Buscar neste blog

07 outubro 2020

Xornadas "O MUNDO DO PORVIR: BICENTENARIO DO NACEMENTO DE CONCEPCIÓN ARENAL PONTE (1820-2020)". Venres día 16 de outubro ás 18 h.

 

O Consello da Cultura Galega, a través do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos, está organizando as Xornadas "O MUNDO DO PORVIR: BICENTENARIO DO NACEMENTO DE CONCEPCIÓN ARENAL PONTE (1820-2020)", que van ter lugar en diversas localidades nas próximas semanas.


A próxima xornada deste ciclo será no ATENEO FERROLÁN, o venres 16 de outubro ás 18 h. e leva por título "AMOR, EDUCACIÓN E IGUALDADE PARA O PROGRESO" e contará coa participación de María Xosé Porteiro, coordinadora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega, Celia Pereira Porto, coordinadora das xornadas, avogada laboralista e membro da Sección de Pensamento do CCG, Ana Romero Masiá, catedrática de Xeografía e Historia no IES Monte das Moas, e África López Souto, profesora de Filosofía e membro da Sección de Pensamento do CCG.
 
Máis información e inscricións http://consellodacultura.gal/evento.php?id=201082

05 outubro 2020

Club de Lectura do Ateneo. Martes día 6 de outubro ás 17,30 h.

 


Club de Lectura do Ateneo

Martes día 6 de outubro ás 17,30 h. no Ateneo Ferrolán.

Animamos a tod@s a participar desta emblemática actividade.
Dende o ano 2002 que formamos no Ateneo Ferrolán o noso CLUB DE LECTURA, segue levándose a cabo todos os primeiros martes de cada mes. Encontros coa LECTURA onde xúntanse 20 socios e socias todos os primeiros martes de cada mes para reflexionar e comentar un libro guiados pola profesora ANXELES SEOANE.

Estamos a ler "Lluvia fina" unha novela de Luis Landero

 


 


02 outubro 2020

Exposición de pintura do grupo “Catro médicos por Ferrol”. Outubro 2020

 


Exposición de pintura do grupo “Catro médicos por Ferrol”

Do 2 ao 31 de outubro de 2020

Catro médicos por Ferrol está formado por catro compañeiros médicos : Tino Cuesta-Oroso-, Leo Mendez-Vigo-, Pablo Galego-Santiago- e Xesus Vazquez –Lugo-.

Na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán - Outubro 2020

#Ateneo #CulturaSegura #SomosCultura #Ferrol #Galiza

01 outubro 2020

Presentación libro "Náufragas no mar e na terra". Venres día 2 de outubro ás 19,30 h.

 

 

Presentación libro "Náufragas no mar e na terra" poemario da autora Elisabeth Oliveira que estará acompañada por Eugénia Sanmartín (actriz e cantora)

Venres día 2 de outubro ás 19,30 h. no Ateneo Ferrolán
 

Elisabeth Oliveira naceu na rexión de Lille (Francia), de pai e nai portugueses. Creceu navegando entre dúas culturas e linguas. É licenciada en Letras Modernas pola Universidade de Lille III e en Filoloxía Francesa pola USC. Instalouse en Galiza en 1995 e namourou definitivamente desta terra e desta xente. En 2016, publicou POESIS, un poemario en catro linguas con cancións creadas a partir dos poemas, tamén en catro linguas.

"Náufragas no mar e na terra", poemario integramente en galego (novembro 2019) é unha homenaxe ás mulleres valentes que arriscan a vida nun mar cemmenterio por tentar salvala ou maltratadas na terra. O poemario pecha cun poema esperanzador.

A autora participou en varios festivais (Entreverbas, Kerouak, Poesía Salavxe) e numerosos recitais en Galiza e Portugal.
Leva o grupo "Noite de Letras" de Pontevedra que reúne artistas unha vez ao més e o club de lectura en portugués da libraría Paz (Pontevedra).