Buscar neste blog

27 marzo 2015

Marionetas "La gallina de los huevos de oro". Sábado 28 de marzo ás 12 h.



Continuamos coa celebración do Día Mundial do Teatro
*O sábado día 28 de marzo ás 12 h. no salón de actos do Ateneo

Espectáculo de Marionetas para público familiar e infantil:

“La gallina de los huevos de oro” 
 
Soci@s e público infantil: 3€ - Non Soci@s: 5€ 
 


¡VIVE A FESTA do TEATRO no ATENEO FERROLÁN!

23 marzo 2015

24 de marzo de 1879: Acta Fundacional do Ateneo en Ferrol




24 de marzo de 1879: Acta fundacional do Ateneo.
(1879-2015) 136 anos en Ferrol

Ateneo Patrimonio da Cidade
https://www.facebook.com/pages/Ateneo-Ferrol
https://ateneo-ferrolan.blogspot.com
 





Celebración polo Día Internacional do Teatro. Venres 27 ás 19,30 h. e Sábado 28 ás 12 h.


           Celebración polo Día Internacional do Teatro no Ateneo Ferrolán

 
* O venres día 27 de marzo ás 19,30 h.
Presentación do libro de teatro: 
“Lingua de Lata” dos autores
 Francisco Oti Rios e Julio Fernández Peláez. 
Presenta: Ánxela Loureiro


A continuación unha representación da 
“Escola de Teatro do Ateneo”




Tamén haberá a Lectura Mensaxe Día Mundial do Teatro: 
Compañía de Teatro Lido Ferroluna (Ferrol) e

Match De Improvisación (Grupos De Teatro Amador). Participan:
  • Grupo de Teatro Municipal Valverde (Cedeira)
  • Bartoleta Teatro (Asociación de Veciños Ensanche A, Ferrol)
  • Asociación Cultural Estudio de Teatro N+1 (Ferrol)
  • 2 pezas Microteatro (Grupos de teatro profesional)
     
  • Peza 1:
    COMPAÑÍA: Desturbiarte
    TITULO: Unha copa, unha!
    AUTORES: Quique Vázquez e Paula Morado
    ACTORES: Quique Vázquez e Paula Morado
    DIRECTORES: Quique Vázquez e Paula Morado
    Os dous membros da Compañía Desturbiarte, Quique Vázquez e Paula Morado, proveñen da Escola de Teatro de Narón, e participan actualmente en diversos proxectos da Asociación Cultural Aturuxo de Melpómene, afincada en Narón.



    Peza 2:
    COMPAÑÍA: Maquinarias Teatro
    TITULO: Nata Agria
    AUTOR: Carlos Castrillón
    ACTRIZ: Helga Méndez
    DIRECTORA: Blanca Cendán
    A Compañía Maquinarias Teatro está formada por Helga Méndez, directora dos Obradoiros de Teatro Municipais de Ares e Mugardos, e das Compañías Amadoras de Ferrol: Bartoleta Teatro (da Asociación de Veciños do Ensanche A), e o Maxolo Teatro (de Covas). Helga é actriz e contacontos en Maquinarias Teatro, Vilano Teatro (Cedeira), e na Asociación Cultural Estudio de Teatro N+1. Tamén realiza, xunto ao cantautor ferrolán Al Vila, concertos acústicos para nenos e nenas co dúo Gulubú.
    Carlos Castrillón, valdoviñés afincado en Ferrol, é mestre e autor de guións de curtametraxe e pezas de microteatro.
    Blanca Cendán é actriz, directora e productora executiva. Hai uns anos foi directora do Centro Dramático Galego e participou na creación da Sala Nasa en Santiago. Actualmente traballa no espectáculo de cabaré musical “Muller Cine” e en series da TVG.


*O sábado día 28 de marzo ás 12 h.

Espectáculo de Marionetas para público familiar e infantil:
“La gallina de los huevos de oro” de Plamen Ivanov Dipchikov
Soci@s e público infantil: 3€ - Non Soci@s: 5€ 



¡A FESTA do TEATRO no ATENEO FERROLÁN!

17 marzo 2015

Presentación do libro e Debate "Informes diversos de los Sucesos de Ferrol: 10 de marzo de 1972" de Rosa Cal. Xoves ás 19,30 h.

XOVES día 19 de marzo ás 19,30 h. 
no salón de actos do Ateneo

Presentación do libro 
"Informes diversos de los Sucesos de Ferrol: 10 de marzo de 1972" de Rosa Cal (Liber Factory, 2015) e mesa redonda sobre o tema coa participación de:
 
Antón Mesejo, Celso Domínguez, Francisco Rodríguez, Eliseo Fernández, Rafael Pillado, Beatriz Sestayo, Enrique Barrera e Rosa Cal 


Presentación da IV ACCIÓN INTERNACIONAL: “CORPO E TERRITORIO” Mércores 18 ás 19,30 h.

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra convídavos á presentación da nosa 
IV ACCIÓN INTERNACIONAL, baixo o lema: 
“CORPO E TERRITORIO”
Este mércores 18 de marzo ás 19,30h. no Ateneo Ferrolán
 Esta acción consistirá nunha Caravana Feminista Europea que nos servirá para visibilizar e conectar movementos, loitas e resistencias de mulleres.  Comezou no Kurdistán Turco o día 8 de Marzo e cruzará Europa de leste a oeste e de norte a sur, para finalizar en Portugal o 17 de Outubro deste ano 2015, e que pasará por Galiza do 5 ao 11 de outubro.
Convidámosvos a que coñezades o proxecto e que participedes del en calquera parte do seu percorrido. Convidámosvos especialmente a que vos unades a esta Caravana no seu paso por Galiza
Actuarán para nos SARAVÁ CRIOLO 
e teremos bebida e algúns petiscos
MULLERES EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!!!

14 marzo 2015

Actividades Culturais no Ateneo do 16 ao 21 de marzo.

 
ACTIVIDADES CULTURAIS no Ateneo 
Semana do 16 ao 21 de marzo de 2015


EXPOSICIÓN
Exposición de FOTOGRAFÍAS "Mondas de Luz" de PEPE POSSE, cuxa materia prima é 
A SEMANA DE POESÍA SALVAXE. 

A Exposición aberta ao publico do 6 ao 30 de marzo.

OBRADOIROS:

ESCOLA DE TEATRO: Martes e xoves de 19 a 21 h. 
Taller “LOOKS da cidade” de Dulce Anca. Luns ás 17,30 h.
DEBUXO e PINTURA de Miguel Anxo Varela. Mércores de 18 a 20 h.
FOTOGRAFÍA (Nivel perfeccionamento) de Fran Nieto. Mércores de 19 a 21 h.
GUITARRA de Gabriel de Guerramayor. Sábados de 11 a 13 h.


MARTES DE CINE. CICLO DE CINE
Ciclo de audiovisuais sobre a radio.Actos do décimo aniversario das emisións de Rádio FilisipiM, 93.9 FM (libre e comunitaria, Ferrol):
Marzo 2015. Ateneo Ferrolán, salón de actos, ás 19 h. entrada de balde.
Organiza: Colectivo Opaii!! - Rádio FilispiM.
Colaboran: Ateneo Ferrolán, E.O.I de Ferrol.

Martes 17 de marzo ás 19 h.
- Mucho más que ruido.
Unha documentario que amosa que é posíbel crear un medio de comunicación, que nace dun sono case utópico en base ao intercambio coas organizacións sociais, para construir unha experiencia única no país...(Argentina, 2011, 50’, ATP)



Mércores 18 ás 19,30 h.
A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra organiza a presentación:

IV ACCIÓN INTERNACIONAL, baixo o lema: “CORPO E TERRITORIO”
Esta acción consistirá nunha Caravana Feminista Europea que nos servirá para visibilizar e conectar movementos, loitas e resistencias de mulleres. Comezou no Kurdistán Turco o día 8 de Marzo e cruzará Europa de leste a oeste e de norte a sur, para finalizar en Portugal o 17 de Outubro deste ano 2015, e que pasará por Galiza do 5 ao 11 de outubro.
Convidámosvos a que coñezades o proxecto e que participedes del en calquera parte do seu percorrido. Convidámosvos especialmente a que vos unades a esta Caravana no seu paso por Galiza
Actuarán para nos SARAVÁ CRIOLO e teremos bebida e algúns petiscos
XOVES día 19 de marzo ás 19,30 h.
Presentación do libro "Informes diversos de los Sucesos de Ferrol: 10 de marzo de 1972" de Rosa Cal (Liber Factory, 2015) e mesa redonda sobre o tema  
Participantes na presentación do libro:
Antón Mesejo, Celso Domínguez, Francisco Rodríguez, Eliseo Fernández, Rafael Pillado, Beatriz Sestayo, Enrique Barrera e Rosa Cal

BIBLIOTECA HEMEROTECA. Aberta ao público. Entrada libre.
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2005/10/biblioteca-hemeroteca.html

Horario do Ateneo
Oficina: De luns a venres de 11 a 13,30 h. e de 17 a 21 h.
Biblioteca: de martes a venres de 17 a 21 h. Sábados de 10,30 a 13,30 h.

Máis info: http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/

11 marzo 2015

Proxección "Angrois no esquecemento" e posterior Debate. Venres 13 ás 19 h.

Venres día 13 de marzo ás 19 h. 
no salón de actos do Ateneo
Entrada de balde
 Proxección do documental "Angrois no esquecemento" e Debate

ANGROIS NO ESQUECEMENTO 

Sinopse: Máis dun ano despois da traxedia do Alvia 04155 en Angrois, as vivencias persoais e as interrogantes sobre por que descarrilou o tren aquel 24 de xullo seguen no pensamento dos que lles tocou estar alí.
Vítimas, familiares, profesionais dos servizos de urxencia e persoas anónimas que colaboraron no rescate son a única voz deste documental de testemuñas. Intentan ir superando aquela data, recordando os seus, mentres acusan as institucións de facer todo o posible para deixar Angrois no esquecemento sen esclarecer a verdade.
 

Idioma: Galego e castelán
Ficha técnica:
Guión e Dirección: Emilio Carral e Susana S. Recouso
Imaxe: Marcos Budiño e Fran Piñeiro
Música: Kevin MacLeod
Produción: Colectivo audiovisual Lentes Diverxentes
www.lentesdiverxentes.com www.facebook.com/angroisnoesquecemento 

Organiza: Marchas da Dignidade Ferrolterra

 

 

07 marzo 2015

Mesa Redonda: IGUALDADE e EMPODERAMENTO: Accións e propostas. Mércores 11 ás 20 h.




Acto polo 8 de marzo. Día Intenacional das Mulleres

O Ateneo Ferrolán organiza unha mesa redonda baixo o titulo:

IGUALDADE e EMPODERAMENTO: Accións e propostas

O mércores 11 de marzo no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán as 20h.

Desde o Ateneo Ferrolán, queremos sumarnos aos actos conmemorativos do Día Internacional das Mulleres, facendo un acto onde presentaremos distintos proxectos de empoderamento da muller, entendendo que só desde o empoderamento de cada unha das mulleres podemos acadar unha socidedade xusta e igualitaria.

Presentaremos ao grupo de traballo pola igualdade do CEESG (Colexio de educadoras e educadores sociais de Galicia) “As Fiaderias”, a Revista Feminista “Revirada” e a Libraría de Mulleres Lila de Lilith.

Tres proxectos diferentes, un mesmo obxectivo:
a visibilización das mulleres nunha sociedade patriarcalizada.


Intervirán:

  • Noelia Darriba, do grupo de traballo pola igualdade do CEESG “As Fiadeiras”
  • Giada Maria Barcellona, integrante da equipa da Revista Feminista "Revirada"
  • Llerena Perozo Porteiro, colaboradora da Libraría de Mulleres “Lila de Lilith”



Ateneo Ferrolán

05 marzo 2015

Exposición de FOTOGRAFÍAS "Mondas de Luz" de PEPE POSSE, Do 6 ao 30 de marzo.




Exposición de FOTOGRAFÍAS "Mondas de Luz" de PEPE POSSE, cuxa materia prima é A SEMANA DE POESÍA SALVAXE.
 
A Exposición aberta ao publico do 6 ao 30 de marzo nas salas de exposicións do Ateneo.
Inauguración o venres día 6 de marzo ás 20 h.

Horario: De luns a venres de 11 a 13,30 h. e de 17 a 21 h.
Sábados de 10,30 a 13,30 h.

https://sites.google.com/site/mondasdeluzusada/


02 marzo 2015

Martes de Cine: Ciclo de audiovisuais sobre a radio. Martes ás 19 h.

Ciclo de audiovisuais sobre a radio.
Marzo 2015. Ateneo Ferrolán, salón de actos, ás 19 h.
entrada de balde.
Organiza: Colectivo Opaii!! - Rádio FilispiM.  
Colaboran: Ateneo Ferrolán, E.O.I de Ferrol.


Continúan os actos do décimo aniversario das emisións de Rádio FilisipiM, 93.9 FM (libre e comunitaria, Ferrol):

Martes 3 de marzo. 
- Radio encubierta.
En 1966, BBC só emitía duas horas de rock & roll a semana, unha radio alternativa instalada nun barco no mar do Norte, pon o contraponto. Cando Carl, é expulsado do colexio, a súa nai mándao pasar unha tempada co seu padriño, Quentin, o responsábel dese emisora "pirata" que programa para todo o país pop e rock, conquerindo unha audiencia impresionante...


Martes 17 de marzo.
- Mucho más que ruido.
Unha documentario que amosa que é posíbel crear un medio de comunicación, que nace dun sono case utópico en base ao intercambio coas organizacións sociais, para construir unha experiencia única no país...  (Argentina, 2011, 50’, ATP)

Martes 24 de marzo.
- Lavorare con lentezza
Radio Alice, Bolonia, 1976. Nas aforas das cidade, dous amigos soñan cunha saída as súas grises e opresivas vidas...


Martes 31 de marzo.
- Radioactividad.
Unha curta documental sobre as radios libres que emiten dende Madrid.
- Las radios comunitarias.
Un pequeno documentario en clave de humor sobre a razón de ser das radios comuntarias no Estado español, dirixido por Alba Lucio (Radio Ritmo).