, campaña electoral.
- O 17 de marzo ás 19,30 h. en primeira e ás 20 h. en segunda celebraráse a Asemblea co único punto na Orde do Día:
1.- Elección da nova Xunta Directiva