- Inauguración Exposición de pinturas de Pedro Castro. Presentación a cargo do Dr. en Historia Andrés Pena Graña.
- Presentación do libro Custodio ou a fé do carboeiro, de Antón de Santiago, introducido e presentado pola Dra. en Filoloxía Eva Ocampo.
- Acompañarannos: O barítono Antón de Santiago, a soprano Victoria Álvarez, o percusionista Tito Cabezas e á guitarra clásica Mónica Pita.
Actividade sobre "As Cantigas de Alfonso X: A súa música, historia e pintura". Venres día 2 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 29.12.14Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca, Cultura, Exposicións, Poesía, Presentacións, Proxeccións
ESCOLA DE TEATRO do Ateneo Ferrolán. APUNTATE!
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 26.12.14Adultos: Martes e Xoves de 19 h. a 21h.
Infantil: Xoves de 17,30 h. a 18,30 h.
INTERPRETACIÓN ESCÉNICA NO TEATRO DE OBXECTO E VISUAL
Impartido por Plamen Dipchikov (doutor en ciencia e arte teatral)
O Teatro de obxecto e visual é un xenero da arte teatral dun nivel elevado na escala intelectual. Dispón da súa propia linguaxe e estética expresiva.
Ten como obxectivo a intelixencia emocional do publico e é capaz de emitir desde o escenario mensaxes conceptuais conmovedores. O actor é o responsable de dar vida a obxectos, creando así a acción escénica. Si queres dominar esta arte- apúntate e abre todos sentidos para o encontro cun concepto teatral completamente novo e fascinante.
DISCIPLINA
Métodos e exercicios do actor no teatro dramático e teatro de obxectos
CATEGORÍA
Teoría de teatro aplicada
RESEÑA
Practicas do actor con obxecto
ÁMBITO
Posta en escena. Dirección de teatro
DIRIXIDO A
Nenos e nenas de 5 a 11 anos 27€ ao mes
Adolescentes de 12 a 17 anos 37€ ao mes
Adultos maiores de 18 anos 47€ ao mes
DURACIÓN
Permanente a partir de 19 de xaneiro de 2015
CONTIDO
1. A emoción como filosofía do teatro de obxectos e visual
2. Iniciación na teoría da arte dramática desde a perspectiva do teatro de obxectos e visual
3. Índole do actor do teatro de obxectos e visual
4. Labor creativa do actor do teatro de obxectos e visual
5. Ferramentas, utensilios e atributos para o estudo e as practicas do actor
DESCRICIÓN DO CURSO
O traballo do actor do teatro de obxecto e visual consiste, entre outras tarefas, en:
* estudar o papel do seu personaxe
* dar vida a aquilo que carece dela
* poñer a disposición do director de escena o material máis importante para a creación da mensaxe conceptual escénica
* conseguir unha brillante imaxe escénica cunha presenza propia delicada e dedicada á actuación do obxecto
FINALIDADES DO CURSO
Na primeira fase do curso tratarase de:
* aprender como analizar a tarefa escénica
* aprender como sintetizar todos os resultados da análise nunha actuación lóxica e convincente
* aprender practicas de actuación con obxecto
Na segunda fase do curso tratarase de:
* que cada participante leve a cabo unha micro- actuación (individual ou en grupo) cun obxecto ou unha marioneta
Na terceira fase do curso tratarase de:
* seleccionar mellores resultados nun casting interno e sacar conclusións dos “non elixidos”
* montar un espectáculo de variedades
* estrear o espectáculo
Etiquetas: Actividades, Cultura, Novas, Obradoiros, Teatro, Xornadas
Libro "Ques e porqués do reintegracionismo". Prezo especial para socios e socias do Ateneo.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 26.12.14
A Associaçom Galega da Língua (AGAL) ofrece a posibilidade de adquirir o
libro "Quês e porquês do reintegracionismo" a un prezo especial para as socias e socios do Ateneo. O libro custaría 1,5 euros para os pedidos que se fagan na secretaría do Ateneo, mentres que o seu prezo de venta ao público é de 7 euros.
A data límite para a recollida de pedidos é o 7 de xaneiro.
Para máis información sobre o libro:
http://www.atraves-editora.
Un saúdo.
O Ateneo Ferrolán
Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca, Club de lectura, Cultura, Presentacións
Un espectáculo de MARIONETAS: "El Gato con Botas". Domingo día 28 ás 12,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 23.12.14Posta en escena e dirección - Plamen Dipchikov
Escenografía, marionetas e vestuario - Ani Petrova
Actores - Plamen Dipchikov e Sabela Amado Rojo
Etiquetas: Actividades, Cultura, Infantil, Obradoiro de Entroido, Presentacións, Proxeccións, Teatro
Presentación da Curtametraxe "ADSL" o martes día 23 ás 20,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 22.12.14Etiquetas: Actividades, Cultura, Presentacións, Proxeccións
Feirón Cultural no Ateneo. Domingo 21 a partir das 11,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 19.12.14O domingo 21 de decembro, coincidindo coa feira de Ferrol, haberá un Feirón Cultural no Ateneo Ferrolán, dende as 11:30 da mañá, coa participación de diversas entidades culturais e sociais da bisbarra, e amenizada polo grupo “Kozmic Blues” que tocarán a partir das 13 h..
A idea deste feirón cultural é que as entidades sociais e culturais da bisbarra poidan ofrecer ao público os seus traballos e as súas inquedanzas, fornecendo ademáis un ámbito de convivencia e colaboración que sirva de complemento á tradicional feira da cidade.
Calqueira colectivo ou organización que queira tomar parte neste feirón pode facelo poñéndose en contacto co Ateneo.
Ao tempo convidamos a toda a xente da bisbarra a desfrutar dunha mañá alegre de cultura, convivencia e feira nos locais do Ateneo. Agardamos a vosa presencia.
O Ateneo Ferrolán
Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Cultura, Música en Directo
Programa a desenvolver nas XIV Xornadas "Mostra de Curtametraxes" 2014. Días 17, 18 e 19 ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 16.12.14XIV XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES” ATENEO
17, 18 e 19 de decembro do 2014
- El Balseiro, de Guillermo Zapata 8'
- Una Cerilla, de Miguel Castro 6'
- Muina, de Jo Graell 7'
- Naufraxios, de Miguel Castro 20'
- Silencios, de Jesús Méndez Cestero 9'
- No Tengo Miedo, de José Diego Santiago 4'
- Hola Mamá, de Miguel Castro 5'
- Miedo, de Carlos De Antonio 6'
- Flores para Amalia, de Nani Matos 19'
- Como romper el silencio, de Miguel Castro 10'
- Acabo de Tener un Sueño, de Javi Navarro 7'
- Elia e o Libro, de Marisa Otero 10'
- La Liquidación, de Olga Martínez Gómez 5'
- De Baixa, de Juanín Ares 20'
- Es un Buen Chaval, de Esteban Real / Juanfer Andrés 5'
- Estocolmo, de Alvaro Martín 9'
- Valor de Día, de “Do conto ao cine” de Narón 10'
- Cada Can Que Lamba o Seu, de “Do conto ao cine” de Narón 5'
- Patentado, de Javi Navarro 11'
- Un Viaje Sucio, de Luis Galindo 15'
- Confesión, de Gonzalo Gurrea Ysase 3'
- 1+1, de Ramón Lázaro 4'
- M Is For Miracle, de Alvaro Nuñez 3'
- Flash, de Alberto Ruíz Rojo 7'
- It Girl, de Oriol Puig Playá 3'
- Os Menimos do Rio, de Javier Macipe 14'
- La Cena Canibal, de Mónica Negueruela 6'
- Oscar Descafeinado, de Mikel Alvariño 20'
- Construindo Música, de Alumn@s do IES de Trasancos 11'
- Diario Íntimo de una Actriz, de Javi Pueyo 9'
Etiquetas: Presentacións, Proxeccións, Xornadas Curtametraxes
Programación Especial Infantil. Decembro 2014
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 13.12.14Etiquetas: Concertos, Infantil, Música en Directo, Obradoiros, Presentacións
Ciclo de Conferencias: "Ferrol: mobilidade sostible e rehabilitación de barrios". Venres 12 ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 10.12.14"Ferrol: mobilidade sostible e rehabilitación de barrios".
Etiquetas: Actividades, Conferencias, Presentacións, Xornadas
Libro editado polo Ateneo Ferrolan con motivo do Congreso Centenario Hildegart.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 9.12.14Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Club de lectura, Novas
Presentación o xoves día 11 ás 20 h. “Escolma Salvaxe. Ferrol 2007-2013"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 9.12.14Presentación o xoves día 11 ás 20 h. no salón de actos do Ateneo “Escolma Salvaxe. Ferrol 2007-2013"
resume seis anos de poesía ética e estética en Ferrol
Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Novas, Obradoiros, Poesía, Presentacións, Proxeccións, Xornadas
Conferencia de Ana Romero Masía:"María Barbeito, a gran renovadora da pedagoxía escolar en Galicia" mércores 3 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 2.12.14Presentación do libro: "De vida ou morte" de Maria José Castelo Lestom. Xoves día 4 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 1.12.14Editado: março 2014 por Editora Humana (Galiza-Brasil)
Tráta-se de poesia intimista e reflexiva, a obra gira arredor dos sentimentos de perda, dor, vazío, mas também há esperança, capacidade de reagir e sobreviver a processos que nos somem numa profunda tristeça. está escrita em galego mas seguindo as normas do Acordo Ortográfico de 1992.
Bio-dados
Nasci em Compostela no 1977, e ali passei os primeiros anos da minha infancia, o resto desta e da minha adolescencia passou-se numa paróquia rural da costa, em Muros. Agradeço à vida me ter dado a oportunidade de poder medrar entre mar e caminos enlamados, de poder compara-los com os ríos de asfalto por onde transito agora, num dos concelhos dormitório da Corunha. Confesso que me tenho queixado muito da vida, por me ter roubado coisas (ui, que eufemismo! Melhor do que coisas, pessoas, e momentos) cuja aussência me rompera a alma. Mas hei confessar também serem as queixas injustas, pois nunca agradecí como devia quando a vida as apresentou diante minha.
Sou politóloga, mas isto é apenas nada.
Começei a escrever muito nova, sempre na narrativa. O meu achegamento à poesía foi pura necessidade num momento da minha vida onde de tao blocada nao era quem de criar frases subordinadas, e me vi na tessitura de procurar outra forma de expressao. Confesso que agora, difícilmente poderia viver sem ela.
Tive a bençao de que muitos juris escolheram os meus trabalhos para os prémios que representavam, mas nunca o tomei a sério. Alguém me di zuma vez que para escrever apenas se necessita de paciência, oficio e talento. Acho carecer das três coisas. Confesso nao ser pródiga em paciência, oficio, bom, para isto há que estar horas de mais sentada, e com respeito ao terceiro, faço para mim a mesma pergunta que faziam os Extremoduro numa das suas cançoes: A ver, si puedo comprender, que coño es el talento.
Nunca gostei das etiquetas, e se definir a uma própria muito mais complicado do que etiquetar aos outros. Quando tinha 15 anos, e já choveu, li o livro Ilusiones, de Richard Bach. Nele, o autor fazianos esta proposta: Para saber quem és, pergunta-te onde vives, em que é que trabalhas, que é que fazes, do que é que gostas. Repite estas perguntas ao longo da vida e verás como mudam as respostas. O caso é que os seres humanos nunca somos de todo, mais do que peças inacabadas, que se construem cada dia. Aquí radica a grandeça da vida…
Mas por se alguem tiver a necessidade imperiossa de saber de mim, sou anarquista, feminista, reintegracionista e decrescentista, mas ainda nenhuma destas etiquetas me define por completo pois mantenho nestes “ismos” uma posiçao própria, quando nao divergente e mesmo incómoda, a respeito da ortodoxia dominante. E defendo qualquer causa que a meu ver, possa ser justa. Sou com os movimentos anti-repressivos, com a liberaçao animal, com os indigenistas, com os povos submetidos (fica qualquer deles sem o ser?), com os movimentos pro-legalizaçao do autocultivo de cannabis, os médios de comunicaçao comunitarios, e um etc tao longo que nao vale a pena vos fazer perder o tempo.
Programa do Congreso Centenario Hildegart. 5, 6, 7 de decembro
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 1.12.14http://congresohildegart.blogspot.com.es/2014/11/programa-do-congreso.html
Congreso
Venres, 5 de decembro
19:00 – 19:30 INAGURACIÓN DO CONGRESO
A cargo de representantes das entidades organizadoras e entidades colaboradoras: Comisión para a Recuperación da Memoria Historica da Coruña, Ateneo Ferrolán, e Marcha Mundial das Mulleres.19:30 – 21:00 CONFERENCIA INAUGURAL
- A cargo de Aurora Marco: “Romper barreiras. Voces femininas a comezos do XX".
Aurora Marco é profesora da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e especialista na historia das mulleres na Galiza. Ten publicado os libros “As precursoras. Achegas para o estudo da escrita femenina (Galiza, 1800-1936)” (1993), “Mulleres e educación na Galiza. Vidas de mestras” (2002), “Mulleres na guerrilla antifranquista” (2011), e o seu monumental “Dicionario de mulleres galegas. Das orixes a 1975” (2007).
21:00 - 22:00 ACTUACIÓN MUSICAL
- Actuación musical por determinar
Sábado, 6 de decembro
10:00 – 11:15 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
- José Manuel Peláez Ropero – Mi hija Hildegart (Fernando Fernán Gómez, 1977). ¿Un filme inacabado?
- Martín Paradelo Núñez – A representación cinematográfica do corpo da muller no tempo de Hildegart
- Ana Muiña – Aurora de sangre. Vida y muerte de Hildegart. Introducción a la reedición del libro de Eduardo de Guzmán
11:30 – 12:45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
- Lola Ferreiro Díaz – Republicanas de corazón, de cabeza e de corpo enteiro.
- Luz Darriba / Micaela Fernández Darriba – As netas de Olympia de Gouges, as fillas de Flora Tristán
13:00 – 14:00 PRESENTACION DA NOVELA
- “Entrada ao xardín do saber”, co seu autor Henrique Dacosta, presentado por Eduardo Fra Molinero
16:00 – 17:15 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
- Miguel Ángel Pradera – Una tarea pendiente: una bibliografía formal de Hildegart Rodríguez Carballeira
- Pablo Herrero Hernández – Hildegart Rodríguez Carballeira en el recuerdo y en los escritos del periodista y escritor republicano Luis Hernández Alfonso (1901-1979)
- Manuela Santalla López – Hildegart: ¿Una mujer-proyecto ferrolana?
17:30 – 18:45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
- Kyra Kietrys – Archivo Hildegart
- Micaela Pattison – Hildegart como figura internacional
19:00 – 20:00 CONFERENCIA
- Rosa Cal – "Aurora una mujer con un proyecto de vida propio: Hildegart"
20:00 – 21:00 ACTUACIÓN MUSICAL
- Actuación musical por determinar
Domingo, 7 de decembro
10:00 – 11:15 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
- Eduard Masjuan – El neomalthusianismo anarquista y la cuestión social en Hildegart Rodríguez
- Lorena Cuevas Buján – Hildegart Rodríguez e Amparo Poch: a repercusión das ideas de reformismo sexual no anarcofeminismo dos anos 30
- Eusebio Lucía Olmos – El paso de Hildegart Rodríguez por la Casa del Pueblo Madrileña
11:30 – 12:45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
- Monica Bar Cendón – Sexualidade e trampas da "diferencia" en Hildegart
- Josep María Roselló – Una mujer moderna: amor y sexo en el pensamiento de Hildegart
- Marga do Val – Por qué escribir unha obra de teatro sobre Hildegart
13:00 – 14:00 ROTEIRO E HOMENAXE POPULAR A HILDEAGART
16:00 – 17:15 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
- Miguel Ángel Pradera – Reflexiones para una adecuada contextualización histórica de Hildegart
- Jean-Louis Guereña – Hildegart y la reforma sexual en la Casa del Pueblo de Madrid
17,30 – 18,45 PONENCIAS DOS TRABALLOS PRESENTADOS
- Blanca Quintanilla – Hildegart, la aniquilación de una rebelde
- Olga Roig López – Aurora Rodríguez y Hildegart, dos vidas marcadas por la disciplina
- Guillermo Rendueles Olmedo – Aurora Rodríguez y su doble manicomial
19:00 RECITAL DE POESÍA
- Carmen Blanco – “Hildegarts vivas nas carballeiras: miles de mulleres para outras auroras”
- Actuación musical por determinar
21:00 CLAUSURA DO CONGRESO
Exposicións
En paralelo ao Congreso, haberá instaladas no Ateneo dúas exposicións relativas a Hildegart Rodríguez Carballeira:- Unha exposición de 16 paneis sobre a vida e a obra de Hildegart Rodríguez Carballeira, que fará un percorrido pola súa traxectoria vital e recollerá tamén noticia das 14 obras publicadas por Hildegart na súa vida, e doutra 14 obras feitas arredor da súa vida e obra, por outros autores, despois da súa morte.
- Unha exposición de obxectos sobre Hildegart Rodríguez Carballeira, con libros escritos por Hildegart, así como publicacións periódicas, documentos e obras relativas aos movementos nos que Hildegart estivo implicada.
Outros actos
Xoves, 4 de decembro
Na Coruña, a Casa Museo Casares Quiroga acollerá unha presentación do congreso o día 4 de decembro ás 20.00 horas, a cargo de representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e o Ateneo Ferrolán, entidades organizadoras da cita, e de algunha das investigadoras ou investigadores especializados na figura de Hildegart.Martes, 9 de decembro
No Ateneo de Madrid terá lugar un acto de homenaxe á pensadora e feminista Hildegart Rodríguez Carballeira o día 9 de decembro, ás 19.30 horas, organizado polo Ateneo Ferrolán, Ateneo de Madrid e a Cátedra de Memoria Histórica del Siglo XX da Universidad Complutense. Na capital española falarán representantes destas tres entidades así como a popular feminista Lidia Falcón.O acto quere lembrar que o día 9 do mes de decembro de 1914 tivera lugar o nacemento de Hildegart en Madrid, cidade onde desenvolveu a súa vida e onde foi asasinada o 9 de xuño de 1933.
Etiquetas: Conferencias, Congreso Hildegart, Exposicións, Presentacións, Proxeccións
Ciclo de Conferencias: "Ferrol: mobilidade sostible e rehabilitación de barrios".
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 27.11.14"Ferrol: mobilidade sostible e rehabilitación de barrios".
Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Conferencias, Novas, Xornadas
Inscríbete no Congreso Hildegart. A celebrar os días 5, 6, 7 e 8 de decembro en Ferrol
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 25.11.14
Inscríbete no Congreso: http://congresohildegart.blogspot.com.es/
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2014/07/centenario-de-hildegart-congreso-e.html
O Congreso sobre a figura de Hildegart Rodríguez Carballeira que promove o Ateneo Ferrolán na cidade para os días 5 a 8 de decembro terá eco tamén na Coruña e Madrid a través de dous actos públicos nos que Hildegart será a protagonista.
Na Coruña, a Casa Museo Casares Quiroga acollerá unha presentación do congreso o día 4 de decembro ás 20.00 horas, a cargo de representantes da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e o Ateneo Ferrolán, entidades organizadoras da cita, e de algún dos investigadores especializados na figura de Hildegart.
Posteriormente, no Ateneo de Madrid terá lugar un acto de homenaxe á pensadora e feminista o día 9 de decembro, ás 19.30 horas, organizado polo Ateneo Ferrolán, Ateneo de Madrid e a Cátedra de Memoria Histórica del Siglo XX da Universidad Complutense. Na capital española falarán representantes destas tres entidades así como a popular feminista Lidia Falcón. O acto quere lembrar que o día 9 do mes de decembro de 1914 tivera lugar o nacemento de Hildegart en Madrid, cidade onde desenvolveu a súa vida e onde foi asasinada o 9 de xuño de 1933.
http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/coruna-madrid-acolleran-presentacions-do-congreso-do-ateneo-hildegart/20141124223052107821.html
Presentación do libro:"De Beiras a Podemos. A política galega nos tempos da troika (2012-2014)"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 21.11.14O próximo xoves, día 27 de novembro ás 20 h. no salón de actos do Ateneo
Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Novas, Presentacións
XIV XORNADAS “MOSTRA DE CURTAMETRAXES”. Prazo ate o 5 de decembro.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 18.11.14Participa e Difunde!
Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’ en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañado dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 5 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano.
Os días 17, 18 e 19 de decembro de 2014, levaranse a cabo ás XIV XORNADAS MOSTRA DE CURTAMETRAXES, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.
Como lembranza do que foron estas XORNADAS ao longo destes catorce anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.
Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.
O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.
GRAZAS POR PARTICIPAR!
http://ateneo-ferrolan.blogspot.com.es/2014/09/xiv-xornadas-mostra-de-curtametraxes-17.html
Etiquetas: Actividades, Novas, Presentacións, Proxeccións, Xornadas Curtametraxes
Sesion Vermú no Ateneo Ferrolán. Sábado día 15 a partir das 12 da mañá.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 13.11.14Entrada libre.
Etiquetas: Actividades, Concertos, Música en Directo, Novas, Sesión Vermú
Presentación do libro: "Del Amor" de Ricardo Mella. Xoves día 13 ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 11.11.14
O 10 de novembro de 1889 celebrabase en Barcelona o "Segundo Certamen Socialista". O 15 de novembro de 1899 nacía en Pontevedra, Urania Mella Serrano. De aí que entre o 12 e o 15 de novembro deste 2014 demos en presentar en terras galegas Del Amor, libro que compendia os ensaios "Breves apuntes sobre las pasiones humanas" e "Del Amor: modo de acción y finalidad social", textos do topógrafo e pensador libertario Ricardo Mella imprentados en Madrid este mesmo ano e que chegan agora a nosa terra da man dos seus editores, La Rosa Negra.
Catro xornadas, catro puntos xeográficos distintos para coñecermos as razóns que motivaron á editorial madrileña a dar ao prelo estes textos do pensador vigués, ao tempo que afondamos na actualidade e utilidade do ideario do "Século de Ouro" do anarquismo español. Así, a través da pluma áxil e sinxela de Ricardo Mella recordaremos un claro, honesto e harmónico xeito de encarar a vida e a realidade social.
Desta sorte, a primeira parada destes parrafeos será o mércores 12 en Betanzos na Libraría Biblos, continuamos a viaxe e o xoves 13 xunto con Unión Libertaria apeámonos en Ferrol para visitar o lendario Ateneo Ferrolán. O venres 14 a parada terá lugar en Vigo na Hemeroteca da Escola de Artes e Oficios, onde entre moitas outras mulleres e homes estudaron as irmáns Alianza, Esperanza, Urania e Luz. Finalmente, o peche deste traxecto será na emblemática Taberna Marrucho en Baiona para podermos celebrar o 15 de novembro o aniversario de Urania a carón da súa familia e coas actuacións da banda folk A Bagunda e do home máquina do ragga galego, Xenderal.
"Sen o amor non habería artistas. Sen a curiosidade, non habería ciencia.
Sen as necesidades da vida, non habería traballo, non habería sociedade, non habería persoa. Sen o desexo de pracer, o mundo converteríase nun inmenso cemiterio" Ricardo Mella
"Defendámonos, logo, caladamente, con furia, ou con humor tibetano, pero non transixamos cunha soia agresión máis, porque os ataques están sendo máis sutís, máis cheos de argumentos, de falsa erudición, en nome do Progreso ou dunha incerta Irmandade Universal que só avanza cara á uniformidade tecnolóxica. Está en xogo a nosa supervivencia, e non só como Pobo, senón como seres humanos"
Lois Pereiro, "Modesta Proposición"
Gallaecia, novembro 2014
Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Conferencias, Novas, Presentacións
Acto de entrega da cesión da biblioteca de José María López Dafonte ao Ateneo Ferrolán
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.11.14


Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Conferencias, Novas
Xa temos o disco recompilatorio de SONS DE FERROLTERRA gravado no Ateneo
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.11.14Xa temos o disco recompilatorio de SONS DE FERROLTERRA
O outono musical inaugúrase co lanzamento deste recompilatorio, onde se reúnen as agrupacións máis representativas da bisbarra.
Microrec Producciones, discográfica musical da Coruña, é a produtora encargada da organización deste proxecto; un disco recompilatorio, que se edita co propósito de dinamizar o sector do canto coral, clásico, moderno e tradicional, da Bisbarra de Ferrolterra.
O obxectivo é promover este xénero musical, fortalecer o sector creando sinerxías e poñer en valor o aspecto cultural, social e etnográfico deste tipo de agrupacións. No disco participan 17 agrupacións, máis de 400 persoas entre músicos e directores, interpretando as pezas máis representativas da Bisbarra de Ferrolterra: habaneiras, boleros, pezas clásicas e tradicionais, como "Niña de Fene" ou "Ferrol, donde yo nací".
Durante dous fins de semana intensivos, todas as agrupacións gozaron dunha sesión de gravación individual, ofrecida de forma gratuíta por Microrec Producciones. As gravacións tiveron lugar no Auditorio do Ateneo Ferrolan e na Casa da Cultura de Neda, institucións que colaboraron no proxecto a través da cesión gratuíta das súas instalacións. Pola súa banda, a Banda Militar do Tercio Norte de Infantería, realizou a súa gravación no Auditorio da Escola de Especialidades "Antonio de Escaño".
Poderán gozar dun avance deste traballo, e ao mesmo tempo descubrir como se levaron a cabo as xornadas de gravación, no making of que encontrarán neste enlace:
https://www.youtube.com/watch?v=jEqyez2sMz0
Etiquetas: Actividades, Concertos, Música en Directo, Novas, Presentacións, Xornadas, Xornadas da Gaita
Conferencia de Xesús Alonso Montero "Santiago Montero Díaz, do marxismo ó fascismo e, de novo, ó esquerdismo”
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 6.11.14Etiquetas: Actividades, Biblioteca-Hemeroteca, Conferencias, Presentacións
Comezamos as aulas de DEBUXO E PINTURA no Ateneo.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 4.11.14-Todos os temas e técnicas.
-Preparación para Belas Artes, Selectividade, Artes e Oficios, etc...
Etiquetas: Actividades, Novas, Obradoiros
Recital - Coloquio do cantautor Xosé Constenla. Sábado día 25 ás 20,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 21.10.14Non se trata dun concerto habitual, xa que o público ten un papel activo ao poder participar comentando, facendo preguntas ou lendo poemas e textos entre canción e canción.
Tamén, incluirá algún convidado para cantar ou recitar, así como material audiovisual (normalmente anaquiños de películas).
https://www.youtube.com/watch?v=zW_2UHS1V7Q
Etiquetas: Actividades, Club de lectura, Música en Directo, Novas, Presentacións, Proxeccións, Teatro, Xornadas
En Concerto: Tato Lopez & Cia. Sábado día 18 ás 20,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 13.10.14En Concerto: Tato Lopez & Cia
espectáculo musical da rede Músicos ao Vivo:
Sábado día 18 de outubro de 2014 ás 20,30 h.
"Ritmo de Arena" e unha viaxe, unha recreación musical de diferentes atmósferas compostas de musica de fusión e textos con contido social,tamén e a celebración da multiculturalidad, pois Tato López propon paisaxes musicais que van dende o tango ao blues, o do swing ao son cubano, convirtindo este proxecto nunha fusión de música de autor cun sabor único.
Percorre as principais salas da península, dende o “Dado Dada”(Santiago), "Galileo Galilei, "Liberdade 8" (Madrid), etc... ata diferentes escenarios como o "Festival Barnasants" (Barcelona), o máis importante evento de canción de autor mundial compartindo cartel con Pedro Guerra o L.E. Aute, entre outros. As súas cancións estiveron no 2013 en toda a xeografía española e neste verán, viaxará a latinoamérica, máis concretamente a Bos Aires para presentar alí a súa música.
Compartiu escenario con xente da Nueva troba cubana, como Karel García e Yhosvany Palma, e doutros ámbitos, como Silvia Penide, Pascuala Ilabaca, Gustavo Almeida, entre outros.
Un dos cantautores máis destacados do momento en Galicia, cautiva pola súa orixinalidade e frescura dos seus concertos.
Etiquetas: Actividades, Música en Directo, Novas, Presentacións, Proxeccións
Asemblea Xeral Extraordinaria. Martes día 14 de outubro de 2014
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 13.10.14"A negociación do Acordo Transatlántico (TTIP) a debate". Venres día 10 ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 9.10.14
Contaremos coa destacada intervención de Isabel Vilalva, Secretaria Xeral do Sindicato Labrego Galego, e Manuel Martín, médico e portavoz da Plataforma SOS Sanidade Pública.
Rógase a súa difusión
Un saúdo,
Marchas da Dignidade Ferrolterra
Contacto: marchasdadignidadeferrolte
Silvia Penide en Concerto no Ateneo . Sábado día 11 ás 20,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 8.10.14Entrada: 4 euros non soci@s e 2 euros para soci@s
Radio-Teatro "A guerra dos mundos 2012". Xoves día 9 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 8.10.14Humor, sátira social, Ferrol como protagonista nunha produción con guión orixinal de José Torregrosa e Miguel Castro, baseado no clásico de Orson Welles, Ilustracións de Fer Ocampo M, edición de vídeo por Xil López Sánchez, música por David García.
Etiquetas: Actividades, Música en Directo, Novas, Presentacións, Proxeccións
CURSO DE ANIMACIÓN Á LECTURA. Sábados de 11,30 a 12,30
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 3.10.14Imparte IOLANDA TEIJEIRO
Dirixido a maiores de 12 anos. Prezos para Soci@s 14 € e Non soci@s 16 €
Comezo o sábado día 18 de outubro.
Apuntarvos na secretaría do Ateneo Ferrolán!
Concerto de MIGUEL ALONSO e BANDA. Sábado 4 de outubro ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 2.10.14Etiquetas: Actividades, Música en Directo, Novas, Presentacións
Proxección da longametraxe "El tiempo de Plácido Meana". Xoves día 2 ás 20,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 1.10.14Etiquetas: Actividades, Novas, Presentacións, Proxeccións
Exposición Fotográfica "12 ollos 24 miradas"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 30.9.14Etiquetas: Actividades, Album de Fotos, Exposicións, Novas
Curso Iniciación á Fotografía. Matrícula aberta.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 29.9.14
Matrícula aberta:
110 € Soci@s do Ateneo e 130 € Non soci@s
Información:
https://docs.google.com/file/d/0BwOQ0rnaU36RdHd0TVJJYzRvU1E/edit
Etiquetas: Actividades, Certame Fotográfico, Exposicións, Novas
Taller de Interpretación para Cine en Ferrol. 29, 30 de setembro e 1 e 2 de outubro
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 24.9.14Lugar: Ateneo Ferrolán
Destinado a actores e actrices que desexen aprender técnicas de interpretación para cine. Traballarase con cámara e iluminación. O material visualizarase nas clases e será entregado aos alumnos.
A matrícula custará 65 euros e podedes formalizala xa no Ateneo
Etiquetas: Actividades, Album de Fotos, Certame Fotográfico, Proxeccións