A Marcha Mundial das Mulleres de
Ferrolterra convídavos á presentación da nosa
IV ACCIÓN INTERNACIONAL, baixo o lema:
“CORPO E TERRITORIO”
Este mércores 18 de marzo ás 19,30h. no Ateneo Ferrolán
Esta acción consistirá nunha Caravana Feminista Europea
que nos servirá para visibilizar e conectar movementos, loitas e resistencias de
mulleres. Comezou
no Kurdistán Turco o día 8 de Marzo e cruzará Europa de leste a oeste e
de norte a sur, para finalizar en Portugal o 17 de Outubro deste ano
2015, e que pasará por Galiza do 5 ao 11 de outubro.
Convidámosvos
a que coñezades o proxecto e que participedes del en calquera parte
do seu percorrido. Convidámosvos especialmente a que vos unades a
esta Caravana no seu paso por Galiza
Actuarán para nos SARAVÁ CRIOLO
e teremos bebida e algúns petiscos
MULLERES EN MARCHA ATA QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario