CONSTANTINO
BELLON
Lago, Valdoviño. Nesta parroquia
de Ferrolterra nace en 1896 Constantino Bellón, fillo de gaiteiro, sobriño de
artesán construtor de gaitas. Poucos anos máis tarde percorrería estas terras
acompañando co redobrante ao seu pai comezando, como tantos outros gaiteiros tradicionais, unha aprendizaxe
familiar.
Aos dezaoito anos vai facer o
Servizo Militar á cidade de Ferrol, ingresando na banda de música como
saxofonista. Aló e onde recibe a súa primeira formación musical formal. Anos
máis tarde, ao rematar o servizo militar, ingresa na Empresa Nacional Bazán.
Nela organiza a Banda de Gaitas, que se
xunta á de Corneta e Tambores, anterior a ela. Ambas bandas nútrense dos
aprendices da empresa, que daquela auspicia actividades musicais, coma a citada
e a Coral Polifónica da Bazán dirixida
polo Padre Fanego.
Bellón está vencellado á música
desde dentro de Bazán,onde chega a dirixila Banda de Música da Empresa,
participando tamén na formación da Orquestra Copacabana. Daquela colabora tamén como saxofonista en varias outras orquestras
da bisbarra ferrolá.
Pero a gaita chama polo
saxofonista, director de banda e instrutor de moitos gaiteiros, dentro e fóra
de Bazán, e a finais dos anos cincuenta preséntase co pseudónimo de O CADAVAL
ao concurso «Camino de la Fama” que se
celebraba no Teatro Renacimiento de Ferrol.
Acompañaban ao piano o mestre Malde e a obra era Follas Novas de Brage,
arranxada por Bellón para piano e gaita en Do.
Á novidade da combinación sumouse
a unha interpretación impecable, que entusiasmou ó público, conseguindo o
Primeiro Premio do concurso.
Por Xan Silvar