Buscar neste blog

30 maio 2019

Recital "A erótica do contrapoder". Venres 31 de maio ás 19 h.

Recital "A erótica do contrapoder"
Venres día 31 de maio de 2019 ás 19 h.
 
Se queres escoitar os versos máis fermosos, se queres disfrutar coa sensualidade e a elegancia feita poesía tes unha cita con Ricardo Carvalho Calero no Ateneo Ferrolán.
 
Recitarán os seus poemas eróticos,de amor e algúns dos seus textos contra o poder Fer Ocampo M, Andrés C. M. Riveira,Rosa Salanova Shakti,Adelaida Abad,Miguel Costoya Kostoia,Cris Balseiro,Mariola Hermida Romero e Loreto De Castro

28 maio 2019

Presentación do nº 31 do Caderno FerrolAnálisis. Xoves día 30 de maio ás 20 h.


Presentación do nº 31 do Caderno FerrolAnálisis 
o xoves día 30 de maio no Ateneo Ferrolán ás 20 h.

O Salón de actos do Ateneo Ferrolán acollerá o vindeiro xoves 30 de maio as 20:00 horas o acto de presentación do Nº 31 do Caderno FerrolAnálisis, que está adicado a presenza do 
“Maragatos en Ferrol”, cuia autora é Eva Mª Ocampo.
 
Catedrática de Lingua e Literatura castelá en Bacharelato e doutora en Filoloxía, Eva Mª Ocampo, convídanos desde a vistosa portada na que nos mostra a face riseira das sobriñas e netos da familia Martínez, a mergullarnos no detallado estudo dos maragatos e introdúcenos nun capítulo da historia da sociedade ferrolá, que sendo dunha gran importancia no desenvolvemento socio-económico da cidade, carecía até o momento dun estudo froito da investigación, o rigor e densidade historiográfica que nos ofrece a profesora Eva Ocampo.
 
No acto de presentación a autora estará acompañada por Man Castro, presidente de Honra do Club de Prensa e Xulia Díaz.

PALESTRA “Lingua, poder e adolescencia no proceso de substitución lingüística”. Mércores 29 ás 19 h.


O vindeiro mércores 29 de maio, a partir das 19:00h no Ateneo Ferrolán, AGAMME organiza a PALESTRA “Lingua, poder e adolescencia no proceso de substitución lingüística”, a cargo do profesor Miguel Rodríguez Carnota.

A través do seu relatorio, Carnota expoñerá os resultados da súa tese doutoral na que investiga a existencia dunha realidade de acoso escolar por razón de lingua no noso sistema educativo que non se está a identificar nin abordar.

http://agamme.org/palestra-a-cargo-de-miguel-rodriguez-carnota-lingua-poder-e-adolescencia-no-proceso-de-substitucion-linguistica-o-vindeiro-mercores-29-de-maio-no-ateneo-ferrolan/

15 maio 2019

Mesas de Debate: Eleccións Municipais 2019. Martes día 21 e Xoves día 23 ás 19,30 h.

Mesas de Debate no Ateneo Ferrolán
Eleccións Municipais 2019 #Ferrol

Martes 21 e xoves 23 de maio ás 19,30 h.
Modera: Club de Prensa de Ferrol 

Entrada libre

 - Día 21 de maio ás 19,30 h. cos representantes dos Grupos Políticos con representación actualmente no Concello: FeC, PSOE, PP, BNG e CS

- Día 23 de maio ás 19,30 h. cos representantes dos Grupos Políticos que buscan obter representación nestas eleccións municipais: Marea de Ferrol, Centristas, *Sentimiento Ferrolano, LiGanDo, Xuntos Actúa.

* (Sentimiento Ferrolano foi invitado pero mandounos un correo desculpándose por non poder acudir ao debate do día 23 xa que lles coincidía a data co seu mitin central)

14 maio 2019

Venres día 17 de maio - Día das Letras Galegas ás 12 na Praza Vella (Ferrol)

Venres día 17 de maio - Día das Letras Galegas
Ferrol ás 12 na Praza Vella

Voces da Rock School. Recital das Letras Galegas. Xoves 16 de maio ás 19,30 h.

Voces da Rock School. 🎼🎶  
Recital das Letras Galegas

O xoves 16 de maio ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán

Entrada libre

Exposición fotográfica "Os soños esquecidos". Ata o 30 de xuño


Exposición fotográfica "Os soños esquecidos" de espazos abandonados feita por Carlos Muiños Mfh Ferrol, fotógrafo afeccionado de Ferrol.

Do 13 de maio ata o 30 de xuño na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán

Cerca de 40 fotografías da súa temática preferida; as fotos de espazos abandonados. Nesta nova mostra poderanse ver algunhas fotos inéditas e outras xa coñecidas da súa ampla colección.

07 maio 2019

Presentación do poemario "EN INÉDITO SILENCIO". Venres 10 de maio ás 19,30 h.

Presentación do poemario "EN INÉDITO SILENCIO"
Venres día 10 de maio ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán

Temos o gosto de apresentarvos a preciosa edición en audio CD do poemario EN INÉDITO SILENCIO. Apresentarémola, xunto ao libro, este venres 10 de maio, ás 7:00 pm no Ateneo Ferrolán. Un traballo de coidada produción, que impactou emocionalmente a aquelas persoas que ouviron a súa versión maqueta. Non vola perdades, edición limitada.

Ana Fernández (deseño e arte), Esther Raíndo (debuxos), André Cerdido Pastor (poemas, declamacións e selección musical).

05 maio 2019

Exposición Retratos "Poetas" de Juan Manuel Álvarez Romero (Mané). Ata o 9 de maio





Exposición Retratos "Poetas" de Juan Manuel Álvarez Romero (Mané)

Do xoves 25 de abril ata o 9 de maio

Actos da "XII Semana de Poesía Salvaxe" no Ateneo Ferrolán

A obra de Juan Manuel Álvarez Romero, Mané, pode pasar dunha poética simbolista ao caos máis absoluto sen perder a súa esencia, a súa pegada máis profunda. 
Roberto Matta. 

O artista andaluz afincado en Galicia expón no prestixioso Ateneo Ferrolán unha serie de obras intimas inspiradas no evento cultural "Poesía Salvaxe" que vén realizando desde fai máis dunha década nesta cidade, o artista sevillano retrata cun concepto post-minimalista a un grupo de amigos e poetas da cidade e outros que proveñen de toda a xeografía do país. 

Con esta mostra volve sorprender coa súa poética conceptual e simbólica un dos artistas que é recoñecido polo seu traballo no campo da simboloxía tartésica e fenicia que tan ben nos transmite a través dos seus cadros, contándonos historias mitolóxicas destas antigas civilizacións que deixaron unha gran influencia na nosa península. 

Esta mostra que se expón en Ferrol, intima e persoal do autor que sen dúbida nos deixará coñecer un pouco máis no seu labor como creador poderase ver a partir do 25 de Abril ao 9 de Maio. Ferrol, Galicia.

Tamén na XII Semana de Poesía Salvaxe estarán este 25 de Abril, as poetas Sandra Santos - Portugal e Raquel Lima a partir das 18 h. no Ateneo Ferrolán



Doce Semana da Poesía Salvaxe

02 maio 2019

Exposición de Pinturas de LIS "Nueva York". Do 3 ao 31 de maio


Exposición de Pinturas de LIS "Nueva York"
Do 3 ao 31 de maio

Inauguración venres día 3 de maio ás 20 h.

Lis (José Luis Pérez López, Ferrol, 1944), é un pintor ferrolán, fincado en Lleida fai xa preto de corenta anos. Autodidacta, de pintura impresionista, recibiu varios premios en concursos de pintura rápida en distintas localidades españolas. Traballa fundamentalmente o óleo con espátula, aínda que pode utilizar o pincel con notables resultados. Realiza exposicións en Cataluña e Galicia nos últimos anos con bo éxito de público. 

Atrapa Lis o instante preciso, o momento en que a luz e a forma adquiren a súa imaxe mais enaltecedora; con pincelada redonda impregnada de intención e con gran sentido da cor. Lis transmítenos visións precisas, Momentos concretos, nos que a beleza alcanza o seu punto culminante. A súa obra ofrécesenos impregnada de frescura, de fluidez, nunha visión impresionista atrapando o fundamental, pero deixando que todo, coas súas paisaxes e mariñas sexa reconocible, vendo luz, cor e forma e unha obra que é fiel reflexo da súa personalidade creativa, plena de impulso e emoción que sabe transmitir. 

M. Losada, xornalista e Crítico de Arte http://www.pintoresgallegos.com/lis/