Buscar neste blog

30 xullo 2015

Acto de Clausura da Exposición "A crise é arte". Venres 31 de xullo ás 20 h.



Acto de Clausura da Exposición "A crise é arte" 
de Dulce Anca e David de Prado Díez 

venres día 31 de xullo ás 20 h. nas salas de exposicións do Ateneo.


En vista das experiencias feitas na exposición nestes dias, decidimos organizar unha clausura festa e despedir a exposición cun xogo moda a partires dos diseños de Dulce Anca.
Participan Elías Rumbo e a modelo Dulce Arenosa.

Esperamos a vosa asistencia e grazas a tod@s!

20 xullo 2015

Presentación do libro "Realidades Cercanas" de Gabriel Tizón. Xoves 23 de xullo ás 20 h.




Presentación do libro "Realidades Cercanas" de Gabriel Tizón

 presentado por Manolo González

O xoves 23 de xullo, ás 20 horas no salón de actos do Ateneo.


Este libro é o resultado de fotografías realizadas polo autor en países de catro continentes. Fotografías de persoas pertencentes a culturas moi variadas que están unidas a través da mirada do autor basado en imaxes cotidianas, intentando amosar que a pesar das nosas diferencias culturais as persoas e os seus comportamentos son iguais en todo o mundo.

O libro consta de 131 fotografías acompañadas con textos que Gabriel Tizón tamén escribiu o longo destes últimos anos. Os prólogos están escritos por Manolo Gonzalez (Profesor de Historia no Instituto Concepción Arenal de Ferrol) e Rubén Ruibal (Premio Nacional de Literatura Dramática).


Gabriel Tizón
www.gabrieltizon.com
https://www.facebook.com/gabrieltizonfotografo

10 xullo 2015

Proxección do documental: ¡Que trabaje Federica!. Luns día 13 ás 20 h.


Luns, 13 de xullo ás 20 horas no salón de actos do Ateneo
 
Proxección do documental: 

¡Que trabaje Federica!
 
Un documental sobre a resistencia ao traballo na revolución social do 36.

Contaremos co seu autor Carlos Lapeña

01 xullo 2015

Concerto do grupo folk "Lenda Ártabra". Venres 10 de xullo ás 20 h.


Concerto do grupo folk "Lenda Ártabra"

Venres día 10 de xullo ás 20 h. no salón de actos do Ateneo
Entrada de balde

Cancións tradicionais, temas propios e letras de grandes escritores galegos xunto a unha diversidade de músicas como o fado portugués, a música clásica, os ritmos africanos 
e o folk tradicional galego

www.lendaartabra.com