Buscar neste blog
28 decembro 2023
27 decembro 2023
Presentación do libro "O lugar onde vou" de Vicente Araguas. Xoves 28 decembro ás 19 h.
"O lugar onde vou" é un mangado de relatos, como unha boroa encetada polo que dá nome ao libro. Uns contos que se moven entre a realidade, debidamente ficcionada, e a fantasía. Entre o amor e o humor, sen que se deixe de notar internadasno terreo do "thriller" ou, abertamente, do horror. Un libro sabedor e sabido que demostra os azos dun autor xa serodio, poeta, narrador, ensaísta e crítico literario.
26 decembro 2023
Presentación do libro "A vuelapluma" de Fran Nieto. Mércores 27 de decembro ás 19 h.
O fotógrafo Fran Nieto presentará o seu primeiro libro persoal "A vuelapluma: crecer con la fotografía".
O libro, que reúne máis de 100 imaxes en gran formato de paisaxes, flores, insectos e outros motivos naturais, é unha viaxe íntima pola mente e o corazón do autor, que reflexiona sobre a fotografía como arte, como profesión e como forma de vida.
Nieto aborda a fotografía desde un punto de vista máis persoal que nos seus anteriores libros, centrados nos aspectos máis técnicos. Neste novo traballo, o autor comparte pensamentos íntimos, a súa relación coa cámara, as súas decisións artísticas e as súas influencias.
“Este libro es un intento de acercar al lector a la esencia de lo que para mí significa la fotografía”, explica Nieto. “Quiero que la gente entienda que la fotografía es mucho más que una técnica, es una forma de expresión, de comunicación y de conocimiento del mundo”.
O libro está divido en catro capítulos:
No primeiro, Fran fala sobre a importancia relativa do equipo.
No segunto, aborda a relación entre a fotografía e os diferentes tipos de personalidades, da sensibilidade, das crises creativas e de como superalas.
Avanza reflexionando sobre a importancia dos elementos dos elementos compositivos e a súa relación coa vida diaria.Acaba analizando os sentimentos que o embargan ao realizar algunhas tomas e do seu significado.
"A vuelapluma" é un libro imprescindible para calquera afeccionado da fotografía. Un libro que invita a reflexionar sobre a arte da fotografía e sobre o papel que xoga nas nosas vidas.
O autor Fran Nieto é un fotógrafo profesional con máis de 40 anos de experiencia. O seu traballo ha sido publicado en revisas e e libros. Galardoado con máis de 50 premios a nivel nacional e internacional. É relator habitual en congresos de fotografía e profesor titular do primeiro master universitario de fotografía (www.frannieto.es/libros)
Data: mércores 27 de decembro.
Hora: 19:00
Lugar: Salón de Actos do Ateneo Ferrolán
13 decembro 2023
Exposición de pinturas de Consuelo H. Benito. Do 14 de decembro ao 31 de xaneiro
12 decembro 2023
XXIX Xornadas da Gaita Antón Varela "Tonecho". Venres 15 de decembro ás 19:30 h.