CONFERENCIA - PROXECCIÓN - COLOQUIO
“Historia da pesca do
bacallau en Terranova”
Venres día 24 de agosto ás 20 h. no salón de actos do Ateneo
“Historia da pesca do
bacallau en Terranova”, organizada por AETINAPE e o ATENEO FERROLÁN, do
que é autor unha persoa entrañable, Valdemar Aveiro, un capitán
portugués que se xubilou ao mando do bou “Coimbra” e que aos seus 84
anos aínda ten a ilusión de recoller a dura vida da pesca do bacallau. É
un gran erudito na historia destas pesquerías, con sete libros
publicados pola editorial Áncora. É unha persoa culta, empática
profesional, cunha gran dignidade, o que lle fixo colleitar importantes e
profundas amizades con moitos profesionais galegos e bascos que tamén
formaban parte desta flota.Non esaxeramos se logo de coñecer a súa obra e manter varias conversas con el, recoñecemos que estamos probablemente ante unha das persoas con maiores coñecementos históricos da pesca do bacallau, que el manexa a través de datos históricos desde o século VIII.Cabe lembrar a gran importancia do porto de Ferrol nas épocas douradas do bacallau, xa que a PYSBE (unha das grandes empresas pesqueiras da época) tiña aquí una das súas factorías máis importantes e parte da súa frota operaba desde Ferrol, que coa Coruña, Vigo e Pasaxes, foi un dos portos e comarcas de referencia.
No evento, participará tamén o editor Antonio Baptista Lópes, así como o cantautor Manolo Bacallao, que foi tripulante nos caladoiros de Terranova.
A entrada é libre.
Evento no noso facebook: https://www.facebook.com/events/429145084273133/
Nova en La Voz de Galicia: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2018/08/23/ferrolterra-foi-potencia-bacallao/0003_201808F23C8993.htm