Buscar neste blog

09 decembro 2014

Presentación o xoves día 11 ás 20 h. “Escolma Salvaxe. Ferrol 2007-2013"


Presentación o xoves día 11 ás 20 h. no salón de actos do Ateneo  “Escolma Salvaxe. Ferrol 2007-2013"

resume seis anos de poesía ética e estética en Ferrol


No sinxelo título “Escolma Salvaxe. Ferrol 2007-2013” resúmese o produto editorial dos primeros seis anos de vida da Semana da Poesía Salvaxe, un evento insólito que desde hai sete anos reúne na cidade a poetas de Galicia, España e Portugal e que, fóra de Ferrol, goza dun espectacular prestixio. 

Un traballo autoeditado baixo a dirección de Karlotti e Guillermo Ferrández, con portada de Pepe Pose, no que se citan ao longo de 400 páxinas máis de 40 poetas diversos só unidos por participar na cita ferrolá.
 
A presentación do volume terá lugar o próximo xoves día 11 ás 20 horas no Ateneo Ferrolán. O acto contará cos profesores e animadores sociais José Torregrosa e Miguel Castro e non faltarán moitos dos poetas escolmados así como actuacións musicais a cargo de Manolo Bacalhau e Roger de Flor. 
Latido testemuñal

Ningún comentario: