Buscar neste blog

23 marzo 2015

Celebración polo Día Internacional do Teatro. Venres 27 ás 19,30 h. e Sábado 28 ás 12 h.


           Celebración polo Día Internacional do Teatro no Ateneo Ferrolán

 
* O venres día 27 de marzo ás 19,30 h.
Presentación do libro de teatro: 
“Lingua de Lata” dos autores
 Francisco Oti Rios e Julio Fernández Peláez. 
Presenta: Ánxela Loureiro


A continuación unha representación da 
“Escola de Teatro do Ateneo”




Tamén haberá a Lectura Mensaxe Día Mundial do Teatro: 
Compañía de Teatro Lido Ferroluna (Ferrol) e

Match De Improvisación (Grupos De Teatro Amador). Participan:
  • Grupo de Teatro Municipal Valverde (Cedeira)
  • Bartoleta Teatro (Asociación de Veciños Ensanche A, Ferrol)
  • Asociación Cultural Estudio de Teatro N+1 (Ferrol)
  • 2 pezas Microteatro (Grupos de teatro profesional)
     
  • Peza 1:
    COMPAÑÍA: Desturbiarte
    TITULO: Unha copa, unha!
    AUTORES: Quique Vázquez e Paula Morado
    ACTORES: Quique Vázquez e Paula Morado
    DIRECTORES: Quique Vázquez e Paula Morado
    Os dous membros da Compañía Desturbiarte, Quique Vázquez e Paula Morado, proveñen da Escola de Teatro de Narón, e participan actualmente en diversos proxectos da Asociación Cultural Aturuxo de Melpómene, afincada en Narón.



    Peza 2:
    COMPAÑÍA: Maquinarias Teatro
    TITULO: Nata Agria
    AUTOR: Carlos Castrillón
    ACTRIZ: Helga Méndez
    DIRECTORA: Blanca Cendán
    A Compañía Maquinarias Teatro está formada por Helga Méndez, directora dos Obradoiros de Teatro Municipais de Ares e Mugardos, e das Compañías Amadoras de Ferrol: Bartoleta Teatro (da Asociación de Veciños do Ensanche A), e o Maxolo Teatro (de Covas). Helga é actriz e contacontos en Maquinarias Teatro, Vilano Teatro (Cedeira), e na Asociación Cultural Estudio de Teatro N+1. Tamén realiza, xunto ao cantautor ferrolán Al Vila, concertos acústicos para nenos e nenas co dúo Gulubú.
    Carlos Castrillón, valdoviñés afincado en Ferrol, é mestre e autor de guións de curtametraxe e pezas de microteatro.
    Blanca Cendán é actriz, directora e productora executiva. Hai uns anos foi directora do Centro Dramático Galego e participou na creación da Sala Nasa en Santiago. Actualmente traballa no espectáculo de cabaré musical “Muller Cine” e en series da TVG.


*O sábado día 28 de marzo ás 12 h.

Espectáculo de Marionetas para público familiar e infantil:
“La gallina de los huevos de oro” de Plamen Ivanov Dipchikov
Soci@s e público infantil: 3€ - Non Soci@s: 5€ 



¡A FESTA do TEATRO no ATENEO FERROLÁN!

Ningún comentario: