ESCOLA DE TEATRO do Ateneo Ferrolán. APUNTATE!
Adultos: Martes e Xoves de 19 h. a 21h.
Infantil: Xoves de 17,30 h. a 18,30 h.
INTERPRETACIÓN ESCÉNICA NO TEATRO DE OBXECTO E VISUAL
Impartido por Plamen Dipchikov (doutor en ciencia e arte teatral)
O Teatro de obxecto e visual é un xenero da arte teatral dun nivel elevado na escala intelectual. Dispón da súa propia linguaxe e estética expresiva.
Ten como obxectivo a intelixencia emocional do publico e é capaz de emitir desde o escenario mensaxes conceptuais conmovedores. O actor é o responsable de dar vida a obxectos, creando así a acción escénica. Si queres dominar esta arte- apúntate e abre todos sentidos para o encontro cun concepto teatral completamente novo e fascinante.
DISCIPLINA
Métodos e exercicios do actor no teatro dramático e teatro de obxectos
CATEGORÍA
Teoría de teatro aplicada
RESEÑA
Practicas do actor con obxecto
ÁMBITO
Posta en escena. Dirección de teatro
DIRIXIDO A
Nenos e nenas de 5 a 11 anos 27€ ao mes
Adolescentes de 12 a 17 anos 37€ ao mes
Adultos maiores de 18 anos 47€ ao mes
DURACIÓN
Permanente a partir de 19 de xaneiro de 2015
CONTIDO
1. A emoción como filosofía do teatro de obxectos e visual
2. Iniciación na teoría da arte dramática desde a perspectiva do teatro de obxectos e visual
3. Índole do actor do teatro de obxectos e visual
4. Labor creativa do actor do teatro de obxectos e visual
5. Ferramentas, utensilios e atributos para o estudo e as practicas do actor
DESCRICIÓN DO CURSO
O traballo do actor do teatro de obxecto e visual consiste, entre outras tarefas, en:
* estudar o papel do seu personaxe
* dar vida a aquilo que carece dela
* poñer a disposición do director de escena o material máis importante para a creación da mensaxe conceptual escénica
* conseguir unha brillante imaxe escénica cunha presenza propia delicada e dedicada á actuación do obxecto
FINALIDADES DO CURSO
Na primeira fase do curso tratarase de:
* aprender como analizar a tarefa escénica
* aprender como sintetizar todos os resultados da análise nunha actuación lóxica e convincente
* aprender practicas de actuación con obxecto
Na segunda fase do curso tratarase de:
* que cada participante leve a cabo unha micro- actuación (individual ou en grupo) cun obxecto ou unha marioneta
Na terceira fase do curso tratarase de:
* seleccionar mellores resultados nun casting interno e sacar conclusións dos “non elixidos”
* montar un espectáculo de variedades
* estrear o espectáculo
Ningún comentario:
Publicar un comentario