Buscar neste blog
16 outubro 2015
Avance do Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns” do 13 ao 15 de novembro de 2015
Avance do Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”, a celebrar en Ferrol nos días 13 a 15 de novembro de 2015
O Ateneo Ferrolán continúa avanzando na programación do Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias comúns”, que se vai celebrar nos locais do Ateneo nos días 13 a 15 de novembro de 2015, e que contará co apoio do Concello de Ferrol.
Até a data, a organización do Congreso recibiu e aceptou as seguintes propostas:
Juan A. Carneiro Rey e Miguel A. Rodríguez Vázquez. A sociedade “Unión Mugardesa de Instrucción”
Xavier Brisset Martín. O chalán de Regoela. Influencia cubana na pequena Rusia
Manuel Souto López. A colectividade pontesa na Habana. Organización social, ideal educativo e plasmación práctica
Xosé María Dobarro. Severino T. Solloso e a sociedade “Pila Ancha de Cerdido”
Uxia Bolaño Amigo. Representación da infancia e da súa educación a traves da revista ilustrada “Eco de Galicia” (1917-1936) de La Habana
Javier Colodrón Valbuena. A integracioón dos emigrados nunha nova sociedade: a identidade galega na emigración
Fernando Ocampo Montesinos. Bartolomé Crespo Borbón, un ferrolán dramaturgo en Cuba
Juan J. Burgoa. Ramón Pla y Monge, un emigrante ferrolán en Cuba
Manuela Santalla López. Os corrreos marítimos en Ferrol: a emigración ferrolá a La Habana.
Bernardo Máiz Vázquez. Prófugos, Desertores, Rebeldes, Combatientes
Sixto Gómez Echemendia. Historia presente e futuro das asociacións de emigrantes galegos en Cuba: o caso de Ferrol y su comarca
Raúl Soutelo Vazquez e Mª Xosé Vázquez Lojo. Mulleres e migracións na Galicia contemporánea. Perspectivas de análise e recursos didácticos para tratar a emigración transoceánica nas aulas de ensino secundario.
Lorena Cuevas Buján. Un novo ensino para un novo século: contribución da emigración de Ferrolterra a Cuba á difusión de novas formas pedagóxicas a través das Sociedades
Uxío Breogán Diéguez. Galiza en Cuba, ou o deseño no caribe da terra soñada (1917-1961)
Henrique Sanfiz Raposo. Sociedade Naturais de Fene, pioneiros na innovación pedagóxica
Xurxo Martiz Crespo. O primeiro exilio galego a Cuba
Xoán Porto. Ferrol-Habana, dúas fotografías
Ernesto López Naveiras. Renovación da Escola Galega, polos emigrantes galegos en América
Esperanza Piñerio de San Miguel. Retornados de Cuba a Ferrolterra: o papel esencial da muller
Enviou un traballo dende Cuba a investigadora Carmen Barral, e aínda que non poderá estar presente no Congreso a súa investigación vai incorporarse ás actas, que se van publicar con posterioridade á celebración do Congreso:
Carmen Barral: Francisco Barral Vázquez: gallego, carpintero, contador, anarquista, naturista, vegetariano, sindicalista, periodista, amigos, esposo padre y abuelo.
Fora de programa de presentación de traballos de investigación haberá diversas actividades musicais, audiovisuais e outras actividades paralelas. Cando se vaia pechando o programa destas actividades farase público o programa definitivo do Congreso, coa distribución horaria de todas as presentacións.
A comisión organizadora do Congreso quere manifestar a súa satisfacción pola resposta ao seu chamamento para a presentación de traballos e pola diversidade e calidade das contribucións propostas. Temos a seguridade de que a presentación pública destas investigacións e a súa publicación posterior nas actas do Congreso contribuirán a un mellor coñecemento público dunha parte importante da nosa historia, que por circunstancias se desenvolveu en parte fora do ámbito xeográfico das bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal.
De xeito paralelo ao Congreso o Ateneo Ferrolán está preparando dúas exposicións sobre a emigración a Cuba. Unha delas será unha exposición en paneis que fará un relato cronolóxico e xeográfico sobre a historia da emigración a Cuba e a súa pegada tanto na sociedade cubana como na sociedade galega. A outra será unha exposición de obxectos singulares que amosen a relación entre as bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal con Cuba; dende o Ateneo facemos un chamamento ás persoas que posúan algún documento, libro, revista, fotografía ou obxecto relacionado coa nosa presencia en Cuba para propoñerlles a cesión temporal dalgún deses materiais para a exposición. Calquera persoa pode achegarse á secretaría do Ateneo Ferrolán para xestionar a posiblidade de ceder algún obxecto que considere de interese para que forme parte dunha exposición colectiva da pegada da emigración cubana nas nosas bisbarras.
Ferrol, 16 e outubro de 2015
A Comisión Organizadora do Congreso “Ferrol-Cuba-Galiza, historias común”
Ningún comentario:
Publicar un comentario