CONCERTO MULTIDISCIPLINAR no ATENEO FERROLÁN
A música de Grus Art xunto á intervención
do artista plástico Alfonso Costa e a poeta Eva Veiga
Unha experiencia plenamente artística e multidisciplinar está resultando a presentación do disco GRUS ART do grupo musical do mesmo nome. Un espectáculo que chega agora a Ferrol, acollido polo Ateneo Ferrolán, o martes 6 de outubro deste ano 2015.
O concerto conta coa actuación-improvisación musical dos compoñentes de Grus Art -Bernardo Martínez (clarinete e percusión) e Fito Ares (frauta e clarinete). E na mesma liña improvisatoria e de liberdade creativa participan o recoñecido artista plástico, Alfonso Costa, coa realización dunha obra pictórica en directo e a poeta Eva Veiga co dicir da súa palabra.
Fito Ares e Bernardo Martínez son dous músicos de longa e fecunda traxectoria profesional e amplo rexistro musical. Foron cofundadores de grupos tan emblemáticos como Jazz Filloa ou Doa. Na actualidade, ben por separado ou xuntos, partecen a distintas formacións musicais con predominio do Free Jazz. Do mesmo modo, adoito compoñen música para cine, teatro, etc.
Ningún comentario:
Publicar un comentario