Buscar neste blog

Síguenos en...

Amosando publicacións coa etiqueta Publicacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Publicacións. Amosar todas as publicacións

24 agosto 2023

NOVIDADE. Xa podes descargar a nosa Revista ATENEA nº 54

 


 

 

 

 

 

 

 

 NOVIDADE. PUBLICACIÓNS do ATENEO FERROLÁN!!!

Xa podes descargar a nosa Revista ATENEA nº 54
 
 
 
 
 
 
 
https://drive.google.com/file/d/1zsRPjDeB8rLRDLyPqL6POMh_5thw4GCR/view?fbclid=IwAR3SGXRbRK9UqyIfrHsKMKUJV7qwMkixa_JG5I5bQ5AcOheJxz5NrpXdFYM
 
https://archive.org/details/fav-ateneoferrolan

05 xuño 2023

Enlace ao Caderno da "Comisión Pro Memorial das Vítimas do Franquismo de Ferrolterra, Eume e Ortegal".

 


Enlace ao Caderno da "Comisión Pro Memorial das Vítimas do Franquismo de Ferrolterra, Eume e Ortegal".

En lembranza das persoas que pola súa defensa da legalidade republicana e das liberdades democráticas foron vítimas da represión franquista en Ferrolterra, Eume e Ortegal. 1936 - 1975.


Contén: 
 
- A modo de introducción
- Comisión Pro Memorial Vítimas do franquismo en Ferrolterra
- Comisión (membros): Suso Basterrechea López, Ton Blanco Carballo, Vicente Couce Ferreira, Sabela Díaz Regueiro, Anxo Ferreiro Currás, Bernardo Máiz Vázquez, Xavier Montero Dongil, Iván Rivas Rico, Malay Sobrín Sueiras e Xosé Manuel Suárez Martínez.
- Historiadores da Memoria en arquivos e estudos de campo.
- Os vitimarios.
- Congresos da Memoria, Verdade, Xustiza e Reparación.
- Comisión a prol do Memorial do Monumento ás vítimas do franquismo en Ferrolterra.
- Acto homenaxe ás vítimas do franquismo, 18 de xullo de 2021.
- Creación da Mesa de Memoria Histórica no Concello.
- 1936 - 1976, Corenta Anos de Historia: A grande e continua represión.
- Vítimas do Franquismo en Ferrol, Eume e Ortegal. 1936 - 1975. Elaboración propia dos autores: Bernardo Máiz Vázquez e Xosé Manuel Suárez Martínez.
 

20 abril 2022

Presentación do libro: "Galicia 1972. A clase obreira e a cidadanía contra o franquismo". Mércores 27 de abril ás 19 h.

 


Mércores día 27 de abril ás 19 h. no Ateneo
 
A Fundación 10 de Marzo e o Ateneo Ferrolán compraceríanse en que asistese vostede á presentación do libro:
 
"Galicia 1972. A clase obreira e a cidadanía contra o franquismo"
 
Participarán:
 
Esperanza Piñeiro (historiadora e coautora)
Bernardo Máiz (historiado e coautor)
Sari Alabau (militante do PCG no 10 de marzo de 1972)
Ricardo Gurriarán (editor e director da Fundación 10 de Marzo)
Emilio Crespo (editor e secretario da Fundación 10 de Marzo)

10 marzo 2022

A nosa Revista Atenea nº 50. Marzo 2022

 


A nosa Revista Atenea nº 50 
 
Lectura e descarga aquí:  
https://drive.google.com/file/d/11xG8ocL3agBjlnPLThw30eTrtAVwiJgF/view?usp=sharing  
 
#Ateneo #SomosCultura #10M #Publicacións #Ferrol #Galiza
 
Sumario:
 

 

26 xaneiro 2022

Presentación Libro "Actuar aquí y ahora. Repensando la ecología social de Murray Bookchin". Mércores día 16 de febreiro ás 19 h.

 



Presentación Libro "Actuar aquí y ahora. Repensando la ecología social de Murray Bookchin" de Floreal M. Romero e prologado por Manuel Rivas
 
Mércores día 16 de febreiro ás 19 h. no Ateneo Ferrolán
 
O colapso que se aveciña non é só o dos seres humanos e a súa contorna, senón tamén do capitalismo, que pola súa propia natureza é depredador e de crecemento ilimitado.
Históricamente desarraigado do social e alimentado pola explotación e a mercantilización das persoas, agora estende o seu dominio sobre todo o planeta e todos os dominios da vida. Só desentendiéndonos dunha actitude fatalista e culpable, recuperaremos o poder de actuar aquí e agora. 
 
Para iso nada mellor que volver ler a Murray Bookchin e entender o alcance de todos aqueles experimentos e prácticas que se están desenvolvendo despois del, hoxe en día e ao noso ao redor.
 
Floreal M. Romero pinta un retrato do fundador da ecoloxía social e o comunalismo. Fai un repaso na súa historia, da súa traxectoria crítica e política. Desde o Estado español a Rojava, pasando por Chiapas, o autor propón, a partir de exemplos concretos, formas de elaborar a converxencia das loitas e das alternativas para que xurda un novo imaxinario como poder anónimo e colectivo. 
 
Este libro, ensaio e manifesto á vez, é unha análise persoal e singular do pensamento de Bookchin que resoa moito máis alá da experiencia do autor. Proporciona consellos prácticos sobre como saír do capitalismo e non resignarse ao colapso inminente

20 xullo 2021

Revista ATENEA nº48. Xuño-Xullo-Agosto 2021


 

 

Un novo número da nosa Revista ATENEA nº48
Xuño-Xullo-Agosto 2021

 

Descarga aquí:

https://drive.google.com/file/d/1RrqE1sW052PmHkgBVNpUC2LByw0pCEo2/view?usp=sharing

 

 

 

 


 

 


21 abril 2021

A nosa revista ATENEA nº 47

 


A nosa revista "ATENEA" nº 47 
#Ateneo #SomosCultura #Publicacións #Ferrol #Galiza 
 
Descarga:  
https://drive.google.com/file/d/1-fv6XO0TBIfBJut_yMw1Ff0Ok1n4Yeyr/view?usp=drivesdk
 
 Sumario:
 


 

25 xaneiro 2021

Revista trimestral do Ateneo Ferrolán "ATENEA 46" - Outono 2020

Revista trimestral do Ateneo Ferrolán "ATENEA 46" - Outono 2020 

Saúdavos a nova revista ATENEA DIXIT 

Despois de un longo período sen editala, a Xunta Directiva,estimamos que deberíamos facer un esforzo en retomar o contacto directo cos socios e socias para recoñecerlles que a súa fidelidade é a que permite esta edición e que este formato dixital pode converterse nese nexo, tan necesario. Si ben é certo que este formato adquire outra dimensión o certo é que sen socios e socias non habería esta revista, grazas. 

Enlace Revista Atenea 46:

https://drive.google.com/file/d/1pOCw_djTeWfHwwSLvIwwUMdB7dFb4Ewa/view?usp=sharing 

 


 

13 febreiro 2019

Actividades próximas do Ateneo


Nota de Prensa Actividades da Xunta Directiva do Ateneo

No Ateneo Ferrolán, a nova Xunta Directiva, está a traballar na organización de diferentes actividades, entre outras:

- Celebraremos o 140 aniversario do Ateneo na cidade de Ferrol (24.03.1879-24.03.2019), o acto realizaráse o sábado día 23 de marzo as 12 h.. Haberá conferencias e música. https://ateneo-ferrolan.blogspot.com/2005/01/ateneo-ferroln-sa-historia.html

- Ao redor do “Día Internacional da Muller Traballadora” vaise realizar un Ciclo de Cine Feminista con Debates os martes ás 18,30 h. organizado polo movemento Galegas8M. O ciclo comezará o martes día 19 de febreiro e rematará o martes día 26 de marzo.

- Polo Día Internacional do Teatro:
- O luns día 11 de marzo ás 19 h. haberá a representación teatral “El cianuro solo o con leche” representada polo colectivo teatral “Ferroluna”

- O propio día 27 de marzo, ás 19 h. no salon de actos, haberá a Lectura do Manifesto e algunha sorpresa máis.

- Estamos traballando na conmemoración do bicentenario do nacemento de Concepcion Arenal (Ferrol 31 de xaneiro de 1920) na que impulsaremos actividades, tanto propias como en colaboración con outras entidades e institucions.

#AteneoFerrolán #SomosCultura #SomosIlustración #FerrolEnPositivo

03 maio 2017

Presentación do libro "IBEX 35". Xoves 4 de maio ás 19,30 h.


O xoves 4 de maio ás 19:30 h. no #AteneoFerrolán terá lugar, dentro do ciclo organizado pola AC Fuco Buxán "Democracia e Compromiso", a presentación do libro "IBEX 35" .

Unha historia herética do poder en España polo seu autor RUBÉN JUSTE.



11 xaneiro 2016

CLUB LECTURA do ATENEO. Martes 12 de xaneiro ás 19,30 h.. Apúntate!





 











 CLUB LECTURA do ATENEO FERROLÁN - ¡ APÚNTATE !
Día 12 de xaneiro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán.

Animamos a tod@s a participar desta emblemática actividade.

Estamos a ler: "Memorias dun neno labrego" de Xose Neira Vilas
 
Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso CLUB DE LECTURA, segue levándose a cabo todos os primeiros MARTES DE CADA MES.

Encontros coa LECTURA onde xúntanse 20 socios e socias todos os primeiros martes de cada mes para reflexionar e comentar un libro guiados pola profesora ANXELES SEOANE.

18 novembro 2015

Libro editado polo Ateneo Ferrolán


Libro editado polo Ateneo Ferrolán específicamente para o Congreso: "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns"

" A emigración galega e o sindicalismo cubano: 
A folga nas obras do saneamento de La Habana 1911" 
 

A folga das obras da rede de sumidoiros de La Habana, nos meses de xuño e xullo de 1911, foi un dos conflitos sindicais da historia cubana máis representativos da participación da emigración galega no sindicalismo da illa caribeña, curiosamente, neste movemento unha boa parte dos protagonistas eran emigrantes orixinarios de Ferrol.


16 outubro 2015

Presentación do libro "Indecencias e corruptelas". Luns 19 ás 19,30 h.

 
Presentación do libro "Indecencias e corruptelas" 
de Manuel Monge (publicado por Corsarias)

Salón de Actos do Ateneo Ferrolán

Luns 19 de outubro, ás 19:30 horas 

Manuel Monge González (Valladolid, 1947) mestre, sociólogo e ensaísta galego. Concelleiro do BNG na Coruña de 2003 a 2007 e presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña até 2011. Na actualidade é secretario do club de opinión Foro Cívico. Colabora con artigos de opinión en diversos medios de comunicación.
   É autor de Autovías galegas. Crónica dunha farsa (1999); A Coruña de Paco Vázquez (2003); Outra Coruña é posíbel (2007); A historia secuestrada polo franquismo (2010); O “camarada Fraga” e as vítimas da represión franquista (2014); Perdemos o tren. As claves políticas do atraso (2014); O poder na Coruña. De Vázquez a Negreira (2015).


Contacto: 665.998.574
                                                             ---------------

   Unha das causas da derrota electoral da esquerda é o seu desarme ideolóxico. Non soubo ou non puido difundir os argumentos e ideas para desmontar o discurso reaccionario da dereita que, por outra parte, ten unha importante cobertura en moitos medios de comunicación. Este é un libro de combate, unha modesta contribución a ese rearme ideolóxico e político, unha ferramenta para aumentar a indignación e potenciar a organización e a mobilización cívica. Non podemos quedarnos na indignación, hai que pasar á acción, presentar alternativas, organizarse, mobilizarse e ocupar as rúas.

   Estas son algunhas reflexións que inspiran a mensaxe  de ruptura coa situación económica, política e social actual e coas ideas dominantes que quero transmitir con este libro: “Os responsábeis políticos, económicos, intelectuais e o conxunto da sociedade non pode claudicar, nin deixarse impresionar pola ditadura actual dos mercados financeiros, que ameaza a paz e a democracia” (Stéphane Hessel). “Vivimos nunha orde mundial criminal e caníbal, onde as pequenas oligarquías do capital financeiro deciden de forma legal quen vai morrer de fame e quen non. Estes especuladores financeiros deben ser xulgados e condenados, reeditando unha especie de Tribunal de Núremberg” (Jean Ziegler, profesor emérito na Universidade de Xenebra). “Es una falacia hablar de crisis financiera únicamente. La crisis es política. La crisis es del sistema occidental. En nuestro sistema quien manda es el capital. La democracia sólo lo es nominalmente. En realidad el poder lo ejercen los grupos dominantes” (José Luis Sampedro). “Tenemos un sistema donde a los banqueros se los rescató y a sus víctimas se las abandonó para que se las arrreglen como puedan” (Joseph E. Stiglitz, Premio Nobel de Economía). “O capitalismo é incompatíbel coa democracia e a xustiza social” (Thomas Piketty, economista francés). “O capitalismo de hoxe en día ten as mans sucias: é a corrupción cotiá, a fraude sistemática, o crime internacionalmente organizado” (Michael R. Krätke, economista e analista político alemán). “Es injusto en su raiz; tiranía invisibe, mercado divinizado donde imperan la especulación financiera, una corrupción ramificada y una evasión fiscal egoista. No a una economía de la exclusión y la inequidad. Esa economía mata” (Papa Francisco, A Alegría do Evanxeo, exhortación sobre o actual sistema económico).

   A pesar das políticas neoliberais e dos recortes sociais. A pesar do reforzamento do centralismo, dos triunfos electorais de Rajoy e Feijóo, aquí estamos; nin desanimados, nin dobregados, nin domesticados, nin derrotados. Hai moitos motivos para a esperanza e a loita continúa.

07 setembro 2015

Convocatoria Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”. Do 13 ao 15 de novembro de 2015




Convocatoria Congreso

“Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”

Do 13 ao 15 de novembro de 2015
Ateneo Ferrolán



Ao longo dos séculos XIX e XX os territorios de Ferrol, Eume e Ortegal mantiveron unha enorme relación coa illa de Cuba, lugar de destino de milleiros de homes e mulleres da nosa zona. Alí viviron experiencias como a guerra de independencia, a intervención norteamericana, as crises económicas, dictaduras e revoltas políticas, até chegar á revolución cubana no final da década de 1950. E boa parte daquela emigración, agrupada nas grandes sociedades de emigrantes como o Centro Gallego e Hijas de Galicia ou en pequenas sociedades artelladas arredor dos lugares de orixe, interviron na Galiza mediante as sociedades de instrucción e colaborando decisivamente na creación de institucións como a Real Academia Galega ou na elaboración de símbolos nacionais como a bandeira ou o himno galego. As remesas de cartos que enviaban foron fundamentais tamén para o desenvolvemento económico do país e para o nacemento de moitas iniciativas industriais e comerciais. Ao cabo, a nosa cultura local estivo inzada de referencias cubanas achegadas pola xente que vivía en Cuba e aquela que con mellor ou peor sorte retornou á terra.



Nunha época de cambio na illa caribeña, cando Galiza recibe emigrantes mais lamentablemente tamén a nosa xente ten aínda que emigrar, o Ateneo Ferrolán convoca un Congreso baixo o título “Ferrol-Cuba-Galiza” co obxectivo de promover investigacións sobre as relacións entre as bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal e a Illa de Cuba a través do fenómeno da emigración. Ao cabo, a finalidade última da xuntanza de persoas investigadoras e a difusión dos seus traballos sería a de tentar contribuir ao coñecemento dunha historia compartida aos dous lados do Atlántico e avaliar a importancia e protagonismo da emigración da nosa zona na historia de Cuba e tamén na propia historia da Galiza.



O Congreso vai desenvolverse entre os días 13 e 15 de novembro nos locais do Ateneo Ferrolán,  e irá acompañado de diferentes actividades complementarias:



·        Unha exposición bibliográfica, hemerográfica, fotográfica e de outros obxectos sobre as relación entre Cuba e Ferrol, Eume e Ortegal.



·        Unha exposición en paneis sobre as relación entre a emigración a Cuba e o desenvolvemento das reivindicacións da lingua e a cultura galega.



·        Unha publicación central sobre a relación entre Ferrol, Eume e Ortegal e a Illa de Cuba, e afondando no protagonismo de xente das nosas bisbaras na adopción dos símbolos de Galiza.


·        Outras actividades culturais e de lecer relacionadas coa emigración e as relacións entre Ferrol, Eume, Ortegal e Cuba.