Etiquetas: Album de Fotos, Arquivos, Biblioteca-Hemeroteca, Cultura
Representación da obra:"A árbore de nadal". Mércores día 30 ás 18 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 23.12.15O teatro de sombras chinesas:
As sombras chinesas, precedente do teatro de sombras, parten dun xogo popular baseado nun efecto óptico teatralizado. Efecto que se consegue ao interpoñer as mans ou outros obxectos entre unha fonte de luz e unha superficie clara (pantalla ou parede), de maneira que a posición e o movemento das mans proxecta sobre o improvisado escenario sombras que representan figuras estáticas ou en movemento. Constitúen unha das máis antigas artes do teatro de monicreques e marionetas.
Etiquetas: Cultura, Proxeccións, Talleres, Teatro
"Arte made in Ferrol". Martes día 29 ás 20 h
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 22.12.15Entrada libre.
O finalizar abriremos un pequeno debate sobre a situación da mocidade no sur de Europa.
O documental ten un formato curto (o redor de 20 min) e está grabado en inglés con subtitulos en español, grego e portugués.
Co fin de dar difusión o noso proxecto, temos previsto organizar sendos eventos públicos en Galicia, Lisboa e Kalamata.
A nosa idea consiste en organizar unha velada de Arte made in Ferrol no que poidamos presentar o noso proxecto á vez que tocan dous grupos locais (concertos acusticos).
Etiquetas: Concertos, Cultura, Presentacións, Proxeccións, Xornadas
Acto de Entrega da Biblioteca de Bonifacio Borreiros. Luns 21 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 17.12.15A xunta directiva do Ateneo Ferrolán ten a enorme satisfacción de comunicar que ven de recibir a cesión da biblioteca particular de Bonifacio Borreiros, realizada pola súa nai Dª. María Fernández Lagoa, o pasado día 10 de decembro de 2015. Nesta data, o persoal e a directiva do Ateneo realizaron o traslado, dende a vivenda de Bonifacio Borreiros en Covas, dunha importante colección bibliográfica de perto de 2.000 libros, que ocuparán sobre 45 metros de estanterías da nosa biblioteca.
Bonifacio Borreiros naceu en Ferrol en 1953, estudiou medicina en Compostela e desenvolveu unha activa vida política ligada ao socialismo galego; até a súa morte en 2006 estivo ligado á vida política e cultural galega e ferrolá. Foi Director Xeral de Cultura da Xunta de Galicia en 1988 e foi no mundo da cultura onde centrou a súa actividade política. Na súa cidade natal fican algunhas das súas grandes iniciativas, como o Centro Cultural Torrente Ballester, a reforma da Biblioteca Municipal, e toda unha serie de publicacións sobre a historia da cidade; foi tamén, non o esquecemos, un activo colaborador e protector do Ateneo Ferrolán.
A biblioteca de Bonifacio Borreiros ten a Ferrol, Galiza, a filosofía e o pensamento socialista como eixos principais, polo que na súa maior parte encaixa perfectamente na biblioteca especializada que é a Biblioteca-Hemeroteca do Ateneo Ferrolán. Existen ademáis libros de medicina, literatura, ensaio, enciclopedias e diccionarios que componen un interesantísimo fondo bibliográfico contemporáneo. A traxectoria de Bonifacio Borreiros como Director Xeral de Cultura na Xunta de Galicia, Concelleiro de Cultura no Concello de Ferrol, como deputado no Parlamento Galego e no Congreso, fican reflectidas tamén na súa biblioteca, recollendo moitas obras promovidas por Bonifacio ou relacionadas co desempeño destes cargos públicos.
Entre as obras de pensamento de maior interese para a nosa biblioteca están os doce tomos que compoñen as obras completas do socialista Ferrolán Pablo Iglesias, que permitirán ao público coñecer en profundidade as ideas deste socialista ferrolán. A literatura está tamén presente no fondo a través dos máis prestixiosos autores, con coleccións de obras completas do ferrolán Torrente Ballester, de Valle Inclán, Neruda ou Borges. A doazón inclúe grandes coleccións de obras clásicas da cultura galega, como a “Historia de Galicia” de Edicións Hércules, a “Historia de Galicia” de Otero Pedrayo, a grande colección da “Biblioteca da Cultura Galega”, o “Diccionario da Língua Galega” e centenares de obras de galegas de literatura, historia e ensaio. A cesión inclúe ademáis un bó número de revistas de pensamento de temática galega e socialista. Entre as coleccións hemerográficas destaca a edición facsímil do xornal “A Nosa Terra” e un bó número de exemplares da revista “Grial”, que virán a sumarse á colección destas publicacións que xa tiña o Ateneo, cando a nosa entidade recupere os seus fondos. Algunhas das obras de autores locais están dedicadas ao propio Bonifacio.
O Ateneo Ferrolán instalou esta colección bibliográfica como un fondo independente dentro da súa Biblioteca-Hemeroteca, que fará lembranza de Bonificacio Borreiros, e o luns 21 de decembro ás 20 horas fará un acto público de recepción dos fondos, a partir do cal a colección bibliográfica estará a disposición de todo o público. Durante todo o mes de xaneiro estará instalada ademáis na biblioteca do Ateneo unha exposición bibliográfica en vitrinas dos fondos de maior interese recibidos pola entidade nos dous últimos anos.
Etiquetas: Arquivos, Biblioteca-Hemeroteca
XV Mostra de Curtametraxes Ateneo Ferrolán. 17 e 18 de decembro ás 19 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 16.12.15XV Mostra de Curtametraxes Ateneo Ferrolán
Amosaranse os mellores traballos producidos durante o último ano no xénero, entre eles as curtas de realizadores galegos como "Véndese. Baixo prezo. Pouco uso" de J.A. Blanco, ou "reStart" de Olga Osorio.
Como lembranza do que foron estas xornadas ao longo destes quince anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.
O obxectivo é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade deste tipo de producións audiovisuais. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes que en moitos casos fican agochadas ou inaccesibles para o gran público.
Programa seleccionadas días 17 e 18:
Etiquetas: Audiovisuais, Cine, Cultura, Proxeccións, Xornadas, Xornadas Curtametraxes
Presentación do libro “Todos con Vigo: mobilización obreira e folga xeral (1962-1972)”. Mércores 16 ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 13.12.15“Todos con Vigo: mobilización obreira e folga xeral (1962-1972)” co seu autor Isidro Román Lago. O mércores 16 de decembro ás 19,30 h. no salón de actos do Ateneo Ferrolán
Dende o noso punto de vista na Folga Xeral de 1972 cristalizan en Vigo todas as experiencias de loita, de debate interno, de agrupamento e segregación que o movemento obreiro vigués viña de desenvolver dende 1962. Isto é, os sucesivos episodios de moiblización e reagrupamento desembocan na gran moblización de 1972.
Editado pola Fundación Sindical Edelmiro Otero Calvo
Ateneo Ferrolán, 16 de decembro de 2015
Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca, Cultura, Letras, Memoria Histórica, Patrimonio, Presentacións
Exposición "10 anos de historia filispiniana". Xoves 10 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 8.12.15O Colectivo Opaii-Rádio FilispiM continúa cos actos de celebración do 10º aniversario das emisións de Rádio FilispiM, libre e comunitaria que emite dende Ferrol.
Este xoves 10 de decembro, na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán (R/Madalena, 202-204), ás 20h., inauguramos a Exposición "10 anos de historia filispiniana".
Estades convidad@s.
A prehistoria do Colectivo OPAÍÍ-Rádio FilispiM remóntase á desaparecida emisora universitaria Radio Kaos. Tras o verán de 2003, algunhas voces que xa participaran da mencionada experiencia sentían a necesidade de volver ás ondas e outras persoas interesáronse na idea. Após varias asembleas en locais de ocio, o 28 de novembro de 2003 fixeron un primeiro chamamento aberto á cidadanía para presentar esta iniciativa de crear unha nova emisora. Desta vez sería un medio libre, independente das institucións oficiais, e ao servizo da comunidade. A denominación debía ser claramente ferrolá, tanto para o colectivo como para a emisora.
Tras esa data no Ateneo Ferrolán, o proxecto de Rádio FilispiM participou en decembro no Foro Negro nunha mesa de traballo xunto a Piratona, Kalimera e outros medios de contrainformación. Nun período de gran actividade contra-informativa en Galiza e o Estado, o colectivo realizaba unha asamblea tras outra. Debatía ideas, obxectivos e estatutos, organizou a asamblea de constitución dos principios de ReGARLIC (rede galega de radios libres e comunitarias) e plantexaba iniciativas de recadación para adquirir o equipamento técnico. Entre as realizadas, a edición dun fancine, ciclos de cinema, festas varias, a confección e venda dun par de CDs compilatorios de grupos e solistas da comarca e, sobor de todo, un exitoso I Festival Conspirando por umha Rádio Livre na semana santa de 2004. Conseguidos os cartos, a emisora comeza emitir en probas desde o Ateneo Ferrolán, nun “metro cuadrado” rehabilitado no verán de 2005. "A nossa história facémola nós” da Matraca Perversa é a primeira canción que soa no 93.0 da FM o 27 de agosto de 2005.
Coa intención de ter presenza alén das ondas, comezan unhas sesión vermú que se manteñen na actualidade con periodicidade, teñen lugar varias edicións do festival Conspirando e últimamente a radio desprázase no Filispim Vai a diversos locais da comarca. E se falamos de desprazamentos, Rádio FilispiM viviu dúas mudanzas. No dial, móvese ao actual 93.9 da FM o 15 de decembro de 2006 pola “concesión legal” do 93.0 a unha radio privada. Na ubicación física, o inicio das obras de rehabilitación do Ateneo Ferrolán en xuño de 2010 fan necesario o cambio de local e, pasado o verán, as ondas filispinianas volven ao ar desde a súa actual ubicación na traseira do Mercado de Caranza.
Nestes 10 anos de existencia, moitas voces e propostas chegaron, participaron, resistiron, saíron e regresaron, sempre achegando novos folgos e pluralidade a esta experiencia. Rádio FilispiM segue aí, libre e comunitaria, chamando ao teu interese, á túa participación, á túa achega.

Etiquetas: Artes Plásticas, Audiovisuais, Exposicións, Proxeccións, Radio, Xornadas
Convocatoria Asemblea Xeral Ordinaria. Xoves 21 de xaneiro ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 4.12.15Etiquetas: Asembleas, Bono Axuda
Conferencia: "Caaveiro e as Fragas a través dá mirada de dous ferroláns: Genaro Pérez Villamil e Francisco Solines". Venres 4 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 3.12.15Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca, Conferencias, Cultura
Grazas, Xosé Neira Vilas. Ateneo Ferrolán 27.11.2015.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 27.11.15Etiquetas: Arquivos, Conferencias, Memoria Histórica
Exposición "A historia da memoria" de Che Tembra. Do 2 ao 30 de decembro.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 26.11.15Etiquetas: Artes, Artes Plásticas, Audiovisuais, Cultura, Memoria Histórica
Asamblea aberta sobre o patrimonio de Ferrol. Luns día 30 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 26.11.15Etiquetas: Biblioteca-Hemeroteca, Cultura, Debates, Patrimonio
Acto conmemorativo: Día Mundial da SIDA. Venres día 27 ás 18 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 24.11.15Etiquetas: Conferencias, Música en Directo, Presentacións, Xornadas
Libro editado polo Ateneo Ferrolán específicamente para o Congreso: "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns"
A folga das obras da rede de sumidoiros de La Habana, nos meses de xuño e xullo de 1911, foi un dos conflitos sindicais da historia cubana máis representativos da participación da emigración galega no sindicalismo da illa caribeña, curiosamente, neste movemento unha boa parte dos protagonistas eran emigrantes orixinarios de Ferrol.
Etiquetas: Arquivos, Biblioteca-Hemeroteca, Publicacións
Presentación e Proxección da curtametraxe:"NIDOS DE LUZ" de DARÍO AUTRÁN. Venres día 20 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 18.11.15Sinopse:
Hai algo aí fóra axexándoo. Soamente ten contacto con Juana, unha señora que vén a visitalo de cando en vez. Un día Juana non pode vir e chega a súa neta Alejandra. Esa visita trastornará para sempre aos dous...
Darío Autrán (Pontevedra, 1987) é escritor, director de cine, actor e guionista. Na súa carreira á fronte da súa propia produtora audiovisual destaca a súa ópera prima como director Tilda & Jean.
Esta longametraxe, escrita, dirixida e producida integramente por el, foi nomeada a Mellor Película para Televisión nos Premios Mestre Mateo 2014, a Mellor Película en Cinelow i Directors Emergents(2013), a Mellor Película en Cine Novissimo (2013) e a Mellor Película no Festival Cine de Autor Internacional de Lugo (2013). Ademais de Tilda & Jean, realizou outros guións
cinematográficos como Orxo, -longametraxe producida por Oroboro Films-, Hydra, e Hábitat -en proceso de produción; sendo nas dúas o actor protagonista.
O meu cine e todo o que escribo quero que constitúa ante todo un convite, apaixonado e rabioso, á lectura duns mundos que fragmenten a realidade. Cuxa comprensión case sempre obrigue ao espectador a transitar un espazo fronteirizo, de límites, no que sexa necesario alzar a man para agarrar os segredos que escondo.
Máis info:
Etiquetas: Audiovisuais, Cine, Cultura, Obradoiros
Programa do Congreso "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns". 13, 14 e 15 de novembro.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 10.11.1513, 14 e 15 de novembro no Ateneo Ferrolán
1ª Sesión. Mañá do Sábado, 14 de novembro de 2015
De 09:30 a 11:30
Fernando Ocampo Montesinos/Juan Márquez Lacasa. Bartolomé Crespo Borbón, un ferrolán dramaturgo en Cuba
Juan J. Burgoa. Ramón Pla y Monge, un emigrante ferrolán en Cuba
Xavier Brisset Martín. O chalán de Regoela. Influencia cubana na pequena Rusia
Fernando Bores. Casas de habaneros.
De 11:45 a 13:30
Juan A. Carneiro Rey e Miguel A. Rodríguez Vázquez. A sociedade “Unión Mugardesa de Instrucción”
Manuel Souto López. A colectividade pontesa na Habana. Organización social, ideal educativo e plasmación práctica
Henrique Sanfiz Raposo. Sociedade Naturais de Fene, pioneiros na innovación pedagóxica
De 13:45 a 14:00
Proxección do video“A Sociedad de Instrucción y Recreo Naturales del Ayuntamiento de Fene”, de Guillermo Llorca
2ª Sesión. Tarde do Sábado, 14 de novembro de 2015
De 16:30 a 18:00
Lorena Cuevas Buján. Un novo ensino para un novo século: contribución da emigración de Ferrolterra a Cuba á difusión de novas formas pedagóxicas a través das Sociedades
Ernesto López Naveiras. Renovación da Escola Galega, polos emigrantes galegos en América
Jaime López Fernández. Orfos de instrución: roteiro asociativo dos ártabros en Cuba.
De 18:15 a 19:45
Sixto Gómez Echemendia. Historia presente e futuro das asociacións de emigrantes galegos en Cuba: o caso de Ferrol y su comarca
Bernardo Máiz Vázquez. Prófugos, Desertores, Rebeldes, Combatientes
Xosé María Dobarro. Severino T. Solloso e a sociedade “Pila Ancha de Cerdido”
De 20:00 a 21:00
Xoán Porto. Ferrol-Habana, dúas fotografías
Manolo González. “El Gallego” no cinema cubano
3ª Sesión. Mañá do Domingo, 15 de novembro de 2015
De 09:30 a 11:00
Esperanza Piñeiro de San Miguel. Retornados de Cuba a Ferrolterra: o papel esencial da muller
Raúl Soutelo Vazquez e Mª Xosé Vázquez Lojo. Mulleres e migracións na Galicia contemporánea. Perspectivas de análise e recursos didácticos para tratar a emigración transoceánica nas aulas de ensino secundario.
Manuela Santalla López. Correos marítimos, astilleros, arsenales: la estrecha relación entre Ferrol y La Habana.
De 11:15 a 12:45
Uxia Bolaño Amigo. Representación da infancia e da súa educación a traves da revista ilustrada “Eco de Galicia” (1917-1936) de La Habana
Xurxo Martiz Crespo. O primeiro exilio galego a Cuba
Uxío Breogán Diéguez. Galiza en Cuba, ou o deseño no caribe da terra soñada (1917-1961)
De 13:00 a 14:00
Mesa redonda “Cuba na literatura galega”
Xavier Alcalá, autor de “Habana Flash”
Marcelino Fernández Mallo, autor de “Pallarega”.
14:15
Clausura do Congreso
Durante todo o mes de novembro estarán expostas na Sala de Exposicións do Ateneo (3º Andar) as seguintes exposicións:
Exposición “Luces de Alén Mar” do Consello de Cultura Galega
Exposición “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”, do Ateneo Ferrolán
Exposición de obxectos “Recordos da emigración en Cuba”
Enlace para descargar o programa:
https://drive.google.com/file/
Fotos das sesións do Congreso:
http://is.gd/fBtn9m

Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria. Luns 23 ás 20 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 10.11.15Por medio da presente convocámoste á Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrará o luns día 23 de novembro ás 20 horas en primeira convocatoria e ás 20,30 horas en segunda no salón de actos do Ateneo Ferrolán, coa seguinte
4.- Rogos e preguntas.
Asdo.- Eliseo Fernández Fernández
Exposicións no Congreso "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns"
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 7.11.15Unha delas "Luces de alén mar" do Consello da Cultura Galega http://consellodacultura.gal. Unha exposición en paneis que fai un relato cronolóxico e xeográfico sobre a historia da emigración a Cuba e a súa pegada tanto na sociedade cubana como na sociedade galega.
Exposición "Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns" do Ateneo.
Exposición de obxetos "Recordos da emigración en Cuba"
Horario:
De luns a venres de 11 a 13,30 h. e de 17 a 21 h.
Sábados de 10,30 a 13,30 h.
Inscrición no Congreso "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns" 13, 14 e 15 de novembro
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 6.11.15Nunha época de cambio na illa caribeña, cando Galiza recibe emigrantes mais lamentablemente tamén a nosa xente ten aínda que emigrar, o Ateneo Ferrolán convoca un Congreso baixo o título “Ferrol-Cuba-Galiza” co obxectivo de promover investigacións sobre as relacións entre as bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal e a Illa de Cuba a través do fenómeno da emigración. Ao cabo, a finalidade última da xuntanza de persoas investigadoras e a difusión dos seus traballos sería a de tentar contribuir ao coñecemento dunha historia compartida aos dous lados do Atlántico e avaliar a importancia e protagonismo da emigración da nosa zona na historia de Cuba e tamén na propia historia da Galiza.
Desenvolvemento do Congreso
Durante todo o mes de novembro
Exposición “Luces de Alén Mar” do Consello de Cultura Galega
Exposición “A emigración de Ferrol, Eume e Ortegal en Cuba”, do Ateneo Ferrolán
Exposición de obxectos “Recordos da emigración en Cuba”
Do 13 ao 15 de novembro. Celebración do Congreso.
Nestas datas faranse todas as actividades do Congreso, tanto a actividade de presentación de traballos de investigación, como os actos paralelos
Actividades
- Presentación de traballos de investigación
- Debates e mesas redondas
- Recitais musicais e poéticos, exposicións
Distribución das sesións
Venres, 13 de novembro, tarde-noite
Acto solemne de inauguración Conferencia inaugural
Sábado, 14 de novembro, mañán
1ª Sesión – 1ª Parte
Sábado, 14 de novembro, tarde
1ª Sesión – 2ª Parte
Domingo, 15 de novembro, mañán
2ª Sesión – 1ª Parte
Clausura
Nome:
Apelidos:
Enderezo:
Correo Electrónico
Teléfono
- 12 euros para as persoas socias do Ateneo
- 15 euros para as persoas non socias do Ateneo
Coa inscrición recibiras un lote co material do Congreso (un libro editado para a ocasión, un disco do Premio Constantino Bellón celebrado no Ateneo, unha chapa e outro material diverso), e terás dereito a un desconto na tenda do Congreso.
A inscrición realizarase mediante transferencia bancaria ou o pago en man nos locais do Ateneo.
Para trasnferencia bancaria será necesario poñer no concepto o nome da persoa inscrita, e realizarase a transferencia á seguinte conta:
CC en Cajamar-Cajarural Cooperativa
Titular Ateneo Ferrolán
ES72-3058-6402-9527-2000-5350
Enviar estes datos a secretaria@ateneoferrolan.org ou entregar/enviar no local do Ateneo:
Ateneo Ferrolán
R/Magdalena, 202-204
15402 Ferrol (A Coruña)
981-357970
Para asistir ao Congreso non é necesaria a inscrición, pois a entrada é, coma sempre, libre e gratuita. A inscrición ao Congreso é unha forma de apoio ás actividades que se realizan e de colaboración co Ateneo, e a cambio dela entregamosvos o material oficial do Congreso.
Acto Inaugural do Congreso "Ferrol-Cuba-Galiza: historias comúns". Venres día 13 ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 30.10.15Obradoiros / Talleres / Cursos. Aberto o prazo de inscrición.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 29.10.15
- Escola de Teatro do Ateneo Ferrolán. Imparte: Plamen Dipchikov.Martes e Xoves de 19 a 21 h.
- Club de Lectura do Ateneo. Imparte: Anxeles Seoane.Todos os primeiros martes de mes de 19,30 a 21 h.
- IOGA Integral. Imparte Guillermo García.Luns e Mércores de 11,30 a 13 h. e de 17,30 a 19 h.
- Danza Contemporánea para Nen@s. Imparte: Cristina Montero.Venres de 17 a 18,30 h.
- Taller Felicidade. Imparte: Sabela Naranjo.Mércores de 18 a 19,30 h.
- Pintura “Louca”'para Nen@s. Imparte: Carmen Martín.Sábados de 11,30 a 13 h.
Etiquetas: Actividades, Club de lectura, Cultura, Danza, Obradoiros, Talleres, Teatro
Curso de Debuxo e Pintura. Martes e Xoves de 11 a 13 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 27.10.15Prezos mensuais segundo a modalidade escollida:
- 2 días 75 € Non Soci@s e 60 € Soci@s
- 1 día 55 € Non Soci@s e 44 € Soci@s
Etiquetas: Artes Plásticas, Exposicións, Obradoiros, Talleres
Conferencia: "Historia da caligrafía: de Trajano a Frodo Bolsón". Venres 6 novembro ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 26.10.15Etiquetas: Actividades, Conferencias, Cultura, Letras, Presentacións
“COÑECE A TÚA FACTURA DE ELECTRICIDADE E APRENDE A REDUCILA”. Luns 26 ás 18 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 23.10.15“COÑECE A TÚA FACTURA DE ELECTRICIDADE E APRENDE A REDUCILA”
ADICAE, Asociación de Usuarios de Bancos, Caixas e Seguros, desenvolve esta aula co apoio da
Consellería de Economía e Industria e o Instituto Galego de Consumo.
O taller ten como obxectivo informar os cidadáns acerca dos abusos na súa factura eléctrica e
as posibilidades de reclamación e resarcimiento de que dispoñen, pero ademais, informarase
sobre as últimas novidades no sector tras a reforma eléctrica.
DIA: Luns, 26 de outubro de 2015
HORA: 18:00
LUGAR: Ateneo Ferrolán, Rúa Magdalena, 202-204, Ferrol - 15402, A Coruña
Esperámosvos a tod@s!!
Etiquetas: Conferencias, Cultura, Debates, Novas, Presentacións
XV MOSTRA DE CURTAMETRAXES. 17 e 18 de decembro do 2015
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 23.10.15Facemos un chamamento a todas as persoas que queiran participar nestas xornadas, nos acheguen os seus traballos de menos de 20’ en formato DVD, preferentemente en lingua galega acompañados dunha ficha cumprimentada cos datos da curta e do director antes do día 4 de decembro para poder engadilos ao programa deste ano, ao seguinte enderezo:
Os días 17 e 18 de decembro de 2015, levarase a cabo a XV MOSTRA DE CURTAMETRAXES do Ateneo, comezadas no ano 2001 con grande interese do público en xeral.
Como lembranza do que foron estas XORNADAS ao longo destes quince anos de andadura dicir que na nosa programación priman as curtas galegas e en galego pero que tamén damos paso para coñecer outros autores a nivel internacional.
Nestes días amosaremos curtametraxes e creacións de cineastas, case que sempre noveis, e con especial atención aos cineastas galegos e galegas en especial.
O OBXECTIVO é dar a coñecer a un público amplo a calidade e variedade das curtametraxes, sobre todo das galegas. Estas xornadas están a converterse nun referente, por ser un esforzo realizado para divulgar a produción de curtametraxes, que en moitos casos fica agochada. Trátase de acceder a unha parte do audiovisual que atesoura gran calidade.
GRAZAS POR PARTICIPAR!
Bases:
https://drive.google.com/file/d/0BwOQ0rnaU36Rend2R2pTNy03YTA/view?usp=sharing
Etiquetas: Cine, Cultura, Novas, Presentacións, Proxeccións, Xornadas, Xornadas Curtametraxes
Presentación do libro "Málaga: base naval accidental" de Luis Miguel Cerdera Jiménez
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 20.10.15Presentación de Iniciativa pola Union (IpU) en Ferrol. Mércores 21 ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 20.10.15Mércores, 21 de outubro, ás 19:30 horas no salón de actos do Ateneo
Por unha candidatura galega de unidade popular! O vindeiro mércores 21 de
outubro vai ter lugar no Salón de Actos do Ateneo Ferrolán (19:30 h.) un
encontro aberto da Inicicativa pola Unión en Ferrol, unha asemblea aberta
na que se presentará o proceso de candidatura galega de unidade para as
eleccións xerais do estado.
Fernando Souto Suárez
Suso Díaz
Xosé Luis Rivas Cruz "Mini"
http://polaunion.gal/
Etiquetas: Actividades, Conferencias, Debates, Historia, Novas, Presentacións
Avance do Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns” do 13 ao 15 de novembro de 2015
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 16.10.15Avance do Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”, a celebrar en Ferrol nos días 13 a 15 de novembro de 2015
O Ateneo Ferrolán continúa avanzando na programación do Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”, que se vai celebrar nos locais do Ateneo nos días 13 a 15 de novembro de 2015, e que contará co apoio do Concello de Ferrol.
Até a data, a organización do Congreso recibiu e aceptou as seguintes propostas:
Juan A. Carneiro Rey e Miguel A. Rodríguez Vázquez. A sociedade “Unión Mugardesa de Instrucción”
Xavier Brisset Martín. O chalán de Regoela. Influencia cubana na pequena Rusia
Manuel Souto López. A colectividade pontesa na Habana. Organización social, ideal educativo e plasmación práctica
Xosé María Dobarro. Severino T. Solloso e a sociedade “Pila Ancha de Cerdido”
Uxia Bolaño Amigo. Representación da infancia e da súa educación a traves da revista ilustrada “Eco de Galicia” (1917-1936) de La Habana
Javier Colodrón Valbuena. A integracioón dos emigrados nunha nova sociedade: a identidade galega na emigración
Fernando Ocampo Montesinos. Bartolomé Crespo Borbón, un ferrolán dramaturgo en Cuba
Juan J. Burgoa. Ramón Pla y Monge, un emigrante ferrolán en Cuba
Manuela Santalla López. Os corrreos marítimos en Ferrol: a emigración ferrolá a La Habana.
Bernardo Máiz Vázquez. Prófugos, Desertores, Rebeldes, Combatientes
Sixto Gómez Echemendia. Historia presente e futuro das asociacións de emigrantes galegos en Cuba: o caso de Ferrol y su comarca
Raúl Soutelo Vazquez e Mª Xosé Vázquez Lojo. Mulleres e migracións na Galicia contemporánea. Perspectivas de análise e recursos didácticos para tratar a emigración transoceánica nas aulas de ensino secundario.
Lorena Cuevas Buján. Un novo ensino para un novo século: contribución da emigración de Ferrolterra a Cuba á difusión de novas formas pedagóxicas a través das Sociedades
Uxío Breogán Diéguez. Galiza en Cuba, ou o deseño no caribe da terra soñada (1917-1961)
Henrique Sanfiz Raposo. Sociedade Naturais de Fene, pioneiros na innovación pedagóxica
Xurxo Martiz Crespo. O primeiro exilio galego a Cuba
Xoán Porto. Ferrol-Habana, dúas fotografías
Ernesto López Naveiras. Renovación da Escola Galega, polos emigrantes galegos en América
Esperanza Piñerio de San Miguel. Retornados de Cuba a Ferrolterra: o papel esencial da muller
Enviou un traballo dende Cuba a investigadora Carmen Barral, e aínda que non poderá estar presente no Congreso a súa investigación vai incorporarse ás actas, que se van publicar con posterioridade á celebración do Congreso:
Carmen Barral: Francisco Barral Vázquez: gallego, carpintero, contador, anarquista, naturista, vegetariano, sindicalista, periodista, amigos, esposo padre y abuelo.
Fora de programa de presentación de traballos de investigación haberá diversas actividades musicais, audiovisuais e outras actividades paralelas. Cando se vaia pechando o programa destas actividades farase público o programa definitivo do Congreso, coa distribución horaria de todas as presentacións.
A comisión organizadora do Congreso quere manifestar a súa satisfacción pola resposta ao seu chamamento para a presentación de traballos e pola diversidade e calidade das contribucións propostas. Temos a seguridade de que a presentación pública destas investigacións e a súa publicación posterior nas actas do Congreso contribuirán a un mellor coñecemento público dunha parte importante da nosa historia, que por circunstancias se desenvolveu en parte fora do ámbito xeográfico das bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal.
De xeito paralelo ao Congreso o Ateneo Ferrolán está preparando dúas exposicións sobre a emigración a Cuba. Unha delas será unha exposición en paneis que fará un relato cronolóxico e xeográfico sobre a historia da emigración a Cuba e a súa pegada tanto na sociedade cubana como na sociedade galega. A outra será unha exposición de obxectos singulares que amosen a relación entre as bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal con Cuba; dende o Ateneo facemos un chamamento ás persoas que posúan algún documento, libro, revista, fotografía ou obxecto relacionado coa nosa presencia en Cuba para propoñerlles a cesión temporal dalgún deses materiais para a exposición. Calquera persoa pode achegarse á secretaría do Ateneo Ferrolán para xestionar a posiblidade de ceder algún obxecto que considere de interese para que forme parte dunha exposición colectiva da pegada da emigración cubana nas nosas bisbarras.
Ferrol, 16 e outubro de 2015
A Comisión Organizadora do Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias común”
Presentación do libro "Indecencias e corruptelas". Luns 19 ás 19,30 h.
Publicado por ATENEO FERROLÁN (Fundado en 1879) o día 16.10.15Salón de Actos do Ateneo Ferrolán
Luns 19 de outubro, ás 19:30 horas
Manuel Monge González (Valladolid, 1947) mestre, sociólogo e ensaísta galego. Concelleiro do BNG na Coruña de 2003 a 2007 e presidente da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña até 2011. Na actualidade é secretario do club de opinión Foro Cívico. Colabora con artigos de opinión en diversos medios de comunicación.
É autor de Autovías galegas. Crónica dunha farsa (1999); A Coruña de Paco Vázquez (2003); Outra Coruña é posíbel (2007); A historia secuestrada polo franquismo (2010); O “camarada Fraga” e as vítimas da represión franquista (2014); Perdemos o tren. As claves políticas do atraso (2014); O poder na Coruña. De Vázquez a Negreira (2015).
Contacto: 665.998.574
---------------
Unha das causas da derrota electoral da esquerda é o seu desarme ideolóxico. Non soubo ou non puido difundir os argumentos e ideas para desmontar o discurso reaccionario da dereita que, por outra parte, ten unha importante cobertura en moitos medios de comunicación. Este é un libro de combate, unha modesta contribución a ese rearme ideolóxico e político, unha ferramenta para aumentar a indignación e potenciar a organización e a mobilización cívica. Non podemos quedarnos na indignación, hai que pasar á acción, presentar alternativas, organizarse, mobilizarse e ocupar as rúas.
Estas son algunhas reflexións que inspiran a mensaxe de ruptura coa situación económica, política e social actual e coas ideas dominantes que quero transmitir con este libro: “Os responsábeis políticos, económicos, intelectuais e o conxunto da sociedade non pode claudicar, nin deixarse impresionar pola ditadura actual dos mercados financeiros, que ameaza a paz e a democracia” (Stéphane Hessel). “Vivimos nunha orde mundial criminal e caníbal, onde as pequenas oligarquías do capital financeiro deciden de forma legal quen vai morrer de fame e quen non. Estes especuladores financeiros deben ser xulgados e condenados, reeditando unha especie de Tribunal de Núremberg” (Jean Ziegler, profesor emérito na Universidade de Xenebra). “Es una falacia hablar de crisis financiera únicamente. La crisis es política. La crisis es del sistema occidental. En nuestro sistema quien manda es el capital. La democracia sólo lo es nominalmente. En realidad el poder lo ejercen los grupos dominantes” (José Luis Sampedro). “Tenemos un sistema donde a los banqueros se los rescató y a sus víctimas se las abandonó para que se las arrreglen como puedan” (Joseph E. Stiglitz, Premio Nobel de Economía). “O capitalismo é incompatíbel coa democracia e a xustiza social” (Thomas Piketty, economista francés). “O capitalismo de hoxe en día ten as mans sucias: é a corrupción cotiá, a fraude sistemática, o crime internacionalmente organizado” (Michael R. Krätke, economista e analista político alemán). “Es injusto en su raiz; tiranía invisibe, mercado divinizado donde imperan la especulación financiera, una corrupción ramificada y una evasión fiscal egoista. No a una economía de la exclusión y la inequidad. Esa economía mata” (Papa Francisco, A Alegría do Evanxeo, exhortación sobre o actual sistema económico).
A pesar das políticas neoliberais e dos recortes sociais. A pesar do reforzamento do centralismo, dos triunfos electorais de Rajoy e Feijóo, aquí estamos; nin desanimados, nin dobregados, nin domesticados, nin derrotados. Hai moitos motivos para a esperanza e a loita continúa.